O Dolmen de Pedra da Arca tamén se coñece como de Regoelle. Encóntrase no lugar de Regoelle, parroquia de Olveira, e está situado unha metade no termo municipal de Dumbría e a outra metade en Vimianzo.
Dolmen Pedra da Arca. Autor da Foto:Ángel M. Felicisimo
Ten forma poligonal cun corredor de entrada orientado ao SE. A cuberta ten unhas dimensións de 4,7 x 3,1 m. Segundo o estudo realizado por un equipo alemán a cuberta foi traída, non se sabe como, do lugar de Brandoñas, situado a un 5.5 km do lugar.
A Pedra da Arca atópase nun bo estado de conservación , conservando boa parte dos ortostatos orixinais. A cámara principal é poligonal e mantén cinco grandes pedras que sosteñen unha gran laxa ovalada. Unha dos ortostatos verticais conserva unha pequela decoración en forma de gravados. O monumento conta mesmo con corredor de acceso que se divide en dous tramos cubertos con senllas laxas.
O dolmen atópase sinalizado e para chegar ata a el é necesario atravesar un bo tramo dunha pista de terra. No Rego dás Touzas poderemos ver unha mostra de arquitectura tradicional en forma dun muíño de auga. Cabe destacar a toponimia do lugar en referencia con este monumento megalítico. Así atopamos nas inmediacións nomees como Pedras do Altar, Casa dá Moura, Pedra da Arca ou Gándara dá Osa.
É o dolmen de maior tamaño e mellor conservado da comarca de Fisterra.
Biblioteca humana é un proxecto do Concello de Dumbría para visibilizar persoas do noso Concello. A finalidade é compartir coñecemento desde diferentes disciplinas e idades, dar valor ó potencial humano que temos e servir de inspiración para outros. Persoas anónimas, profesionais de diferentes ámbitos ós que lle poñemos un pequeno altavoz para que nos conten, dende o seu punto de vista, cousas do noso concello.
E iniciamos esta andaina entrevistando a Isaura Fernández Pérez
Naciu
en Dumbría no 1975, está casada e é nai dun neno e dunha nena. Estudiou no no
Colexio Público de Dumbría 1982-89 e seguiu os seus estudos de Bacharaleto e COU en Santiago de Compostela no 1989-1993.
6 anos máis tarde; entre 1993-1999 Licénciase en Medicina e Ciruxía polaUniversidade de Santiago de Compostela. Obtivo o título de Especialista en Oncoloxía Médica no 2004 e o Título Europeo de Especialista en Oncoloxía médica no 2005.
Exerce dende 2005 como especialista en Oncoloxía médica no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (hospital Álvaro Cunqueiro) e dende 2011 tutora de residentes de Oncoloxía médica do o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo(hospital Álvaro Cunqueiro).
Na
actualidade segue estudiando no tratamento e investigación do cancro de mama,
tumores xinecolóxicos, tumroes cerebrais e melanoma.
Forma
parte dos grupos cooperativos nacionais : GEICAM (grupo español de
Investigación en Cancer de mama) GECOD (Grupo españold e cancer de origen
desconocido) Grupod e estudio de Trombosis de SEOM GEICO( grupo español de
investigación en cancer de ovario y tumores gineclógicos)SEOM (sociedad
española de Oncología médica).
Un impresionante currículum, pero ela é unha muller que non presume, nin se vanagloria do seu currículum nin nos seus títulos; accesible, amena, familiar. Unha muller de aquí, de Dumbría.
Cal é a túa relación co Concello de Dumbría?
Meus pais viven en Alvarellos, na parroquia de Berdeogas; e a maioría da miña familia tanto paterna como materna viven no concello, polo tanto teño unha relación especial coa xente que vive aquí. Moitos dos meus amigos da infancia viven tamén aquí.
Onde estudiantes?
Pois
foi unha das etapas máis bonitas da miña vida, onde aprendin un montón de
cousas, non solo académicas, lembro ainda profesores que marcaron a miña forma
de pensar posteriormente. Daquela había moitos nenos no Colexio . O que si teño
claro e que cando cheguei a santiago o meu nivel académico era incluso superior
ao de nenos da cidade.
Qué lembras do teu paso polo colexio de Dumbría?
Pois
foi unha das etapas máis bonitas da miña vida, onde aprendin un montón de
cousas, non solo académicas, lembro ainda profesores que marcaron a miña forma
de pensar posteriormente. Daquela había moitos nenos no Colexio . O que si teño
claro e que cando cheguei a santiago o meu nivel académico era incluso superior
ao de nenos da cidade.
Sentisteste nalgún momento en inferioridade por ser dunha aldea rural como Dumbría?
Como
dixen antes, o meu nivel académico era moi bo. Así que eu nunca me sentín
inferior aos nenos da cidade.
Qué opinas das infraestructuras, servizos ou espazos do Concello?
Pois
é un dos concellos con maior infraestructura que eu coñezo, actualmente
traballo en Vigo e vivo en Pontevedra, e Dumbría non ten nada que envexarlles,
conta con espazos verdes, un cuidado especial das aldeas, e conta con
importante desenrolo de actividades deportivas, e de maneira gratuíta, en este sentido tiñan que aprender moitos
concellos de maior envergadura, así como
espazos de lecer como pode ser a carballeira
de Berdeogas.
Cal é o lugar ou espazo que máis che gusta de Dumbría?
Probablemente
que nos demos conta do valor do que temos, da xente de valía que temos e de que
vivir en Dumbría ten ventaxes, e desta maneira non haxa tanta “fuga de rapaces
novos” a outros pobos de arredor como Cee, Vimianzo..
E o que menos?
[ Non se lle ocurre ningún]
Cal é o recurso máis valioso que temos no noso concello e aínda está sen explotar?
Probablemente que nos demos conta do valor do que temos, da xente de valía que temos e de quevivir en Dumbría ten ventaxes, e desta maneira non haxa tanta “fuga de rapacesnovos” a outros pobos de arredor como Cee, Vimianzo..
Gústache a túa profesión?
Pois
a verdade e que é a miña paixón, encántame ser médico dende ben pequena, e
actualmente a miña especialidade : oncóloga.
Gústameencontrar un caso e buscarlle solución, ademáis a especialidades inclúe unha parte de investigación clínica que supón unreto, pois o cancro supón a gran pandemia do século XXI , estímase que ⅓ varónse ¼ mulleres vamos a sufrir un cancro ao longo da vida, así que temos moitotraballo por facer.
- Dalle un ( ou varios) consellos a nosa veciñanza para cuidar a saúde.
Se teño que dar consellos empezaría por hábitos de vida saudables ,pois é o quemáis nos axuda a previr o cancro: exercicio diario, comer san (tipo dietamediterránea) e evitar hábitos tóxicos ( como o tabaco, que causa o 80% doscancros de pulmón, e sobre todo en mulleres , que estamos vendo agora unaumento da incidencia pola incorporación deste hábito no xénero fenemino fai unpar de décadas)
- O cancro é un tema que nos preocupa a todos, queremos evitalo...existe algo que podamos facer para evitar a súa aparición?
- Se temos alguén cerca que está pasando por un momento delicado de saúde ...cómo podemos axudar a que se sinta mellor?
Estando
cerca del e acompañalo no que necesite, saber que a familia e amigos están para
axudalo e intentar non atosigalo, falar do tema se o necesita e respectar os
silencios.
Dende
o punto de vista profesional a mellor forma de axudalo e dando a maior
información de forma clara e concisa, explicarlle o positivo e o negativo da
enfermidade e estar cando o paciente che necesita.
Volvendo a Dumbría Gustaríache vivir aquí?
Claro
que me gustaría a nivel personal sen
dúbida, o problema é que a miña especialidade solo se exerce en Hospitales de
Terceiro nivel. De todos xeitos nas rías baixas tampouco se vive mal .
- Queremos visibilizar a personas do noso Concello, de tódolos ámbitos e profesión. Ti eres a primeira de este proxecto. Dinos 2 persoas que sacáramos á luz con este proxecto
Biblioteca humana é un proxecto do Concello de Dumbría para visibilizar persoas do noso Concello. A finalidade é compartir coñecemento desde diferentes disciplinas e idades, dar valor ó potencial humano que temos e servir de inspiración para outros.
Cada persoa é un libro, pode ensinar algo a outras.
Se estás interesada/o en participar no noso proxecto mándanos un correo electrónico a dumbriaecultura@gmail.com ou ponte en contacto co persoal do Departamento de Cultura.
É o segundo cemiterio municipal de Dumbría e está xunto ao tanatorio de titularidade municipal.
Este cemiterio é de estilo neoplasticista e rompe coa idea tradicional de cemiterio, os grises e tristes de seu. Polos seus trazos, é popularmente coñecido como o "Cemiterio de Cores". É o cemiterio máis rechamante da Costa da Morte. As súas obras de construción foron terminadas en 2.012. É obra da arquitecta Rosana Pichel, a mesma que deseñou o albergue de peregrinos de Ou Conco e outras instalacións municipais.
Pode definirse como unha necrópole neoplasticista, nome do estilo creado a principios do século pasado polo pintor holandés Piet Mondrian, cuxos cadrados estaban cheos de liñas cruzadas en horizontal e vertical, con cores moi vivas en cada segmento. Tamén destacan as cubertas, que tratan de imitar, ao seu modo, as árbores que rodean o lugar, en Estimán.
"Esta cruz de pedra de 1,6 m. de alto, está situada a un 200 m. ao oeste do lugar de Cheo (Dumbría). Esa paraxe era coñecido como "Vos Redondos" pero máis tarde pasou a coñecerse como " Leiras dá Cruz". Está no bordo norte do primitivo Camiño Sacramental que usaban os veciños do lugar de Paradela para asistir aos actos relixiosos na igrexa parroquial. Segundo testemuño de persoas maiores neste punto faleceu unha señora do lugar de Paradela, por morte repentina, hoxe en día diriamos “infarto”, cando viña coa intención de asistir a misa. Non sabemos a data exacta deste acontecemento pero supoñemos que debeu ocorrer sobre finais do s. XIX."
Texto de Modesto García Quintáns do libro "Dumbría. Historia Tradiciones y Costumbres."
#Dumbríaépatrimonio
GALICIA LE é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de libros electrónicos
As dúas plataformas son compatibles con todos os dispositivos móviles e en diferentes temáticas, e respondendo a diferentes idades e intereses, facendo posible a lectura de libros electrónicos a través de internet.
A vindeira semana, nas bibliotecas de Dumbría, terá lugar varias sesións d aprendizaxe de libros electrónicos, para que poidades usar e poder descargar contidos de balde: libros, xornais, revistas, audiolibros, películas ...
Cando e Onde?
Olveira, Martes 23, as 18:30 horas.
Ézaro, Mércores 24, as 20:30 horas.
Berdeogas, Xoves 25, as 19:15 horas.
Dumbría, Venres 26, as 19:00 horas.
Acude descubre outra maneira de ler!#diadasbibliotecas#ebooks#bibliotecas.
#Dumbríaécultura
PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DE GALICIALE https://www.galiciale.gal/
PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DE EBIBLIODACORUNA http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/prestamo-dixital/
Parroquia: Olveira (San Martiño)
Lugar: Vilafernández15151 Dumbría - A Coruña
Coordenadas:
42º 59' 40.2" N - 9º 00' 39.2" W
O concello de Dumbría, posúe unha área recreativa no entorno do embalse da Fervenza, no lugar de Vilafernández, en Olveira.
Nela podedes encontrar un espazo natural de lecer e disfrute, con un parque infantil, un observatorio de aves máis un local para uso e disfrute de todo aquel que queira usalo, un espazo gratuito que podedes disfrutar en familia ou cos amigos e que para facer uso del só tedes que chamar ó 981744001 para reservar a data que precisedes.
Parroquia: Buxantes (San Pedro)
Lugar: Figueiroa15151 Dumbría - A Coruña
Coordenadas: 42º 58' 46.9" N - 9º 07' 36.9" W
Descripción
Construída a finais do s. XV, sofre unha reconstrución en 1780. Santuario de estilo románico - neoclásico. Consta dunha soa nave con presbiterio de planta rectangular. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón corrido en cantería e a nave con tellado a dúas augas. Conta cun pequeno rosetón situado sobre a porta principal de entrada, moi usado na arquitectura románica e gótica polo que cabe pensar que se trata dunha peza da capela primitiva. No muro norte exterior obsérvase unha porta e un altar que facía de capela ao aire libre para as grandes concentracións relixiosas e as romarías. A fachada principal segue un esquema pentagonal: unha porta de luz rectangular, un van de reducidas dimensións tamén rectangular e unha espadana con dous arcos de medio punto peraltados que acollen ás campás. Está situada no itinerario do Camiño de Santiago cara a Fisterra.
Acceso
Desde a capital municipal, dirixirse cara o SE por a estrada DP-3404 en dirección Serra de Outes, logo virar á dereita collendo a DP-2302 entrando así na parroquia de Buxantes. Máis adiante, virar de novo á dereita dirección lugar de Figueiroa e continuar pola pista que conduce ao Santuario das Neves de Buxantes.
Arquitectura relixiosa: Esta capela, situada na parroquia de Buxantes, forma parte do itinerario relixioso que conducía aos peregrinos desde Santiago de Compostela a Fisterra. Este lugar era tamén un punto de encontro dos romeus que desde as Rías Baixas dirixíanse a Muxía. Está situada nun lugar natural coñecido como “Fonte Santa”. Nas inmediacións celebrábase unha feira mensual que reunía a xente da comarca. Foi visitado no ano 1607 polo arcebispo de Santiago Jerónimo do Hoyo. Preto da igrexa existía unha pequena aldea e un lugar de hospedaxe de peregrinos que foron destruídos na Guerra da Independencia. A Ermida da Virxe das Neves de Buxantes, é un templo antiquísimo de liñas sinxelas na súa construción e cuxo trazo máis característico é un altar pétreo situado nun dos laterais para celebracións ao aire libre. Consta dunha soa nave con presbiterio de planta rectangular. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón corrido en cantería e a nave cóbrese con tellado a dúas augas sobre cimbras de madeira. Como é habitual, posúe unha sancristía pegada á ábsida no muro norte. Chama a atención o pequeno rosetón situado sobre a porta principal de entrada, moi usado na arquitectura románica e gótica polo que cabe pensar que se trata dunha peza da capela primitiva. A súa función era a de iluminar o templo. Ao mesmo tempo, a súa situación espacial tiña que cumprir a crenza de que no solsticio de verán os últimos raios de sol tiñan que iluminar o altar. Na Ermida das Neves esta condición cúmprese matematicamente; ás 21:45 h do día 21 de xuño (solsticio de verán), os últimos raios de sol cóanse polo rosetón para incidir sobre o Sagrario como a luz dun faro. No muro norte exterior obsérvase unha porta travesera e un altar que facía de capela ao aire libre para as grandes concentracións relixiosas e as romarías. O material utilizado na súa construción é a cantería de pedra, excepto no caso da sancristía. Con respecto á fachada principal, esta segue un esquema pentagonal. De abaixo a arriba organízase mediante: unha porta de luz rectangular, un van de reducidas dimensións tamén rectangular e unha espadana con dous arcos de medio punto peraltados que acollen as campás, ademais dun sinxelo remate formado por unha cruz no centro e dous acroterios piramidales. A súa decoración baséase en molduras moi marcadas. Como curiosidade destaca un segundo campanario no extremo leste da cuberta, dun só van sobre pilastras e rematado en acroterios de pináculos con bóla. No interior, a decoración escultórica está moi deteriorada como consecuencia do escaso uso litúrxico actual. Na actualidade, esta ermida só se utiliza durante a festa en honra á virxe, o 8 de setembro.