PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

Programa Xantar na Casa

Dende o Programa Xantar na Casa ofrécese un servizo de comida a domicilio dirixido a facilitar unha alimentación equilibrada, saudable e adaptada ás necesidades das persoas usuarias, contribuíndo á súa autonomía persoal, á permanencia no entorno habitual e á mellora da súa calidade de vida.

Este programa diríxese a persoas maiores e/ou persoas en situación de dependencia que presenten dificultades para realizar de maneira autónoma a compra ou a elaboración das comidas, así como a persoas e familias en situación de especial vulnerabilidade social para as cales este recurso resulte o apoio axeitado.

O Programa Xantar na Casa inclúe, entre outras actuacións:

  • Elaboración de menús completos, equilibrados e adaptados ás necesidades nutricionais das persoas usuarias.
  • Distribución diaria das comidas no propio domicilio.
  • Seguimento do servizo por parte dos Servizos Sociais municipais.

O programa contribúe á prevención de situacións de risco asociadas a unha alimentación inadecuada, ao mantemento da autonomía persoal e á permanencia das persoas no seu entorno habitual.

O programa Xantar na Casa desenvólvese no Concello de Dumbría dende o ano 2009 mediante convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O acceso ao mesmo realizarase previa valoración profesional de acordo coa normativa vixente.