Ademais das actividades deportivas que o Concello de Dumbría ofrece a longo de todo o ano, tamén ten eventos anuais que xa son un clásico e un referente na Costa da Morte, son eventos a nivel nacional e internacional do mundo do deporte. Pensandos para todos!
Ao longo de todo o ano, o Concello de Dumbría ofréceche unha ampla variedade de actividades de carácter deportivo para que elixas a que mellor se adapte ás túas necesidades e horarios. Goza do deporte durante os 365 días do ano.
Ximnasia de mantemento, zumba, fútbol, voleibol, ciclismo, piragüismo e actividades dirixidas Dumbría-DAFIT son as propostas deportivas que ofrece o concello.
En canto ás instalacións deportivas, o Concello de Dumbría conta co Polideportivo Municipal do Conco en Dumbría, o Campo de Slalom Olímpico do Couquiño en Olveira, o Ximnasio Municipal de Olveira, a Pista de Pádel do Ézaro, as Pistas Polideportivas descubertas nas parroquias do concello e de forma eventual, nos meses de xullo e agosto a praia do Ézaro dispón de 3 campos de volei praia.
Ademais, o Concello de Dumbría dispón de escolas deportivas de fútbol, voleibol, ciclismo e piragüismopara que non haxa excusa á hora de practicar deporte na Costa da Morte!
SINTE DUMBRÍA, sinte a súa natureza, o seu amor polo deporte, pola cultura, polas festas, polos detalles máis pequenos que fan TAN GRANDE este CONCELLO.
Os Departamentos de Turismo e Cultura do Concello de Dumbría lanzamos a nova edición do noso concurso de fotografía #Dumbríaé. Este ano decidimos cambiar de estación e buscamos fotografías do inverno. Dumbría ten unha chea de cousas bonitas, non só de verán, e por iso queremos que nos enviedes fotos desta época do ano!
Cando? Do 15 de decembro de 2018 ao 16 de xaneiro de 2019.
Onde? Nas redes sociais do Concello de Dumbría: Facebook, Twitter e Instagram.
Que sorteamos? 5 lotes de productos promocionais do Concello de Dumbría.
Que fotos / vídeos? Aqueles que amosen as actividades, os lugares, as paisaxes, as persoas que viven en Dumbría,...
Anímate a participar!
Cartaz do concurso #Dumbríaé
BASES DO CONCURSO:
No concurso poden participar aqueles usuarios que promocionen e difundan o Concello de Dumbría realizando fotografías e vídeos representativos de Dumbría con calquera temática (patrimonio, natureza, festas, tradicións, deporte, persoas, etc). Fotos e vídeos feitos no propio concello ou fóra del e que o suban ás redes sociais do concurso (Facebook, Twitter ou Instagram) coa etiqueta #Dumbríaé.
O concurso é valido para todas as fotografías / vídeos que se compartan e etiqueten entre o 15 dedecembro de 2018 e o 15 de xaneiro de 2019 (ámbolos dous inclusive) a Instagram, Facebook e Twitter co hashtag #Dumbríaé. Non se aceptarán fotografías compartidas fóra destas datas.
Entre todas as persoas participantes sortearemos 5 lotes de material promocional do Concello de Dumbría. O sorteo farase público unha vez finalizada a data de participación e os premios entregaranse nun acto público.
Só as fotografías / vídeos que cumpran coa temática do concurso e cos requisitos especificados nestas bases poderán entrar na fase de concurso.
A participación no concurso é de balde e non require inscrición algunha; quedando supeditada a que o participante siga a mecánica de participación establecida nas distintas redes sociais: Instagram, Facebook e Twitter.
O Concello de Dmbría resérvase o dereito a denunciar ou pedir a eliminación da fotografía / vídeo, se algunha imaxe vulnera dereitos persoais, resulta ofensiva ou discriminatoria.
Para que unha fotografía /vídeo entre en concurso debe ser etiquetada co hashtag #Dumbríaé e compartila con perfil público en Instagram, Facebook ou Twitter. As fotos que non sexan etiquetadas polo seu autor con ese hashtag non participarán no concurso.
Cada participante pode subir tantas fotos como queira, dentro das datas do concurso.
O criterio para a elección das persoas gañadoras será un sorteo aleatorio creado por unha páxina de Internet.
Os concursantes ceden os dereitos de imaxedas súas fotografías / vídeos para que o Concello de Dumbría poida usar dito material para promoción en calquera canle ou medio de comunicación.
A participación no sorteo leva emparellada a autorización para publicar o nome e os apelidos da persoa gañadora nos diferentes medios impresos e dixitais que utiliza o Concello de Dumbría. Tamén conleva a aceptación da utilización dos seus datos conforme á Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal e ao novo Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea (GDPR).
A organización poñerase en contacto co gañador a través das redes sociais e polas vías ao seu alcance que considere oportunas.
A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra das presentes bases.
PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Os participantes aceptan, mediante a súa participación no presente concurso, que os contidos e os comentarios que vaian ser publicados nas redes sociais ou outros medios podan ser compartidos nos medios que o Concello de Dumbría estime oportuno. A participación nun concurso desta natureza supón a aceptación das normas das redes sociais nas que se difunde.
Non é necesario o rexistro previo mediante inscripción algunha. O Concello de Dumbríanon recollerá ningún dato para a inscrición, xa que a participación é pública. Únicamente será necesaria a recollida de datos persoais das persoas gañadoras dos premios para a posterior entrega de premios.
A transmisión interxeracional da lingua galega a través dos nosos maiores é un ben prezado.
O Nadal é a época do ano na que as diferentes xeracións se xuntan, pois qué mellor maneira que aproveitalo para interactuar os maiores cos pequenos?! E viceversa! ;)
🗓 Martes 18 decembro. 🕠 Ás 17:30h 🏟 O Conco - Dumbría.
“Matrimonio por venganza” a segunda novela publicada pola dumbriesa Noelia Castro presentarase o vindeiro mércores 26 de decembro ás 17:00h no Conco, na Biblioteca do Concello de Dumbría. .
A autora cóntanos que se trata doutra “novela romántica contemporánea, que narra a historia de Cristopher e Isabella, pero por un erro do pasado, Cristopher regresa a Londres con intención de vengarse de Isabella. E non hai mellor venganza que volver a namorala para lograr que se case con el, e despreciar o amor da muller que ama. Pero Cristopher descubre un segredo que Isabella ocultaba e eso fara que Cristopher non poda soportar a culpa e intente por todos os medios conseguir o seu perdón”.
Na presentación tamén se levará a cabo unha sinatura de libros por parte da autora.
26 de DECEMBRO NO ÉZARO ÁS 16:00: OBRADOIRO INFANTIL DE MANUALIDADES
26 de DECEMBRO NO NO CONCO, EN DUMBRÍA ÁS 16:00: OBRADOIRO INFANTIL DE MANUALIDADES
27 de DECEMBRO FESTA INFANTIL DE NADAL: Obradoiros, manualidades, animación musical coa discoteca infantil de Garabato de Xogos. Para a festa, é preciso entregar a autorización cuberta antes do 20 de decembro.
28 de DECEMBRO EN OLVEIRA ÁS 16:00: OBRADOIRO INFANTIL DE MANUALIDADES
28 de DECEMBRO EN BERDEOGASÁS 18:30 OBRADOIRO INFANTIL DE MANUALIDADES
2 de XANEIRO EN BUXANTES ÁS 16:00 OBRADOIRO INFANTIL DE MANUALIDADES
2 de XANEIRO EN BUSTELO, SALGUEIROS ÁS 18:30 OBRADOIRO INFANTIL DE MANUALIDADES
Nadal en Dumbría
Podes descargar a autorización para a FESTA DE NADAL en:
Segundo ONU Mulleres, o 35% das mulleres do planeta sufriron violencia física e/ou sexual por parte do seu compañeiro sentimental ou violencia sexual dunha persoa distinta deste nalgún momento da súa vida. No Estado español, desde o 2003 foron asasinadas case 1000 mulleres e no que vai de ano a violencia de xénero rematou coa vida de 43 mulleres, 3 delas en Galicia.
En resposta a esta realidade o CONCELLO DE DUMBRIA sumase á campaña EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS, un compromiso político que busca a implicación social e que amosa o seu rexeitamento a todo tipo de violencias machistas.
sumase á campaña EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS, un compromiso político que busca a implicación social e que amosa o seu rexeitamento a todo tipo de violencias machistas.
O compromiso social contra a violencia machista é imprescindible para acabar de forma definitiva con esta lacra, por isto, facemos un chamamento a todas as organizacións e persoas comprometidas e implicadas a participar no acto de denuncia en torno a este día, a recoñecer a responsabilidade que temos as institucións e o conxunto da sociedade no mantemento desta realidade e a visibilizar e recoñecer a todas as mulleres que están nesta situación, evitando sempre a súa revitimización.
Esta situación é insostible para calquera sociedade que se considere democrática, pois estamos a falar do máis elemental dos dereitos humanos, o dereito á vida.