PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

Dende o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ofrécese atención e apoio no propio domicilio ás persoas e unidades de convivencia que o precisen, coa finalidade de favorecer a súa autonomía persoal, a permanencia no entorno habitual e a mellora da súa calidade de vida.

Este servizo diríxese a persoas que presentan limitacións na súa autonomía persoal ou dificultades para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria, así como a persoas e familias en situación de especial vulnerabilidade social para as cales resulte un recurso idóneo.

O programa de Axuda no Fogar inclúe, entre outras actuacións:

  • Atención persoal no domicilio para a realización das actividades básicas da vida diaria.
  • Apoio doméstico e tarefas relacionadas co mantemento da vivenda.
  • Acompañamento persoal e apoio social.
  • Apoio á unidade familiar e de convivencia.

O servizo contribúe á prevención de situacións de risco ou exclusión social, á redución de situacións de crise persoal e familiar, e ao fortalecemento dos vínculos sociais e comunitarios, favorecendo a participación das persoas usuarias na vida da comunidade.

Persoas destinatarias:

  • Persoas maiores.
  • Persoas con discapacidade.
  • Persoas en situación de dependencia.
  • Unidades familiares ou de convivencia en situación de dificultade.

O acceso ao servizo realízase previa valoración profesional por parte dos Servizos Sociais municipais, tendo en conta a situación persoal, familiar, social e económica, de acordo coa normativa vixente.