PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

Programa de Teleasistencia Domiciliaria

Dende o Programa de Teleasistencia Domiciliaria ofrécese un servizo de atención permanente no domicilio, a través de medios tecnolóxicos e de comunicación, co obxectivo de proporcionar seguridade, apoio e resposta inmediata ante situacións de emerxencia, favorecendo a autonomía persoal, a permanencia no entorno habitual e a mellora da calidade de vida das persoas usuarias.

Este programa diríxese a persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia, así como a persoas e unidades de convivencia que, pola súa situación persoal, familiar ou social, poidan beneficiarse deste recurso como apoio para o mantemento dunha vida autónoma no seu domicilio.

O Programa de Teleasistencia Domiciliaria inclúe, entre outras actuacións:

  • Atención permanente e personalizada durante as 24 horas do día.
  • Comunicación inmediata co centro de atención ante situacións de emerxencia, risco ou necesidade.
  • Mobilización dos recursos necesarios en función da situación detectada.
  • Seguimento e apoio continuado ás persoas usuarias.

O programa contribúe á prevención de situacións de risco, ao reforzo da seguridade persoal e ao mantemento da autonomía e da permanencia das persoas no seu entorno habitual.

O acceso ao Programa de Teleasistencia Domiciliaria realízase a través do Sistema Galego de Atención á Dependencia, no caso das persoas con dependencia recoñecida, ou mediante programas públicos de teleasistencia dirixidos a persoas sen dependencia recoñecida, de acordo coa normativa vixente.