Ir o contido principal
Contos do Mar

Contos do Mar

🎧🌊 Contos do mar é un proxecto participativo, desenvolvido en Carnota, Dumbría e Fisterra, baixo a coordinación da confraría do Pindo, que pretende poñer en valor o patrimonio inmaterial vinculado á cultura mariñeira a través das historias de vida da xente local audioguías ficcionadas que recollen a memoria dos lugares.

 

 

QUE É?

A audioguía é unha invitación a realizar un paseo audioguiado a través de relatos ficcionados e teatralizados, sempre ligados aos espazos polos que discorre o paseo, posibilitando unha inmersión emocional na paisaxe, nas voces e nas historias locais.

No caso de Dumbría é no Ézaro, vai dende o Centro de Interpretación de Rutas (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro ata a propia Fervenza do Ézaro.

 

QUEN PODE REALIZAR O PASEO?

O paseo pódese facer en grupos pequenos, en parella ou individualmente.

No caso do Ézaro é un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida.

 

COMO FUNCIONA?

Adquire os auriculares necesarios para o paseo e, unha vez postos, segue as indicacións que están gravadas e comeza a andar!

 

ONDE SE CONSEGUEN?

Nos puntos de información municipal indicados para cada concello. Recomendamos solicitar a reserva a través do formulario.

No caso de Dumbría sería na Oficina de Turismo do Ézaro ou no CIR, en función da época do ano.

 

PREZO

Tarifa Básica: 2 €

Tarifa Reducida: 1 € (grupos de máis de 5 persoas)

 

#DumbríaéTurismo #PatrimonioInmaterial #ContosdoMar #Dumbría #OÉzaro #AudioguíaFiccionada