Ir o contido principal

🌊🎧 CONTOS DO MAR DUMBRÍA

🌊🎧 CONTOS DO MAR DUMBRÍA

Fecha:

13 / 06 / 2024

Categorías:

Cultura
Cultura
Eventos culturais
Territorio Vákner

Etiquetas:

audioguía
audioguía ficcionada
ézaro
contos do mar
Costa da Morte
Dumbría
mar
muller
oézaro
patrimonio inmaterial
turismo

A mañá do sábado 8 de xuño, celebrouse no Ézaro a presentación da audioguía ficcionada de Dumbría enmarcada dentro do proxecto Contos do Mar.

En dita presentación participaron o alcalde do Concello de Dumbría, Raúl González, a deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís Soledad Agra, a técnica de Turismo do Concello de Dumbría Ada González, a actriz do Grupo Chévere Patricia de Lorenzo, a Concelleira de Turismo e Cultura do Concello de Dumbría María Lema e as participantes dos Contos do Mar do Ézaro: María Genoveva, Alejandro, María Luísa, Joaquín, Manuela, María del Carmen, Celina, Ovidio, Mari Ángeles, Manola, Nieblas, Efigenia e Lupe (en representación de seu pai Julio).

Aproveitouse a presentación para que Isaura, a protagonista da audioguía interpretada por Patricia de Lorenzo, coñecese en persoa ás súas amigas de Dumbría.

Así mesmo, en agradecemento pola súa colaboración e participación no proxecto fíxoselle entrega dunha escultura da Pedra do Brazal e dun diploma a cada unha das protagonistas.

https://www.youtube.com/watch?v=XfuNO5YXKq8&t=9s

Foi a ocasión para que as protagonistas puidesen descubrir a audioguía ficcionada na que se agochan as historias do Ézaro: cando se ía á arte, cando non había ponte e había que cruzar o río nunha barca, cando ían cos cestos de peixe á cabeza para ir vendelos a centos de quilómetros, cando ían cas toradas na cabeza, cando traballaron no túnel de Salto Castrelo, cando se ía a angula, … Moitas historias, moitas delas vividas polas propias protagonistas e outras para lembrar ás que xa non están. Porque cando non se fala dun suceso, este esquécese e pérdese nas vindeiras xeracións… É por isto a importancia de contar con estas mulleres bravas, que algunha xa roza os cen anos.

Un proxecto que quedara aparcado pola pandemia e que volveu recuperarse para poñelo en valor. A idea é que funcione como un desestacionalizador; é dicir, como oferta cultural e turística en tempada baixa tanto para a poboación visitante coma para a local. Un recurso máis para ampliar o abano de opcións a quen desexe coñecer a súa terra, as súas orixes e o patrimonio inmaterial do Ézaro, porque a identidade dun lugar comeza pola súa xente.

📹 VÍDEOS CONTOS DO MAR

#DumbríaéTurismo #PatrimonioInmaterial #ContosdoMar #Dumbría #OÉzaro #AudioguíaFiccionada