PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

Ler para ser libres: as nosas bibliotecas

Miniatura Noticia
         Libros, camiños e días dan ó home sabiduría 
(proverbio árabe)

O día 23 de abril celébrase cada ano o día do libro e os dereitos de autor. Elixiuse este día por coincidir coa data do pasamento dos escritores Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, alá polo ano 1616.

Queremos amosarvos neste día a Biblioteca e as Axencias de Lectura do Concello de Dumbría, uns espazos que nos adentran non só no mundo dos libros senón que tamén son un acceso á cultura, á información e ó saber.

Dumbría ten unha Biblioteca Municipal que está situada no Ézaro e catro Axencias de Lectura que están situadas nas Casas de Cultura de Berdeogas, Olveira e Buxantes, e nas instalacións do Conco - Dumbría. 

Os servizos que ofrecen cada unha delas son:


  • Lectura en sala e sala de estudo.
  • Préstamo a domicilio.
  • Acceso a internet, aula de informática e impresora.
  • Axuda nas buscas de información
  • Ademais das actividades que nelas se ofertan regularmente (animación á lectura, apoio escolar, inglés, informática,...)

Para consultar que libros temos nas Bibliotecas, podédelo facer dende a casa, entrando no noso Blogue  (dumbriaecultura.blogspot.com) e despois pinchando na sección Bibliotecas. Unha vez dentro, accededes ó CATÁLOGO e abonda con saber o título ou o autor para buscar a  obra.
Unha vez localizada, só tedes que  achegarvos á Biblioteca e solicita-lo seu préstamo.
Se non está na biblioteca da vosa parroquia, pero si noutra do concello, facémosvolo chegar nun plis-plas. 

As bibliotecas do concello posúen máis de 20000 libros e 50 ordenadores para acceder tanto a coleccións dixitais coma a outra información de interese. No ano 2011 preto de 8000 visitas  á Biblioteca demostran a gran  importancia dun punto de acceso á información nun entorno rural coma Dumbría.

Nesta semana do libro recordarvos que podedes trocar os vosos libros no punto que encontraredes na Biblioteca "Libros libres: Troco de libros". 
Desta maneira os libros que non usedes teñen unha nova vida e serán libros para facer rir, chorar, soñar e vivir a outras persoas.


Ler para divertirse, para entreterse, para informarse ou aprender; nos libros, nos cadernos do colexio, nos xornais, nas revistas, nos ordenadores, na tablet ou no teléfono: 
LER PARA SER LIBRES




LETRAS GALEGAS 2013: actividades

Miniatura Noticia


Este ano o día das Letras adícase a Roberto Vidal Bolaño, escritor e actor de teatro español  (Santiago de Compostela 1950 - Santiago de Compostela 2002). Podedes consultar algunhas das súas obras máis importantes nas nosas Bibliotecas.

Ó longo da vindeira semana os nenos e nenas de Dumbría poderán participar en actividades de animación á lectura que se desenvolverán en tódas casas culturais do concello para celebrar o día das Letras Galegas 2013.

Sesións de contacontos e diferentes manualidades entre as que se inclúen a creación dun móbil de letras para decorar as vosas habitacións: podedes crear o nome que queirades!


Aquí vos deixamos o cartel das actividades



AO CABO. Exposición

Miniatura Noticia
A exposición AO CABO, do fotógrafo local JUAN LOURO non para de virar dunha sala de exposición a outra.

Ao cabo é unha exposición fotográfica itinerante que trata a situación actual da frota pesqueira da Costa da Morte, que está a percorrer distintas cidades do mundo.
Despois de pasar polo Outono Fotográfico 2012 no Museo Municipal de Ourense, ou polo Pazo de Dom Manuel, en Évora (Portugal), recalou na francesa vila de Millau, Midi-Pyrénées.

ezaroenfotos.blogspot.com

O rotativo Le Journal de Millau titulaba a nova desta exposición como: "O declive da pesca artesanal por Juan Louro Cambeiro".

Orgullosos de que os nosos veciños acaden triunfos polo mundo adiante, e, máis aínda, cando o fan dando a coñecer a nosa terra.

Podedes ver máis sobre o traballo de Juan Louro no seu blog: ezaroenfotos.blogspot.com

Parabéns Juan!

PANORAMICAMENTE FALANDO: exposición

Miniatura Noticia

A exposición  de Begoña Corbal, Panoramicamente Falando, viaxa a unha nova casa cultural.

A partir do mércores, 15 de maio, poderá visitarse na Casa cultural de Buxantes

O horario de apertura ó público é de luns a xoves, de 16 a 20 horas.

Podedes ver máis do seu traballo no blog corbalfotografia.blogspot.com.es


corbalfotografia.blogspot.com.es
Tamén o diario dixital quepasanacosta.com se facía eco o pasado mes de abril, na súa sección "a bitácora da semana", do blog de Begoña eloxiando o seu traballo.

Bravo Begoña, a seguir así!


INTERNET: O MUNDO NA MIÑA VILA

Miniatura Noticia
venres, 31 de maio ás 19.00 horas nas instalacións do Conco (Dumbría), terá lugar unha charla informativa sobre a internet.

Esta charla pretende servir de reforzo aos alumnos/as que ao longo deste curso 2012-2013 asistiron ós cursos de informática organizados polo concello.

Quere ser unha sesión para afondar sobre a importancia da rede na sociedade actual, como canle que chega desde a nosa propia casa e a nosa vila ata o mundo enteiro.
Incidirá na importancia de manexar as novas tecnoloxías e procurará achegarnos ferramentas e contidos útiles que nos falen do que máis nos interesa: o máis próximo.

Comprobaremos que a internet, alén de ser unha porta aberta ao mundo, tamén nos permite coñecer moito mellor o que temos ao carón.

Falaremos de Quen usa a rede e que busca nela.
Amosarannos Contidos 2.0: espazos informativos, culturais e de lecer, en concreto sobre a Costa da Morte e sobre Dumbría.
Coñeceremos Ferramentas 2.0: correo, navegadores, buscadores, programas... e, moitas delas, dispoñibles en galego. 

A charla correrá a cargo de Ubaldo Cerqueiro, coordinador do diario dixital da Costa da Morte Quepasanacosta.com

Aquí vos deixamos un pequeno adianto nunha listaxe de recursos na rede.

Se tés curiosidade, se queres manterte informado, achégate ó Conco ó día 31 ás 19 horas!


AQUÍ VOS DEIXAMOS UN DOCUMENTO CON RECURSOS









Oficina de Información Turística de Ézaro - Dumbría

Miniatura Noticia


 A Oficina de Información turística do Concello de Dumbría está ubicada no Ézaro, ó lado da desembocadura do Río Xallas e a pista de Pádel. 

 

Ofrece información do termo municipal de Dumbría en varios idiomas (galego, castelán, inglés e francés), dende a Cascada do Ezaro, o Centro de Interpretación de Rutas do Monte Pindo, o Museo de Eletricidade, O camiño de Santiago de Olveiroa a Fisterra ou Muxía; así como de todo o destino da Costa da Morte (aloxamentos, gastronomía, festas, rutas de interese....)



Nela podedes encontrar material informativo do entorno, guías turísticas,planos e material de exposición de artistas locais e todo aquelo que precisedes para disfrutar dunha estancia agradable en Dumbría.


Ademais do ámbito turístico, nesta oficina calquer usuario pode reservar o seu turno de Pádel sen coste algún e/ou informarse da adxudicación dun punto de amarre dos pantaláns do Ézaro.


O horario da Oficina é:
De martes a sábados: de 10:30 a 13:30h e de 16:00 a 19:00h 
Os domingos: de 11:00 a 14:00h





CONTACTO:

Teléfono: 662 346 927 


Twitter: @ConcelloDumbria

Juan Louro fainos entrega dunha fotografía da colección Ao Cabo

Miniatura Noticia

O fotógrafo local Juan Lourodo Ézaro, fixo entrega ó Concello de Dumbría dunha foto pertencente  á colección itinerante  Ao Cabo (2012) como agradecemento á colaboración do Concello na posta en marcha desta colección. 

A Expoción fotográfica aborda a situación actual da frota pesqueira da Costa da Morte e está a percorrer distintas cidades do mundo. 
Arrancou a súa andaina no  Outono Fotográfico 2012, no Museo Municipal de Ourense, viaxou logo ó Pazo de Dom Manuel, en Évora(Portugal) e, máis tarde, recalou na vila francesa de Millau, Midi-Pyrénées.

Juan leva retratando o Concello de Dumbría e a Costa da Morte dende fai moitos anos. Podedes ver algunhas instantáneas no seu blog : ezaroenfotos.blogspot.com.

Foto: Lúa Louro
Galardoado en numerosas ocasións polas súas fotografías, é coa exposición @Aocabo cando chega o seu recoñecemento e proxección a nivel internacional.  

Podedes ver a foto desta colección na  Oficina de Información Turística do Ézaro.

A imaxe, retrata os restos dun barco situado na zona da Corbeira (O Ézaro), na desembocadura do Xallas e a uns metros da fervenza.

Moitas gracias Juan!!


INSCRICIÓN ACTIVIDADES VERÁN

Miniatura Noticia
Está aberto o prazo de inscrición para as actividades que se levarán a cabo nas instalacións do Conco ó longo do verán.


Coma tódolos anos, os rapaces e rapazas poderán asistir ós cursos de natación e participar nos xogos,
deportes, actividades culturais, etc. que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto. Para asistir a estas actividades haberá servizo de autobuses.

Para adultos, rexe o mesmo prazo para que se anoten ós cursos de iniciación e perfeccionamento de natación.

Os horarios serán comunicados con anterioridade ó comezo das actividades.

É importante que vos inscribades para poder facer o deseño dos horarios por parroquias.

Podedes inscribirvos tanto nas oficinas municipais coma nas casas culturais.

Prazo: ata o 26 de xuño.

FESTA FIN DE CURSO 2012-2013

Miniatura Noticia
O día 26 de xuño celebraremos no Ézaro a festa infantil de fin de curso.

A festa está dirixida a tódolos rapaces e rapazas do concello a partir dos 4 anos.





PROGRAMA:
- chegada a Ézaro aproximadamente ás 11 horas.
- xogos na praia
- ás 14.00 horas actuación de maxia con Cayetano Lledó na Casa Cultural de Ézaro.
- Regreso: saída aproximadamente ás 17.30 horas de Ézaro

Haberá servizo de autobuses polas parroquias.
O Concello farase cargo da comida dos asistentes. Rogamos que  nos avisen en caso de alerxias.

INSCRICIÓNS:
é imprescindible cumprimentar e entregar unha autorización que poderedes atopar nas casas culturais e nas oficinas municipais antes do 20 de xuño.


DEBIDO ÁS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO PAVILLÓN, SE CHOVE, SUSPENDERANSE AS ACTIVIDADES.

Noite de cachelas, de agua, de prantas e sardiñas

Miniatura Noticia
Foto:Naturpixel

 
A noite máis máxica do ano estase achegando. Será o próximo 23 de xuño. Unha noite especial, chea de maxia: a noite das meigas, porque "habelashainas". 



Neste día  do solsticio de verán, a noite máis curta no Hemisferio Norte, encéndense grandes cacharelas sobre as cales a xente salta para purificarse, e nas que cada un "queima " todo o negativo que quere apartar da súa vida.




En #Dumbría haberá festa e cachelas en tódolos lugares para conmemorar o San Xoán, con festas en Berdeogas e Olveira  e tamén a  larada do Ézaro. 



Para os principiantes na fotografía que queiran inmortalizar o momento, e tratándose dunha das noites máis fotoxénicas do ano, deixámosvos algúns consellos para fotografar as cacharelas da man dos expertos Naturpixel.com:

1. Decide o lugar: baralla as túas posibilidades e escolle cal encaixará mellor na túa reportaxe fotográfica.


2. Planifícate: Pensa que forma lle queres dar á túa serie de fotos, como queres contalo a través de imaxes.


3. Vai con antelación. Non esperes ata que chegue a noite. Vai con tempo para coñecer o terreo, coller sitio e fotografar a evolución da festa. Tal vez encontres bos motivos fotográficos antes de que acendan o lume que che axudarán a contar mellor a túa historia, á vez que terás máis material para que a túa reportaxe fotográfica sexa máis completa.


4. Non te obsesións co flash. En fotos concretas pódelle dar un toque, mesmo podes usalo para facer fotos creativas coa cortina traseira, pero non esquezas que o suxeito principal da noite é o lume, e deixa que sexa o que ilumine a escena. Sube un pouco o ISO se fai falta, aprende a facer fotos escuras, e busca eses pequenos espazos iluminados con esa pouquiña luz cálida. Tamén podes subexpoñer un pouco, para que o lume colla ese toque alaranxado-avermellado en lugar de quedar branco.


5. Busca siluetas. É o que máis doado vas  atopaar cando a xente estea a rodear o lume. De tódolos xeitos, procura estar atento en momentos decisivos e non fotografar siluetas porque si. Primeiro observa, despois decide e finalmente dispara.


6. Busca diferentes encadres. Fai fotos xerais, despois busca detalles, cámbiate de lugar, mestúrate coa xente... fai que as túas fotos sexan o máis variadas posibles, mira coa mentalidade de coleccionar instantes coa túa cámara para logralo.


7. Arríscate. Confía na túa creatividade, observa moito, e finalmente seguro que encontras puntos de vista que só se che ocorreu a ti. Así é como conseguirás que as túas fotos sexan especiais.

 



E ...cales son os teus trucos para sacar unhas fotos inesquecibles nas cacharelas de San Xoán?