O Concello de Dumbría é unha parada esencial no Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía. Aquí, o peregrino atópase coa natureza, a cultura e a lenda. Vive a experiencia única de cruzar a Ponte Olveira, gozar das vistas do Ézaro e descubrir a historia do misterioso Vakner, a criatura medieval que só se cita en terras dumbrienses.