PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

Aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso escolar no Colexio de Dumbría

Miniatura Noticia
 Prazo de matrícula do curso 2012-2013


 Recollemos a nova do CEIP de Dumbría:


Dende o día 1 de Marzo e ata o 10 de Abril estará aberto o prazo para novas matrículas para cursar estudos no  centro no curso 2012/2013.
Apertura prazo matrícula curso 2012/13 
A documentación que se deberá aportar  é a seguinte:
  • Instancia de solicitude, debidamente cumprimentada (facilítase no colexio)
  • Fotocopia do DNI do pai e da nai
  • Fotocopia do Libro de Familia (páxinas correspondentes aos pais e ao alumno ou alumna a matricular)
  • Fotocopia da cartilla de vacinación
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Certificado de empadroamento (solicitar no concello)

Neoplasticismo: xeometría, pureza e cor

Miniatura Noticia

Estamos a ver estes días nos informativos de todas as cadeas de televisión, tanto autonómica como nacionais, o novo cemiterio de Dumbría

 Foto: La Voz de Galicia

Dende fai tempo o concello aposta pola vangarda nas súas creacións arquitectónicas, dende un mirador de paxaros no embalse da fervenza á Casa de Cultura de Olveira ou a Oficina de Información turística que simula un catalexo para ollar as postas de Sol cara o Faro Fisterra.

Pieter Cornelis Mondriaan (Amersfoort, 7 de marzo de 1872 - Nueva York, 1 de febrero de 1944), coñecido como Piet Mondrian, foi un pintor de vangarda holandés, membro do De Stijl e fundador do neoplasticismoestilo creado polo pintor e célebre polos cadros plagados de líneas cruzadas  horizontais e verticais, con vivas cores en cada franxa.

 Así son os nichos do noso cemiterio: cada un dunha cor, rodeado por outros de tonalidades distintas.

A arquitecta desta "obra de arte", Rosana Pichel Pichel, asegura que se inspirou neste pintor holandés e no seu estilo.

Neoplasticismo: xeometría, pureza e cor

 Obra de Piet Mondrian






ANIMACIÓN Á LECTURA

Miniatura Noticia


Actividades de animación á lectura nas Casas Culturais durante os meses de marzo, abril e maio.
MARZO: SEMANA DA POESÍA

Do 26 ó 30 de maio: Taller de poesía

ABRIL: MES DO LIBRO

Do 23 ó 27 de abril: Taller de elaboración de marcapáxinas
Troco de libros para adultos e nenos
Visitas guiadas ás bibliotecas para os colexios

 
MAIO: LETRAS GALEGAS

Do 14 ó 18 de maio: taller literario

19 de maio: Celebración Infantil das Letras Galegas nas instalacións do Conco, con merenda e música tradicional. Haberá servizo de autobuses. Informarémosvos máis adiante.


 
HORARIOS DAS ACTIVIDADES NAS CASAS CULTURAIS:

ÁS 17.00 HORAS

LUNS: Dumbría e Salgueiros
MARTES: Ézaro
MÉRCORES: Berdeogas
XOVES: Buxantes
VENRES: Olveira
                                                                         

Programa de formación para moz@s menores de 30 anos

Miniatura Noticia
Trátase do  Programa de Cualificación e recualificación de mozos menores de trinta anos do Ministerio de Traballo.
Os requisitos son os seguintes:
  • Alumnos Menores de 30 anos
  • Inscritos como demandantes de emprego
  • Estas accións formativas inclúen a  realización obrigatoria de Prácticas Profesionais Non Laborais en empresas
 Dentro do programa tedes cursos presenciais, de teleformación (a través de Internet) e de modalidade mixta.

Dito programa inclúe unha amplia oferta formativa  orientada a mozos  e mozas menores de 30 anos que necesiten formarse. Os cursos contan con prácticas en empresas punteiras da nosa comunidade. As accións formativas son totalmente gratuitas e o alumnado en certos supostos pode optar a unha axuda para dietas.
Tedes toda a información dos cursos premendo no seguinte enlace:




Ana María Castro Antonio
Técnica de Soluciones Formativas Integrales
Soluciones Formativas Integrales
aantonio@femxa.com
http://www.grupofemxa.com/
http://www.cursosfemxa.com/
T. 900 100 957
F. 986 494 120

Taller adicado á poesía nas nosas Bibliotecas

Miniatura Noticia

Esta semana adicamos o noso programa de animación á lectura á poesía.

Como sabedes, o día 21 de marzo, aparte do comenzo da primaveira,  foi o día Mundial da Poesía e os nosos pequenos tamén se convertiron en poetas por un día.

Os traballos do taller están expostos nas Bibliotecas.





Dumbría en branco e negro

Miniatura Noticia

O Concello de Dumbría está levando a cabo un proxecto chamado
 DUMBRÍA EN BRANCO E NEGRO, unha iniciativa que solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas para recoller unha ampla mostra de fotografías  antigas do noso concello.


O obxectivo é recuperar imaxes da historia de Dumbría para que pasen a formar parte do Arquivo  Municipal e organizar unha exposición que percorra as Casas de Cultura do concello e poder tamén difundilas noutros medios. 








O concello pretende ter unha memoria gráfica dos espazos rurais, as casas, a xente, as actividades labregas, gandeiras, forestais ou mariñeiras; os momentos de ocio, as festas, a escola,  e os acontecementos máis salientables  de cada parroquia ó longo de todo un século.




Aquí pódense ver algunhas das imaxes que os veciños e veciñas de Dumbría nos fixeron chegar.
Recóllense escenas típicas da Dumbría do pasado, amosan xentes que noutrora habitaron as nosas terras.









Abril: mes dos libros. Entrevista a Modesto García Quintáns

Miniatura Noticia

Abril é o mes dos libros, e dende as bibliotecas do concello temos preparadas varias actividades de animación á lectura para conmemorar o próximo 23 de abril o día Internacional do Libro e os dereitos de autor


Para celebrar este día quixemos contar coa  testemuña do autor do libro sobre o Concello de Dumbría: “El Ayuntamiento de Dumbría : historia, tradiciones y costumbres", editado pola Deputación da Coruña no ano 2009 .

Trátase de Modesto García Quintáns, natural de Vilar, na parroquia dumbriesa de Buxantes.

            - É o primeiro libro editado que recolle toda a historia, demografía, etnografía e tantos outros datos do concello. E, por riba, escrito por un dumbriés. É toda unha honra..

          Creo que si, non só para min, como autor, senón para tódolos veciños de Dumbría. Nesta obra recóllese parte dos costumes e tradicións dos nosos antepasados, que se conservaron de forma verbal e que na actualidade se están perdendo polo novo modelo de sociedade na que vivimos.

            - Creo que es a primeira persoa do noso concello que ten un libro publicado..

            Descoñezo se existe algún outro autor de libros que sexa do concello de Dumbría, polo menos destas características. O que si existen son folletos de carácter turístico.

            - O teu libro é froito de moitos anos de recopilación e traballo. Na introdución dis que comezas en torno a 1979. Iso son máis de 20 anos de traballo.

            Todo comezou cando estaba no Bacharelato en Cee. O único  entretemento que tiñamos era falar coas persoas maiores, que contaban historias que me gustaban e, para non esquecelas, decidín apuntalas nunha libretiña que sempre levaba no peto. Tratei de ordenalas  por temas e, ao mesmo tempo, comecei a investigar documentos vellos que os veciños me prestaban, ir aos arquivos parroquiais, ao concello e aos organismos oficiais, entre eles o Arquivo do Reino de Galicia. Rematada a obra no ano 1999, non lograba que algún organismo a publicara, ata o ano 2004, por medio da Deputación Provincial, coa intermediación do Concello. A obra orixinal era moito máis completa, xa que fala individualmente de tódolos lugares do concello, pero para que fora menos custosa e menos aburrida quedou reducida á metade.

            - Din que se tende a valorar máis un lugar cando non vives nel, foi ese o teu caso?
            No meu caso, que nacín na parroquia de Buxantes, estiven por motivos profesionais fóra de Galicia uns dez anos, pero tódolos veciños de Dumbría me coñecen. Tódolas fins de semana atópanme pola  parroquia onde me criei.

            - Cal é o teu lugar favorito de Dumbría?.
            Tódolos lugares de Dumbría teñen o seu encanto. No meu caso, tírame máis a parroquia de Buxantes porque coñezo todo o seu territorio como tódolos rincóns da miña casa.

            - Ademais deste libro, tes algunha outra publicación?
            Si, teño máis. Unha delas é o “Roteiro telefónico do Concello de Dumbría,” publicado no ano 2001, moi utilizado como guía polos veciños para localizar, por alcumes, tanto o teléfono como a casa-vivenda. Na actualidade atópase esgotada e sería interesante poder sacar unha nova tirada actualizada.  Outro libro que tamén publiquei é o “Inventario do Patrimonio Relixioso da Parroquia de Buxantes” no ano 2006, correndo cos gastos da publicación eu mesmo. Teño pendente de publicar a “Historia da Capela das Neves de Buxantes”, dunhas 100 páxinas. Outro texto tamén moi interesante para o concello é “Toponimia menor do Concello de Dumbría”, no que están recopilados máis de 6.000 nomes de paraxes das sete parroquias de Dumbría, xeorreferenciadas en coordenadas UTM. Outra das obras na que estou a traballar é a de “Paradoxas e Ditos Populares”, onde están recopiladas máis de 1.500 frases filosóficas. Estes proxectos, moi avanzados, están á espera de que algún organismo poida publicalos.

            - Neste tempo de crise estase a falar moito do momento que vive a cultura, ti que opinas? Non a coidamos o suficiente? É importante ou consideras que debería situarse nun segundo plano?
            A cultura é coma a carta de presentación, sexa a nivel de país ou a nivel persoal. Hoxe en día estamos nunha sociedade moi diferente a cando nos criamos alá polos anos 50 do século pasado, onde abondaba o anafalbetismo. A informática revolucionou todo e temos que camiñar con esta tecnoloxía.

            - Que che parece  a dixitalización de materias (libros, arquivos sonoros, imaxes) e que toda esta información sexa accesible nas redes?
         Eu creo que é bo que circule polas redes todo este tipo de información porque enriquece o coñecemento. Pero non debemos esquecer que se deben respectar os dereitos de autor.

            - Usas as redes sociais? Que opinión che merecen?
         É un medio moderno de adquirir e enviar información ao instante. Pero, de momento, está limitado aos coñecedores destas tecnoloxías. A xente maior está moi limitada por non saber manexalas.

            - Os libros son para estar nas bibliotecas ou para estar ó alcance de todos?
            Creo que os libros que están nas bibliotecas están xa ao alcance de todos. O problema está no seu uso. As persoas maiores da aldea non teñen o costume de ir ás bibliotecas, e desde que puxeron o teléfono e apareceu a televisión, tanto ler como escribir supón un gran esforzo mental para moitas persoas. Para fomentar a lectura na casa das persoas de idade, creo que teñen que ser obras con letras grandes, moitas fotos e con temas que revivan a súa infancia. Neste caso, o meu libro sobre Dumbría penso que cumpre ese obxectivo.

            - En que estás a traballar nestes momentos?
          Estou dándolle os últimos retoques á toponimia de Dumbría.

            - Aparte dos que xa tes editados, que outro libro che gustaría escribir?
         A min gústanme os temas que estean relacionados co concello de Dumbría. Se algún organismo se comprometera a sufragar os gastos ampliaría o contido polo miúdo do libro xa publicado.

            - Estás lendo algún libro agora?
         Neste momento estou lendo un documento moi antigo de finais do ano 1600, cóstame moito traballo pola súa rara caligrafía. E dentro de pouco irei investigar á biblioteca diocesana de Santiago.


Gracias Modesto por esta entrevista

Abril: mes dos libros (II)

Miniatura Noticia
Esta semana celebramos o día do libro nas casas de cultura do concello, fixemos marcadores de páxinas e cruzamento de libros


O cruzamento de libros gustou tanto, que vai continuar unha temporadiña máis.



E, para rematar con estas celebracións, a vindeira semana os nenos e nenas de Infantil e do Primeiro Ciclo de Educación Primaria van visitar a Biblioteca do Conco, para coñecer as súas instalacións e facer o carné de lectores.

Velaquí algunhas fotos das actividades:


















Na semana pasada publicabamos unha entrada sobre o libro de Modesto García Quintáns " El Ayuntamiento de Dumbría: historia, tradiciones y costumbres" que abarca todo a historia do concello. Recollemos nesta entrada outros libros que tratan tamén do noso concello dende  outros puntos de vista.







  1. Arquitecturas da provincia da Coruña: Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía
  2. Dumbría; Mazaricos. Diputación Provincial
  3. Prospectiva de desenvolcemento local: Dumbría. Diputación Provincial



NAS LETRAS COA MÚSICA

Miniatura Noticia
O sábado, 19 de maio, celebraremos nas instalacións do Conco - Dumbría o día das Letras Galegas.


Contaremos con:
  • Obradoiro de música tradicional
  • Actuación dos alumnos de primeiro ano da Escola Municipal de Música Tradicional - ACDR As Neves
  • Actuación do grupo Mar Adentro e o grupo de gaitas da ACDR As Neves de Buxantes.
  • Merenda tradicional.

Haberá servizo de autobuses para recoller ós nenos/as polas parroquias.

É preciso entregar unha autorización nas Casas Culturais ou no Concello antes do luns, 14 de maio.

Orquestra LIRA ( 1947-1956)

Miniatura Noticia




Orquestra LIRA de Dumbría. 
Ano 1947-1956



Xa empezan a chegar as primeiras imaxes que formarán parte do proxecto de              
 " Dumbría en branco e negro".  
Neste caso, Modesto García envíanos unha foto da Orquestra Lira de Dumbría .


Pronto percorreremos as Casas de Cultura na procura de máis imaxes.