Programa de información, orientación e asesoramento
Dende o Programa de información, orientación e asesoramento ofrécese unha atención profesional á cidadanía, co fin de facilitar o acceso aos recursos sociais e dar resposta ás necesidades de benestar social das persoas, familias e grupos.
Este programa inclúe entre outras actuacións:
- Información e orientación sobre dereitos, recursos e prestacións sociais dispoñibles.
- Asesoramento e acompañamento na realización de trámites e solicitudes.
- Intervención social básica, a través de atención individual e familiar.
- Valoración e diagnóstico social das demandas presentadas.
- Derivación e coordinación cos recursos máis axeitados en cada caso.
Áreas de actuación:
- Vellez
- Discapacidade
- Familia
- Infancia e mocidade
- Muller
- Dependencia
- Comunidade e exclusión social
