FUNCIONS AEDL
Os traballos do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local están directamente relacionados coa mantemento e creación de emprego no concello de Dumbría, a promoción de proxectos destinados ao desenvolvemento e á promoción económica, apoio á veciñanza e á interrelación con outros servizos do Concello como un ente operativo único, moderno e adaptado a unha realidade económica e social que está en continuo movemento. Concretamente podemos destacar:
- Colaboración na implantación de políticas activas de emprego relacionada coa creación de actividade empresarial.
- Comunicar a empresas e persoas emprendedoras as subvencións para a formación e o emprego, así como facilitar o acceso a elas.
- Xestionar axudas para favorecer o emprego, centrándose, sobre todo, naqueles colectivos con maiores dificultades á hora de conseguir emprego.
- Informar ás empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade empresarial disponibles, así como facilitar o seu acceso a eles.
- Facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego, en especial das participantes en políticas activas de emprego, identificando as necesidades de persoal das empresas a curto e medio prazo e propoñendo accións de mellora da empregabilidade da poboación desempregada.
- Observación estratéxica do territorio e realización de estudos co fin de detectar necesidades formativas e educativas da poboación desempregada.
- Contribuír ao desenvolvemento socioeconómico do territorio mediante a prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, a difusión e estímulo das potenciais oportunidades de creación de actividades e o acompañamento técnico na iniciación do proxecto de empresas de nova creación como ás xa constituídas.
- Xestión das contratacións de persoal por parte do concello, nomeadamente o Plan de Emprego Local.
- Información catastral.
- Información e xestión de demandas para a defensa dos consumidores.
- Xestión do pantalán municipal.
- Interrelación coas entidades supramunicipais (GDR, GALP, Asociación de concellos do Camiño de Fisterra e Muxía).
- Información sobre os montes e a prevención e defensa de riscos forestais.
- Información e prevención sobre os riscos de inundacións.
- Xestión de subvencións financiadas con fondos europeos.
- Colaboración cos órganos xestores do concello na xestión e seguimento de distintos procesos administrativos municipais.
Escolas deportivas
Ao longo de todo o ano, o Concello de Dumbría ofréceche unha ampla variedade de actividades de carácter deportivo para que elixas a que mellor se adapte ás túas necesidades e horarios. Goza do deporte durante os 365 días do ano.
Ximnasia de mantemento, zumba, fútbol, voleibol, ciclismo, piragüismo e actividades dirixidas Dumbría-DAFIT son as propostas deportivas que ofrece o concello.

En canto ás instalacións deportivas, o Concello de Dumbría conta co Polideportivo Municipal do Conco en Dumbría, o Campo de Slalom Olímpico do Couquiño en Olveira, o Ximnasio Municipal de Olveira, a Pista de Pádel do Ézaro, as Pistas Polideportivas descubertas nas parroquias do concello e de forma eventual, nos meses de xullo e agosto a praia do Ézaro dispón de 3 campos de volei praia.
Ademais, o Concello de Dumbría dispón de escolas deportivas de fútbol, voleibol, ciclismo e piragüismo para que non haxa excusa á hora de practicar deporte na Costa da Morte!
Piscina
A piscina municipal está situada no Conco, Dumbría, e está a disposición da veciñanza durante os meses de verán no seguinte horario:
De luns a sábado: de 16:00 a 20:00h
Ximnasios
O Concello de Dumbría conta con 2 ximnasios, un emprazado na Casa de Cultura de Olveira e outro nas Instalacións Deportivas do Conco, en Dumbría.
Horarios verán 2023:
- XIMNASIO OLVEIRA:
- Luns 10:00-14:00h
- Martes a venres 18:00-21:00h
- XIMNASIO DUMBRÍA:
- Luns 16:00-21:30h
- Martes a venres 10:00-14:00 e 16:00-21:30h
Pádel

Coordenadas: 42°54’45.4″N 9°07’26.7″W
#DumbríaéDeporte