Ir o contido principal

Campionatos de España de Volei Praia 2025 no areal do Ézaro

Miniatura Noticia

 

Un ano máis Dumbría volve ser a sede de campionatos nacionais.
Será a vindeira semana na praia do Ézaro.

🏐 Sub19 Masculino e Feminino _ 14, 15 e 16 de xullo
🏐 Infantil Masculino e Feminino - 17, 18 e 19 de xullo

#Dumbría #DumbríaéDeporte #volei #voleibol #voleibolplaya

OS ECOS DO ÉZARO: ILUMINACIÓN DA FERVENZA DO ÉZARO 2025

Miniatura Noticia

A Fervenza do Ézaro (Dumbría) convértese este verán no escenario do innovador espectáculo nocturno de luz, son e narración visual O Eco do Ézaro, unha experiencia inmersiva que une patrimonio natural, tecnoloxía e mitoloxía galega.

Durante os meses de xullo, agosto e setembro, o público poderá gozar deste evento gratuíto que transforma a fervenza nun escenario vivo, onde a lenda e a paisaxe se funden para dar vida a unha historia ancestral. Un relato visual entre a auga, o mito e o Camiño.

Cartel e programación do espectáculo 'O Eco do Ézaro' 

O Eco do Ézaro é unha viaxe simbólica e sensorial que parte das raíces culturais de Galicia e dialoga co presente a través da arte dixital. A historia toma como fío condutor a figura da Raíña Lupa, un personaxe da mitoloxía galaica asociada ao Camiño de Santiago e ao antigo Fin do Mundo atlántico.

Espectáculo inaugural de 'O Eco do Ézaro' / Concello de Dumbría

Ao longo das escenas animadas, a narrativa explora a transformación desta figura lendaria: desde a súa posición como gardiá misteriosa e desafiante ata a súa redención e alianza cos primeiros peregrinos. A través de luces láser, proxeccións sobre a auga, efectos sonoros e música orixinal, o espectáculo recrea episodios como o nacemento da fervenza, a proba dos camiñantes, o encontro do pagán e o sagrado, ou o renacemento da harmonía ao pé do océano.

A escenografía natural que rodea a caída do río Xallas na Fervenza do Ézaro, única en Europa por desembocar directamente no mar con este caudal de maneira ininterrompida, convértese nun lenzo máxico onde o público é testemuña dun rito contemporáneo que resoa coas tradicións da espiritualidade, a natureza e a identidade galega.

 

Fervenza do Ézaro iluminada / Concello de Dumbría

Dende ás 22:30 ata ás 00:30h dende o 5 de xullo do 2025 ao 20 de setembro, venres e sábado e víspera de festivos.

Acceso de balde

O espectáculo comezou o pasado sábado, día 5, e poderá contemplarse os días 11, 12, 18, 19, 24, 25 e 26 de xullo; o 1, 2, 8, 9, 14, 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de agosto; e o 5, 6, 12, 13, 19 e 20 de setembro, de 22.30 a 00.30 horas. Cada pase dura 15 minutos e repítese en bucle durante unha hora, con narración en tres idiomas (galego, castelán e inglés), para facilitar a súa accesibilidade ao público. O acceso é gratuíto.

Galería de imaxes

ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2025

Miniatura Noticia

ctividades dirixidas a nenas e nenos nacidos entre 2010 e 2021.

 

 
 

Aberto o prazo de solicitude para participar nas actividades estivais, que terán como base as instalacións do Conco.

 

 
 

Desenvolveranse nos meses de 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨 𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨, en 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐧̃𝐚́, nas 𝐢𝐧𝐬𝐭𝐚𝐥𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐨

 

 
 

𝐻𝑎𝑏𝑒𝑟𝑎́ 𝑠𝑒𝑟𝑣𝑖𝑧𝑜 𝑑𝑒 𝑎𝑢𝑡𝑜𝑏𝑢𝑠𝑒𝑠 𝑝𝑜𝑙𝑎𝑠 𝑝𝑎𝑟𝑟𝑜𝑞𝑢𝑖𝑎𝑠.

 

 
 
Xogos e dinámicas para o tempo libre
 
Actividades na natureza
 
Rutas de sendeirismo
 
Iniciación a  diversas disciplinas deportivas (fútbol, volei,...)
 
Cursos de natación
 
Obradoiros de ciencia, manualidades, reciclaxe, educación vial, animación á lectura...
 
 
 
 

 
 

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo PRAZAS LIMITADAS! !

 

 
 

𝐒𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐢𝐬𝐚𝐬 𝐚𝐱𝐮𝐝𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐨 𝐜𝐮𝐞𝐬𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐚𝐜𝐡𝐞́𝐠𝐚𝐭𝐞 𝐚́ 𝐭𝐮́𝐚 𝐜𝐚𝐬𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐩𝐨𝐥𝐚𝐬 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞𝐬.

 

 
 
 

 
 

Actividade cofinanciada através do plan corresponsables 2025

 

Consellería de Política Social e Igualdade

 

Xunta de Galicia

 

+ info Concello: 981 744 001 #Dumbría #DumbríaéCultura #DumbríaéDeporte

RUTAS GUIADAS MONTE PINDO 2025

Miniatura Noticia

 

𝗣𝗢𝗥 𝗥𝗜𝗚𝗢𝗥𝗢𝗦𝗔 𝗢𝗥𝗗𝗘 𝗗𝗘 𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥𝗜𝗖𝗜𝗢́𝗡

+𝗶𝗻𝗳𝗼: 𝗖𝗜𝗥 · 𝗢𝗜𝗧 𝗢 𝗘́𝗭𝗔𝗥𝗢 · 𝟲𝟲𝟮 𝟯𝟰𝟲 𝟵𝟮𝟳 · 𝗰𝗶𝗿𝗺𝗼𝗻𝘁𝗲𝗽𝗶𝗻𝗱𝗼@𝗴𝗺𝗮𝗶𝗹.𝗰𝗼𝗺

 ✍️ INSCRICIÓN https://forms.gle/JgQQyxKc64tLpQsAA
 +info:  cirmontepindo@gmail.com · 662 346 927

Os xoves e sábados dos meses de verán, xullo-agosto-setembro, tes unha cita co Monte Pindo.

 RUTA PEGADAS DA HISTORIA

 

  • LINEAL O FIEIRO – A MOA – O FIEIRO
    •  As persoas participantes deberán desprazarse nos seus vehículos ata O Fieiro.
  • HORARIO 09:00h – 14:00h
  • DISTANCIA 8 km
  • DIFICULTADE MEDIA
  • COTA INICIO 290 msnm
  • COTA FIN 627 msnm
  • DESNIVEL 338 m

– REGULAMENTO DESTA ACTIVIDADE:

As persoas participantes teñen a obriga de cumprir e atender as indicacións da guía.

As persoas participantes deberán atoparse en bo estado de saúde, non recomendándose a participación de persoas con patoloxías que desaconsellen este tipo de actividade.

Non se poderá adiantar en ningún momento á guía que abre a marcha, prohibíndose, por seguridade, saír do percorrido sinalado polo mesmo.

O ritmo da ruta adaptarase, de maneira que permita a todas as persoas participantes a realización da mesma.

Os menores de idade deben ir acompañados dunha persoa adulta e con autorización dun proxenitor ou titor legal.

No caso de abandono voluntario por parte da persoa participante, este debe ser comunicado á organización.

A actividade conta cun seguro de accidentes. As persoas participantes teñen a obriga de comunicar á organización calquera incidente ou contratempo sufrido no percorrido da andaina ANTES DE ABANDONAR A ACTIVIDADE.

As persoas participantes comprométense a non deixar lixo abandonado ao longo do percorrido.

As mascotas están permitidas sempre e cando vaian coa correa posta.

O Concello poderá suspender a actividade se as condicións meteorolóxicas fosen adversas, ou por calquera outra causa que puidese afectar ao desenvolvemento da mesma. 

As inscricións realizaranse a través deste formulario en liña.

Ao inscribirse, as persoas participantes dan o seu consentimento ao Concello para o uso e tratamento dos seu datos persoais para a elaboración do listado de inscritos, así coma para a captación de imaxes destinadas á promoción e publicidade da actividade en medios escritos, redes sociais, páxina web e outras publicacións a través de diferentes medios.

Estas actividades teñen un número limitado de prazas.

Consellos para as persoas participantes:

· Levar teléfono móbil e coa batería cargada.

· Levar roupa e calzado axeitado de acordo ao terreo e á climatoloxía.

· No caso de sufrir alerxias a picaduras de insectos, pole ou vexetación, a persoa participante debe telo previsto.

· Usar crema de protección solar.

· Levar gorra.

· Recoméndase beber ao longo de todo o percorrido (auga, bebida isotónica,…).

𝗡º 𝗠𝗜́𝗡𝗜𝗠𝗢 DE PARTICIPANTES POR RUTA: 5
𝗡º 𝗠𝗔́𝗫𝗜𝗠𝗢 DE PARTICIPANTES POR RUTA: 20 

👉 𝗠𝗘𝗡𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘: acompañados de adulto.
🐾 𝗠𝗔𝗦𝗖𝗢𝗧𝗔𝗦 permitidas nas rutas de sendeirismo, sempre con correa .

☀ 𝗥𝗨𝗧𝗔 𝗠𝗢𝗡𝗧𝗘 𝗣𝗜𝗡𝗗𝗢: sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.

𝗣𝗢𝗥 𝗥𝗜𝗚𝗢𝗥𝗢𝗦𝗔 𝗢𝗥𝗗𝗘 𝗗𝗘 𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥𝗜𝗖𝗜𝗢́𝗡

+𝗶𝗻𝗳𝗼: 𝗖𝗜𝗥 · 𝗢𝗜𝗧 𝗢 𝗘́𝗭𝗔𝗥𝗢 · 𝟲𝟲𝟮 𝟯𝟰𝟲 𝟵𝟮𝟳 · 𝗰𝗶𝗿𝗺𝗼𝗻𝘁𝗲𝗽𝗶𝗻𝗱𝗼@𝗴𝗺𝗮𝗶𝗹.𝗰𝗼𝗺

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdHt6pQzQSxWWeSbRxEKter5MYjMPI83Jtp-oeH0jWJLuJM9A/viewform

 

#DumbríaéTurismo #sendeirismo #senderismo #montepindo #ézaro #dumbría #cultura #visitaguiada #OlimpoCelta #PepedoFieiro #montaña #mountain #costadamorte #rutaguia

A páxina requirida non se pode atopar.

Dumbría continúa apostando por seguir a senda dixital, grazas á Subvención a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU da convocatoria do ano 2024, liña 2 de Transición Dixital dos recursos con potencial turístico no litoral.

A creación dun mapa dixital interactivo constitúe unha nova revolución na experiencia turística dentro do Concello de Dumbría. Este mapa non serve só como ferramenta visual para a localización de puntos de interese, senón tamén como unha plataforma dinámica para a exploración detallada dos recursos turísticos dumbrieses.

Así mesmo, dentro dese mapa dixital un pode mergullarse pola imaxes panorámicas 360º, os microvídeos e os modelos 3D para gozar dunha experiencia inmersiva.

>> MAPA INTERACTIVO DUMBRÍA – GALEGO

>> MAPA INTERACTIVO DUMBRÍA – ESPAÑOL

 

#DumbríaéTurismo

Unha experiencia inmersiva onde descubrir Dumbría a través da realidade aumentada, os modelos 3D e os tours virtuais 360º.

Concello de Dumbría presenta en FITUR 2025 os Tours Virtuais 360º que permiten explorar un espazo de maneira virtual, coma se estivese fisicamente nese lugar. Grazas ás imaxes de alta resolución en 360º, o público visitante poderá interactuar co entorno dunha forma dinámica. Poderá facelo dende calquera navegador web e dende calquera dispositivo: smartphone, ordenador ou tablet.

>> TOURS VIRTUAIS DUMBRÍA 360º

Esta tecnoloxía poderá ser volcada en gafas de realidade virtual… Dumbría está á vangarda da dixitalización turística co fin de converterse nun destino intelixente e eficiente.

 

#DumbríaéTurismo

Dumbría ábrese ao mundo da realidade aumentada para enriquecer a experiencia do turista, grazas á Subvención a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU da convocatoria do ano 2023, liña 2 de Transición Dixital dos recursos con potencial turístico no litoral.

A tecnoloxía avanza a un ritmo vertixinoso e por iso o Concello de Dumbría aposta pola innovación e a modernidade a través desta nova ferramenta de promoción turística. A aplicación móbil Dumbría AR contribúe a diversificar a oferta e a desconxestionar os puntos de maior afluencia, ofrecendo información en tempo real, reducindo o consumo de materiais impresos o que repercute directamente na redución da pegada ecolóxica do turismo, obtendo datos dos recursos máis visitados e das incidencias en tempo real.

O visitante pode descubrir o Concello de Dumbría tanto dende a súa casa, como no propio destino a través do xeoposicionamento. Moverse polo concello nunca antes fora tan innovador cos Pop-Ups interactivos do mapa virtual, o escaneo de marcadores (AR Points) nos recursos e do Tótem virtual en 3D.

DESCARGAR:

Recursos turísticos e rutas para descubrir a través de contido audiovisual e información práctica a través das alertas. Unha APP dispoñible en varias linguas e con audioguía para unha maior accesibilidade.

Toda unha experiencia inmersiva para os usuarios tanto locais coma visitantes. Tan só é necesario dispor dun smartphone ou tablet con acceso a internet, descargar a aplicación que é gratuíta e comezar a viaxar polas terras de Dumbría.

Unha ferramenta de apoio á Oficina de Turismo do Ézaro para ter o turismo de Dumbría operativo 24/7, unhas das accións marcadas no seu plan de mellora dentro da SICTED.

O obxectivo que se persegue é a xestión intelixente e eficiente do turismo en Dumbría.

 

#DumbríaéTurismo