PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Pasar al contenido principal
Toponimia

Toponimia

Os topónimos son os nomes propios dos lugares. No Concello de Dumbría hai tantos como lugares, pero logo de revisar algúns estudos sobre a toponimia, cabe falar dalgúns deles.

 

Antes de citar algúns dos topónimos do concello é necesario falar da clasificación dos topónimos segundo a súa natureza:

  • Agrotopónimo: baseado nos nomes das prantas.
  • Ecotopónimo: baseado nas construccións humanas.
  • Fitotopónimo: baseado nas actividades agrarias.
  • Haxiotopónimo: relacionado coa relixión e con diferentes concrecións socioculturais.
  • Hidrotopónimo: relacionado coa auga.
  • Litotopónimo: relacionado coa pedra.
  • Orotopónimo: relacionado co solo e cos diversos accidentes do terreo.
  • Zootopónimo: baseado nos nomes dos animais.
  • Antrotopónimo: formado a partires dun antigo nome de persoa.
  • Etnotopónimo: formado a partir dun antigo etnónimo; é dicir, do nome co que se coñecía unha determinada colectividade ou grupo étnico.
  • Haxiotopónimo: formdo a partires do nome dun santo.
  • Xentilicio: formado a partir doutros topónimos.

     

ALGÚNS TOPÓNIMOS DO CONCELLO DE DUMBRÍA

  • CASTRO: (Ecotopónimo) deriva da palabra latina CASTRUM que se podería entender como “castelo forte, fortaleza“.
  • CERNADO: (Agrotopónimo) deriva da palabra latina CINERARE, que se vincula co “queimado, incinerado, reducido a cinzas“.
  • DUMBRÍA: (Ecotopónimo) deriva da palabra DONOBRIA ou DUMBRIGA, que se relaciona con “outeiro fortificado, altura fortificada, castro“.
  • ÉZARO: (Hidrotopónimo) deriva da palabra ISARO ou ESAR. O prefixo IS- significa “moverse rápida e violentamente” e é o que lle da nome á corrente fluvial.
  • FIGUEIROA: (Fitotopónimo) deriva da palabra latina FICARIOLA ou FIGUEYROA e está vencellada á árbore dos figos: a figueira.
  • OLVEIRA OLVEIROA: (Fitotopónimo) derivan da palabra latina ULUARIA e está vencellada ao froito da oliveira: a oliva. Os dous pobos teñen a mesma orixe debido á súa proximidade, tan só 3km de distancia entre eles.
  • REGOELLE: (Antrotopónimo) deriva da palabra latina REGULELLI que se relaciona con “Régulo, rei dun estado pequeno ou ave pequena“.
  • SALGUEIROS: (Fitotopónimo) deriva da palabra latina SALICARIOS que se vincula coa árbore “salgueiro“.
  • SANTA UXÍA: (Haxiotopónimo) deriva da palabra latina SANCTA EUGENIA.

     

#DumbríaéPatrimonio #DumbríaéCultura