PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

SOÑA NO NADAL. Talleres Infantiles de Manualidades

Miniatura Noticia
Aquí vos deixamos ós máis peques da casa os horarios dos talleres infantiles de manualidades deste Nadal.

Luns, 23 decembro:
16.00 h. Berdeogas (casa cultural)
18.30 h. Salgueiros (local social de Bustelo)

Venres, 27 decembro:
16.00 h. Olveira (casa cultural)
18.30 h. Buxantes (casa cultural)

Luns, 30 decembro:
16.00 h. Dumbría (Instalacións do Conco)
18.30 h. Ézaro (enriba da antiga unitaria)

DUMBRÍA SOÑA NO NADAL!

SOÑA NO NADAL. Sábado, 28 decembro

Miniatura Noticia
O sábado 28, ás 19.00 horas a maxia agarda por ti na Casa Cultural de Berdeogas.
A cita será co Mago Noel, co espectáculo Que Curioso!, un espectáculo de maxia moi participativo, colorido e divertido.
Combinando numerosas técnicas circenses e teatrais, demostratndo que a prestidixitación, os malabares, o humor, a música e a poesía crean por si mesmos un espazo de comunicación xenunino entre mago e público.


QUE CURIOSO, un espectáculo para soñar!


*Esta actuación substitúe á programada inicialmente co mago Cayetano LLedó, que por motivos alleos ó Concello non pode acudir á cita programada.

DUMBRÍA SOÑA NO NADAL!

SOÑA NO NADAL. Visita do Paxe Real

Miniatura Noticia
O xoves, 2 de xaneiro, un Paxe Real visitará terras dumbriesas.

Deixámosvos aquí os horarios nos que os máis cativos poderedes atopalo na vosa Casa Cultural:

16.00 h. Ézaro (Casa de Pedra)

17.00 h. Buxantes

18.00 h. Olveira

19.00 h. Berdeogas

20.00 h. O Conco




Traédelle as vosas cartas e el levaraas directamente ó Palacio Real de Oriente sen demora.

DUMBRÍA SOÑA NO NADAL!

SOÑA NO NADAL. Venres, 3 xaneiro

Miniatura Noticia
 O venres, 3 de xaneiro ás 17.00 h. nas Instalacións do Conco, estades todos e todas invitados a participar no taller Cantámosche os Reis, enmarcado no programa Nadal en Rede, da S.X. Política Lingüística.

Pablo Díaz e Olga Kirk difundirán cancións en galego propias destas festas e animarán a todos os axistentes a recuperaren a tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas de cada localidade.

Vide participar neste obradoiro de cantos de Nadal!

Sen límites de idade. Para todos os públicos.





DUMBRÍA SOÑA NO NADAL!

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

Miniatura Noticia
No mes de febreiro botará a andar de novo a
Escola Municipal de Teatro.


Na escola aprenderemos técnicas básicas de representación, expresión corporal, ... e levaremos a escena unha pequena obra, creando un grupo estable de traballo nun entorno lúdico.


Esta actividade está dirixida a nenos/as a partir dos 6 anos e tamén a adultos/as.


Aproveitade a oportunidade de pasar tardes do máis divertidas facendo teatro!


As clases serán impartidas por TALÍA TEATRO (@taliateatro)

Para participar, tedes que inscribirvos nas Casas Culturais ou nas oficinas municipais.
Teléf.: 981 744 001, antes do 27 de xaneiro.



DUMBRÍA SPEAKS

Miniatura Noticia
Achégate ó Conco e aprende a falar inglés desde o primeiro día, con profesores nativos e a calquera idade.

INSCRÍBETE ATA O 24 DE XANEIRO NAS CASAS CULTURAIS OU NAS OFICINAS MUNICIPAIS. (981 744 001)


QUE É DUMBRÍA SPEAKS?

Situado no Conco, DUMRÍA SPEAKS é un espazo de comunicación, aprendizaxe e dinamización en lingua inglesa. Un espazo para falar, xogar, divertirse e escoitar música ou ver películas. Un espazo para tomar un café...de idiomas.

Para pais, para bebés, para nenos/as pequenos e maiores. Un espazo para empresas, traballadores ou persoal desempregado. Un espazo para mozos, estudantes, emprendedores ou amas de casa.

O inglés é a lingua do futuro e só aquelas persoas que poidan comunicarse de xeito fluído neste idioma terán posibilidades de éxito.

No concello de Dumbría somos conscientes diso, por iso poñemos en marcha este proxecto de inmersión lingüística en inglés; DUMBRÍA SPEAKS é un ESPAZO PARA TODOS.

QUE VAS APRENDER?

Persoal nativo en lingua inglesa que ofrece clases de speaking cunha metodoloxía propia, para falar inglés desde o primeiro día.

- Se necesitas falar o básico para comunicarte no teu negocio.

- Se queres nocións básicas para poder atender ao público neste idioma.

- Se queres introducir os teus fillos neste idioma desde pequenos e que o poidan aprender como a súa lingua propia.

- Se vas viaxar ao estranxeiro ou se tés unha entrevista de traballo.

- Se xa sabes o idioma e queres falalo con outros que tamén o saben.

Dumbría, 12 olladas

Miniatura Noticia

Actuación promovida polas Concellerías de Turismo e Cultura do Concello de Dumbría que pretende fomentar a participación da cidadanía no coñecemento e difusión de Dumbría a través da imaxe.

Cada mes estará adicado a unha temática:


 Xaneiro: DumbríaéAuga

Febreiro: DumbríaéVerde
Marzo: DumbríaéCultura
Abril: DumbríaéB/N
Maio: DumbríaéCamiño
Xuño: DumbríaéDeporte
Xullo: DumbríaéSolpor
Agosto: DumbríaéÚnica
Setembro: DumbríaéTradición
Outubro: DumbríaéArquitectura
Novembro: DumbríaéPedra

Decembro: DumbríaéNadal




E para participar só será necesario  enviar as túas fotos  por correo electrónico a : turismodumbria@gmail.com antes do día 15 do mes seguinte. Cada mes está adicado a unha temática e comenzamos esta edición coa auga, podes retratar os ríos, a praia, as fontes..o que se che ocorra...mesmo a choiva!!. 
Bótalle imaxinación e coas mellores fotos faremos o calendario do ano 2015!!!...e para as fotos que máis "Me gusta" teñan no Facebook , dentro de cada temática un pequeno agasallo.
Podes consultar as bases da edición e anímate a participar!! 
Mail: turismodumbria@gmail.com
Facebook/ConcelloDeDumbría


Talleres informática: Wordpress + AVS Video Editor

Miniatura Noticia

Ábrese o prazo de inscrición para dous novos talleres 
de informática para maiores de 16 anos. 

 Podes inscribirte nas Oficinas do Concello ( 981744001) ou nas Casas de Cultura ata o día 14 de febreiro.

- Creación de blogs  con WordPress. 
8 horas.

Aprende a crear un blog no que contar as túas experiencias, compartir ideas, personalizalo ao teu gusto... 

-Edición de vídeo con AVS Video Editor e subida de vídeos a Youtube e Vimeo
10 horas.

Aprende a crear os teus vídeos de forma sinxela, a cortar escenas que non necesites e a subilos ás canles de Youtube e Vimeo, ou compartilo directamente en Facebook. 


Na actualidade 65 persoas maiores de 18 anos  están adquirindo coñecementos en novas tecnoloxías nos seguintes cursos que se están levando a cabo nos centros culturais.

Alfabetización dixital, office e Internet. 

Duración: ata finais de maio.

- Olveira-Martes: de 19:00 a 20:15
-Berdeogas-Xoves: de 16:00 a 17:15 e 20:15 a 21:30 (2 quendas).
-Dumbría-Venres: de 19:30 a 20:45 e de 20:45 a 22:00 (2 quendas).

A túa empresa na Rede 

-Dumbría-Luns : de 19:30 a 22:30 


Retoque fotográfico co GIMP

-Dumbría-Mércores  de 16:00 a 18:30 e de 20:00 a 22:30.

ENTROIDO 2014

Miniatura Noticia
Coma tódolos anos, o domingo de entroido celebramos o concurso de disfraces en Dumbría. 

O domingo, 2 de marzo, estarán con nós  AS CANTAREIRAS DE ARDEBULLO: NUCHA E MUCHA

PREMIOS:
1º premio comparsas: 1000 €
2º premio comparsas: 500 €
3º premio comparsas: 300 €
1º premio de 150 € ó disfraz individual máis orixinal.
Unha axuda de 150 € para tódalas comparsas participantes que non resulten premiadas no concurso.

As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do 27 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas.

BASES DO CONCURSO

PROGRAMACIÓN:
  • Concentración de tódolos disfrazados/as ás 17:00 horas na porta do Concello.
  • Pasarrúas ata a Praza da Igrexa 
  • Entrega dunha bolsa de golosinas a cada neno disfrazado.

POR OUTRA BANDA:
lembramos ós nenos e nenas que queiran participar na actuación final que estamos a preparar para ese día que os ensaios son os venres pola tarde no Conco. Máis información nas casas culturais.

DUMBRÍA É ENTROIDO