Pasar al contenido principal

🎧🌊 Contos do mar é un proxecto participativo, desenvolvido en Carnota, Dumbría e Fisterra, baixo a coordinación da confraría do Pindo, que pretende poñer en valor o patrimonio inmaterial vinculado á cultura mariñeira a través das historias de vida da xente local audioguías ficcionadas que recollen a memoria dos lugares.

 

 

QUE É?

A audioguía é unha invitación a realizar un paseo audioguiado a través de relatos ficcionados e teatralizados, sempre ligados aos espazos polos que discorre o paseo, posibilitando unha inmersión emocional na paisaxe, nas voces e nas historias locais.

No caso de Dumbría é no Ézaro, vai dende o Centro de Interpretación de Rutas (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro ata a propia Fervenza do Ézaro.

 

QUEN PODE REALIZAR O PASEO?

O paseo pódese facer en grupos pequenos, en parella ou individualmente.

No caso do Ézaro é un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida.

 

COMO FUNCIONA?

Adquire os auriculares necesarios para o paseo e, unha vez postos, segue as indicacións que están gravadas e comeza a andar!

 

ONDE SE CONSEGUEN?

Nos puntos de información municipal indicados para cada concello. Recomendamos solicitar a reserva a través do formulario.

No caso de Dumbría sería na Oficina de Turismo do Ézaro ou no CIR, en función da época do ano.

 

PREZO

Tarifa Básica: 2 €

Tarifa Reducida: 1 € (grupos de máis de 5 persoas)

 

#DumbríaéTurismo #PatrimonioInmaterial #ContosdoMar #Dumbría #OÉzaro #AudioguíaFiccionada

Dumbría continúa apostando por seguir a senda dixital, grazas á Subvención a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU da convocatoria do ano 2024, liña 2 de Transición Dixital dos recursos con potencial turístico no litoral.

A creación dun mapa dixital interactivo constitúe unha nova revolución na experiencia turística dentro do Concello de Dumbría. Este mapa non serve só como ferramenta visual para a localización de puntos de interese, senón tamén como unha plataforma dinámica para a exploración detallada dos recursos turísticos dumbrieses.

Así mesmo, dentro dese mapa dixital un pode mergullarse pola imaxes panorámicas 360º, os microvídeos e os modelos 3D para gozar dunha experiencia inmersiva.

>> MAPA INTERACTIVO DUMBRÍA – GALEGO

>> MAPA INTERACTIVO DUMBRÍA – ESPAÑOL

 

#DumbríaéTurismo

Dumbría ábrese ao mundo da realidade aumentada para enriquecer a experiencia do turista, grazas á Subvención a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU da convocatoria do ano 2023, liña 2 de Transición Dixital dos recursos con potencial turístico no litoral.

A tecnoloxía avanza a un ritmo vertixinoso e por iso o Concello de Dumbría aposta pola innovación e a modernidade a través desta nova ferramenta de promoción turística. A aplicación móbil Dumbría AR contribúe a diversificar a oferta e a desconxestionar os puntos de maior afluencia, ofrecendo información en tempo real, reducindo o consumo de materiais impresos o que repercute directamente na redución da pegada ecolóxica do turismo, obtendo datos dos recursos máis visitados e das incidencias en tempo real.

O visitante pode descubrir o Concello de Dumbría tanto dende a súa casa, como no propio destino a través do xeoposicionamento. Moverse polo concello nunca antes fora tan innovador cos Pop-Ups interactivos do mapa virtual, o escaneo de marcadores (AR Points) nos recursos e do Tótem virtual en 3D.

DESCARGAR:

Recursos turísticos e rutas para descubrir a través de contido audiovisual e información práctica a través das alertas. Unha APP dispoñible en varias linguas e con audioguía para unha maior accesibilidade.

Toda unha experiencia inmersiva para os usuarios tanto locais coma visitantes. Tan só é necesario dispor dun smartphone ou tablet con acceso a internet, descargar a aplicación que é gratuíta e comezar a viaxar polas terras de Dumbría.

Unha ferramenta de apoio á Oficina de Turismo do Ézaro para ter o turismo de Dumbría operativo 24/7, unhas das accións marcadas no seu plan de mellora dentro da SICTED.

O obxectivo que se persegue é a xestión intelixente e eficiente do turismo en Dumbría.

 

#DumbríaéTurismo

Unha experiencia inmersiva onde descubrir Dumbría a través da realidade aumentada, os modelos 3D e os tours virtuais 360º.

Concello de Dumbría presenta en FITUR 2025 os Tours Virtuais 360º que permiten explorar un espazo de maneira virtual, coma se estivese fisicamente nese lugar. Grazas ás imaxes de alta resolución en 360º, o público visitante poderá interactuar co entorno dunha forma dinámica. Poderá facelo dende calquera navegador web e dende calquera dispositivo: smartphone, ordenador ou tablet.

>> TOURS VIRTUAIS DUMBRÍA 360º

Esta tecnoloxía poderá ser volcada en gafas de realidade virtual… Dumbría está á vangarda da dixitalización turística co fin de converterse nun destino intelixente e eficiente.

 

#DumbríaéTurismo