Ir o contido principal

Emprego e Desenvolvemento Local

FUNCIONS AEDL

Os traballos do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local están directamente relacionados coa mantemento e creación de emprego no concello de Dumbría, a promoción de proxectos destinados ao desenvolvemento e á promoción económica, apoio á veciñanza e á interrelación con outros servizos do Concello como un ente operativo único, moderno e adaptado a unha realidade económica e social que está en continuo movemento. Concretamente podemos destacar:

  • Colaboración na implantación de políticas activas de emprego relacionada coa creación de actividade empresarial.
  • Comunicar a empresas e persoas emprendedoras as subvencións para a formación e o emprego, así como facilitar o acceso a elas.
  • Xestionar axudas para favorecer o emprego, centrándose, sobre todo, naqueles colectivos con maiores dificultades á hora de conseguir emprego.
  • Informar ás empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade empresarial disponibles, así como facilitar o seu acceso a eles.
  • Facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego, en especial das participantes en políticas activas de emprego, identificando as necesidades de persoal das empresas a curto e medio prazo e propoñendo accións de mellora da empregabilidade da poboación desempregada.
  • Observación estratéxica do territorio e realización de estudos co fin de detectar necesidades formativas e educativas da poboación desempregada.
  • Contribuír ao desenvolvemento socioeconómico do territorio mediante a prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, a difusión e estímulo das potenciais oportunidades de creación de actividades e o acompañamento técnico na iniciación do proxecto de empresas de nova creación como ás xa constituídas.
  • Xestión das contratacións de persoal por parte do concello, nomeadamente o Plan de Emprego Local.
  • Información catastral.
  • Información e xestión de demandas para a defensa dos consumidores.
  • Xestión do pantalán municipal.
  • Interrelación coas entidades supramunicipais (GDR, GALP, Asociación de concellos do Camiño de Fisterra e Muxía).
  • Información sobre os montes e a prevención e defensa de riscos forestais.
  • Información e prevención sobre os riscos de inundacións.
  • Xestión de subvencións financiadas con fondos europeos.
  • Colaboración cos órganos xestores do concello na xestión e seguimento de distintos procesos administrativos municipais.