Tarde intensa a vivida onte en Dumbría. Moitas comparsas (sete), moito disfraz, moita ilusión, moitas ganas de pasalo ben e moito público, moitíiiiiisimo!!!!
Arrancou a xornada co pasarrúas, que partía desde a praza do concello.

E alí estaba o presentador do Entroido de Dumbría, o graaaaan González!!!!!
Este ano por fin accedeu a aparecer no cartel anunciador. Saíu moi favorecido, non credes?
Alí estaban xa os integrantes da comparsa infantil/xuvenil do concello de Dumbría, abrindo a comitiva. Este ano elixiron como motivo da súa comparsa os emoticonos do Whatsapp.
Foron eles mesmos, xunto coas súas familias, os que elaboraron os disfraces. Gracias, familias, polo voso apoio.Moi guapos e guapas!Por fin os ensaios no Conco deron o seu froito! As monitoras e monitor do concello estamos moi orgullosos de vós.
Detrás deles desfilaban os membros da comparsa Sálvame dos de Lires.Polas rúas de Dumbría estiveron Belén Esteban, Jorge Javier e demais compañeiros do programa televisivo.
Iban acompañados por unha boa representación dos principais partidos políticos, a nivel nacional e tamén comarcal.
A comparsa Decirconada, de Gures, paseou por Dumbría cunha boa mostra dos integrantes do seu circo. Non faltou o elefante nin a gaiola das feras.
Paiasos, lanzadores de coitelos, bailarinas, magos, domadores,... Menuda tropa!
O Circo do Sol, de Buxantes Calidade, trouxo ata o pobo un enorme paiaso articulado de máis de 3 metros.

Desde Louro, desde os anos 50, chegou a marina dos Estados Unidos de América, da man da comparsa A Rueirada, con fragata incluída. Coas súas coreografías, animaron o pasarrúas ata a Praza da Igrexa.

Vaya, Vaya, aquí no hay playa, de Baíñas, veu cun nutrido (en máis de un sentido) grupo de bañistas, non lles faltaba nin o chiringuito.

Tampouco Las Chinitas, de Corcubión quixeron faltar onte á cita entroideira.
En góndola viñeron tamén desde Corcubión Os Gondoleiros da Asociación Nerio.Con eles transportámonos ata Venecia.

Por certo, sabedes como estaba a praza á chegada das comparsas? Abarrotada! (tal e como dicía o Dúo Sacapuntas naquel programa televisivo).
E comezou o espectáculo...

Os peques de Dumbría armáronse de valor e quixeron ser os encargados de romper o xeo. Encheron o escenario de emoticonos do whatsapp para mostrar o seu bo facer nisto do entroido dumbriés.Fixérono fóra de concurso.Hai que ver que dotes para o baile e o espectáculo... Parabéns! Bo traballo!
Pola praza andaban xa Nucha e Mucha, As Cantareiras de Ardebullo, que un ano máis quixeron vir pasar o domingo de entroido a Dumbría.Con elas as risas e o entretemento están garantidos. Di o presentador que xa está desconfiando que teñan buscado un par de "apaños" ou de "apañados mozos" por estas terras, xa que lles gusta moito vir a Dumbría no entroido.
Os encargados de comezar coas actuacións dentro do concurso foron Sálvame dos de Lires.Con eles subiron ás táboas os personaxes do coñecido programa televisivo e tamén líderes políticos, tanto da comarca, coma a nivel estatal. Non defraudou a súa parodia crítica, . Botámonos unhas boas risas con eles.

O circo foi o tema elixido nesta ocasión pola Asociación de veciños de Gures. Decirconada foi todo un espectáculo do que pode chegar a pasar debaixo dunha carpa. Os paiasos, o lanzador de coitelos, ese tirador de armas de fogo, animadoras, feras,.... non faltaba de nada neste disparatado circo que co seu humor intelixente acadou moitas risas entre o público asistente.

A comparsa local Buxantes Calidade decantouse este ano polo Circo do Sol, en concreto polo espectáculo Alegría.
Na súa liña, sorprendeu, e moito, a posta en escena: bailaríns, acróbatas, paiasos, interpretación do tema central en directo coa bonita voz dunha das integrantes da comparsa,...
Non lles faltou nin o persoal de limpeza.
Un espectáculo á altura da celebración do décimo aniversario da formación da comparsa. Parabéns!
A Rueirada, de Louro, subiu ó escenario para achegarnos coreografías inspiradas nos anos cincuenta e na armada estadounidense. O público aplaudiu esta primeira participación dos muradáns no entroido dumbriés. 
Vaya, Vaya, aquí no hay playa, dicían os de Baíñas.Pois desde alí chegaron e montaron unha nun plis-plas.Ó carón do chiringuito, non faltaba a palmeira, parasoles, toallas, sombreiros, ... Non esqueceron o bocadillo nin as ganas de pasalo ben. Las Chinitas de Corcubión encheron de cor e música o escenario. Menuda paciencia tiveron as máis cativas da comparsa. Que ben soportaron os nervios e a espera para que chegara a hora da súa actuación.
Cerraron as actuacións Os Gondoleiros da Asociación Nerio de Corcubión. Sobre as súas góndolas trouxeron ata Dumbría o Entroido de Venecia. A preciosa coreografía e unhas moi ben adaptadas coplas fixeron as delicias do público. E eses peques, como esperaron pacientemente a que chegara o seu turno! Levaron tamén un sonoro aplauso.

Ó remate das actuacións tódolos nenos e nenas disfrazados subiron recoller a súa bolsa de golosinas e incluso se fixeron algunha foto coas Cantareiras de Ardebullo mentres esperabamos a decisión do xurado.
E así seguía a praza:
Agradecemos o labor que fixo o xurado xa que somos conscientes da dificultade que entraña.Gracias Santiago Garrido (xornalista de La Voz de Galicia), Javier González (presidente da Asociación Neria) e María Lema (concelleira de Cultura de Dumbría).
GAÑADORES DO CONCURSO:1º Premio de Comparsas: Buxantes Calidade co Circo do Sol
2º Premio de Comparsas: Decirconada de Gures3º Premio de Comparsas: A Rueirada de LouroPremio ó disfraz indivicual máis orixinal: A Parella de Papel
E así rematou esta edición do Concurso de Entroido 2015. Só nos queda agradecer a todas as comparsas que quixeron compartir con nós este domingo de entroido. Grazas a todos os que fixestes posible o día de onte, disfrazados e sen disfrazar; grazas ó público, que cada ano é máis numeroso.GRACIÑAS A TODOS/AS!
Unha última petición: se tedes pequenos vídeos, duns 10 segundos, sobre como vivistes vós o entroido en Dumbría, enviádeos a dumbriaecultura@gmail.com coa etiqueta #DumbriaéEntroido