PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

🌞TRADICIÓN CEBOLAS - DC

Miniatura Noticia

🌞🧅 DIVERCONCO. TRADICIÓN. A RECOLLIDA DAS CEBOLAS

Hoxe no #diverconco amosámosche o proceso da recollida das cebolas.
Unha tarefa ben laboriosa e con moita tradición en todo o concello.
As imaxes son do Ézaro, terra de cebolas, e tamén de "seboleiros". Non é? 😉

https://www.youtube.com/embed/jSnqHI1YXUo

O noso agradecemento por deixarnos gravar o proceso. 

#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #DumbríaéNatureza #DumbríaéTradición #cebolas #Ézaro


💧 PISCINA 2020. ACCESO

Miniatura Noticia

A situación sanitaria provocada pola COVID-19 fai que sexa necesario extremar as precaucións no uso da piscina municipal.

Para acudir polas tardes, é necesario reservar previamente, chamando ese mesmo día de 10:00 a 13:00 h, ao teléfono 687 966 894.

Sen reserva non se permite acceder ao recinto!

Á túa chegada, o persoal do concello comprobará a reserva, indicarache o protocolo de acceso e o lugar que podes ocupar.

É imprescindible cumprir coas normas de uso. Pola túa seguridade e pola dos demais.

Contamos con servizo de socorrismo e procedermos a limpar e desinfectar as instalacións varias veces ao longo da xornada.

#DumbríaXTi #covid19 #piscina

🗺 Ponte Peón -ED

Miniatura Noticia

Hoxe falamos dun dos recunchos máis importantes do Concello de Dumbría a nivel patrimonial e que está agochado nunha excepcional paraxe natural, próxima ao lugar de San Crimenzo.

As obras de ampliación e mellora do salto de Castrelo no Río Xallas comezaron en 1947 coa construción dun canal de 3x4m de sección nun traxecto de 6.800m tendo que salvar once túneles e un viaduto de 20m de altura, coñecido como A Ponte Peón.

https://www.youtube.com/watch?v=qdvLb3gZIxc
Explora Dumbría na Ponte Peón – San Crimenzo & Santa Uxía – Dumbría

As condicións de traballo eran moi malas e moitos dos obreiros enfermaron por silicose, causando moitas mortes aínda despois de finalizada a obra. As parroquias máis afectadas foron as de Buxantes (Dumbría) e Arcos (Mazaricos), rara era a aldea que non tiña algún familiar falecido por esta causa.

Tanto a presa coma o viaduto, de tres piares centrais unidos con arcos de medio punto, foron construídos de cantería por un grupo de canteiros de Ameixenda baixo as ordes do empresario Rosalino alá polo 1950. Os capataces eran José e Joaquín Castro, máis coñecidos como “Os Baiñáns", naturais do Ézaro e que tiñan tal alcume porque súa nai era de Baíñas (Vimianzo).

#Dumbría #DumbríaéTurismo #PontePeón #ExploraDumbría

🌞DEBUXO MÁXICO - DC

Miniatura Noticia

🌞👩‍🔬🧪 DIVERCONCO 11. O DEBUXO MÁXICO.

No #diverconco de hoxe imos facer un debuxo; pero, non un debuxo calquera, un que sexa máxico.

Necesitas:

  • un prato
  • un rotulador de pizarra branca
  • auga
https://www.youtube.com/embed/sB9LyugHmPQ

Animádevos a probar 😉
#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #experimento #debuxomáxico

🌞BOLSA FANTÁSTICA- DC

Miniatura Noticia

🌞👩‍🔬🧪 DIVERCONCO 8. UNHA BOLSA FANTÁSTICA.

Desta vez, o #diverconco tráenos un experimento cunha bolsa case máxica. Pero, ollo, non é maxia, é ciencia.

Necesitas:

  • 1 bolsa de peche hermético
  • auga
  • uns lapis ben afiados
  • 1 barreño, por se a cousa se torce 😅
https://www.youtube.com/embed/P-bU8NDyopQ

Unha actividade divertida (tanto se sae ben, coma se sae mal 😉) e adaptada a tódalas idades.
A máis dun maior seguro que tamén vos serve de entretemento.
A ver se vos gusta 😉
#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #experimento #bolsafantástica 

🌞ARRANXO FLORAL - DC

Miniatura Noticia

DIVERCONCO 4. ARRANXO FLORAL

🌞🌹💐 Hoxe, o #diverconco vai para as persoas adultas; aínda que, se cadra, algún peque tamén se anima... Imos facer un centro de flores. Así lembramos o curso que se desenvolveu este ano nas casas culturais.

https://www.youtube.com/embed/t84J5PYq2iA


A divertirse! 😉

#DumbríaéCultura #Dumbría #flores #arranxofloral

🌞GALO SALTARÍN - DC

Miniatura Noticia

🌞📕 DIVERCONCO 7. O RECUNCHO DAS LETRAS. O GALO SALTARÍN

Hoxe no #diverconco, un #conto. No verán tamén é tempo de ler, de contar historias e de escoitalas.

https://www.youtube.com/embed/W9M49sGXrRQ


A ver se vos gusta 😉

#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #RecunchodasLetras #conto

🌞CONCOTENIS - DC

Miniatura Noticia

🌞👧👦 Hoxe, no #diverconco, imos xogar a un tenis moi especial. Fabricaremos unhas raquetas moi sinxelas e a pelota será un globo.

Precisas:

  • 2 pratos de cartón (ou plástico)
  • 2 paus (tipo xeado)
  • pegamento forte (nós usamos silicona quente)
  • 1 globo
https://www.youtube.com/embed/6FgLR4Q5QbM


A divertirse! 😉

#DumbríaéCultura #Dumbría #xogo #verán #reciclaxe #tenis

🌞Pedra Papel Tesoiras - DC

Miniatura Noticia

🌞📕 DIVERCONCO 6. Pedra, Papel, Tesoiras. Variante

Hoxe, no #diverconco, unha versión diferente do popular xogo de Pedra, papel, tesoiras.

https://www.youtube.com/embed/bCuhCWJJ_NY


A ver se vos gusta 😉

#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #xogo #PedraPapelTesoiras

🗺 Presa da Laxe – ED

Miniatura Noticia

A Presa da Laxe está situada na parroquia de Santiago de Berdeogas, moi preto da aldea de Chaín, aínda que o mellor acceso para chegar a ela é a aldea da Farrapa.

De camiño á presa, accedendo pola Farrapa, atopámonos cun conxunto de seis muíños. O máis grande recibe o nome de Muíño da Laxe, polo que se presume que é o que lle da nome á presa.

Esta presa está no curso do río Alvarellos; o cal nace no monte Cabral e ten aproximadamente uns 9km de longo e uns 350 metros de desnivel. Este río atravesa practicamente toda a parroquia de Berdeogas e vai desembocar ao río Castro.

https://www.youtube.com/watch?v=J_mAHxZVZEw
Explora Dumbría na Presa da Laxe – Berdeogas – Dumbría

Así mesmo, este río tamén e coñecido por ser o que atravesa a Carballeira de Berdeogas, lugar onde se celebra a Festa da Familia. Unha romaría familiar e campestre que, de non ser pola COVID-19, tería lugar este domingo (19 de xullo de 2020).

Estrutúrase en dúas pozas unha máis grande ca outra. Trátase dun lugar moi querido pola xuventude de Berdeogas; o lugar a onde soen ir para aprender a nadar.

#Dumbría #DumbríaéTurismo #PresadaLaxe #Berdeogas #ExploraDumbría