Ir o contido principal

Escolas deportivas

Ao longo de todo o ano, o Concello de Dumbría ofréceche unha ampla variedade de actividades de carácter deportivo para que elixas a que mellor se adapte ás túas necesidades e horarios. Goza do deporte durante os 365 días do ano.

Ximnasia de mantementozumbafútbolvoleibol, ciclismopiragüismo e actividades dirixidas Dumbría-DAFIT son as propostas deportivas que ofrece o concello.

En canto ás instalacións deportivas, o Concello de Dumbría conta co Polideportivo Municipal do Conco en Dumbría, o Campo de Slalom Olímpico do Couquiño en Olveira, o Ximnasio Municipal de Olveira, a Pista de Pádel do Ézaro, as Pistas Polideportivas descubertas nas parroquias do concello e de forma eventual, nos meses de xullo e agosto a praia do Ézaro dispón de 3 campos de volei praia.

Ademais, o Concello de Dumbría dispón de escolas deportivas de fútbolvoleibolciclismo piragüismo para que non haxa excusa á hora de practicar deporte na Costa da Morte!

 

Piscina

piscina municipal está situada no Conco, Dumbría, e está a disposición da veciñanza durante os meses de verán no seguinte horario:

De luns a sábado: de 16:00 a 20:00h

 

Ximnasios

O Concello de Dumbría conta con 2 ximnasios, un emprazado na Casa de Cultura de Olveira e outro nas Instalacións Deportivas do Conco, en Dumbría.

Horarios verán 2023:

  • XIMNASIO OLVEIRA:
    • Luns 10:00-14:00h
    • Martes a venres 18:00-21:00h
  • XIMNASIO DUMBRÍA:
    • Luns 16:00-21:30h
    • Martes a venres 10:00-14:00 e 16:00-21:30h

 

Pádel

Pista de Pádel do Concello de Dumbría está emprazada no lugar do Ézaro, ao carón da Oficina de Turismo.
 
No verán de 2023, a Pista de Pádel está aberta todos os días da semana dende as 08:30 ata as 20:00h. O seu uso será libre, sen necesidade de facer reserva previa.
 
Lembre que o uso adecuado da pista garantirá que poida seguir gozando dela dunha maneira libre, por iso só se permiten xogos de raqueta no interior da pista de pádel, para evitar danar as instalacións.
 

Coordenadas: 42°54’45.4″N 9°07’26.7″W

 

#DumbríaéDeporte

Os topónimos son os nomes propios dos lugares. No Concello de Dumbría hai tantos como lugares, pero logo de revisar algúns estudos sobre a toponimia, cabe falar dalgúns deles.

 

Antes de citar algúns dos topónimos do concello é necesario falar da clasificación dos topónimos segundo a súa natureza:

  • Agrotopónimo: baseado nos nomes das prantas.
  • Ecotopónimo: baseado nas construccións humanas.
  • Fitotopónimo: baseado nas actividades agrarias.
  • Haxiotopónimo: relacionado coa relixión e con diferentes concrecións socioculturais.
  • Hidrotopónimo: relacionado coa auga.
  • Litotopónimo: relacionado coa pedra.
  • Orotopónimo: relacionado co solo e cos diversos accidentes do terreo.
  • Zootopónimo: baseado nos nomes dos animais.
  • Antrotopónimo: formado a partires dun antigo nome de persoa.
  • Etnotopónimo: formado a partir dun antigo etnónimo; é dicir, do nome co que se coñecía unha determinada colectividade ou grupo étnico.
  • Haxiotopónimo: formdo a partires do nome dun santo.
  • Xentilicio: formado a partir doutros topónimos.

     

ALGÚNS TOPÓNIMOS DO CONCELLO DE DUMBRÍA

  • CASTRO: (Ecotopónimo) deriva da palabra latina CASTRUM que se podería entender como “castelo forte, fortaleza“.
  • CERNADO: (Agrotopónimo) deriva da palabra latina CINERARE, que se vincula co “queimado, incinerado, reducido a cinzas“.
  • DUMBRÍA: (Ecotopónimo) deriva da palabra DONOBRIA ou DUMBRIGA, que se relaciona con “outeiro fortificado, altura fortificada, castro“.
  • ÉZARO: (Hidrotopónimo) deriva da palabra ISARO ou ESAR. O prefixo IS- significa “moverse rápida e violentamente” e é o que lle da nome á corrente fluvial.
  • FIGUEIROA: (Fitotopónimo) deriva da palabra latina FICARIOLA ou FIGUEYROA e está vencellada á árbore dos figos: a figueira.
  • OLVEIRA OLVEIROA: (Fitotopónimo) derivan da palabra latina ULUARIA e está vencellada ao froito da oliveira: a oliva. Os dous pobos teñen a mesma orixe debido á súa proximidade, tan só 3km de distancia entre eles.
  • REGOELLE: (Antrotopónimo) deriva da palabra latina REGULELLI que se relaciona con “Régulo, rei dun estado pequeno ou ave pequena“.
  • SALGUEIROS: (Fitotopónimo) deriva da palabra latina SALICARIOS que se vincula coa árbore “salgueiro“.
  • SANTA UXÍA: (Haxiotopónimo) deriva da palabra latina SANCTA EUGENIA.

     

#DumbríaéPatrimonio #DumbríaéCultura

Os Puntos de Información Catastral son centros de prestación de servizos catastrais, autorizados pola Dirección Xeral do Catastro e situados en entidades públicas. A través dos Puntos de Información Catastral poderanse prestar os servizos establecidos no apartado segundo da Resolución do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproba o réxime de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información Catastral, modificada pola Resolución do 19 de decembro de 2023.

 

Horario de Atención ao Público:

LUNS A VENRES, DE 9:00 A 14:00 HORAS

O servicio municipal de obras leva a cabo unha amplia gama de actividades e servicios para os veciños do Concello, ben sexan de modo propio realizándoas a propia brigada municipal.

Funcións obras e servizos:

– Mantemento de estradas e vías de comunicación tanto no que se refire ao seu firme como aos desbroces de cunetas e masas comúns.

– Tamén ten cabida nesta concellaría o mantemento de servizos como: depuradora municipal, alumeado público, mobiliario urbano, xardíns, saneamento…

Principais actuacións levadas a cabo:

  • Renovación de maquinaria e parque automovilístico do Concello dedicado a servizos de mantenemento:  tractores para desbroce…
  • Mellora de firme e desbroces de pistas no rural.
  • Servizo municipal de auga potable en distintas parroquias.
  • Plans e obras de saneamento nos núcleos rurais.
  • Instalación de contedores soterrados na vila e incremento do reciclaxe tanto nas parroquias como nas vilas.
  • Creación do punto limpo.
  • Establecemento dun minipunto limpo no centro da vila.

Entre as tarefas que desenvolve as máis importantes son as seguintes:

  • Mantemento das vías públicas (rúas, beirarúas e camiños) do concello.
  • Mantemento de parques e xardíns
  • Mantemento do alumeado público
  • Mantemento da rede de sumidoiros
  • Construcción e mantemento dos locais sociais das parroquias
  • Limpeza de locais públicos
  • Recollida de lixo
  • Limpeza e mantemento dos edificios e instalacións educativas
  • Limpeza e mantemento dos edificios deportivos e culturais do municipio

Aquí atoparás o enderezo e teléfono de Protección Civil de Dumbría. 

Se queres formar parte da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil descubre como podes facerte voluntario!

Faite voluntario! Se tes 16 anos en adiante e queres formar parte da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, non o dubides e contacta para formar parte da asociación, clave no apoio para a organización e desenvolvemento das actividades municipais e atención en situacións de emerxencia e seguridade.

Estamos en:

 

Teléfono: 

TURISMO

 
Un dos motores máis dinamizadores do Concello de Dumbría rico nunha gran diversidade de recursos, moitos deles senlleiros: o único río de Europa que desemboca no mar como fervenza de maneira ininterrompida, a Fervenza do Ézaro, un cemiterio de cores, o de Dumbría, a única escultura de lobishome en España, o Vákner, ... E moitos outros que enganchan a quen os visita!
 
 
 
 
CONTACTO: 662 34 69 27 · turismodumbria@gmail.com · www.dumbriaturismo.com 
 
 
OFICINA TURISMO ÉZARO

 
Onde o visitante pode achegarse para coñecer un pouco máis sobre o Concello de Dumbría, sobre o xeodestino Costa da Morte e sobre a provincia da Coruña. Aquí informamos, asesoramos e tratamos de facilitarlle a estadía e/ou visita de todo aquel que ata alí se achega.

Está distinguida polo Sistema Integral de Calidade Turística en Destino SICTED, proxecto da Secretaría de Estado de Turismo (SETUR). 
 
CONTACTO: 662 34 69 27 · turismodumbria@gmail.com · www.dumbriaturismo.com 
 

 
CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE RUTAS (CIR) MONTE PINDO E FERVENZA DO ÉZARO

 
Un referente de información para os amantes do Olimpo Celta e da Fervenza do Ézaro. Neste espazo poderás obter toda a información relativa a esta paraxe natural, as lendas que vertebran este lugar, a súa flora e fauna, os acontecementos históricos acontecidos no Monte Pindo, así como as rutas de sendeirismo.
 
Se tes a idea de subir ao Monte Pindo, aconsélloche que primeiro visites o CIR para recibir as mellores recomendacións para facer a ruta que mellor se adapte a ti!
 
CONTACTO: 662 34 69 27 · cirmontepindo@gmail.com · www.cirmontepindo.com 
 
 
PUNTO INFORMACIÓN AO PEREGRINO DE HOSPITAL

 
Aínda que o peregrino de hoxe en día xa ben coa lección estudada da casa, nunca está de máis un lugar no que poder resolver as súas dúbidas a pé do camiño, un lugar no que interactuar coa xente local e onde poder asesorase. Para isto foi creado o Punto de Información ao Peregrino, localizado no lugar de Hospital, pouco antes da bifurcación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.

 
Aquí o peregrino atopará toda a información relacionada co camiño, coas etapas, o aloxamento, o transporte público e privado,… Así como poder facer unha das tradicións do peregrino: selar a súa credencial.
 
CONTACTO: 662 34 69 27 · turismodumbria@gmail.com · www.dumbriaturismo.com 
 

 

FUNCIONS AEDL

Os traballos do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local están directamente relacionados coa mantemento e creación de emprego no concello de Dumbría, a promoción de proxectos destinados ao desenvolvemento e á promoción económica, apoio á veciñanza e á interrelación con outros servizos do Concello como un ente operativo único, moderno e adaptado a unha realidade económica e social que está en continuo movemento. Concretamente podemos destacar:

  • Colaboración na implantación de políticas activas de emprego relacionada coa creación de actividade empresarial.
  • Comunicar a empresas e persoas emprendedoras as subvencións para a formación e o emprego, así como facilitar o acceso a elas.
  • Xestionar axudas para favorecer o emprego, centrándose, sobre todo, naqueles colectivos con maiores dificultades á hora de conseguir emprego.
  • Informar ás empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade empresarial disponibles, así como facilitar o seu acceso a eles.
  • Facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego, en especial das participantes en políticas activas de emprego, identificando as necesidades de persoal das empresas a curto e medio prazo e propoñendo accións de mellora da empregabilidade da poboación desempregada.
  • Observación estratéxica do territorio e realización de estudos co fin de detectar necesidades formativas e educativas da poboación desempregada.
  • Contribuír ao desenvolvemento socioeconómico do territorio mediante a prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, a difusión e estímulo das potenciais oportunidades de creación de actividades e o acompañamento técnico na iniciación do proxecto de empresas de nova creación como ás xa constituídas.
  • Xestión das contratacións de persoal por parte do concello, nomeadamente o Plan de Emprego Local.
  • Información catastral.
  • Información e xestión de demandas para a defensa dos consumidores.
  • Xestión do pantalán municipal.
  • Interrelación coas entidades supramunicipais (GDR, GALP, Asociación de concellos do Camiño de Fisterra e Muxía).
  • Información sobre os montes e a prevención e defensa de riscos forestais.
  • Información e prevención sobre os riscos de inundacións.
  • Xestión de subvencións financiadas con fondos europeos.
  • Colaboración cos órganos xestores do concello na xestión e seguimento de distintos procesos administrativos municipais.