Servizo de Asistencia Social de Dumbría
Dina Lijó García
981744001
Servizos do Departamento
Programa de información, orientación e asesoramento:
As áreas de actuación, entre outras, son as que a continuación se relacionan: vellez, minusvalías, familia, infancia e mocidade, muller, dependencia, comunidade ou marxinación social
Programa de Axuda no Fogar e apoio á unidade convivencial:
O servizo de axuda no fogar consiste na oferta dunha serie de atencións no propio domicilio do usuario, destinado a recupera-la autonomía persoal ou familiar, descubrir os propios recursos e participar como cidadáns na vida da comunidade. Este servizo desenvólvese no domicilio do beneficiario, prestando servizos de apoio social e afectivo, doméstico, compañía nos desprazamentos e xestións diversas.
Os obxectivos principais do programa son, entre outros:
- Prevención en situación de crise persoal e social ás persoas que se atopen necesitadas.
- Facilita-la autonomía persoal no medio habitual de vida.
- Evita-los internamentos necesarios.
- Anova-los vínculos do usuario coa familia, os veciños,...
- Participación do usuario como veciño na vida da comunidade.
- Axudar á familia a asumi-las súas responsabilidades cando, por algunha circunstancia, falle a atención ó persoal.
- Facilita-los medios para que os usuarios poidan mellora-la súa calidade de vida.
O programa vai dirixido ás persoas que se atopan nunha situación de desatención social ou familiar: anciáns que viven sós e non poden ser atendidos polos seus familiares, persoas minusválidas para favorecer a súa autonomía, familias con dificultades, desestruturadas,...
Antes de conceder o servizo a calquera veciño do concello que o solicite, téñense en conta unha serie de aspectos para ser beneficiario de dito servizo:
- Que precisen de coidados por grande incapacidade, ou que supoñan sobrecarga nalgún dos seus membros.
- Que carezan de recursos económicos, ou que estes sexan moi limitados.
- Que carezan de familia directa que se poida facer cargo, ou que a familia que teñan residan noutro municipio, o cal lle dificulta facerse cargo deles.
- Non ter dereito a recibir axuda algunha doutro organismo por este concepto.
Programa de Xantar na Casa
O Concello de Dumbría, no ano 2009 asinou un convenio co Consorcio Galego para a prestación do servizo de “xantar na casa”, co cal se continúa na actualidade.
O programa é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores ou dependentes, que teñen dificultades para cubrir ás súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.
Os beneficiarios do servizo son persoas maiores que viven soas e con certo nivel de dependencia que non teñen a ninguén que os atenda o suficiente nas actividades da vida diaria.
Programa de teleasistencia domiciliaria
Son beneficiarias deste programa todas aquelas persoas maiores, menores ou con discapacidade que, debido ás súas condicións de saúde ou limitacións persoais, se atopen nunha situación de especial fraxilidade ou vulnerabilidade, que requiran a utilización de dispositivos de alarma e control.
Existen dúas modalidades de acceso: a través da Deputación Provincial para persoas non dependentes e a través do Sistema Galego da Dependencia para persoas dependentes.
Aloxamento alternativo
Conxunto de actuacións que se realizan para conseguir que a persoa en situación de necesidade conte cun marco estable para o desenvolvemento da convivencia: ingreso en residencia, acollemento familiar, centro de día....
Servizo de Atención Temperá:
No ano 2020 asínase Convenio de Colaboración do Servizo de Atención Temperá entre os Concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
O programa vai dirixido aos nenos de 0 a 6 anos con transtornos de desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, as familias e ao contorno empadroados nos Concellos citados anteriormente.
O seu obxectivo é dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes destes nenos e nenas. A clave é que, canto máis axiña se detecten as posibles dificultades, os resultados da atención profesional poden ser mellores.
Ten dous puntos de atención: un no Concello de Dumbría e outro no Concello de Vimianzo.
Actuacións específicas de prevención e inserción:
Comprende actividades de animación comunitaria abertas a toda a poboación, ademais de promoción de emprego, actividades de ocio,... e actuacións dirixidas á atención a persoas ou grupos que presentan problemáticas definidas de marxinación social.
É de destacar que a información e orientación estivo dirixida a individuos, grupos e comunidades, para informar sobre os dereitos, recursos e accións. Isto eleva considerablemente ós usuarios que acudiron ó servizo.
Programa de saúde e calidade de vida dos maiores de Dumbría:
Dende hai varios anos se veñen realizando actividades para os maiores do concello ó longo de todo o ano para así, entre outras cousas:
- Favorecer a participación dos maiores na vida comunitaria
- Mantelos nun aceptable estado físico.
- Aumenta-la súa calidade de vida.
Programa de Actividades de Conciliación Vida Laboral e Familiar
Dende hai varios anos se veñen realizando actividades para os nenos e nenas do concello no período de vacacións e ó longo de todo o ano para así, entre outras cousas, favorecer a participación das mulleres na vida comunitaria, dado que a maior parte desempeñan o seu traballo na agricultura.
Inclúe:
- Actividades para nenos en períodos de vacacións e fóra do horario escolar onde se lles axuda a formarse dunha maneira entretida en aspectos tan importantes como a educación en valores, igualdade de xénero, prevención da violencia, cooperativismo, autoestima..., e ó mesmo tempo inténtase xerar tempo libre ás nais para que así poidan invertir na súa promoción persoal, formativa e laboral:
- Actividades lúdico educativas en igualdade: clases de apoio, informática, inglés, manualidades, saídas culturais guiadas, contacontos da igualdade...
- Actividades lúdico deportivas que fomentan o cooperativismo entre sexos: cursos de iniciación ó piragüismo, cursos de ciclismo, actividades acuáticas, xogos de mesa que fomentan a participación do sexo feminino,...
Programa de Dinamización Familiar
O programa de dinamización familiar desenvólvense realización de clases de apoio para a obtención do graduado en educación secundaria dirixido a persoas en situación de vulnerabilidade social, persoas sen recursos e persoas con dificultades no acceso á formación básica.
Casas do Maior do Concello de Dumbría
Dumbría conta con dúas casas do Maior, unha en Ponte Olveira e outra no edificio da Bitácora no Ézaro.
As casas do maior son un servizo gratuíto de atención diúrna a persoas maiores de 60 anos, cun máximo de cinco prazas cada unha para asegurar un coidado personalizado.
O servizo é prestado por profesionais autónomos ou cooperativas de traballo asociado, e localízanse en concellos que non contan con recursos de atención diúrna a maiores.
A Consellería de Política Social financia estos proxectos
Máis información en:
https://politicasocial.xunta.gal/es/areas/mayores-y-dependencia/casas-del-mayor
Colaboración con organizacións privadas
A colaboración con organizacións privadas permítenos mellorar e implementar os servizos prestados á cidadanía.
Ampliación do Servizo de Axuda no Fogar

POS+ ADICIONAL 1/2024
GASTOS EXTRAORDINARIOS 2024
Mediante a participación do concello de Dumbría no POS+ Adicional 1/2024 da Deputación Provincial da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios 2024, ampliouse o servizo de axuda no fogar, tanto nas atencións de carácter básico como nas actuacións de carácter complementario.
Importe financiado coa axuda provincial: 69.311,63 €

+ INFO:
Oficinas Municipais
981 744 001
ABRIL DE LIBROS NAS BIBLIOTECAS DE DUMBRÍA 2025

📖✨ 𝗔𝗕𝗥𝗜𝗟 𝗗𝗘 𝗟𝗜𝗕𝗥𝗢𝗦 · 𝗕𝗜𝗕𝗟𝗜𝗢𝗧𝗘𝗖𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗗𝗨𝗠𝗕𝗥𝗜́𝗔
Contacontos, música, títeres, ciencia, manualidades… Un bo feixe de actividades culturais para gozar das Casas de Cultura do Concello de Dumbría e celebrar xuntos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.
Arrancamos o 𝐀𝐛𝐫𝐢𝐥 𝐝𝐞 𝐋𝐢𝐛𝐫𝐨𝐬 𝐧𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐚 organizando distintos obradoiros de animación á lectura. Nesa mesma semana, as cinco bibliotecas acollen tamén obradoiros de manualidades con madeira, coa temática da Pascua, a cargo de Muxiarte. (Plan 𝐂𝐨𝐫𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞𝐬. Consellería de Política Social e Igualdade. Xunta de Galicia).
E continuamos co 𝐀𝐛𝐫𝐢𝐥 𝐝𝐞 𝐋𝐢𝐛𝐫𝐨𝐬 con novas actividades que chegan ás nosas bibliotecas a través do programa 𝐋𝐞𝐫 𝐂𝐨𝐧𝐭𝐚 𝐌𝐨𝐢𝐭𝐨, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
A maiores, o mércores 23, Lydia Botana visitará a biblioteca do Conco para celebrar Día Mundial do Libro e o dereito de autor, grazas á programación do Departamento de 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐝𝐚 𝐃𝐞𝐩𝐮𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐫𝐮𝐧̃𝐚.
Nas nosas bibliotecas tes, tamén, ao teu dispor milleiros de libros.
Entra visitarnos e bótalle un ollo!
#Dumbría #DumbríaéCultura #BibliotecasdeDumbría #LerContaMoito #RedeBibliotecasPúblicasGalicia #AbrilDeLibros #Corresponsables #PlanCorresponsables #conciliación #igualdade #culturadadeputacióndacoruña #XuntadeGalicia #Igualdade
EVENTOS CULTURAIS E DEPORTIVOS XULLO 2025



INSTALACIÓNS MUNICIPAIS VERÁN 2025. HORARIOS



PLAN ÚNICO CONCELLOS POS+ ADICIONAL 2/2024

Reparacións na piscina municipal de Dumbría
DESCRICIÓN DAS OBRAS
Realizouse a substitución da electrobomba existente por 2 electrobombas de 7,5 Kw de potencia, caudal máximo de 150 m³/h para unha presión de 10 m.c.a, cada unha.
Por outra parte realizouse a impermeabilización da piscina, nunha superficie de 425 m², con plaquetas cerámicas ou gresite sobre un morteiro impermeabilizante cor gris cemento.
Posteriormente levouse a cabo o revestimento con unha membrana armada en 3D, de 2 mm de espesor.
Finalmente executouse un repaso de pezas de bordo de piscina reparando e substituindo as pezas necesarias.
PRESUPOSTO
Presuposto Base de Licitación (sen IVE): 86.320,00 €
PRAZO DE EXECUCIÓN: 3 meses
DATOS ECONÓMICOS:
Orzamento de contrata (IVE incluido): 104.447,20 €
Orzamento de adxudicación (IVE incluido): 102.358,26 €
FINANCIAMENTO: Achega Provincial 102.358,26 €
XXIII FESTA DA FAMILIA 2025!!!

Estimadas veciñas e veciños:
O vindeiro 20 de xullo, na Carballeira de Berdeogas, temos a cita máis importante do ano, volveremos xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na FESTA DA FAMILIA.
Quero convidarvos a todos a participar e a gozar desta gran festa e fermosa xuntanza.. Unha festa moi querida e especial polo que representa, onde as presentacións sobran, xa que o espírito desta gran romaría familiar, levámolo no noso corazón coma a nosa identidade.
Coma tódolos anos, desexo vervos a todos coa mesma ilusión e gañas de compartir esta xuntanza, onde todo o mundo é benvido.
Dumbría, unha gran familia.
Un saúdo e boa festa a todos.
Raúl González Lado Alcalde de Dumbría
PROGRAMA
> SESIÓN VERMÚ: coa Orquestra “GALILEA”
> XOGOS INFANTÍS
> XANTAR NA CARBALLEIRA
> PULPERÍA ALEJANDRA SALINAS, na que se poderán comprar diversas racións: pulpo á feira, churrasco, criollos...
ACTUACIÓNS
> Charanga O RUMBO
> Grupo de gaitas da Asociación Cultural Longarela
> A partir das 18:00 horas “Orquestras GALILEA e CUARTA CALLE”
No concello non se dispensarán tickets, SÓ SE RESERVARÁ A MESA "Poderase reservar mesa nas oficinas municipais, ata do día 16 de xullo".
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- Páxina Seguinte
- Last page