Ir o contido principal
RUTH MATILDA ANDERSON

❞𝙈𝙪𝙡𝙡𝙚𝙧𝙚𝙨, 𝙢𝙚𝙢𝙤𝙧𝙞𝙖 𝙚 𝙙𝙞𝙜𝙣𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚❞. 𝙐𝙣𝙝𝙖 𝙭𝙤𝙧𝙣𝙖𝙙𝙖 𝙘𝙤𝙣𝙢𝙚𝙢𝙤𝙧𝙖𝙩𝙞𝙫𝙖 𝙙𝙖 𝙥𝙧𝙞𝙢𝙚𝙞𝙧𝙖 𝙫𝙞𝙖𝙭𝙚 𝙙𝙚 𝙍𝙪𝙩𝙝 𝙈𝙖𝙩𝙞𝙡𝙙𝙖 𝘼𝙣𝙙𝙚𝙧𝙨𝙤𝙣 𝙖́ 𝘾𝙤𝙨𝙩𝙖 𝙙𝙖 𝙈𝙤𝙧𝙩𝙚

Dumbría conmemorou o pasado sábado, 23 de novembro, no Ézaro o centenario do paso de Ruth Matilda Anderson por Galicia.

Ruth Matilda Anderson, etnógrafa e fotógrafa na Hispanic Society of America, viaxou a España e á Costa da Morte fai un século. Esta viaxe levouna a coñecer e fotografar xentes, lugares e oficios do noso concello, conformando así unha importante memoria que chega ata os nosos días.

A xornada serveu para mirar ao no pasado reivindicando o importante papel da muller galega na construción da sociedade que hoxe coñecemos. Unha xornada na que, ao longo de todo o día, diferentes profesionais e a propia veciñanza tomaron o relevo de Ruth Matilda para rememorar a Dumbría do primeiro terzo do século pasado. Participaron:

𝑨𝒍𝒃𝒂 𝑹𝒐𝒅𝒓𝒊́𝒈𝒖𝒆𝒛 Tradutora e editora técnica en Afundación. Integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo. Profesora visitante na Universidade de Kent en Canterbury e na University College Dublin.

𝑨𝒏𝒂 𝑪𝒂𝒃𝒂𝒏𝒂 Profesora titular do Departamento de Historia da USC. Integrante do Grupo de Investigación Histagra e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).

𝑷𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒌 𝑳𝒆𝒏𝒂𝒈𝒉𝒂𝒏 Doutor en Filosofía. Curador de gravados e fotografías na Hispanic Society of America.

𝑺𝒂𝒏𝒕𝒊𝒂𝒈𝒐 𝑮𝒂𝒓𝒓𝒊𝒅𝒐 (moderador da xornada) Xornalista. Moito do seu traballo xornalístico céntrase na análise e documentación da idiosincrasia da Costa da Morte.

A 𝒗𝒆𝒄𝒊𝒏̃𝒂𝒏𝒛𝒂 conversou no faladoiro sobre a Dumbría dos últimos cen anos.

Máis aló da conmemoración do paso de Ruth Matilda por terras dumbriesas, esta xornada converteuse, coa participación da veciñanza de Dumbría, nunha reivindicación do valor do noso patrimonio inmaterial, das nosas tradicións.

Como primeira acción, o Concello de Dumbría xuntou ás mulleres do Ézaro de hoxe para recrear unha das máis icónicas imaxes da fotógrafa americana no areal do lugar, tirando polos cabos da arte. 

Retratou o momento unha nova Ruth Matilda de hoxe, que leva anos inmortalizando a Costa da Morte. Ana García, fotoxornalista de La Voz de Galicia quen reproduciu esta réplica /nova interpretación da imaxe de Anderson.

🎬 Aquí o MAKING OF da nova fotografía da ARTE, 100 anos despois.

📸 Imaxes da Xornada Conmemorativa MULLERES, MEMORIA E DIGNIDADE

 

#Dumbría #Ézaro #DumbríaéHistoria #DumbríaéPatrimonio #DumbríaEsTi #RuthMatildaAnderson #fotografía #historia #patrimonio #RuthMatilda #25N #DeFronte