PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

ANA ESCUDERO

Miniatura Noticia
Ana Escudero Canosa

ABRIL, MES DOS LIBROS. 2020

Ao longo deste mes de abril, queremos achegarvos a obra de autoras de aquí, de mulleres vencelladas dun ou doutro xeito ao noso concello.

DATOS BIOGRÁFICOS

Ana Escudero Canosa, nada en Barcelona en 1975, de sangue manchego por parte de pai (Ciudad Real) e galego por súa nai, nada en Dumbría, e pertencente á familia coñecida como a de "Marcos".

É en Dumbría onde pasa todas as vacacións de verán, na vella casa dos seus devanceiros, situada en Buxán.

Ana traballa actualmente no departamento de Marketing dunha entidade social. Entre as súas afeccións atópanse a lectura, a escritura e viaxar. Ten unha irmá, Belén, coa que comparte afeccións.

OS LIBROS

Título: Solamente Peter

Autoras: Ana Escudero e Belén Escudero

Editorial: Amazon

Prezo de venda: 10€

ISBN: 978-1492788058


SINOPSE:

Unha débeda e un premio son os detonantes dunha persecución sen tregua. Peter lanzarase a unha viaxe sen descanso vivindo as máis extravagantes e grotescas aventuras mentres o Cobrador segue os seus pasos implacablemente.

Os lectores opinan:

"La historia es fresca, divertida y te engancha a seguir leyendo".

"Lo recomiendo por aquí porque es una lectura que en verdad te hace pasar un buen rato."

"El personaje principal, Peter, cae rápidamente bien al lector por su personalidad y esos toques de humor tan suyos. Me sacó más de una sonrisa porque no para de meterse en líos y también por la forma en que se enfrenta a ellos."


Título: Nunca visites al dentista un lunes

Autoras: Ana Escudero Canosa e Belén Escudero Canosa

Editorial: Amazon

Prezo de venda: 11,95€

ISBN: 978-1987703665


SINOPSE: 

É luns e Peter debe levar ao seu fillo Alexis ao dentista para unha visita de rutina. Unha vez na consulta do odontólogo, o neno desaparece misteriosamente. Peter verase abocado a unha tola busca para atopar ao pequeno antes da noitiña.

Título: Juicio a un alma atormentada

Autora: Ana Escudero

Editorial: Amazon

Prezo de venda: 7,12€

ISBN: 978-1983357541


SINOPSE: 

Lucas esperta nun lugar descoñecido para el. Descobre que está morto e que a súa alma vai ser levada a xuízo para saber onde debe ir. Con todo, as súas boas e malas accións están tan compensadas que terá que levar a cabo unha misión na Terra: axudar a unha moza, cuxa felicidade pende dun fío. Pero, quen é esa moza que lle resulta tan familiar? Logrará Lucas salvar a felicidade da moza ou estará condenada a sufrir mentres viva?

Título: 39 Saltos en el charco

Autores: Varios autores

Editorial: Amazon

Prezo de venda: 15.95€

ISBN: 978-149288058


SINOPSE: 

33 escritores e 20 ilustradores uníronse para escribir e debuxar os 39 contos que compoñen esta marabillosa antoloxía titulada 39 Saltos en el charco, destinada a crianzas de 8 a 12 anos. Son historias sobre animais, nenos, princesas e monstros. Algúns son realistas e outros son máxicos, uns duran máis e outros duran menos, pero en todos eles hai sentimentos e emocións. Adéntrate nestes relatos entrañables, cheos de humanidade e fantasía que ensalzan o valor humano, a superación, a amizade e o amor e vive cos seus protagonistas aventuras en mundos fabulosos.
Os beneficios deste libro solidario para a infancia irán destinados integramente á Fundació Pere Tarrés, unha entidade non lucrativa con máis de 60 anos de existencia, que promove a educación de crianzas e mocidade durante o tempo libre, así coma o voluntariado, a mellora da intervención social e o fortalecemento do tecido asociativo.
Os autores e os ilustradores de 39 Saltos en el charco agradecen a compra e agardan que o lector goce, a través das súas páxinas, duns momentos inolvidables.

Título: Un salto en el recuerdo

Autores: Varios autores

Editorial: Amazon

Prezo de venda: 15€

ISBN: 979-8623449108

SINOPSE: 

Un salto en el recuerdo é unha homenaxe ás lembranzas. É un tributo a quen temos amado e amamos. É unha loanza a aqueles que nos tenden a man cando estamos perdidos.
O Alzheimer é un inimigo que hai que combater e, por esta razón, 42 escritores e 38 ilustradores uniron esforzos e editaron esta antoloxía ca fin de contribuír na busca de recursos para que a nosa identidade non se esfume. Este é un proxecto solidario a beneficio da entidade Alzheimer Catalunya Fundació e consta de dous libros únicos e independentes, un en castelán e outro en catalán, cuxos relatos van acompañados de magníficas ilustracións. Non se trata dunha compilación de relatos tristes. Certamente hai moitos cunha gran carga emotiva e que falan de vivencias nas diferentes fases da enfermidade, pero estas crónicas tamén transmiten esperanza. A través de contos e poesías bailaredes tangos mentres tomades chocolate cos avós, buscaredes o tesouro do castelo de Arlen, regalaranvos rosas amarelas, navegaredes por mares inventados cara a unha Cuba imaxinada, descubriredes que a música é moi poderosa e preguntarédesvos que hai na caixa 28.
Os autores que participan en Un salto en el recuerdo agradécenvos que sexades solidarios e anímanvos a loitar contra o Alzheimer adquirindo un ou os dous volumes conxuntamente, e lémbranvos que se ledes todo é posible.

ENTREVISTA

1. Como xorde a idea de escribir Solamente Peter?

"Este libro lo escribimos entre mi hermana y yo. Fue un paso lógico, ya que las dos escribimos. Lo interesante es la forma. Nos fuimos intercalando frase a frase, sin hablar previamente de la trama de la novela ni de su desarrollo. Fue ir de sorpresa."

2. De que trata a obra Solamente Peter?

"Trata de un joven, Peter, que debe una cantidad de dinero que no tiene intención de pagar. Por suerte consigue un viaje por ser el ladrón número 10.000 de la ciudad. Se piensa que así se ha librado de su perseguidor, el Cobrador… Se convierte en una novela de aventuras extravagantes y llenas de humor."

2. Dende cando escribes? Tes outras publicacións?

"Desde los once años. Tengo otros libros publicados, otro con mi hermana Nunca visites al dentista un lunes, que es la continuación de Solamente Peter. En esta ocasión Peter se ha casado y tiene un hijo, Alexis. Una mañana Peter acompaña a su hijo al dentista y durante la visita el niño desaparece.

Después he publicado en solitario Juicio a un alma atormentada, que es una historia de amor paranormal mezclado con violencia de género. A grandes rasgos, va de un joven que muere y sus acciones han sido tan equilibradas que no se deciden si enviar su alma al cielo o al infierno, por lo que vuelve a la tierra con una misión, ayudar a una chica.

Aparte de esas dos, he de decir que he coordinado dos antologías solidarias.

La primera se titula 39 Saltos en el charco y son relatos para niños a partir de los 8 años. La entidad beneficiaria es la Fundación Pere Tarrés que tiene proyectos solidarios para niños con pocos recursos.

Justo en este abril han salido a la venta dos nuevas antología solidarias, Un salto en el recuerdo y Un salt en el record (esta última en catalán). Son dos libros de relatos para adultos y la entidad beneficiaria es la Alzheimer Catalunya Fundació, que trabaja con enfermos y familiares que sufren esa terrible enfermedad."

3. Que significa para ti poder escribir e chegar a tantas persoas coa lectura e as letras?

"Es una gran satisfacción escribir y que la gente lea mis obras. Me gusta que la gente me conozca a través de mis novelas y que me descubran."

4. A quen admiras como escritor ou escritora?

"Me gusta mucho Andrea Camilleri, su forma de escribir, de expresarse. Después, de aquí admiro a varios autores como Salvador Vega Alarcón, Anna Casamitjana, Adolfo Pascual Mendoza  o Esther Mor;  escritores fuera de los grandes círculos, pero tan buenos como los más mediáticos."

5. Que consellos lle darías aos nosos veciños e veciñas de Dumbría para que leran máis?

"Que lean. Puede que una novela no les guste, pero no por eso deben tirar la toalla. Hay miles de autores y seguro que alguno será de su gusto. También que es bueno utilizar la mente e imaginar las escenas que escribe el autor, es una manera de mantener nuestro cerebro activo."

6. Tes algún libro máis pendente de publicar?

"Sí, varios. Primero, dos de relatos y una novela. Espero poder ponerme en breve."

7. Que libro ou libros estás lendo neste momento?

"El último libro que he leído es Los viajes de Peter Stendhal, de Luis Benagulu."

8. Gústache ler en dixital ou prefires o papel?

"No tengo preferencia, leo en los dos formatos, aunque si el libro es gordo lo prefiero en digital."

9. Que autor ou autora da Costa da Morte che gustaría recomendar?

"Siento decir que no he leído autores de la Costa da Morte, pero os puedo recomendar una autora de Santiago de Compostela llamada Noela Lonxe. Yo la he descubierto este año y me ha encantado."

Redes sociais de Ana Escudero:
BlogFacebookInstagramTwitter,  Web, Youtube

Belén e Ana Escudero Canosa

Non queremos rematar este artigo sen agradecer a Ana a donación de exemplares dos seus libros que fixo para as cinco bibliotecas do Concello de Dumbría.

Están todos ao voso dispor nelas:

Outras entrevistas neste blog a autores e autoras vencellados a Dumbría, ben polo seu nacemento, os seus lazos familiares ou a temática e inspiración da súa obra:

#DumbríaéCultura #AbrilMesDoLibro

LAURA SUÁREZ

Miniatura Noticia
Laura Suárez Fernández

ABRIL, MES DOS LIBROS. 2020

Ao longo deste mes de abril, queremos achegarvos a obra de autoras de aquí, de mulleres vencelladas dun ou doutro xeito ao noso concello.

DATOS BIOGRÁFICOS

Laura Suárez naceu en 1994 e vive en Cee; aínda que naceu en Dumbría, coma toda a súa familia, que son naturais das parroquias dumbriesas de Dumbría, Berdeogas, Olveira e Olveiroa.

É unha autora e ilustradora galega que medrou entre os cómics e os libros ilustrados que lle regalaban seus pais, sendo ese o cemento sobre o cal se construíu a súa paixón pola literatura e o debuxo.

O seu traballo realízase na súa maioría con técnicas mixtas, mesturando ferramentas dixitais con tradicionais, coma gouache ou lapis de cores.

Está especializada en ilustración infantil e cómic.

Publicou os seus traballos con editoriais como XeraisBaula do Grupo  EdelvivesDibbuks ou B de Blok, de  Penguin  Random House, tamén participa ilustrando en revistas como Cocoter e Time Out... entre outros.

Podes ver máis do seu traballo en:

https://www.laurasuarez.org/

https://www.instagram.com/auralez/

O LIBRO

Laura asinando un exemplar de Los Cuentos de la Niebla

Título: Los cuentos de la Niebla

Autora: Laura Suárez

Editorial: ibbuks

Prezo de venda: 18€

ISBN: 978-84-17294-46-5


SINOPSE: 

Unha aldea no norte de España nos anos 30, cando a luz non chegara ás estradas. Unhas lendas  atemporais que enfrontan o  paranormal e o realismo  preguerra. Unha maneira de darlle sentido á escuridade, á morte e á néboa dunha terra esixente. Os contos da néboa son estes que che contaron de pequeno, unha e outra vez, as tardes de choiva e as noites de inverno. Contáronchos a túa avoa, a túa nai ou un veciño, para que te portases ben. Non sabes se crelos, pero cóntanos no teu pobo, no pobo veciño e en toda a rexión... Entón serán verdade, non?

As historias son herdanzas culturais, recibidas a través de familiares da autora, que quixo plasmar cun trazo  torturado e unhas páxinas en branco e negro de atmosfera inquietante.

Laura colleume da man, sentoume aí e contoume cousas sobre a Santa Compaña, sobre o  Vidoiro, sobre campos fríos e xente vestida de negro. (...) son fermosas historias de terror. Non  podo pedir máis.” - Prólogo de Torres

https://www.dibbuks.es/es/catalogo/los-cuentos-de-la-niebla

ENTREVISTA

1. Como xorde a idea de escribir, “Los cuentos de la niebla”?

Todo comezou coa intención de realizar un proxecto persoal, algo que vivira eu de primeira man e sobre todo, que puidera expresalo graficamente.

Un día, cando vivía en Barcelona e estaba paseando co meu pai, comenteille que estaba buscando unha idea para un cómic. Pero o problema era, que cada vez que me enfocaba nun tema e quería poñerme a traballar, non saía nada. Comprendín que non sería todo real e sincero que quería que fose. Quería contar algo que fora meu, que me representara. E así xurdiu o recordo da miña avoa Lola contando historias da súa infancia, a vida daquel entón, os rituais de San Xoán...etc


2. De que trata a obra?

É unha recompilación de catro relatos: o Demo, a Roldiña, o Vidoiro e o Aire.

Todas están recollidas por un micro-relato que fala da relación coa miña avoa. Pero profundando, son historias que unen á Galicia profunda e rural da posguerra coas lendas máis antigas, todas baseadas en feitos reais, algunhas máis que outras.

A idea principal é pasar ao escrito esas historias que nos contan os nosos maiores, pero que pouco a pouco, por vergoña ou paso dos anos, quedan no olvido. Foi unha maneira de contar a historia da miña avoa.

Laura e a súa avoa Lola Moledo, nada en Olveiroa - Dumbría


3. Dende cando escribes? Tes outras publicacións?

Escribindo e pintando levo toda a vida. Xa cando era pequena encantábame escribir as miñas propias historias, para min, debuxalas e preparar os meus propios libros ilustrados e grapalos ou “encolalos” con celo na miña casa. Nunca deixei de intentar ser creativa.

Los cuentos de la niebla” foi a miña primeira obra publicada, pero a súa vez, cun par de semanas de diferencia, saquei un álbum ilustrado coa editorial Baula, do grupo Edelvives, tamén escrito e ilustrado por min, que se titula Una bona amiga (está en catalán).

Esas dúas publicacións foron as primeiras, tamén as que están agora no mercado como autora e ilustradora. A finais do verán do ano pasado, colaborei coa editorial Xerais na colección Merliño, ilustrando un conto da incrible Ledicia Costas, “Conexión macarrón”.

4. Que significa para ti poder escribir e chegar a tantas persoas coa lectura e as letras?

Só con pensar que alguén pode ler o meu traballo xa sinto unha felicidade inmensa, o feito de que chegue e transmita sensacións, sentimentos, ou simplemente faga reflexionar, toca moito. Fai que sexas consciente da importancia da lectura.

Os libros son poderosos, e aprendemos con eles moitísimo máis do que cremos.

5. A quen admiras como escritor ou escritora?

En verdade, admiro a moitos escritores. Teño gustos moi variados, xa que, por exemplo, dous dos meus escritores favoritos son Edgar Allan Poe e Roald Dahl.

Despois tamén me encanta a poesía, coma a de Rosalía de Castro ou Celso Emilio Ferreiro.

6. Que consellos lle darías aos nosos veciños e veciñas de Dumbría para que leran máis?

Poñerse en obxectivo un tema que lles agrade, ao principio pode dar pereza pero despois xa lle collerán o gusto. É simplemente deixar de relacionar a lectura coma algo obrigatorio e relacionalo co ocio e a diversión; que comecen cun tema que lles guste e o libro acabarase en nada e, despois diso, xa verá o seguinte.

7. Tes algún libro máis pendente de publicar?

Xusto agora sairá, antes do verán, unha colaboración que realicei con B de Blok, do grupo Penguin Random House. O libro é unha recompilación de contos tradicionais españois, está escrito por Magela Ronda e eu realicei as ilustracións. Teño moitas ganas de velo impreso xa que foi un proxecto moi divertido e bonito de facer.

Despois do verán, sairá a colaboración que fixen con Moppet Books de California, un álbum ilustrado no que tamén ilustrei o texto dun autor. Gústame moito tamén traballar desta forma, o intercambio de conceptos e ideas enriquece moito.

8. Que libro ou libros estás lendo neste momento?

Agora mesmo estou comezando a ler un libro en inglés que analiza todo o traballo cinematográfico do director Wes Anderson, pero vou pouco a pouco.

Antes estiven lendo “Viva La Dolce Vita” de Maximo Huerta, ilustrado por María Herreros e en cómic, “Amphigorey too”. Este último é unha colección de viñetas dun dos meus debuxantes favoritos, Edward Gorey.

9. Gústache ler en dixital ou prefires en papel?

Papel. Encántame a textura, o movemento das páxinas, como ule… Os libros son como pequenos obxectos de artistas, hai edicións preciosas que son merecedoras de estar en museos.

10. Que autor ou autora da Costa da Morte che gustaría recomendar?

Recomendaría a un clásico que ademais, foi profesora miña, Concha Blanco. Admiro moito a esta autora, dende moi pequena lin os seus libros, xa sexa eu soa, coa miña nai ou coa miña irmá. Creo que foi unha das miñas maiores influencias na miña infancia. Véndoa deime conta que era posíbel ser autora, só había que traballar moi duro. É algo que sempre lle vou agradecer.

Outras entrevistas neste blog a autores e autoras vencellados a Dumbría, ben polo seu nacemento, os seus lazos familiares ou a temática e inspiración da súa obra:

#DumbríaéCultura #AbrilMesDoLibro

RD-LEI 10/2020, 29 marzo, PERMISO RETRIBUÍDO RECUPERABLE PARA TRABALLADORES POR CONTA ALLEA QUE NON PRESTEN SERVIZOS ESENCIAIS

Miniatura Noticia

👥 ÁMBITO SUBXECTIVO DE APLICACIÓN: todos os traballadores por conta allea cuxa actividade non foi paralizada como consecuencia da declaración do estado de alarma (RD 463/2020, 14 marzo).

Excepcións:

  • Traballadores que presten servizos nos sectores cualificados como esenciais no anexo deste RD-Lei.
  • Traballadores que presten servizos nas divisións ou nas liñas de produción cuxa actividade se corresponda cos sectores cualificados como esenciais no anexo deste RD-Lei.
  • Traballadores contratados por empresas que solicitaron ou estean en trámites de aplicar un ERTE e por empresas co ERTE autorizado durante a vixencia do permiso previsto neste RD-Lei.
  • Traballadores que están de baixa por incapacidade temporal ou cuxo contrato estea suspendido por outras causas legalmente previstas (BOE nº87, 29 marzo, Sec. I, Páx. 27631).
  • Traballadores que poidan seguir desempeñando a súa actividade con normalidade mediante teletraballo ou outro tipo de modalidade non presencial de prestación de servizos.

🏠 PERMISO RETRIBUÍDO:

  • Os traballadores que se atopan dentro do ámbito de aplicación do presente RD-Lei gozarán dun permiso retribuído recuperable, de carácter obrigatorio, entre o 30 de marzo e o 9 de abril de 2020, ámbolos dous inclusive.
  • O permiso implicará que os traballadores conservarán o dereito á retribución correspondente ao seu traballo con carácter ordinario, incluíndo o salario base e os complementos salariais.

💪 RECUPERACIÓN DAS HORAS DE TABALLO NON PRESTADAS DURANTE O PERMISO RETRIBUÍDO:

  • Poderase facer efectiva dende o día seguinte á finalización do estado de alarma ata o 31 de decembro de 2020.
  • Esta recuperación deberá negociarse nun período de consultas aberto ao efecto entre a empresa e a representación legal dos traballadores. Terá unha duración máxima de 7 días.
  • A recuperación das horas non poderá supor o incumprimento dos períodos mínimos de descanso diario e semanal previstos na lei e no convenio colectivo, o establecemento dun prazo de preaviso inferior ao recollido no BOE (nº87, 29 marzo, Sec. I, Páx. 27632), nin a superación da xornada máxima anual prevista no convenio colectivo aplicable.

🍊 ACTIVIDADE MÍNIMA INDISPENSABLE: A empresa deberá establecer o número mínimo de persoal ou as quendas de traballo estritamente imprescindibles co fin de manter a actividade indispensable.

📝 ADAPTACIÓN DE ACTIVIDADES: O Ministro de Sanidade poderá modificar ou especificar as actividades que se ven afectadas polo permiso retribuído recuperable previsto neste artigo.

Disposición transitoria primeira – Garantías para a reanudación da actividade empresarial: nos casos que resulte imposible interromper de modo inmediato a actividade, os traballadores poderán prestar servizos o luns 30 de marzo co único propósito de levar a cabo as tarefas imprescindibles para poder facer efectivo o permiso retribuído recuperable sen prexudicar de maneira irremediable a reanudación da actividade empresarial.

Disposición transitoria segunda – Continuidade dos servizos de transporte: traballadores do ámbito do transporte realizando un servizo non incluído neste RD-Lei no momento da súa entrada en vigor, iniciarán o permiso retribuído recuperable unha vez finalizado o servizo en curso.

Disposición adicional primeira – Empregados públicos: O Ministerio de Política Territorial e Función Pública e os competentes nas CC.AA. e Entidades Locais quedan habilitados para ditar instrucións e resolucións necesarias para regular a prestación de servizos dos empregados públicos para manter o funcionamento dos servizos públicos que se consideren esenciais.

Disposición adicional segunda – Persoal con lexislación específica propia.

Disposición adicional terceira – Servizos esenciais na Administración de Xustiza.

Disposición adicional cuarta – Continuación de actividade.

Disposición adicional quinta – Persoal de empresas adxudicatarias de contratos do sector público.

Disposición adicional única – Entrada en vigor: o mesmo día da súa publicación no BOE – 29 marzo 2020.

ANEXO (páxinas 7-8)

+INFO: BOE 29 MARZO 2020

#EuQuedoNaCasa

Axudas a familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor durante a suspensión do servizo

Miniatura Noticia

NORMATIVA

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (DOG no 62 do 30/3/2020) ED601B.

OBXECTO

Establecer unha liña de axudas ás familias do alumnado que posúe a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e na ESO.
O outorgamento das axudas realízase de xeito directo, sen concorrencia competitiva.

IMPORTE DAS AXUDAS

Consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas
adoptadas pola pandemia do COVID-19.
Tendo en conta que o importe máximo do prezo público de comedor ou tarifa se fixa en 4,50 euros por menú e día, e que neste concepto se inclúen no só os custos da materia prima senón tamén os do persoal da consellería,
consumos e mantemento de instalacións, que continúa a aboar, ou, se é o caso, do persoal de empresas alleas, determínase que o prezo máximo para satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de 2,50 €,
nos casos de gratuidade total, e 1,50 € nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer 1 € pola prestación do servizo.

Compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta de Galicia, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días
lectivos. Inclúe tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00.00 do día 12 de abril e que se corresponden con 2 días lectivos de marzo e 3 días lectivos do mes de abril ata o comezo das vacacións de Semana Santa. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma, calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020.
En consecuencia, aínda que se realizarán en dous libramentos, compútase un total de 28 días lectivos para os efectos de cuantificar o importe global dos créditos orzamentarios precisos para atender as compensacións.
O 1o período de libramento corresponderase cos días lectivos afectados pola suspensión da actividade educativa na primeira a e segunda prórroga de emerxencia sanitaria e alarma.
O 2o libramento corresponderase cos días lectivos afectados por unha eventual terceira prórroga, no caso de que finalmente se adoptase tal medida.

BENEFICIARIAS

As familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

Tendo en conta a condición previa de comensal gratuíto ou semigratuíto dun euro, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario especifico que anunciarán ás
familias.
Alternativamente, para o suposto de que non sexa posible obter mecanismos de identificación (FNMT ou Chave365), arbitrarase un sistema de captura das solicitudes nos centros educativos con identificación do solicitante a través de medios electrónicos ou telefónicos. Esta posibilidade anunciarase a través do portal educativo e dos portais dos centros educativos.
A solicitude será única por cada familia e incluirá a totalidade das fillas e dos fillos escolares de ensinanzas obrigatorias, que sexan comensais gratuítos e semigratuítos dun euro no comedor escolar xestionado pola
consellería nun centro de ensino público, identificará o solicitante en nome da familia e o alumnado comensal e conterá información da conta corrente onde realizar o ingreso da compensación.
Habilitaranse os mecanismos de cifrado suficiente para que os datos transmitidos teñan a correcta protección de datos.

PRAZO

Tendo en conta a especial vulnerabilidade do colectivo beneficiario e a inmediatez con que debe de ser atendido, establécese un prazo especial que comezará o 31 de marzo e rematará o 6 de abril ambos os dous incluídos.
O prazo máximo para resolver será de 10 días desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

🏡 CONFINAMENTO EN DUMBRÍA 💪

Miniatura Noticia

ℹ INFORMACIÓN - COVID19

Miniatura Noticia

COMUNICADO DO CONCELLO DE DUMBRÍA

Miniatura Noticia

IMPORTANTE‼

🔴 SE TES ALGÚN DESTE MATERIAL, PONO Á DISPOSICIÓN DO TEU CONCELLO PARA ACHEGARLLO AOS SERVIZOS SANITARIOS.

🖱 Se non o tes, COMPARTE esta publicación para que chegue á xente que si o ten!

☎️981 744 001❗️

RECORDÁMOSVOS QUE DEBEMOS PERMANECER NAS CASAS, SAÍNDO SÓ PARA COUSAS IMPRESCINDIBLES!
O PASEO DE MASCOTAS, TEN QUE LIMITARSE A TEMPOS E DISTANCIAS CURTAS.
NON É O MOMENTO DE REUNIÓNS SOCIAIS. HABEMOS TER TEMPO DESPOIS DE TODO ISTO PARA XUNTARNOS COS VECIÑOS E AMIGOS.
É RESPONSABILIDADE DE TODOS/AS.

🙌 GRAZAS!
#covid19

RD 463/2020 ESTADO DE ALARMA POLA CRISE SANITARIA DO COVID-19

Miniatura Noticia

🚨 ESTADO DE ALARMA.

🇪🇸 TODO O TERRITORIO NACIONAL.

🗓 15 DÍAS naturais.

👨‍⚖ AUTORIDADE COMPETENTE: Goberno, Ministra de Defensa, Ministro de Interior, Ministro de Transportes-Mobilidade-Axenda Urbana e Ministro de Sanidade.

👮‍♂ COLABORACIÓN con: Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Corpos de Policía Autonómicos, Locais e Protección Civil.

XESTIÓN ORDINARIA dos servizos.

🛑 LIMITACIÓN DE LIBERDADE DE CIRCULACIÓN das persoas. Só permitido:

  • 🥖 Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
  • 🏥 Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  • 🧰 Desprazamento ao lugar de traballo.
  • 🏡 Retorno ao lugar de residencia habitual.
  • 👵 Asistencia e coidado de maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  • 🏦 Desprazamento a entidade financeiras e de seguros.
  • ‼ Por causa de forza maior.
  • Calquera outra actividade similar que terá que facerse de maneira individual, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade ou por causa xustificada.
  • ⛽ Reposición en gasolineiras – estacións de servizo.

EN TODO CASO: respectar as recomendacións e obrigas ditadas polas autoridades sanitarias.

Ministro de Interior poderá acordar o peche da circulación de estradas ou tramos por razón de saúde pública, seguridade ou fluidez do tráfico.

Requisas temporais e prestacións persoais obrigatorias.

📚 MEDIDAS  no ÁMBITO EDUCATIVO e da FORMACIÓN: actividade presencial suspendida. No caso se ser posible, manterase a través da modalidade a distancia e on-line.

🛒 MEDIDAS no ÁMBITO do COMERCIO, da CULTURA, do OCIO, da HOSTALERÍA e da RESTAURACIÓN: SUSPÉNDESE a apertura ao público, agás no caso da hostalería e restauración o servizo de entrega a domicilio.

EXCEPCIÓN nos seguintes establecementos:

  • 🧻 ALIMENTACIÓN, BEBIDAS, PRODUTOS e BENS DE 1ª NECESIDADE.
  • 💊 FARMACÉUTICOS, MÉDICOS, OPTICAS E PRODUTOS ORTOPÉDICOS, PRODUTOS HIXIÉNICOS.
  • 💇‍♀ PERRUQUERÍAS.
  • 📰 PRENSA E PAPELERÍA.
  • ⛽ COMBUSTIBLE.
  • 🚬 ESTANCOS.
  • 💽 EQUIPOS TECNOLÓXICOS E TELECOMUNICACIÓNS.
  • 🐈 ALIMENTOS PARA AMINAIS DE COMPAÑÍA.
  • 🖱 COMERCIO POR INTERNET, TELEFÓNICO OU CORRESPONDENCIA.
  • 👔 TINTORERÍAS E LAVANDERÍAS.

PERMANENCIA estritamente a necesaria. PROHIBIDO consumir produtos nos propios establecementos. EVITAR aglomeracións. CONTROL de distancia de seguridade dun mínimo de 1m.

MEDIDAS en LUGARES DE CULTO e CERIMONIAS CIVÍS E RELIXIOSAS: evitar aglomeracións.

👩‍⚕ MEDIDAS para REFORZAR o SISTEMA NACIONAL DE SAÚDE.

😷 MEDIDAS para ASEGURAR o SUMINISTRO DE BENS E SERVIZOS necesarios para a protección da saúde pública.

🚌 MEDIDAS en materia de TRANSPORTE.

🥕 MEDIDAS para GARANTIR o ABASTECEMENTO ALIMENTARIO.

TRÁNSITO ADUANEIRO.

🔌 GARANTÍA de SUMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA, produtos derivados do PETRÓLEO e GAS NATURAL.

Operadores críticos de servizos esenciais.

📺 MEDIOS DE COMUNICACIÓN: obriga de emisión de comunicados das autoridades.

💶 RÉXIME SANCIONADOR.

Disposición Adicional 1ª: persoal estranxeiro acreditado como membro das misións diplomáticas.

Disposición Adicional 2ª: suspensión de prazos procesuais.

Disposición Adicional 3ª: suspensión de prazos administrativos.

Disposición Adicional 4ª: suspensión de prazos de prescrición e caducidade.

Disposición Adicional 5ª: carácter de axente da autoridade dos membros das Forzas Armadas.

Comunicado de Servizos Sociais. Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

Ante a situación que estamos vivindo, o Concello de Dumbría ten unha importante labor que facer: INTENTAR QUE NINGUNHA PERSOA QUEDE DESASTIDA NESTES DÍAS ( medicinas, alimentos, atención médica...).

Se precisas axuda, ou coñeces a alguén que poida precisar axuda, chámanos.

Os teléfonos de atención ao público:

De luns a viernes de 9:00 a 14:00 no 981 44001

Fóra de ese horario no 666 45 06 58

Telefono gratuito de información do coronavirus da Xunta de Galicia  900 400 116

Rogamos difusión e un uso responsable das chamadas.

Propostas para estes días...

Miniatura Noticia

É importante que todos e todas establezamos horarios e rutinas ao longo destes días, tamén coas crianzas (levantarse á mesma hora, adicar un horario a realizar tarefas con elas, almorzo, xantar e cea á mesma hora, tempo para o xogo libre,...).

Aquí vos van algunhas PROPOSTAS PARA LEVAR A CABO NA CASA ESTES DÍAS QUE IMOS COMPARTIR EN FAMILIA COS/COAS MÁIS PEQUENOS/AS:

Nesta situación que estamos a vivir, temos que manter a calma, a tranquilidade e o sentido común. Debemos facer caso das recomendacións de Saúde Pública e quedar na casa.

Vexámolo como unha oportunidade de pasar tempo en familia. Todo ha pasar e ímonos ver pronto.