PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

Dumbría para ti: Guía de actividades 2014/2015

Miniatura Noticia
//e.issuu.com/embed.html#14470897/10256355

DUMBRÍA para ti, para min, para ela, para vós, para nós, para él, para TODOS! Esta é unha guía das actividades 2014/2015 do Concello de Dumbría
Queremos que coñezas todas as posibilidades.

Apúntate a unha ou a varias; e se xa estás inscrito, descubre outras novas.
#DumbríaéÚnica

Retocando e filtrando:coñece tódolos programas

Miniatura Noticia


Cantas veces non nos pasou que quitamos unha foto e non nos gusta como quedou, que se quedou moi oscura, que se ten demasiado brillo… Pois iso ten solución.


Quen non coñece o Photoshop? O programa por excelencia de retoque fotográfico que usan moitisimas revistas para retocar as súas portadas. Nós tamén podemos retocar as nosas fotografías sen necesidade de utilizar o Photosphop, existen numerosos programas, fáciles de usar, que nos fan a vida un pouquiño máis fácil.

Algúns dos programas de retoque fotográfico  son:
  •        Gimp: de software libre. Parecido ó Photoshop, ten unha interface moi fácil de utilizar. Permítenos recortar, facer fotomontanxes, quitar os ollos vermellos, crear imaxes animadas en formato GIF…


  •        Picasa: do xigante Google. Permítenos visualizar, organizar e editar fotografías. Ademais, podemos subir as nosas fotos á rede de Google+, compartilas con outros usuarios e crear álbums.          


  •          Photoscape: permítenos mellorar e corrixir as nosas fotos. É divertido e doado de usar.  Permítenos crear collages coas nosas fotos, facer gifs animados, engadirlle texto, etc.


  •         PhotoFiltre: ten todo tipo de ferramentas de edición gráfica. É un programa moi completo, ten diferentes filtros e todo tipo de efectos para fotografías.



    Tamén podemos editar fotos online, sen necesidade de descargar ningún programa. Algunhas das páxinas onde podemos editar fotos son:
    •         Pixlr: unha aplicación moi potente con infinidade de filtros e con apariencia moi similar ó Photoshop.


    •        PigMagick: ferramenta super rápida, moi recomendable para retoques básicos.


    •      FotoFlexer: permítenos aplicar infinidade de filtros e efectos sobre as nosas fotos sen necesidade de rexistrarse.


    •        Pixler: con esta ferramenta pódense conseguir efectos parecidos ó Photoshop. Podemos aplicar distintos filtros e incluír textos e emoticonos.


    Para retocar fotos dende o noso SmartPhone:
    •        PicsArt: gratuíto. Podemos facer modificacións das páxinas como brillo ou contraste. Poñerlle marcos ou crear collages, recortar as fotos, engadirlle textos…


    •        Photo Editor de Aviary: dunha forma rápida e sinxela podemos editar as nosas fotos. Podemos corrixir os ollos vermellos, branquear dentes ou quitar manchas vermellas da pel.


    •        PicLab Editor de fotos: déixanos aplicar filtros e efectos impresionantes ás fotos, ademais de poder engadirlle texto. 
      Nos vindeiros días anunciaremos novos cursos de retoque fotográfico para que non teñades ningunha dúbida para retocar ou traballar coas vosas fotografías!

    Clases de gaita

    Miniatura Noticia






    O Concello de Dumbría en colaboración coa Asociación de Veciños Marco do Couto ofrece este ano unha nova actividade culturalclases de gaita. 
    Será gratuíta para tódolos veciños/as de Dumbría que queiran iniciarse neste instrumento ou integrarse no grupo de gaitas xa existente. 

    As clases serán en Buxantes, nun principio os sábados. Podes inscribirte nas  Oficinas Municipais, 
    Teléfono: 981 744 001 e nas Casas Culturais ata 0 15 de decembro.


    O grupo Gaiteiros de Buxantes está composto por máis de 20 persoas que manteñen viva a tradición e o folclore no noso concello.

    Para as persoas todo son é importante; e cando ese son é musica tradicional coa que pode experimentar sentimentos e emocións coas que se sinte identificado, fai que sexa aínda máis especial. 

    O son dunha gaita ou dunha pandeireta; a música tradicional que nunca debemos esquencer.






    CURSOS INFORMÁTICA: EDICIÓN DE VÍDEO E IMAXE

    Miniatura Noticia
    O Concello organiza dous novos cursos de informática:


    • Edición de vídeo con Windows Movie Maker (12 horas)

    Aprende todo o proceso de montaxe e edición de vídeo, a engadir efectos sonoros, voces e gravación de música.
    Cada participante creará o seu propio vídeo sobre un tema determinado que serán difundidos na rede unha vez rematado o curso.

    • Edición de imaxes con Picasa (10 horas)

    Se che gusta a fotografía, queres facer álbums dixitais, retocar fotos ou dixitalizar as túas fotos antigas, neste taller aprenderás a facelo dun xeito sinxelo e rápido.


    Se queres asistir, anótate antes do 23 de decembro nas Casas Culturais ou nas oficinas municipais (Teléf.: 981 744 001)

    NADAL 2014

    Miniatura Noticia



    Aquí vos deixamos o programa de actividades infantís para este Nadal.

    Papá Noel mandounos aviso de que ó longo destes días visitará as Casas Culturais de Dumbría porque tén algún que outro recadiño para os nenos e nenas que asisten ós cursos de informática. Será entre os días 12 e 18.

    Haberá obradoiros de manualidades nos que os rapaces poderán confeccionar os seus adornos navideños. Estes obradoiros faranse en tódalas Casas Culturais nos seguintes horarios:

    Luns 22 de decembro:         Martes 23 de decembro:
      16 h: O Conco                                  16 h: O Ézaro
      19 h: Olveira                                    19 h: Buxantes

    Venres 26 de decembro:      Martes 30 de decembro:
      16 h: Berdeogas                               16 h: Salgueiros

    Un  Paxe Real visitará as Casas Culturais o venres 2 de xaneiro para que tódolos nenos e nenas dumbrieses poidan entregarlle as súas cartas para os Reis Magos.

    16:00 h: O Ézaro                      17:50 h: Salgueiros

    17:00 h: Buxantes                     18:15 h: Berdeogas

    17: 30 h: O Conco                     19:00 h: Olveira



    Ademais, para o luns, 29 de decembro, o Concello prepara unha gran festa infantil no Conco con xantar, xogos, música, obradoiros e ata unha escola de  maxia  (da man da compañía Divermaxia). 
    Haberá servizo de autobuses polas parroquias.


    Para asistir á festa infantil é preciso entregar unha autorización nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 20 de decembro. Podedes descargala aquí.

    Non esquezades inscribirvos!

    #DumbríaParaTi #DumbríaParaTodos

    Aproveitamos para desexarvos que pasedes unhas felices Festas de Nadal ó carón dos vosos e trasladarvos os nosos mellores desexos para o ano 2015.






    Os peque-informáticos felicitan o Nadal

    Miniatura Noticia

    https://youtube.googleapis.com/v/jmHnlNwtYb8&source=uds
    VÍDEO DOS PEQUE-INFORMÁTICOS DE DUMBRÍA

    Os peque-informátic@s que asisten ás clases de Informática que se imparten nas Casas de Cultura do Concello de Dumbría crearon este vídeo e este dossier de Felicitacións de Nadal. Son eles, os máis pequen@s, coa súa creatividade e imaxinación sen límites, os que nos transmiten esa maxia e esa ilusión nestas datas! 



    #Dumbríaparati 

    Calendario 2015: Dumbría doce olladas

    Miniatura Noticia

    "Unha mirada é unha forma de percibir o mundo, unha reflexión sobre a realidade, pois o enfoque e o punto de vista transforman o que observamos. Cada mirada é unha emoción única e silenciosa que chega directa ao corazón dos demais.
    Noraboa por ver, por observar, por estas 12 olladas que se pousan no noso concello. Noraboa por estar, por compartir e formar parte del.
    Feliz 2015."
    José Manuel Pequeño.
    Alcalde de Dumbría.

    Fai case un ano arrancaba o noso proxecto "Dumbría 12 olladas" do Concello de Dumbría que pretende fomentar a participación da cidadanía no coñecemento e difusión de Dumbría a través da imaxe. O resultado non pode ser máis bonito, unha colección de 12 imaxes, cada unha cun significado e un motivo que forman parte do




    Preme no link para ver tódalas imaxes ganadoras ampliadas:

    Os gañadores de cada ollada son:
    XANEIRO
    Dumbría é Auga.

    Manuel Ovidio Castro Rodríguez. “Cascada”.

    “Foi un día de moito temporal. A fervenza estaba con moita auga e acompañei a Marcos Rodríguez a e elixina porque a fervenza levaba moitísimo auga.”

    FEBREIRO
    Dumbría é Verde.

    Antonio Fernández Martínez. “Fervenza, en río Hospital”.

    "Eu nacín literalmente enriba dun río, crieime á beira do mesmo, rin e chorei con el, mergulleime infinidade de veces, bebín, que cristalino daquela; aprendín a nadar - non había piscinas . Ás veces dábame algunha troita, mellor dito collíalla, había moitas... Con el aprendín a amar a natureza, a ver ríos de cores e matices diferentes, entre os que destaca o marco incomparable deste máxico recanto do concello de Dumbría, e sobre todo porque é verde."


    MARZO
    Dumbría é Cultura.

    Lucía Cambeiro Agulleiro. “Buxantes é música. Buxantes é arte”.
    "Moitos din que unha imaxe vale máis que mil palabras, eu tan só digo que a mestura de sentimentos que xorden de atoparse neste lugar tan idílico como é a Capela das Neves e escoitar o son deles, os Gaiteiros de Buxantes; iso sí que é imposible de explicar en mil palabras e recollelo nunha imaxe. ¡Vén e víveo!"

    ABRIL
    Dumbría é Branco e Negro.

    Silvia Castro García. “Area pequena-O Forcado-Pedra Maior”.
    “Decidín escoller a foto das tres praias para que se vexa o antes e o despois do pobo de O Ézaro.”


    MAIO
    Dumbría é Camiño.

    Quino Pais. “Camiño de Fisterra”.
    “Elixín esta fotografía porque ten un camiño serpeante, destacando aos peregrinos e ao sinal da cuncha. En definitiva, un todo nun.”


    XUÑO
    Dumbría é Deporte.

    Jorge Rodríguez Pérez. “Campionato Galego Volei Praia”.
    “Fíxena porque o volei praia é un deporte minoritario e necesítase potenciar unha disciplina como esta, e neste caso pico e máis característico do volei praia feminino, marcar a xogada.”


    XULLO
    Dumbría é Solpor.

    Manuel González Franco. “Posta de sol dende o Monte Peñafiel”.
    “Elixina por ser tomada dende un lugar pouco habitual como é o Monte Peñafiel, parte do Monte Pindo, situado nas proximidades de O Ézaro. O solpor no Ézaro entre os meses de Novembro a Xaneiro son dos mellores da Costa da Morte e cada unha delas e diferente e irrepetible.”


    AGOSTO
    Dumbría é Única.

     Jorge Juan Lado Castro.
    “Eu non teño a culpa de vivir aquí... simplemente tiven sorte”.

    “Decidín participar con esta foto para ensinar a única praia de Dumbría. Tal e como se aprecia na foto, é espectacular e con bandeira azul.”


    SETEMBRO
    Dumbría é Tradición.

    Jorge Rodríguez Pérez. “Beleza e Tradición unidas pola Natureza”.
    “Penso que a Beleza dos cabalos vai ligada á beleza do entorno na Carballeira de Berdeogas e creo que escenifica á perfección a tradición que teñen os cabalos en Dumbría e, sobre todo, na Carballeira.”


    OUTUBRO
    Dumbría é Arquitectura.

    Jorge Rodríguez Pérez. “Arquitectura en forma de natureza”.
    “Creo que a imaxe representa perfectamente o que é Dumbría en Arquitectura: innovación. Con respecto á natureza: colorido, modernidade. Unha imaxe vale mais que mil palabras.”


    NOVEMBRO
    Dumbría é Pedra.

    Quino Pais. “A auga pode coa pedra”.
    “É un sitio pouco coñecido e agora, co caudal ecolóxico, é case imposible de ver. Elixina para que a xente poida apreciar o bonito do sitio, así como o feito de que a auga é capaz de transformar e pulir a pedra ao seu antollo co simple paso do tempo.”


    DECEMBRO
    Dumbría é Nadal.

    Silvia Castro García. “Que chega... que chega o Nadal!”.

    “A Volta Ciclista transmitiunos alegría, ilusión e agasallos. Foi o Papá Noel de Dumbría”.



    NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES
    Neste link, poderás ver tódalas fotos dos participantes do concurso de "Doce Olladas.Desfruta, comparte e descobre Dumbría.

    FOTOS DO CONCURSO 12 OLLADAS.

    PODES DESCARGAR O CALENDARIO DUMBRIA 2015 " DOCE OLLADAS"





    Gracias a: José Guillén Alonso, Manuel González Franco, María Cambeiro, Silvia Castro García, M. Ovidio Castro Rodríguez, Jorge Pérez González, Irma Canosa González, Marcos Regueira Ramos, Antonio Fernández Martínez, María Jesús Lema Paz, Javier Figueira Méndez, Rafael Eirín Toba, Josefina Balboa, José Ángel Trillo Paz, Gema Pola, Adoración Ramos, Bienvenido Rodeiro, Tomás García, Beatriz Ferreiro, Jose Carlos Fernández, Francisco Blanco Álvarez, Jorge Vieites Graña, Miguel Vidal Ferreiro, Rosario López Leiro, Junquera Blanco Álvarez, Javier Andrade Mareque, Luís de la Torre Alonso, Juan de la Torre Alonso, Miguel Marcote Estévez, Manuela Insua, Esperanza Vázquez, Teodoro Rama, Jose Felipe Rama, Mercedes Lema, Montserrat Redonda Santiago, Manuel Piñeiro, Marcos Regueira Ramos, Lucía Cambeiro Agulleiro, José Guillén Alonso, Modesto García Quintáns, Nieves García Centeno, Quino Pais, Jorge Rodríguez Pérez, Trinidad Mouzo Agulleiro, Cristina Mouzo Espasandín, Mauro Louro González, Jorge Juan Castro Lado e Fernanda Fuentes.

    Gracias a todos vós por participar e colaborar neste novo proxecto!!

    #DumbríaéCultura #DumbríaéTurismo

    @DumbriaeCultura JORGE PARRI FotografiasAsociación ASPADEX Mauro Fotografía



    Feliz 2015

    Miniatura Noticia
    O Concello de Dumbría deséxavos a todos e a todas unha boa saída de ano e unha mellor entrada no novo.

    Saúde e sorte, amigos/as!

    Feliz 2015!

    Pepe do Fieiro: o neno que soñaba coa montaña

    Miniatura Noticia
    "Presten atención señores
    a lo que van a escuchar,
    de ustedes los turistas
    también tenemos que hablar.
    Le damos la bienvenida
    por subir al Monte Pindo,
    que lo disfruten ustedes
    nos alegra de lo lindo.
    Los guías les acompañan
    lo hacen con alegría,
    quieren que ustedes lleven
    un buen recuerdo del día.
    Recibimos a turistas
    de cualquier parte del mundo,
    agradecemos la visita
    con un amor muy profundo.
    A veces nos econtramos
    con lengua muy diferente,
    de cualquier rincón del mundo
    llega hasta aquí la gente.
    Agradecer las visitas
    ese es nuestro papel,
    a veces nos encontramos
    con la Torre de Babel.
    De cualquier parte de España
    y también del extranjero,
    llegan personas aquí
    que tienen mucho salero.
    Son alegres y amables
    respetan la naturaleza,
    demuestran tener cultura
    de los pies a la cabeza.
    Nos vamos a despedir
    tenemos que regresar,
    espero que algún día
    nos volvamos a encontrar.
    Vuestros guías os desean
    que llevéis un buen recuerdo,
    y disfrutéis de verdad
    y en otra ocasión nos veamos por acá.
    Os deseamos lo mejor
    y que lo paséis muy bien,
    si ustedes van contentos
    nosotros quedamos también."
    PEPE DO FIEIRO


    Hai persoas cunha sensibilidade especial, que deixan a súa pegada sen procuralo, que simplemente se entregan a aquilo que aman, a estas persoas móveas a ilusión e a vontade de coñecer e compartir o seu tesouro.
    Así é Pepe, máis coñecido como Pepe do Fieiro, un home que se namorou dunha montaña oceánica, e que a forza de amala quixo conquistala. Este rapaz que medrou percorrendo os seus camiños, gabeando os seus picos, escoitando as súas lendas e escribíndolle versos; hoxe é o home que mellor coñece o Monte Pindo, unha memoria viva de máis de oitenta anos e ca vitalidade dun mozo de vinte.
    Pepe grazas polo teu legado, pola entrega e a ilusión, grazas pola sinxeleza da túa sabedoría, por desvelarnos os segredos e e por ensinarnos a amar e respectar a natureza.

    É unha obra realizada polo departamento de Turismo do Concello de Dumbría en colaboración coa familia do Señor Pepe e as guías de Turismo do Concello

    Nel explícase a ruta levada a cabo cos turistas, pero seguindo as historias que nos transmitíu o Señor Pepe, así como os nomes antigos de cada un dos puntos do roteiro.