PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

CIBERFELICITACIÓNS

Miniatura Noticia
Os nenos e nenas do concello de Dumbría, recibiron a pasada semana a visita de Papá Noel.
Foi nas clases de informática, onde lles deixou unha mensaxe a todos e cada un dos asistentes.

Ademais, os nosos pequenos informáticos, elaboraron unhas tarxetas de felicitación que vos queren amosar.
Premede aquí para ver algunhas delas.

2, 3 e 4 de xaneiro: Rompe a Rutina

Miniatura Noticia
O ano empeza ofertándolles ós pequenos/as da casa a oportunidade de romper a rutina.
imaxe: conlosninosenlamochila.com

Ata as Casas Culturais chega un contacontos de Nadal co que poderán pasalo en grande.

Tamén visitará as nosas instalacións un Paxe dos Reis Magos, que recollerá as cartas de tódolos nenos e nenas que aínda non a teñan enviado.



Ven a túa Casa Cultural e participa!

Conto de Nadal e Paxe real

Miniatura Noticia
Despois de todo o traballo que tiveron os Reis Magos neste Nadal, hoxe enviáronnos este collage con imaxes da visita que un dos seus paxes fixo ás Casas Culturais de Dumbría aproveitando o contacontos ó que asistían os rapaces e rapazas do concello.

Aquí volo deixamos para que lle botedes un vistazo.

PANORAMICAMENTE FALANDO

Miniatura Noticia
A exposición de Begoña Corbal muda de Casa Cultural.

A partir do luns, 21 de xaneiro, poderá visitarse na Casa cultural de Olveira.

O horario de apertura ó público é de luns a venres, de 16 a 20 horas.
Dumbría é imaxe!

Video resumo de DUMBRÍA ROMPE A RUTINA

Miniatura Noticia

Foron moitas as actividades que levamos a cabo no noso departamento nestes dous meses.

 Baixo o lema de DUMBRÍA ROMPE A RUTINA  ofrecemos unha programación cultural variada, que tivo moi boa acollida entre tod@s vós e queremos agasallar a vosa participación  coa elaboración deste video das actividades.





....e proximamente contarémosvos algo do entroido!!!
  

ENTROIDO 2013

Miniatura Noticia

O domingo, 10 de febreiro, terá lugar en Dumbría o concurso de disfraces deste entroido 2013, que xa está ás portas.

PREMIOS:
1º premio comparsas: 800 €
2º premio comparsas: 400 €
3º premio comparsas: 200 €
1º premio de 120 € ó disfraz individual máis orixinal.

As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do 7 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas.
As comparsas participantes terán un mínimo de 6 compoñentes e realizarán unha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións.
Ademais, as comparsas pertencentes ó concello de Dumbría poderán optar a unha axuda económica, debendo cumprir os requisitos recollidos nas bases.
As bases poden consultarse nas oficinas municipais.

PROGRAMACIÓN:
  • Concentración de tódolos disfrazados/as ás 17:00 horas na porta do Concello.
  • Pasarrúas ata a Praza da Igrexa 
  • Entrega dunha bolsa de golosinas a cada neno disfrazado.

POR OUTRA BANDA:
a partires do mércores, 23 de xaneiro, pasádevos polas casas culturais para enterarvos da actuación sorpresa que estamos a preparar e para a que precisamos da vosa colaboración.


DUMBRÍA É ENTROIDO


Entroido 2013.

Miniatura Noticia
Gañadores do concurso de Entroido 2013 en Dumbría:
- 1º premio comparsas: empate entre A Granxa desahuciada de Lires e Buxantes Calidade co seu Rei León.
- 3º premio comparsas: Invasión Ghuracha de Lires.
- Premio disfraz individual: empate entre O Globo e Que lles dean (3 políticos).

E, por fin, comezan a chegarnos fotos e vídeos do festival de entroido do pasado día 10.
Segundo nolas vaiades pasando, ímolas colgar neste blog e tamén na páxina de Facebook do Concello de Dumbría.

Animádevos a achegarnos as vosas imaxes a calquera das casas de cultura do concello.

Premede nos seguintes enlaces para ver as que nos foron chegando.

FOTOS


VÍDEOS


Graciñas a todos/as por axudarnos a recopilar imaxes do Entroido 2013.

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Miniatura Noticia
O Concello de Dumbría fai pública a posta en marcha dun curso básico de prevención de riscos laborais.

Está homologado para a construción e calquera outro sector e será impartido por técnicos da UGT.


O curso consta de 65 horas, das cales 20 serán presenciais e 45 serán on line (a través de internet).

As clases presenciais serán do 1 ao 5 de abril de 2013, das 5 ás 8 da tarde.

A preinscrición realizarase nas oficinas do concello de Dumbría ata o 28 de marzo de 2013, polo que animamos aos interesados/as a presentar a correspondente solicitude ou por telénono no 981744001

EXCURSIÓN 2013

Miniatura Noticia
O concello de Dumbría organiza unha viaxe para visitar Valladolid, Madrid e Cuenca.

Datas:
            saída: 15 de maio pola noite (noite en ruta)
            chegada: 19 de maio

Dirixido a: veciños/as de Dumbría.

Prezo: 220 €, inclúe transporte, aloxamento e comida.

Prazas: limitadas. Por riguroso orde de inscrición.

Inscrición:
                Oficinas municipais. Tlf: 981 744 001. En horario de 08.00 a 14.00 horas.

PASATEMPOS E ADIVIÑAS

Miniatura Noticia
Os rapaces e rapazas que asisten ás clases de informática das Casas Culturais andiveron estes días a pasar o tempo.

Aquí vos deixamos os resultados:



PASATEMPOS E ADIVIÑAS