Ir o contido principal

ABRIL, MES DOS LIBROS. 2020

Ao longo deste mes de abril, queremos achegarvos a obra de autoras de aquí, de mulleres vencelladas dun ou doutro xeito ao noso concello.

 

DATOS BIOGRÁFICOS

Ana Escudero Canosa, nada en Barcelona en 1975, de sangue manchego por parte de pai (Ciudad Real) e galego por súa nai, nada en Dumbría, e pertencente á familia coñecida como a de “Marcos”.

É en Dumbría onde pasa todas as vacacións de verán, na vella casa dos seus devanceiros, situada en Buxán.

Ana traballa actualmente no departamento de Marketing dunha entidade social. Entre as súas afeccións atópanse a lectura, a escritura e viaxar. Ten unha irmá, Belén, coa que comparte afeccións.

 

OS LIBROS

Título: Solamente Peter

Autoras: Ana Escudero e Belén Escudero

Editorial: Amazon

Prezo de venda: 10€

ISBN: 978-1492788058


SINOPSE:

Unha débeda e un premio son os detonantes dunha persecución sen tregua. Peter lanzarase a unha viaxe sen descanso vivindo as máis extravagantes e grotescas aventuras mentres o Cobrador segue os seus pasos implacablemente.

Os lectores opinan:

“La historia es fresca, divertida y te engancha a seguir leyendo”.

“Lo recomiendo por aquí porque es una lectura que en verdad te hace pasar un buen rato.”

“El personaje principal, Peter, cae rápidamente bien al lector por su personalidad y esos toques de humor tan suyos. Me sacó más de una sonrisa porque no para de meterse en líos y también por la forma en que se enfrenta a ellos.”


Título: Nunca visites al dentista un lunes

Autoras: Ana Escudero Canosa e Belén Escudero Canosa

Editorial: Amazon

Prezo de venda: 11,95€

ISBN: 978-1987703665


SINOPSE: 

É luns e Peter debe levar ao seu fillo Alexis ao dentista para unha visita de rutina. Unha vez na consulta do odontólogo, o neno desaparece misteriosamente. Peter verase abocado a unha tola busca para atopar ao pequeno antes da noitiña.

Título: Juicio a un alma atormentada

Autora: Ana Escudero

Editorial: Amazon

Prezo de venda: 7,12€

ISBN: 978-1983357541


SINOPSE: 

Lucas esperta nun lugar descoñecido para el. Descobre que está morto e que a súa alma vai ser levada a xuízo para saber onde debe ir. Con todo, as súas boas e malas accións están tan compensadas que terá que levar a cabo unha misión na Terra: axudar a unha moza, cuxa felicidade pende dun fío. Pero, quen é esa moza que lle resulta tan familiar? Logrará Lucas salvar a felicidade da moza ou estará condenada a sufrir mentres viva?

Título: 39 Saltos en el charco

Autores: Varios autores

Editorial: Amazon

Prezo de venda: 15.95€

ISBN: 978-149288058


SINOPSE: 

33 escritores e 20 ilustradores uníronse para escribir e debuxar os 39 contos que compoñen esta marabillosa antoloxía titulada 39 Saltos en el charco, destinada a crianzas de 8 a 12 anos. Son historias sobre animais, nenos, princesas e monstros. Algúns son realistas e outros son máxicos, uns duran máis e outros duran menos, pero en todos eles hai sentimentos e emocións. Adéntrate nestes relatos entrañables, cheos de humanidade e fantasía que ensalzan o valor humano, a superación, a amizade e o amor e vive cos seus protagonistas aventuras en mundos fabulosos.
Os beneficios deste libro solidario para a infancia irán destinados integramente á Fundació Pere Tarrés, unha entidade non lucrativa con máis de 60 anos de existencia, que promove a educación de crianzas e mocidade durante o tempo libre, así coma o voluntariado, a mellora da intervención social e o fortalecemento do tecido asociativo.
Os autores e os ilustradores de 39 Saltos en el charco agradecen a compra e agardan que o lector goce, a través das súas páxinas, duns momentos inolvidables.

Título: Un salto en el recuerdo

Autores: Varios autores

Editorial: Amazon

Prezo de venda: 15€

ISBN: 979-8623449108

SINOPSE: 

Un salto en el recuerdo é unha homenaxe ás lembranzas. É un tributo a quen temos amado e amamos. É unha loanza a aqueles que nos tenden a man cando estamos perdidos.
O Alzheimer é un inimigo que hai que combater e, por esta razón, 42 escritores e 38 ilustradores uniron esforzos e editaron esta antoloxía ca fin de contribuír na busca de recursos para que a nosa identidade non se esfume. Este é un proxecto solidario a beneficio da entidade Alzheimer Catalunya Fundació e consta de dous libros únicos e independentes, un en castelán e outro en catalán, cuxos relatos van acompañados de magníficas ilustracións. Non se trata dunha compilación de relatos tristes. Certamente hai moitos cunha gran carga emotiva e que falan de vivencias nas diferentes fases da enfermidade, pero estas crónicas tamén transmiten esperanza. A través de contos e poesías bailaredes tangos mentres tomades chocolate cos avós, buscaredes o tesouro do castelo de Arlen, regalaranvos rosas amarelas, navegaredes por mares inventados cara a unha Cuba imaxinada, descubriredes que a música é moi poderosa e preguntarédesvos que hai na caixa 28.
Os autores que participan en Un salto en el recuerdo agradécenvos que sexades solidarios e anímanvos a loitar contra o Alzheimer adquirindo un ou os dous volumes conxuntamente, e lémbranvos que se ledes todo é posible.
 

ENTREVISTA

1. Como xorde a idea de escribir Solamente Peter?

“Este libro lo escribimos entre mi hermana y yo. Fue un paso lógico, ya que las dos escribimos. Lo interesante es la forma. Nos fuimos intercalando frase a frase, sin hablar previamente de la trama de la novela ni de su desarrollo. Fue ir de sorpresa.”

2. De que trata a obra Solamente Peter?

“Trata de un joven, Peter, que debe una cantidad de dinero que no tiene intención de pagar. Por suerte consigue un viaje por ser el ladrón número 10.000 de la ciudad. Se piensa que así se ha librado de su perseguidor, el Cobrador… Se convierte en una novela de aventuras extravagantes y llenas de humor.”

2. Dende cando escribes? Tes outras publicacións?

“Desde los once años. Tengo otros libros publicados, otro con mi hermana Nunca visites al dentista un lunes, que es la continuación de Solamente Peter. En esta ocasión Peter se ha casado y tiene un hijo, Alexis. Una mañana Peter acompaña a su hijo al dentista y durante la visita el niño desaparece.

Después he publicado en solitario Juicio a un alma atormentada, que es una historia de amor paranormal mezclado con violencia de género. A grandes rasgos, va de un joven que muere y sus acciones han sido tan equilibradas que no se deciden si enviar su alma al cielo o al infierno, por lo que vuelve a la tierra con una misión, ayudar a una chica.

Aparte de esas dos, he de decir que he coordinado dos antologías solidarias.

La primera se titula 39 Saltos en el charco y son relatos para niños a partir de los 8 años. La entidad beneficiaria es la Fundación Pere Tarrés que tiene proyectos solidarios para niños con pocos recursos.

Justo en este abril han salido a la venta dos nuevas antología solidarias, Un salto en el recuerdo y Un salt en el record (esta última en catalán). Son dos libros de relatos para adultos y la entidad beneficiaria es la Alzheimer Catalunya Fundació, que trabaja con enfermos y familiares que sufren esa terrible enfermedad.”

3. Que significa para ti poder escribir e chegar a tantas persoas coa lectura e as letras?

“Es una gran satisfacción escribir y que la gente lea mis obras. Me gusta que la gente me conozca a través de mis novelas y que me descubran.”

4. A quen admiras como escritor ou escritora?

“Me gusta mucho Andrea Camilleri, su forma de escribir, de expresarse. Después, de aquí admiro a varios autores como Salvador Vega AlarcónAnna CasamitjanaAdolfo Pascual Mendoza  o Esther Mor;  escritores fuera de los grandes círculos, pero tan buenos como los más mediáticos.”

5. Que consellos lle darías aos nosos veciños e veciñas de Dumbría para que leran máis?

“Que lean. Puede que una novela no les guste, pero no por eso deben tirar la toalla. Hay miles de autores y seguro que alguno será de su gusto. También que es bueno utilizar la mente e imaginar las escenas que escribe el autor, es una manera de mantener nuestro cerebro activo.”

6. Tes algún libro máis pendente de publicar?

“Sí, varios. Primero, dos de relatos y una novela. Espero poder ponerme en breve.”

7. Que libro ou libros estás lendo neste momento?

“El último libro que he leído es Los viajes de Peter Stendhal, de Luis Benagulu.”

8. Gústache ler en dixital ou prefires o papel?

“No tengo preferencia, leo en los dos formatos, aunque si el libro es gordo lo prefiero en digital.”

9. Que autor ou autora da Costa da Morte che gustaría recomendar?

“Siento decir que no he leído autores de la Costa da Morte, pero os puedo recomendar una autora de Santiago de Compostela llamada Noela Lonxe. Yo la he descubierto este año y me ha encantado.”

Redes sociais de Ana Escudero:
BlogFacebookInstagramTwitterWebYoutube

Belén e Ana Escudero Canosa

Non queremos rematar este artigo sen agradecer a Ana a donación de exemplares dos seus libros que fixo para as cinco bibliotecas do Concello de Dumbría.

Están todos ao voso dispor nelas:

 

#DumbríaéCultura #AbrilMesDoLibro

Neste mes de maio no que celebramos o Día das Letras Galegas, queremos achegarvos a figura da vimiancesa Natalia Lema, precoz e prolífica escritora e, dende ben cativa, devoradora de todos cantos libros caían nas súas mans.

Agradecemos a súa participación na conversa literaria A muller e as Letras en Galicia, celebrada o pasado venres 19 de maio de 2023 na biblioteca de Dumbría – O Conco.

 

DATOS BIOGRÁFICOS

Natalia Lema Otero leva escribindo e publicando dende os dezaseis anos. O seu primeiro libro, Baos, fala da diáspora producida polo encoro da Fervenza hai máis de medio século. O seu segundo libro, Prevención de riscos agrarios na Costa da Morte, é un manual que afonda nos perigos intrínsecos do sector primario, especialmente os envorcos de tractor e os accidentes por atrapamento con toma de forza.

No 2021, editou o seu primeiro poemario, Do amor e o delirio, con prólogo de Xusto López Carril.

Ten o recoñecemento de honra do Club Rotary Interact de Fernández (Arxentina) polo seu activismo a prol da erradicación da enfermidade da polio.

É columnista de La Voz de Galicia na edición de Carballo.

Premios:

  •  1º Premio Avelino Díaz (2017 e 2019)
  • 3º Premio Avelino Díaz (2018)
  • 1º Premio Terras de Chamoso- Poesía (2017)
  • 1º Premio do XXV Certame de Poesía Concello de Cambre (2018)
  • Membro de Honra do Club Rotary Interact de Fernández (2017)
  • Premio Literatas (2019)
  • 1º Premio Territorio Vákner: Contos de misterio no Camiño (2022)
  • Áccesit V Premio Avelino Díaz (2022)
  • 1º Premio Terras de Chamoso-Poesía (2022)

 

ENTREVISTA

  1. Como xorde en ti a idea de escribir? Desde cando o fas?

Dende sempre, gustoume escribir, dábaseme moi ben na escola en contraposición cas matemáticas, o sistema poliédrico, a música e todo aquilo que fose máis técnico. No ano 2016, unha pequena editora de Valencia doume aoportunidade de publicar un libro, mandei un pequeno escrito sobre a aldea somerxida por un encoro de meus avós e foi un éxito.  A partir de aí, presenteime a certames e ata hoxe.

2. Tes feito algunha publicación? Fálanos un pouco delas, por favor

Teño tres libros publicados, un en autoedición e dous con editoriais. O primeiro foi o conto do que falaba antes, que narra a historia vivencial de meus avós dende a perspectiva dunha moza de 16 anos. O segundo libro, autoediteino cando tiña 17 e é un breve manual de cen páxinas que fala dos perigos do sector primario, especialmente os accidentes de tractor, ben sexa por toma de forza ou envorco.

O meu último libro, publiqueino hai dous anos e é un poemario, Do amor e o delirio.

3. Que significa para ti poder escribir e chegar á xente coa lectura e as letras?

Para min é unha terapia inverosímil, espirse e darse o luxo de sentirme vulnerable ante os demais. Sempre vou ser mellor lectora ca escritora, téñoo moi claro. Dun lado ou doutro, a literatura échenos de coñecemento, lévanos a mundos impresionantes dende o minúsculo dun libro e fainos libres. Os meus mellores amigos sempre foron os libros, e con iso non pretendo deshumanizar as grandes amizades que conforman a miña vida. Simplemente que ler e escribir son unha forma de coñecemento e autocoidado, que incide directamente na nosa saúde mental. Os libros son eses agasallos que se poden abrir unha e outra vez e de cada vez, a experiencia vai ser diferente sempre.

 

4. Queres falarnos dalgún premio literario, ou feito relacionado coas letras?….

Todos os recoñecementos son especiais, non pola suba de ego que poidan producir, senón pola xente que coñeces. Resulta enriquecedor aprender dos compañeiros, coñecer os organizadores e a tanta xente que loita día a día pola cultura do país. Poucas veces podo asistir a entregas de premios, por motivos familiares e de traballo. De todos os premios que recibín, só asistín a entrega do Premio Vákner e o de Literatas. O primeiro que nomeo pareceume un soño feito realidade porque non esperaba un resultado tan positivo, creo que había moito nivel e tiven moita sorte. Tanto o segundo traballo premiado como o terceiro eran moi bos, e coñezo dende hai tempo a calidade literaria de Carmen e Félix. O segundo, o premio Literatas, foi un pulo de ánimo para min. Levar o premio con Lupe Vázquez pola miña traxectoria fixo que fose un dos días máis felices da miña vida porque me emocionei moito cando llo dediquei a meus avós e a Montse, a muller que acababa de sufrir unha agresión machista en Vimianzo.

5. A quen admiras como escritor ou escritora?

Adoro a García Márquez e Luís Sepúlveda. Se un día teño que morrer quero facelo recitando a Cien años de Soledad: “Estaba escrito no libro de Arquímedes que o primeiro dos Buendía morrería debaixo dun castaño e o último devorado polas formigas”. Paréceme un final inesperado e apoteósico. Españois, Reverte e Ildefonso Falcones. Creime nun lugar sen nenos e pasaba moito tempo soa.  José Emilio Pacheco, Bronte, Dickens ou Cela tamén son libros de cabeceira. Da Costa da Morte, lin polo menos unha obra da meirande parte dos autores e podo dicir que son excelsos e dunha gran calidade, oxalá un día chegar a ese nivel.

Manuel Rivas cautívame na poesía, tamén Carlos Negro, en Masculino singular.

Con autoras, que tamén hai moitas mullerazas na escrita, quédome con Emma Pedreira ou a sensibilidade de Ainhoa Conde. Mari Carmen Rey Nuñez é unha máquina na prosa.

Marilar Aleixandre paréceme unha precursora, libros como A cabeza de medusa deberían lerse de forma obrigatoria nos colexios. Creo que nos eloxiamos pouco entre nós para o moito que o merecemos. Teño predilección cas novelas corais, por iso gústame moito como escribe Manuel Iglesias Turnes e Carvalho Calero.

6. Que consello lle darías á veciñanza para que lea máis?

Empezar polo xénero que nos guste. Quitar a vergoña e non pensar que os libros non son para nós. Hai un libro para cada persoa, moitas veces dende a idade máis precoz tendemos a avergoñar os nenos con unha comprensión lectora máis lenta, é un erro moi grande. A xente hai que incentivala, non cohibila. Moita xente dicíame que, con Baos, empezara a volver a ler con asiduidade, para min era toda unha motivación e alegría.

7. Que libro ou libros estás lendo neste momento?

Moitos, primeiro estou lendo a Alejandro Palomas, Esto no se dice. Tamén estou a piques de comezar a biografía de Pérez Rubalcaba, chámame moito a atención como político. O que máis me ten en vilo é Muchas vidas, muchos maestros, do psiquiatra Brian Weiss, teño moitos prexuízos co libro.  Se fora certa a súa sipnose, o mundo sería máis idílico e fermoso.

8. Gústache ler en dixital ou prefires en papel?

Ambos, pero prefiro papel, canto máis vello mellor. Opto por comprar moitos dos libros en librarías de segunda man, nada mellor que o cheiro a celulosa antiga. Comprei hai anos un libro de Antonio Gala que lle firmara a súa asistenta por un prezo irrisorio. Algún xoia máis dese tipo conservo.

9. Que autor ou autora da Costa da Morte che gustaría recomendar?

Miro Villar, paréceme un poeta exquisito e tremendamente humilde, sempre apoiou os meus traballos e artigos dende o comezo, cando ninguén me lía. Ademais, ten unha escrita impecable

OS LIBROS

Prevención de riscos agrarios na Costa da Morte

Do amor e do delirio

 

#DumbríaéCultura #BibliotecasdeDumbría #LetrasGalegas

Naciu en Dumbría  no 1975, está casada e é  nai dun neno e dunha nena. Estudiou no no Colexio Público de Dumbría 1982-89 e seguiu os seus estudos de Bacharaleto e  COU en Santiago de Compostela no 1989-1993.

6 anos máis tarde; entre 1993-1999 Licénciase en Medicina e Ciruxía polaUniversidade de Santiago de Compostela.  Obtivo o título de Especialista en Oncoloxía Médica  no 2004 e o Título Europeo de Especialista en Oncoloxía médica no 2005.

Exerce dende 2005 como especialista en Oncoloxía médica no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (hospital Álvaro Cunqueiro) e dende 2011 tutora de residentes de Oncoloxía médica do o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo(hospital Álvaro Cunqueiro).

Na actualidade segue estudiando no tratamento e investigación do cancro de mama, tumores xinecolóxicos, tumroes cerebrais e melanoma.

Forma parte dos grupos cooperativos nacionais : GEICAM (grupo español de Investigación en Cancer de mama) GECOD (Grupo españold e cancer de origen desconocido) Grupod e estudio de Trombosis de SEOM GEICO( grupo español de investigación en cancer de ovario y tumores gineclógicos)SEOM (sociedad española de Oncología médica).

Un impresionante currículum, pero ela é unha muller que non presume, nin se vanagloria do seu currículum nin  nos seus títulos; accesible, amena, familiar. Unha muller de aquí, de Dumbría.

Cal é a túa relación co Concello de Dumbría?

Meus pais viven en Alvarellos, na parroquia de Berdeogas; e a maioría da miña familia tanto paterna como materna viven no concello, polo tanto teño unha relación especial coa xente que vive aquí. Moitos dos meus amigos da infancia viven tamén aquí.

Onde estudiantes?

Pois foi unha das etapas máis bonitas da miña vida, onde aprendin un montón de cousas, non solo académicas, lembro ainda profesores que marcaron a miña forma de pensar posteriormente. Daquela había moitos nenos no Colexio . O que si teño claro e que cando cheguei a santiago o meu nivel académico era incluso superior ao de nenos da cidade.

Qué lembras do teu paso polo colexio de Dumbría?

Pois foi unha das etapas máis bonitas da miña vida, onde aprendin un montón de cousas, non solo académicas, lembro ainda profesores que marcaron a miña forma de pensar posteriormente. Daquela había moitos nenos no Colexio . O que si teño claro e que cando cheguei a santiago o meu nivel académico era incluso superior ao de nenos da cidade.

Sentisteste nalgún momento en inferioridade por ser dunha aldea rural como Dumbría?

Como dixen antes, o meu nivel académico era moi bo. Así que eu nunca me sentín inferior aos nenos da cidade.

Qué opinas das infraestructuras, servizos ou espazos do Concello?

Pois é un dos concellos con maior infraestructura que eu coñezo, actualmente traballo en Vigo e vivo en Pontevedra, e Dumbría non ten nada que envexarlles, conta con espazos verdes, un cuidado especial das aldeas, e conta con importante desenrolo de actividades deportivas, e de maneira gratuíta,  en este sentido tiñan que aprender moitos concellos de maior envergadura,  así como espazos de lecer como pode ser  a carballeira de Berdeogas.

Cal é o lugar ou espazo que máis che gusta de Dumbría?

Probablemente que nos demos conta do valor do que temos, da xente de valía que temos e de que vivir en Dumbría ten ventaxes, e desta maneira non haxa tanta “fuga de rapaces novos” a outros pobos de arredor como Cee, Vimianzo..

E o que menos?

[ Non se lle ocurre ningún]

Cal é o recurso máis valioso que temos no noso concello e aínda está sen explotar?

Probablemente que nos demos conta do valor do que temos, da xente de valía que temos e de quevivir en Dumbría ten ventaxes, e desta maneira non haxa tanta “fuga de rapacesnovos” a outros pobos de arredor como Cee, Vimianzo..

Gústache a túa profesión?

Pois a verdade e que é a miña paixón, encántame ser médico dende ben pequena, e actualmente a miña especialidade : oncóloga.

Gústameencontrar un caso e buscarlle solución, ademáis a especialidades inclúe unha parte de investigación clínica que supón unreto, pois o cancro supón a gran pandemia do século XXI , estímase que ⅓ varónse ¼ mulleres vamos a sufrir un cancro ao longo da vida, así que temos moitotraballo por facer.

– Dalle un ( ou varios) consellos a nosa veciñanza para  cuidar a saúde.

Se teño que dar consellos  empezaría por hábitos de vida saudables ,pois é o quemáis nos axuda a previr o cancro: exercicio diario, comer san (tipo dietamediterránea) e evitar hábitos tóxicos ( como o tabaco, que causa o 80% doscancros de pulmón, e sobre todo en mulleres , que estamos vendo agora unaumento da incidencia pola incorporación deste hábito no xénero fenemino fai unpar de décadas)

– O cancro é un tema que nos preocupa a todos, queremos evitalo…existe algo que podamos facer para evitar a súa aparición?

– Se temos alguén cerca que está pasando por un momento delicado de saúde …cómo podemos axudar  a que se sinta mellor?

Estando cerca del e acompañalo no que necesite, saber que a familia e amigos están para axudalo e intentar non atosigalo, falar do tema se o necesita e respectar os silencios.

Dende o punto de vista profesional a mellor forma de axudalo e dando a maior información de forma clara e concisa, explicarlle o positivo e o negativo da enfermidade e estar cando o paciente che necesita.


Volvendo a Dumbría  Gustaríache vivir aquí?

Claro que me gustaría  a nivel personal sen dúbida, o problema é que a miña especialidade solo se exerce en Hospitales de Terceiro nivel. De todos xeitos nas rías baixas tampouco se vive mal.

OUTUBRO 2020

DATOS BIOGRÁFICOS

Érica Domínguez Pais naceu no lugar de Hospital, parroquia de Dumbría, en 2001.

Despois da súa etapa de escolarización en Infantil e Primaria no CEIP Santa Eulalia de Dumbría, continuou os estudos de Secundaria no IES Agra de Raíces.

Na actualidade é estudante do grao de Mestra de Educación Primaria na Universidade de Santiago de Compostela.

O seu interese pola lectura e a súa necesidade de expresarse levouna agora a escribir e publicar “Reflexións Confinadas”.

 

O LIBRO

 

Título: Reflexións confinadas

Autora: Érica Domínguez Pais

Editorial: Círculo Rojo

Prezo de venda: 20€ (inclúe marcapáxinas de regalo)

ISBN: 978-84-1374-114-7

 

Para mercalo, podedes contactar coa autora a través dos seguintes medios:

 

SINOPSE:

A nova realidade por mor da crise do COVID – 19, xunto co futuro incerto que acompaña, fai que se barallen moitas opcións na nosa vida diaria. Respecto ao concepto de confinamento, este fai referencia a unha restrición, xa sexa voluntaria ou obrigatoria, do desprazamento das persoas que estiveron expostas a un contaxio e que, posiblemente se atopen ante un situación de contaxio. Durante este tempo, permanecemos nun lugar determinado ata que pase o transcurso de incubación da enfermidade, durante o cal, se debe garantir a asistencia médica, axuda psicolóxica, refuxio e alimento. E agora a cuestión, aprendemos algo durante o período que está durando esta pandemia? Mellorariamos nun futuro ou simplemente nos limitariamos a volver cometer os mesmos erros?
 

ENTREVISTA

1. Como xorde a idea de escribir Reflexións Confinadas?

“Escribir un relato moderno é unha tarefa minuciosa que require de traballo e de esforzo, pero iso si, é un labor gratificante que permite manifestar as ideas que se me pasan pola cabeza, dándome a opción de expoñerllas aos lectores e ás lectoras. A idea xorde debido a necesidade deixar transcendencia sobre certos aspectos relacionados coa situación que nos toca vivir. A comunicación é unha necesidade biolóxica da humanidade, por iso, dende que nacemos temos o desexo de realizar esa acción e, a medida que nos desenvolvemos, limitamos moito máis a súa expresión. É por este motivo que escribir se converte nun “deixarse levar” que conseguiu que cumprise un dos meus soños. Antes estas circunstancias entendín que escribir por pracer fai que se lle dea sentido ás palabras, aquelas que enfían frases y que constrúen historias, xa que son as inquietudes persoais as que me levaron a plasmar pensamentos sobre o papel”

2. De que trata a obra Reflexións Confinadas?

“Sen dúbida, a obra trata sobre a historia da pandemia que paralizou todas as nosas vidas. En decembro do 2019, produciuse un brote de pneumonía de causa descoñecida en Wuhan, provincia de Hubei, en China;  que, segundo se informou máis tarde, afectou aproximadamente a 60 persoas o 20 dese mes.  Segundo o centro chinés para o control e a prevención de enfermidades, o 29 de decembro, un hospital de Wuhan ingresou a 4 persoas con pneumonía que traballaban nun mercado desa cidade.  O hospital informou a un equipo técnico da cidade e iniciou unha investigación.  Este atopou máis casos relacionados co mercado e o 30 de decembro as autoridades sanitarias de Wuhan informaron dos casos para obter mostras destes pacientes.  O 31 de decembro, a 27 persoas diagnosticáronlles unha pneumonía de causa descoñecida, con 7 en estado crítico. A maioría destes casos eran traballadores do mencionado mercado. O 7 de xaneiro de 2020, os científicos chineses illaran o virus que causara a enfermidade e realizaron unha secuenciación do xenoma.  O 12 de xaneiro de 2020, as autoridades chinesas confirmaran a existencia de 41 persoas infectadas co novo virus, que comezaron a sentir síntomas que incluían febre, malestar , tose seca, falta de aire e insuficiencia respiratoria. Aínda que este é o asunto que nos confirmaron os medios de comunicación, o libro busca unha síntese máis fonda e persoal, coa finalidade de dar resposta ás cuestións que en numerosas ocasións nos pasaron pola mente.”

2. Dende cando escribes? Tes outras publicacións?

“Fai relativamente pouco tempo que escribo, porque comecei a practicar a escritura cando comecei a carreira que estou cursando. Non obstante, a realidade é que, na actualidade, escribo máis que nunca, case de forma compulsiva, tratando de rexistrar todas as vivencias, ideas e sentimentos que se me xuntan en cada un dos meus días. Téñolle medo ao esquecemento, e por iso me esforzo en deixar todo por escrito. En canto á segunda pregunta, aínda non teño outras publicacións, xa que a maior parte desas reflexións son aínda borradores que non decidín compartir, porque tampouco é preciso publicar todo o que se faga, e entender dita perspectiva, tamén é bo. O certo é que o abandono da escritura non é unha escusa nin ten perdón, pero moitas veces, a falta de produción escrita débese a novos descubrimentos que dan vida, é iso, tamén é moi necesario.”

3. Que significa para ti poder escribir e chegar a tantas persoas coa lectura e as letras?

“Para min poder escribir e chegar a tantas persoas significa esquecerme do medo a non volver sentirme libre. A liberdade é un amplo valor que se atopa entre os valores sociais, humanos, relixiosos e democráticos. Por iso forma parte de varias áreas de estudo e análise e é tan importante apoiar, asegurar e limitar a liberdade de cada persoa, que por esta razón forma parte dos dereitos humanos que son inalienables. Sentirse libre forma parte da natureza humana, máis alá da ausencia de liberdade absoluta, xa que as persoas están condicionadas polas súas propias capacidades e polo medio ambiente. Concluíndo, a escritura é capaz de facer que atope o meu sitio e loita por facerme sentir comprendida.”

4. A quen admiras como escritor ou escritora?

“Simone de Beauvoir, Concepción Arenal e Clara Campoamor foron e serán as miñas representantes da escritura feminina. Non obstante tamén me estou familiarizando con outras autoras e autores, como é o caso de Nuria Varela, Bridget Christie, Mercedes D´Alessandro ou Deborah Cameron. Xa no ámbito da educación, poño o meu foco de atención en César Bona, Jorge Marín, Augusto Iyanga ou Jaume Carbonell.”

5. Que consellos lle darías aos nosos veciños e veciñas de Dumbría para que leran máis?

“A lectura inflúe na mente e na vida de moitos xeitos.  Ademais, a nivel fisiolóxico, demostrouse que a lectura activa é capaz de aumentar a conectividade das súas neuronas. Mentres tanto, a nivel emocional aumenta a nosa capacidade para simular o estado mental doutros e sentir máis empatía e comprensión polos demais. Hai moitos beneficios para o hábito de ler, e podería describir un sen fin deles, pero o mellor consello que lles daría ás veciñas e ós veciños é que ler permite vivir novas experiencias, xa que é capaz de sentir emocións que quizais tardaría décadas en descubrir e axuda a sentir empatía polos personaxes cos que te identificas ao longo do  narración.  Pero, ademais diso, a literatura é en si mesma un gran simulador de realidade. É como unha máquina do tempo que de súpeto leva a diferentes situacións e tempos coas súas características e personaxes particulares.  Isto axúdanos a ser máis amables co resto porque nos ensina a ver o mundo dende outra perspectiva, tendo en conta as consecuencias das nosas accións. Tamén nos mostra a sinxeleza de virtudes como a bondade, a xenerosidade e a simpatía.”

6. Tes algún libro máis pendente de publicar? Hai ideas novas rondando xa na túa mente?

“Unha resposta bastante curta para estas preguntas, porque ben é verdade que aínda non decidín se volverei publicar ou non. O que si que hai son ideas, dúas delas relacionadas co movemento reformador das mulleres e a última centrada na coeducación entre o alumnado.”

7. Que libro ou libros estás lendo neste momento?

“Neste momento estou lendo dous libros. O primeiro é “Maldita feminista: hacia un nuevo paradigma sobre la igualdad de sexos”, escrito por Loola Pérez, e o segundo leva como título “¿Para qué servimos los pedagogos?: El valor de la educación, con Miguel Ángel Santos Guerra como autor.”

8. Gústache ler en dixital ou prefires o papel?

“Sen pensalo dúas veces, eu prefiro ler en papel, porque é máis fácil aprender lendo textos en papel que aprender lendo textos nunha pantalla.  A causa son as dificultades no seguimento metacognitivo, que provocan unha maior sobreestimación do nivel de aprendizaxe, levando a unha insuficiente asignación de esforzo cognitivo.  En resumo, ler en medios dixitais lévanos a pensar que é máis fácil do que parece e atribuímoslle menos recursos dos que realmente precisamos, pero realmente, o medio dixital non favorece a un tratamento da información, porque, dende o meu punto de vista afecta negativamente á lectura e aprendizaxe.  Quizais o uso de medios dixitais para interaccións rápidas e precipitadas nos leve a repetilo cando lemos, pero a cousa non se queda aí, debido a que, tomar notas a man é máis eficiente que tomalas cun ordenador. As notas manuscritas adoitan ser máis elaboradas e estes resultados teñen importantes consecuencias para a educación. Introducir o uso abusivo das tecnoloxía dixital pode reducir ou dificultar a aprendizaxe. Quizais antes de optar directamente pola tecnoloxía, debido aos seus beneficios, deberiamos coñecer os efectos negativos para avaliar mellor os cambios, e optar deste xeito, polo uso dos materiais en papel.”

9. Que autor ou autora da Costa da Morte che gustaría recomendar?

“Recomendaría a Concha Blanco, María Canosa, Rafa Vilar e Estevo Creus, aínda que seguro que me quedan moitas escritoras e escritores por aconsellar e por descubrir.”

 

#DumbríaéCultura #DíadaBiblioteca

DATOS BIOGRÁFICOS:

Noelia Castro Lourido (Anseán, Dumbría, 1979) acaba de publicar a súa primeira obra titulada “En brazos de otro amor”. Escritora afeccionada, publicaba as súas historias na rede social Wattpad, unha aplicación que permite crear e compartir contidos con outras persoas. Os usuarios poden publicar artigos, relatos, blogs, fan-pics, ciencia fición e historias sobre temas diversos, xa sexa en línea ou a través da aplicación. Podedes seguir as creacións da autora, que agora sae á luz pública coa publicación do seu primeiro libro.

Con este motivo quixemos facerlle esta entrevista, e tamén convidarvos á presentación do mesmo, que terá lugar o venres 22 de xuño ás 20:00h na Biblioteca do Conco, no Concello de Dumbría.

O LIBRO

Título: En brazos de otro amor

Autor: Noelia Castro

Editorial: Ediciones Brisa del Sur

Precio de venta: 21€

ISBN:


SINOPSE: 

Heather y Jason son jóvenes y entre ellos surge algo mucho más profundo que no quieren reconocer. Entre tanto aparecen personajes interesados en ni Heather ni Jason se den ninguna oportunidad para que esa relación siga adelante. La propia Heather se encuentra entre lo que siente por Jason, y lo que siente por Gray, un joven lord que conoce en el colegio y cree estar enamorada de él. ¿Quién se ganará finalmente el corazón de Heather?

ENTREVISTA

1. Como xorde a idea de escribir, título do libro?

O libro titúlase En brazos de otro amor. A idea de escribir xorde en abril do ano pasado cando coñecín en internet a plataforma Wattpad, na que se poden ler historias de outras persoas ou escribir, como é o meu caso. Xerou en min unha inquietude e fíxome pensar que se outras persoas eran capaces de escribir unha historia ,por que eu non o podía facer tamén?. 
E aquí estou, presentando o meu libro. Se vos interesa seguirme soamente tedes que descargar a aplicación e buscarme co nome de Noelia Castro Lourido.

2. De que trata a obra?

A obra narra a historia de amor entre Heather e Jason, dous rapaces novos que se namoran, ambientada no Londres do século XIX, pero que para ese amor sexa posible, os protagonistas teñen que pasar unha serie de adversidades para, ao fin, poder felices para sempre. Ó longo da historia os protagonistas viven momento felices, pero tamén son moitos momentos difíciles os que teñen que afrontar por culpa de personaxes egoístas e manipuladores.

3.Dende cando escribes, tes outras publicacións?

Fai un ano que comencei a escribir. De momento non teño ningún libro máis publicado.

4. Que significa para ti poder escribir e chegar a tantas persoas coa lectura e as letras?

Para min escribir é algo especial que non podo explicar con palabras. Cando escribes estás transmitindo unha historia que nace do teu interior. Poder chegar a tanta xente a través das letras é todo un honor e un pracer, ver que as horas que pasas escribindo teñen a súa recompensa, que é o que realmente queremos os escritores, que desfruten dunha boa historia e que se sintan en conexión co autor.

5. Cóntanos como estás vivindo este momento no que a túa obra vai ver a luz pública.

En este momento estou feliz e moi emocionada de que a miña historia vaia ser publicada. Cando empecei a escribila non pensei que este momento me ía pasar tan pronto. Iso quere dicir que o meu traballo ao longo do ano mereceu a pena por tanto esforzo e horas de dedicación e que é unha bonita historia que a xente merece desfrutar.

6. A quen admiras como escritor ou escritora?

Admiro moito as escritoras de novela romántica como Diana Palmer Candace Camp, Brenda Novak, Julia London, entre outras. Admiro a moitas máis, poño estas tres para que as coñezades.

7. Que consellos lles darías os nosos veciños e veciñas de Dumbría para que leran máis?

Pois eu diríalles que ler é algo máxico que che permite desfrutar dun sinfín de aventuras sen moverte de sofá da casa. A parte de que é unha actividade moi boa para manter o cerebro e a mente activos.

8.Tes algún libro máis pendente de publicar?

Sí, estou preparando a miña segunda novela “Matrimonio por venganza”, que, se todo sae ben, creo que verá a luz o próximo ano.

9.Que libro ou libros estás lendo neste momento?

Nestes momentos estou acabando de ler a novela de Julia London “Los peligros de perseguir a un duque”.

10.Gústache ler en dixital ou prefires en papel?

Gústame ler tanto en papel como en dixital. Pero gústame máis o contacto co libro na man e ir pasando as páxinas segundo vas lendo.

11.Que autor ou autora da Costa da Morte che gustaría recomendar?

Esta é unha pregunta algo complicada porque na Costa da Morte están xurdido escritores fantásticos. Pero o autor que más me chega ao corazón sen dúbida algunha é Xaime Trillo.

ABRIL, MES DOS LIBROS. 2020

Ao longo deste mes de abril, queremos achegarvos a obra de autoras de aquí, de mulleres vencelladas dun ou doutro xeito ao noso concello.

 

DATOS BIOGRÁFICOS

Laura Suárez naceu en 1994 e vive en Cee; aínda que naceu en Dumbría, coma toda a súa familia, que son naturais das parroquias dumbriesas de Dumbría, Berdeogas, Olveira e Olveiroa.

É unha autora e ilustradora galega que medrou entre os cómics e os libros ilustrados que lle regalaban seus pais, sendo ese o cemento sobre o cal se construíu a súa paixón pola literatura e o debuxo.

O seu traballo realízase na súa maioría con técnicas mixtas, mesturando ferramentas dixitais con tradicionais, coma gouache ou lapis de cores.

Está especializada en ilustración infantil cómic.

Publicou os seus traballos con editoriais como XeraisBaula do Grupo  EdelvivesDibbuks ou B de Blok, de  Penguin  Random House, tamén participa ilustrando en revistas como Cocoter e Time Out… entre outros.

Podes ver máis do seu traballo en:

https://www.laurasuarez.org/

https://www.instagram.com/auralez/

 

O LIBRO

Laura asinando un exemplar de Los Cuentos de la Niebla

Título: Los cuentos de la Niebla

Autora: Laura Suárez

Editorial: ibbuks

Prezo de venda: 18€

ISBN: 978-84-17294-46-5


SINOPSE: 

Unha aldea no norte de España nos anos 30, cando a luz non chegara ás estradas. Unhas lendas  atemporais que enfrontan o  paranormal e o realismo  preguerra. Unha maneira de darlle sentido á escuridade, á morte e á néboa dunha terra esixente. Os contos da néboa son estes que che contaron de pequeno, unha e outra vez, as tardes de choiva e as noites de inverno. Contáronchos a túa avoa, a túa nai ou un veciño, para que te portases ben. Non sabes se crelos, pero cóntanos no teu pobo, no pobo veciño e en toda a rexión... Entón serán verdade, non?

As historias son herdanzas culturais, recibidas a través de familiares da autora, que quixo plasmar cun trazo  torturado e unhas páxinas en branco e negro de atmosfera inquietante.

Laura colleume da man, sentoume aí e contoume cousas sobre a Santa Compaña, sobre o  Vidoiro, sobre campos fríos e xente vestida de negro. (…) son fermosas historias de terror. Non  podo pedir máis.” – Prólogo de Torres

https://www.dibbuks.es/es/catalogo/los-cuentos-de-la-niebla

 

ENTREVISTA

1. Como xorde a idea de escribir, “Los cuentos de la niebla”?

Todo comezou coa intención de realizar un proxecto persoal, algo que vivira eu de primeira man e sobre todo, que puidera expresalo graficamente.

Un día, cando vivía en Barcelona e estaba paseando co meu pai, comenteille que estaba buscando unha idea para un cómic. Pero o problema era, que cada vez que me enfocaba nun tema e quería poñerme a traballar, non saía nada. Comprendín que non sería todo real e sincero que quería que fose. Quería contar algo que fora meu, que me representara. E así xurdiu o recordo da miña avoa Lola contando historias da súa infancia, a vida daquel entón, os rituais de San Xoán…etc


2. De que trata a obra?

É unha recompilación de catro relatos: o Demo, a Roldiña, o Vidoiro e o Aire.

Todas están recollidas por un micro-relato que fala da relación coa miña avoa. Pero profundando, son historias que unen á Galicia profunda e rural da posguerra coas lendas máis antigas, todas baseadas en feitos reais, algunhas máis que outras.

A idea principal é pasar ao escrito esas historias que nos contan os nosos maiores, pero que pouco a pouco, por vergoña ou paso dos anos, quedan no olvido. Foi unha maneira de contar a historia da miña avoa.

Laura e a súa avoa Lola Moledo, nada en Olveiroa – Dumbría


3. Dende cando escribes? Tes outras publicacións?

Escribindo e pintando levo toda a vida. Xa cando era pequena encantábame escribir as miñas propias historias, para min, debuxalas e preparar os meus propios libros ilustrados e grapalos ou “encolalos” con celo na miña casa. Nunca deixei de intentar ser creativa.

Los cuentos de la niebla” foi a miña primeira obra publicada, pero a súa vez, cun par de semanas de diferencia, saquei un álbum ilustrado coa editorial Baula, do grupo Edelvives, tamén escrito e ilustrado por min, que se titula Una bona amiga (está en catalán).

Esas dúas publicacións foron as primeiras, tamén as que están agora no mercado como autora e ilustradora. A finais do verán do ano pasado, colaborei coa editorial Xerais na colección Merliño, ilustrando un conto da incrible Ledicia Costas, “Conexión macarrón”.

4. Que significa para ti poder escribir e chegar a tantas persoas coa lectura e as letras?

Só con pensar que alguén pode ler o meu traballo xa sinto unha felicidade inmensa, o feito de que chegue e transmita sensacións, sentimentos, ou simplemente faga reflexionar, toca moito. Fai que sexas consciente da importancia da lectura.

Os libros son poderosos, e aprendemos con eles moitísimo máis do que cremos.

5. A quen admiras como escritor ou escritora?

En verdade, admiro a moitos escritores. Teño gustos moi variados, xa que, por exemplo, dous dos meus escritores favoritos son Edgar Allan Poe e Roald Dahl.

Despois tamén me encanta a poesía, coma a de Rosalía de Castro ou Celso Emilio Ferreiro.

6. Que consellos lle darías aos nosos veciños e veciñas de Dumbría para que leran máis?

Poñerse en obxectivo un tema que lles agrade, ao principio pode dar pereza pero despois xa lle collerán o gusto. É simplemente deixar de relacionar a lectura coma algo obrigatorio e relacionalo co ocio e a diversión; que comecen cun tema que lles guste e o libro acabarase en nada e, despois diso, xa verá o seguinte.

7. Tes algún libro máis pendente de publicar?

Xusto agora sairá, antes do verán, unha colaboración que realicei con B de Blok, do grupo Penguin Random House. O libro é unha recompilación de contos tradicionais españois, está escrito por Magela Ronda e eu realicei as ilustracións. Teño moitas ganas de velo impreso xa que foi un proxecto moi divertido e bonito de facer.

Despois do verán, sairá a colaboración que fixen con Moppet Books de California, un álbum ilustrado no que tamén ilustrei o texto dun autor. Gústame moito tamén traballar desta forma, o intercambio de conceptos e ideas enriquece moito.

8. Que libro ou libros estás lendo neste momento?

Agora mesmo estou comezando a ler un libro en inglés que analiza todo o traballo cinematográfico do director Wes Anderson, pero vou pouco a pouco.

Antes estiven lendo “Viva La Dolce Vita” de Maximo Huerta, ilustrado por María Herreros e en cómic, “Amphigorey too”. Este último é unha colección de viñetas dun dos meus debuxantes favoritos, Edward Gorey.

9. Gústache ler en dixital ou prefires en papel?

Papel. Encántame a textura, o movemento das páxinas, como ule… Os libros son como pequenos obxectos de artistas, hai edicións preciosas que son merecedoras de estar en museos.

10. Que autor ou autora da Costa da Morte che gustaría recomendar?

Recomendaría a un clásico que ademais, foi profesora miña, Concha Blanco. Admiro moito a esta autora, dende moi pequena lin os seus libros, xa sexa eu soa, coa miña nai ou coa miña irmá. Creo que foi unha das miñas maiores influencias na miña infancia. Véndoa deime conta que era posíbel ser autora, só había que traballar moi duro. É algo que sempre lle vou agradecer.

Abril de 2017

DATOS BIOGRÁFICOS:

Xaime Trillo (Bustelo, Dumbría, 1974)

Traballou de vendedor, freganchín, camareiro, na obra civil e de traballador forestal. 
Actualmente está no paro.
Foi membro do colectivo BLAS ESPÍN e do BATALLÓN LITERARIO DA COSTA DA MORTE.  Publicou poemas nos libros colectivos Nós (1997) e  Rumbo ás illas (1997), así como nas revistas FEROS CORVOS e ESPRESSO-M
Dende hai catorce anos forma parde do COSAL-Costa da Morte.Anatomía da ira (Caldeirón, 2016) é o seu primeiro libro de poemas que ve a luz.

1.- Como xorde a idea desta primeira obra?           

É no verán do 2012, cando Pepa Fandiño, nese momento concelleira de cultura do concello de Cee, me chama para que participe no Agostiño cultural. Eu levo anos escribindo os poemas de Anatomía da ira, cos que participo en actos do COSAL-Costa da Morte, do que son membro, e nos da Organización Feminista BUSERANA; pero é a partir do Agostiño cultural cando decido darlle forma de libro.

2.- Canto tempo  hai que escribes?           

Con trece anos xa facía poemas. O que pasa é que cando abandonei o Batallón Literario deixei de escribir e estiven bastante tempo sen facelo. Pero nunca deixei de ser poeta.

3.- Como te sentes, xa que todo é novo para ti: presentacións, entrevistas,… ?           

Pensaba que sería con normalidade. Mais logo encontro que hai lectoras que descobren nos meus versos cousas que eu non sabía, ou das que eu non me daba conta, e, claro, fascíname. Nunca perdemos a capacidade de abraio.

4.- Cóntanos que nos imos atopar en Anatomía da ira? 

É un libro que xorde da necesidade de conxurar a infamia. Eu son militante do COSAL-Costa da Morte. E iso significa que estou moi exposto a certas cuestións: a causa palestina, a situación da muller no mundo, das multitudes asoballadas polo poder, e a cólera aflora no que escribo. É un libro político, incardinado na tradición da poesía galega internacionalista, que nos anos 70 do pasado século deu poemas espléndidos, coma o Vietnam canto de Novoneyra, o Sirventés pola destrución de Occitania, de Ferrín, e o Laio e clamor pola Bretaña de Manuel María.

 

5.- Que é para ti a poesía, e que che aporta a nivel persoal escribir? 

Non é doado dar unha resposta. Tal vez sexa atracción polas palabras e a necesidade de expresar con elas todo o que nos asombra. A nivel persoal, teño a satisfacción de estar facendo un traballo útil. Aínda que ese traballo, a nivel social, se valore máis ben pouco.

6.- A quen admiras como escritor ou escritora?           

Hai autoras e autores que me veñen acompañando dende que era un cativo. Rosalía, Neruda, Whitman… Máis tarde sumáronse outras. Algunhas están na miña máis profunda predilección. Falo de Pimentel, Cernuda, Cunqueiro, Safo, Gamoneda, Ferrín, Lorca, Eugénio de Andrade, Vallejo, Celán, Valente, Martín Códax, Machado, Eliot, Dylan Thomas, María Mariño…            Tamén, as últimas xeracións do país nosos agasalláronme con poemas enormes de Pilar Pallarés, Lois Pereiro ou Olga Novo.

7.- Que lles dirías á veciñanza de Dumbría para que lesen máis?           

Que os libros son fundamentais para saber quen somos. Todo o saber acumulado a través do tempo está dentro dos libros. Neles latexa a condición humana. Fannos mellores. E a nosa capacidade cognitiva mellora coa lectura.

8.- De que tratará a t úa seguinte publicación?           

Hai un novo libro de poemas ao que xa lle puxen o ramo, e que versa sobre a resistencia.

9.- Que libro hai na túa mesiña de noite?           

Se te refires ao que estou a ler agora, estou con No tempo de Follas Novas, un ensaio sobre autoras e autores de todo o mundo contemporáneos de  Rosalía de Castro. Está coordinado por Pilar García Negro.

10.- Gústache ler en dixital, ou prefires o papel?

Prefiro papel. O que pasa que as tecnoloxías son moi dinámicas, e hai libros que antes eran inencontrábeis e agora xa non o son. Antes, cando eramos adolescentes, había textos aos que non podiamos acceder. Agora, se estás conectado, podes. E ademais tes outros soportes para publicar. Este é un logro da internet.

ENTREVISTA A PEPE DO FIEIRO: 13.03.2019

 – Sei que de neno ía coas cabras ao monte. Cando foi a primeira vez que subiu ao Monte Pindo coas cabras? Qué idade tiña? Qué lembra desa experiencia?

 – Non me recordo, pero seguramente sería no ano 1941-42, eu era neno e tería sobre uns 7 anos. Lémbrome que íamos os compañeiros do lugar, eles eran maiores que min. Pasábamos o día buscando polos tesouros que nos contaban os nosos avós, os que deixaran os habitantes do monte, os que se lles coñecían como “os mouros”.

 – Qué facía para pasar o tempo mentres estaba coas cabras no monte?

– Xogábamos, vixiábamos as cabras e buscábamos as cabanas onde se refuxiaban durante a Guerra Civil.

 – Fíxolle algunha vez o remedio do “formiguiño” a algún animal?

– Non, eu non o fixen nunca. Pero recordo verllo facer aos veciños do pobo. Facíanllo ás vacas que tiñan unha enfermidade nas patas, nos cascos das patas. Mirábaselle primeiro se tiñan as chatolas das zocas cravadas nas patas, pero se non as tiñan e coxeaban, dicíaselle que tiñan o mal do “formighiño”. Levábase a vaca ao campo, arredor do casco marcábase, arrancábase nove veces o terrón onde estivo o casco da pata da vaca e púñase na lareira, para que fose ardendo pouco a pouco. Ao arder o terrón, a vaca curaba e deixaba de coxear.

 – Cómo foi a súa etapa de nenez? Cómo a recorda?

– Recordo unha época feliz porque no monte pasabámolo moi ben, aínda que non comíamos en todo o día porque marchabamos á mañá da casa e ata a noite non volvíamos. Enredábamos, brincábamos uns cos outros, saltábamos as pedras a ver quen subía máis alto …

– Nunha época na que estudar non era o habitual nin estaba ao alcance de calquera; por qué decidiu estudar maxisterio?

– Iso foi a raíz de haber quedado sen as cabras no monte, porque foron expulsadas pola forestal aproximadamente no ano 1950. Entón ao non poder coidar as cabras, mi padre díxome se quería ir estudar. Fun a Santiago estudar bacharelato e logo maxisterio. Escollín maxisterio porque me gustaba moito ensinar, gustábame ensinar aos rapaces.

 

– Seu pai atopou unha xerra no monte, que na actualidade está no Museo do Pobo Galego. Algunha vez atopou vostede un tesouro no Monte Pindo?

– Non, que recorde eu non atopei nunca nada. Para min a xerra que atopou mi padre é un tesouro; unha xerra que foi construída antes do s.XV e que apareceu no ano 1950, cinco séculos despois.

– Quizais non atopou un tesouro; pero pode que dera cun descubrimento que poucos coñecen. Cál foi?

– Si, esa cruz atopeina fai pouco tempo. Haberá un par de anos. Un día de casualidade, despois de arder o monte, porque esa cruz estaba tapada con maleza. Mi padre, que me ensinou moitas cousas do monte, nunca me falou desa cruz, así que el non debía saber dela.

– Encántalle subir ao monte, mellor acompañado que só e se é como guía mellor aínda. Cando foi a súa primeira vez como guía levando xente ao Monte Pindo?

– Si, só non me gusta ir. A primeira vez foi un verán que vin de vacacións estando en Londres, aproximadamente no ano 1980.

– Lembra algunha anécdota que lle pasara no monte a vostede ou con alguén?

– A primeira anécdota pasoume cando tiña aproximadamente uns 8 anos e estaba coas cabras no monte. Penso que era no verán, ese día fora mi padre e meu irmán ao monte, porque meu irmán atopara un filón de wolframio para ensinarllo a meu pai. Ese día estábamos no alto da moa, eles foran ver a mina que quedaba algo lonxe do alto da moa, cara Carnota, mentres eu quedaba coas cabras. Facía bo tempo, pero comezou a pechar de borraxeira e perdémonos as cabras e máis eu. No medio do camiño atopeime con meu pai e meu irmán, cando eu ía camiño de Carnota pensando que ía polo camiño da casa. Se non fora por eles seguramente iría dar a Carnota.

– Agora dedícase a facer vídeos en directo en facebook para transmitir as súas poesías sobre o Olimpo Celta, poesías que tamén soe ler nas rutas ao monte. Cando comezou a escribilas?

– Estas poesías comecei a escribilas, creo que foi no ano 2012. Como xa estaba na casa xubilado e non tiña moito que facer, comecei a escribir poesías sobre o Monte Pindo cun fin. Para que se recorden os nomes; para que os nomes se coñezan escribo versos explicativos co fin de que non se perdan. Aínda que estes nomes cambian segundo a xente sexa do Pindo, do Ézaro, do Fieiro,…

– Qué é o que máis lle gusta do Monte Pindo?

– Do Monte Pindo gústame todo, pero en realidade o que máis me gusta do Monte Pindo son a Moa e Peñafiel. Tamén me gusta a Casa da Xoana porque moitos que van ao Monte Pindo non van alí. O que máis a Moa e Peñafiel porque son uns bos miradoiros, pero non podería escoller cal dos dous me gusta máis (risas).

– Por qué lle atrae tanto o monte? Por qué sinte esa paixón polo Monte Pindo?

– Creo que foi porque o pasei ben cando fun de rapaz e porque coñezo todos os recunchos do monte, era o parque, a distracción que tiñamos.

– Qué é o que máis botaba en falta cando estivo emigrado no Reino Unido?

– Cando estaba en Londres botaba en falta unha visita que lle debía facer a unhas eguas que tiña no monte. Cando viña de vacacións, que viña todos os anos no verán; o mes que traía de vacacións pasábao no monte coas eguas.

 

– Qué lle gustaría que cambiase no monte? E o que non cambiase?

– Por unha parte, gustaríame que o monte volvera a como era antes. O monte encheuse de maleza. O máis triste para min foi ver o monte abandonado e logo queimado como está queimándose de vez en cando de poucos en poucos anos. Gustaríame ver o monte coidado e os sendeiros limpos.

Gustaríame que cambiase para que se conservase limpo, sen maleza.

– Cómo se imaxina o Monte Pindo no futuro?

– Ao paso que vai, será un bosque de maleza.

– Qué lle gusta máis: o Monte Pindo pola mañá, pola tarde ou de noite?

– Gústame de calquera forma e en calquera momento. Gústame de día cando está despexado. Gústame pola mañá cando o sol sae e pola noite cando se mete o sol no mar, na posta de sol. Tamén me gusta ir de noite ver os fogos artificiais, na véspera do Apóstolo Santiago, pero ten que ser cando está a noite clara. No ano 2010, creo que foi cando fun por primeira vez ver os fogos do Apóstolo porque miña filla preguntoume si se verían e fomos velos con outros amigos.

– Cal é o seu soño? Qué lle gustaría facer? Qué lle gustaría ter feito?

– A min o que me gustaría é ver os sendeiros limpos, para que os turistas poidan subir e baixar sen perderse.

– O seu currículo é extenso: foi cabreiro, mestre, limpador, guía, poeta e agora tamén un gran asiduo ás redes sociais. Vostede que viviu moitos cambios ao longo da súa vida e que está modernizado, qué é o que máis lle sorprende? O que nunca pensou que hoxe sexa unha realidade.

– A min o asunto este do ordenador paréceme unha cousa milagrosa. Na década dos 50 falábase de que ía vir a televisión, que en España aínda non a había. Cando estaba estudando, unha profesora miña de literatura díxonos que algún día chegaríamos a andar co teléfono no peto … eu pensaba que cómo íamos facer co cordón? Penso que ela non chegou a velo, pero nós estámolo vendo.

– Cómo aprendeu a utilizar o ordenador? Ensinoulle alguén?

– Aínda non o sei utilizar. Pero apunteime a un curso de ordenadores na Casa de Cultura do Ézaro e algo aprendín alí. Logo comprei un ordenador e fun probando na casa. Para o meu uso manéxoo o suficiente.

– E as redes sociais?

– Non, non. Aprendín eu. “Clickes aquí e clickes alí”. O ordenador mesmo che vai guiando e vaiche explicando como hai que ir facendo.

Todo un persoeiro que ben paga pena coñecer… Graciñas pola entrevista e por colaborar co Concello de Dumbría sempre que precisamos contar con vostede!

 

Pepe do Fieiro: o Neno que soñaba coa montaña:

 

ENTREVISTA EN VÍDEO:

Abril é o mes dos libros, e dende as bibliotecas do concello temos preparadas varias actividades de animación á lectura para conmemorar o próximo 23 de abril o día Internacional do Libro e os dereitos de autor

Para celebrar este día quixemos contar coa  testemuña do autor do libro sobre o Concello de Dumbría“El Ayuntamiento de Dumbría : historia, tradiciones y costumbres”, editado pola Deputación da Coruña no ano 2009 .
Trátase de Modesto García Quintáns, natural de Vilar, na parroquia dumbriesa de Buxantes.

 – É o primeiro libro editado que recolle toda a historia, demografía, etnografía e tantos outros datos do concello. E, por riba, escrito por un dumbriés. É toda unha honra..

Creo que si, non só para min, como autor, senón para tódolos veciños de Dumbría. Nesta obra recóllese parte dos costumes e tradicións dos nosos antepasados, que se conservaron de forma verbal e que na actualidade se están perdendo polo novo modelo de sociedade na que vivimos.

– Creo que es a primeira persoa do noso concello que ten un libro publicado..

Descoñezo se existe algún outro autor de libros que sexa do concello de Dumbría, polo menos destas características. O que si existen son folletos de carácter turístico.

– O teu libro é froito de moitos anos de recopilación e traballo. Na introdución dis que comezas en torno a 1979. Iso son máis de 20 anos de traballo.

Todo comezou cando estaba no Bacharelato en Cee. O único  entretemento que tiñamos era falar coas persoas maiores, que contaban historias que me gustaban e, para non esquecelas, decidín apuntalas nunha libretiña que sempre levaba no peto. Tratei de ordenalas  por temas e, ao mesmo tempo, comecei a investigar documentos vellos que os veciños me prestaban, ir aos arquivos parroquiais, ao concello e aos organismos oficiais, entre eles o Arquivo do Reino de Galicia. Rematada a obra no ano 1999, non lograba que algún organismo a publicara, ata o ano 2004, por medio da Deputación Provincial, coa intermediación do Concello. A obra orixinal era moito máis completa, xa que fala individualmente de tódolos lugares do concello, pero para que fora menos custosa e menos aburrida quedou reducida á metade.

– Din que se tende a valorar máis un lugar cando non vives nel, foi ese o teu caso?           

No meu caso, que nacín na parroquia de Buxantes, estiven por motivos profesionais fóra de Galicia uns dez anos, pero tódolos veciños de Dumbría me coñecen. Tódolas fins de semana atópanme pola  parroquia onde me criei.

– Cal é o teu lugar favorito de Dumbría?.           

Tódolos lugares de Dumbría teñen o seu encanto. No meu caso, tírame máis a parroquia de Buxantes porque coñezo todo o seu territorio como tódolos rincóns da miña casa.

– Ademais deste libro, tes algunha outra publicación?           

Si, teño máis. Unha delas é o “Roteiro telefónico do Concello de Dumbría,” publicado no ano 2001, moi utilizado como guía polos veciños para localizar, por alcumes, tanto o teléfono como a casa-vivenda. Na actualidade atópase esgotada e sería interesante poder sacar unha nova tirada actualizada.  Outro libro que tamén publiquei é o “Inventario do Patrimonio Relixioso da Parroquia de Buxantes” no ano 2006, correndo cos gastos da publicación eu mesmo. Teño pendente de publicar a “Historia da Capela das Neves de Buxantes”, dunhas 100 páxinas. Outro texto tamén moi interesante para o concello é “Toponimia menor do Concello de Dumbría”, no que están recopilados máis de 6.000 nomes de paraxes das sete parroquias de Dumbría, xeorreferenciadas en coordenadas UTM. Outra das obras na que estou a traballar é a de “Paradoxas e Ditos Populares”, onde están recopiladas máis de 1.500 frases filosóficas. Estes proxectos, moi avanzados, están á espera de que algún organismo poida publicalos.

– Neste tempo de crise estase a falar moito do momento que vive a cultura, ti que opinas? Non a coidamos o suficiente? É importante ou consideras que debería situarse nun segundo plano?           

A cultura é coma a carta de presentación, sexa a nivel de país ou a nivel persoal. Hoxe en día estamos nunha sociedade moi diferente a cando nos criamos alá polos anos 50 do século pasado, onde abondaba o anafalbetismo. A informática revolucionou todo e temos que camiñar con esta tecnoloxía.

– Que che parece  a dixitalización de materias (libros, arquivos sonoros, imaxes) e que toda esta información sexa accesible nas redes?        

Eu creo que é bo que circule polas redes todo este tipo de información porque enriquece o coñecemento. Pero non debemos esquecer que se deben respectar os dereitos de autor.

– Usas as redes sociais? Que opinión che merecen?         

É un medio moderno de adquirir e enviar información ao instante. Pero, de momento, está limitado aos coñecedores destas tecnoloxías. A xente maior está moi limitada por non saber manexalas.

– Os libros son para estar nas bibliotecas ou para estar ó alcance de todos?           

Creo que os libros que están nas bibliotecas están xa ao alcance de todos. O problema está no seu uso. As persoas maiores da aldea non teñen o costume de ir ás bibliotecas, e desde que puxeron o teléfono e apareceu a televisión, tanto ler como escribir supón un gran esforzo mental para moitas persoas. Para fomentar a lectura na casa das persoas de idade, creo que teñen que ser obras con letras grandes, moitas fotos e con temas que revivan a súa infancia. Neste caso, o meu libro sobre Dumbría penso que cumpre ese obxectivo.

– En que estás a traballar nestes momentos?          

Estou dándolle os últimos retoques á toponimia de Dumbría.

– Aparte dos que xa tes editados, que outro libro che gustaría escribir?         

A min gústanme os temas que estean relacionados co concello de Dumbría. Se algún organismo se comprometera a sufragar os gastos ampliaría o contido polo miúdo do libro xa publicado.

– Estás lendo algún libro agora?        

 Neste momento estou lendo un documento moi antigo de finais do ano 1600, cóstame moito traballo pola súa rara caligrafía. E dentro de pouco irei investigar á biblioteca diocesana de Santiago.

 

Gracias Modesto por esta entrevista