Pasar al contenido principal
Biblioteca

Donde viven las palabras

Actualmente  o concello de Dumbría conta con 5 puntos de lectura e préstamo de libros; a Biblioteca Pública Municipal do Ézaro e as Axencias de Lectura Municipais de Buxantes, Dumbría, Berdeogas e Olveira.

Tanto a biblioteca coma as ALM están automatizadas, contando neste momento cun total de 22.581 rexistros bibliográficos.

Para poder facer uso do servizo de préstamo de libros das bibliotecas abonda con facerse socio. Cada socio ten dereito a utilizar todas as bibliotecas do concello para o préstamo. Pódense sacar un máximo de tres documentos, durante 14 días e con posibilidade de renovación.

Os catálogos da rede de bibliotecas do concello pódense consultar no seguinte enlace: www.opacmeiga.rbgalicia.com.

Tamén podes consultar os libros que temos por biblioteca, só tes que premer na palabra CATÁLOGO e escribir o título da obra que buscas.
 

Ao longo do ano nas bibliotecas desenvólvense actividades puntuais de formación de usuarios, así coma diversas campañas e actividades de fomento da lectura.

 

Bibliotecas

Axencia de lectura de Berdeogas.

Horario de Inverno

Luns a Venres de 16:00 a 20:00 h.

Horario de Verán

Luns, mércores e venres de 17:00 a 20:00 h

Axencia de lectura de Buxantes.

Horario de Inverno

Luns a Xoves de 16:00 a 20:00 h.

Horario de Verán

Martes e xoves de 17:00 a 20:00 h

Biblioteca Pública Municipal do Ézaro.

Horario de Inverno

Luns a Venres de 16:00 a 20:00 h.

Horario de Verán

De luns a venres de 17:00 a 20:00 h

Axencia de lectura de Olveira.

Horario de Inverno

Luns a Venres de 16:00 a 21:00 h.

Horario de Verán

De luns a venres de 18:00 a 21:00 h

Axencia de lectura de Dumbría.

Horario de Inverno e Verán

Luns a Venres de 16:00 a 20:00 h.