Turismo
TURISMO
Un dos motores máis dinamizadores do Concello de Dumbría rico nunha gran diversidade de recursos, moitos deles senlleiros: o único río de Europa que desemboca no mar como fervenza de maneira ininterrompida, a Fervenza do Ézaro, un cemiterio de cores, o de Dumbría, a única escultura de lobishome en España, o Vákner, ... E moitos outros que enganchan a quen os visita!

CONTACTO: 662 34 69 27 · turismodumbria@gmail.com · www.dumbriaturismo.com
OFICINA TURISMO ÉZARO
Onde o visitante pode achegarse para coñecer un pouco máis sobre o Concello de Dumbría, sobre o xeodestino Costa da Morte e sobre a provincia da Coruña. Aquí informamos, asesoramos e tratamos de facilitarlle a estadía e/ou visita de todo aquel que ata alí se achega.
Está distinguida polo Sistema Integral de Calidade Turística en Destino SICTED, proxecto da Secretaría de Estado de Turismo (SETUR).
CONTACTO: 662 34 69 27 · turismodumbria@gmail.com · www.dumbriaturismo.com
CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE RUTAS (CIR) MONTE PINDO E FERVENZA DO ÉZARO
Un referente de información para os amantes do Olimpo Celta e da Fervenza do Ézaro. Neste espazo poderás obter toda a información relativa a esta paraxe natural, as lendas que vertebran este lugar, a súa flora e fauna, os acontecementos históricos acontecidos no Monte Pindo, así como as rutas de sendeirismo.
Se tes a idea de subir ao Monte Pindo, aconsélloche que primeiro visites o CIR para recibir as mellores recomendacións para facer a ruta que mellor se adapte a ti!
CONTACTO: 662 34 69 27 · cirmontepindo@gmail.com · www.cirmontepindo.com
PUNTO INFORMACIÓN AO PEREGRINO DE HOSPITAL
Aínda que o peregrino de hoxe en día xa ben coa lección estudada da casa, nunca está de máis un lugar no que poder resolver as súas dúbidas a pé do camiño, un lugar no que interactuar coa xente local e onde poder asesorase. Para isto foi creado o Punto de Información ao Peregrino, localizado no lugar de Hospital, pouco antes da bifurcación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
Aquí o peregrino atopará toda a información relacionada co camiño, coas etapas, o aloxamento, o transporte público e privado,… Así como poder facer unha das tradicións do peregrino: selar a súa credencial.
CONTACTO: 662 34 69 27 · turismodumbria@gmail.com · www.dumbriaturismo.com