PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

👣Santiago de Berdeogas. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.

Achegámonos ata a igrexa de Santiago de Berdeogas, ao carón dunha preciosa carballeira que vos amosaremos outro día.

https://www.youtube.com/embed/_3LIZn84CVw

#Berdeogas #igrexa #TerritorioVákner

👣Santa Baia de Dumbría. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.

Hoxe toca achegarnos á igrexa de Santa Baia, na capital municipal.

https://www.youtube.com/embed/cNJECnxAf54

A súa celebración é o 10 de decembro

.#SantaBaia #igrexa #TerritorioVákner

🎭ENTROIDO 2021

Miniatura Noticia

Este ano 2021, debido á pandemia que nos está tocando vivir, non podemos celebrar o festival de entroido de Dumbría o domingo, como tocaría. Non imos desfrutar das marabillosas comparsas que, chegadas desde todos os concellos da volta, sempre nos fan pasar unha tarde do máis entretida.

Pero iso non quita que celebremos un entroido ben tradicional nas nosas casas. Porque un cocidiño, unhas filloas, unhas orellas,....teremos que facer, non?

É certo que esta vez non podemos desprazarnos para mercar disfraces, pero podemos volver á maneira tradicional de disfrazarse. Podemos convertirnos en auténticos "entruideiros" con cousas que temos pola casa. Uns farrapos vellos e un pouco de imaxinación poden ser o mellor disfraz do mundo.

Por iso, animámosvos a que vos disfracedes, a que celebredes o entroido cunhas rosquillas caseiras, a que tiredes de imaxinación, e que nos enviedes algunha imaxe do ben que o sabemos pasar en Dumbría.

HISTORIAS DE ENTROIDO_DIVERCONCO:

https://www.youtube.com/embed/TCeV4InH6xU

Este ano a festa é na cociña.

VÍDEOS DIVERCONCO COCIÑA:

https://www.youtube.com/embed/oXLv6WhH2X8
https://www.youtube.com/embed/64cbEhimWeo
https://www.youtube.com/embed/KaMPPNGh0OA

Este ano, facemos os disfraces na casa.

VÍDEOS DIVERCONCO DISFRACES:

https://www.youtube.com/embed/9ddKF80LTmk
https://www.youtube.com/embed/i8C40ftqKro

COMPARSA BUXANTES CALIDADE
Este entroido puxémonos nostálxicos ☺️ Así que recollemos aquí algunhas imaxes da comparsa Buxantes Calidade.

A comparsa de Buxantes constitúese con este nome no entroido de 2005 da man dun grupo de rapaces, rapazas, nais e pais de Buxantes, ó que despois se foron unindo veciños/as doutras parroquias.

Foron moitos os bos momentos que nos deu esta comparsa, tanto no Entroido de Dumbría coma nos doutros concellos da contorna.

Hai que recoñecer que hai moito traballo detrás das comparsas que participan cada ano no concurso. Moito esforzo o que cada un dos seus integrantes e as súas familias fan cada día: ensaios, coreografías, coplas, vestiario, maquillaxe; horas e horas de dedicación para deleitarnos con espectáculos dignos de representarse nos mellores escenarios.

O noso recoñecemento a todas as comparsas que teñen participado no Entroido de Dumbría.

Neste vídeo vai a nosa lembranza a todas elas! *Imaxes cedidas pola comparsa, pertencentes a Jorge Parri, Xurxo Fisterra, La Voz de Galicia, Foto Fuentes, e membros da propia comparsa.

Grazas, sempre, pola vosa participación.

https://www.youtube.com/embed/_PYHUGgwqPo

COMPARSA MUNICIPAL
Domingo de entroido.

Ás cinco da tarde estaríamos xa sentindo as formiguiñas no estómago de camiño ao Conco.
Lembrámonos de todos os nenos, nenas, mozos, mozas, papás e mamás que participan cada ano na comparsa municipal.
Con este vídeo, a nosa lembranza e o noso cariño a todos e todas as que participastes nela durante todos estes anos.
Oxalá o próximo ano poidamos volver á carga.
*Imaxes cedidas por Jorge Parri.

https://www.youtube.com/embed/AhrAq_avkz0

E, para rematar, publicamos algunhas das imaxes que a xente de Dumbría nos amosou do que foi o seu entroido (Polo medio, ata hai un par de receitas portuguesas que preparou unha veciña):

🎄 DIVERCONCO DE NADAL 2020

Miniatura Noticia

Este Nadal vai ser atípico, distinto aos anteriores, debido á situación de pandemia que está a vivir o mundo.

Pero non por iso vai ser menos Nadal. Así que imos recibilo como se merece. Nestes días, nos que os rapaces e rapazas desfrutan as súas vacacións do colexio, e nos que imos pasar máis tempo na casa ca en anos anteriores, imos ir amosándovos vídeos con sinxelas manualidades, receitas de cociña e contacontos, feitos polo departamento de Cultura do Concello. Agardamos que vos gusten e que vos sirvan para entretervos un chisquiño.

Xuntámolos aquí todos para que lle poidades dar un vistazo.

Boas Festas e Feliz 2021! Moita saúde para todos e todas!

  1. O conto do Reno Xacinto
https://www.youtube.com/embed/C4nV9QZ-CLY

2. Centro de Nadal

https://www.youtube.com/embed/GQo_vqRVjxI

3. Bolsa sensorial

https://www.youtube.com/embed/aXNBWG3Fi18

4. Reno sorprendente

https://www.youtube.com/embed/wfg3f3Gk0Yo

5. Árbore de Nadal. Cociña

https://www.youtube.com/embed/h8r6wjWZoGE

6. Gardapano

https://www.youtube.com/embed/ilxQgHWUXOY

7. Centro de Nadal cun rachón

https://www.youtube.com/embed/qRMz6fhFfws

8. Postal de Nadal

https://www.youtube.com/embed/EWHWJiYRcs8

9. Bonecos de lá

https://www.youtube.com/embed/FGjDYiEyxwc

10. Estrela fugaz

https://www.youtube.com/embed/-zZOMntAxr4

11. Piña de cacao

https://www.youtube.com/embed/FmoYdWLnDkI

12. Coroa de Nadal con bombóns

https://www.youtube.com/embed/C4nV9QZ-CLY

13. Piña decorada

https://www.youtube.com/embed/bnQxgEMGUsA

14. Folerpa

https://www.youtube.com/embed/TZh2qjssXh0

"Un lord enamomado" Noelle Cass

Miniatura Noticia

Un Lord enamorado é a nova novela que vén de publicar a dumbriesa Noelia Castro Lourido (Anseán, Buxantes, 1979).

Esta vez publica baixo o seudónimo de Noelle Cass, pero o seu estilo narrativo non mudou. Segue decantándose pola novela romántica histórica, que guiou os seus libros anteriores.

Nesta terceira novela, Noelia cóntanos a historia de amor xurdida entre Lord Devon St. Claire, un cotizado solteiro de vida libertina, que, contra todo pronóstico, se namora da encantadora Eve McPherson.

Esta é unha obra que, en palabras da autora, vai emocionar aos lectores, xa que non é unha historia típica.

O libro xa está á venda a través da plataforma Amazon, tanto en formato electrónico coma impreso en papel.

Fonte da imaxe: Amazon

Título: Un Lord Enamorado

Autor: Noelle Cass

Editorial: Romantic Ediciones

ISBN: 978-84-17474-86-7

Lingua: castelán

Prezo: 15€ (tapa branda), ou 2,84 € (versión Kindle)

Sinopse:

Lord Devon St. Claire es uno de los hombres más cotizados en el mercado matrimonial, y de seguro las matronas llorarán al saber que el esquivo lord se ha enamorado. Quien iba a decir que el mayor libertino de Londres acabaría enamorándose y nada más y nada menos que de la encantadora Eve McPherson. Eve ha sido la mujer que ha conquistado el corazón del esquivo lord, pero ella intuye que está a punto de entregarse a un hombre que ha sufrido demasiado en el pasado. Quizás un trágico suceso les hará ver lo fuerte que puede ser su amor. Si te gusta el romance histórico no te pierdas esta maravillosa novela de Noelle Cass.

Romantic Ediciones vai ser quen publique as seguintes dúas novelas de Noelia, que xa están rematadas.

Pero a creatividade desta buxanteira non para aí e xa anda inmersa na que fará a número seis.

Podes coñecer un pouco máis de Noelia nesta entrevista que publicamos fai un tempo neste blog:

I CERTAME CONTOS DO VÁKNER

Miniatura Noticia

✏️✒️𝐂𝐞𝐫𝐭𝐚𝐦𝐞 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐬𝐨𝐛𝐫𝐞 𝐨 𝐕𝐚́𝐤𝐧𝐞𝐫

O Concello de Dumbría  patrocina a primeira edición do certame de contos de terror cuxo protagonista será o Vákner.

Este certame vai dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos concellos polos que discorre o #Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.

Coincidindo coa celebración do #Samaín e ás portas do #Xacobeo2021, La Voz de Galicia e Radio Voz impulsan este certame, que acollerá contos dun máximo de 1.500 caracteres.

Cada colexio deberá remitir os textos antes do 15 de novembro á delegación de Carballo de La Voz de Galicia (Gran Vía, 84, 1.º esquerda), ou ben envialos ao correo electrónico eventos.carballo@lavoz.es.

Certame promovido coa colaboración dos concellos do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía: Ames, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Negreira, Santa Comba e Santiago de Compostela.

#Vákner #contos #Ames #Cee #Corcubión #Dumbría #Fisterra #Mazaricos #Muxía #Negreira #SantaComba #santiagodecompostela

Érica Domínguez Pais

Miniatura Noticia

OUTUBRO 2020

DATOS BIOGRÁFICOS

Érica Domínguez Pais naceu no lugar de Hospital, parroquia de Dumbría, en 2001.

Despois da súa etapa de escolarización en Infantil e Primaria no CEIP Santa Eulalia de Dumbría, continuou os estudos de Secundaria no IES Agra de Raíces.

Na actualidade é estudante do grao de Mestra de Educación Primaria na Universidade de Santiago de Compostela.

O seu interese pola lectura e a súa necesidade de expresarse levouna agora a escribir e publicar "Reflexións Confinadas".

O LIBRO

Reflexións Confinadas

Título: Reflexións confinadas

Autora: Érica Domínguez Pais

Editorial: Círculo Rojo

Prezo de venda: 20€ (inclúe marcapáxinas de regalo)

ISBN: 978-84-1374-114-7


Para mercalo, podedes contactar coa autora a través dos seguintes medios:

SINOPSE:

A nova realidade por mor da crise do COVID – 19, xunto co futuro incerto que acompaña, fai que se barallen moitas opcións na nosa vida diaria. Respecto ao concepto de confinamento, este fai referencia a unha restrición, xa sexa voluntaria ou obrigatoria, do desprazamento das persoas que estiveron expostas a un contaxio e que, posiblemente se atopen ante un situación de contaxio. Durante este tempo, permanecemos nun lugar determinado ata que pase o transcurso de incubación da enfermidade, durante o cal, se debe garantir a asistencia médica, axuda psicolóxica, refuxio e alimento. E agora a cuestión, aprendemos algo durante o período que está durando esta pandemia? Mellorariamos nun futuro ou simplemente nos limitariamos a volver cometer os mesmos erros?

ENTREVISTA

1. Como xorde a idea de escribir Reflexións Confinadas?

"Escribir un relato moderno é unha tarefa minuciosa que require de traballo e de esforzo, pero iso si, é un labor gratificante que permite manifestar as ideas que se me pasan pola cabeza, dándome a opción de expoñerllas aos lectores e ás lectoras. A idea xorde debido a necesidade deixar transcendencia sobre certos aspectos relacionados coa situación que nos toca vivir. A comunicación é unha necesidade biolóxica da humanidade, por iso, dende que nacemos temos o desexo de realizar esa acción e, a medida que nos desenvolvemos, limitamos moito máis a súa expresión. É por este motivo que escribir se converte nun “deixarse levar” que conseguiu que cumprise un dos meus soños. Antes estas circunstancias entendín que escribir por pracer fai que se lle dea sentido ás palabras, aquelas que enfían frases y que constrúen historias, xa que son as inquietudes persoais as que me levaron a plasmar pensamentos sobre o papel"

2. De que trata a obra Reflexións Confinadas?

"Sen dúbida, a obra trata sobre a historia da pandemia que paralizou todas as nosas vidas. En decembro do 2019, produciuse un brote de pneumonía de causa descoñecida en Wuhan, provincia de Hubei, en China;  que, segundo se informou máis tarde, afectou aproximadamente a 60 persoas o 20 dese mes.  Segundo o centro chinés para o control e a prevención de enfermidades, o 29 de decembro, un hospital de Wuhan ingresou a 4 persoas con pneumonía que traballaban nun mercado desa cidade.  O hospital informou a un equipo técnico da cidade e iniciou unha investigación.  Este atopou máis casos relacionados co mercado e o 30 de decembro as autoridades sanitarias de Wuhan informaron dos casos para obter mostras destes pacientes.  O 31 de decembro, a 27 persoas diagnosticáronlles unha pneumonía de causa descoñecida, con 7 en estado crítico. A maioría destes casos eran traballadores do mencionado mercado. O 7 de xaneiro de 2020, os científicos chineses illaran o virus que causara a enfermidade e realizaron unha secuenciación do xenoma.  O 12 de xaneiro de 2020, as autoridades chinesas confirmaran a existencia de 41 persoas infectadas co novo virus, que comezaron a sentir síntomas que incluían febre, malestar , tose seca, falta de aire e insuficiencia respiratoria. Aínda que este é o asunto que nos confirmaron os medios de comunicación, o libro busca unha síntese máis fonda e persoal, coa finalidade de dar resposta ás cuestións que en numerosas ocasións nos pasaron pola mente."

2. Dende cando escribes? Tes outras publicacións?

"Fai relativamente pouco tempo que escribo, porque comecei a practicar a escritura cando comecei a carreira que estou cursando. Non obstante, a realidade é que, na actualidade, escribo máis que nunca, case de forma compulsiva, tratando de rexistrar todas as vivencias, ideas e sentimentos que se me xuntan en cada un dos meus días. Téñolle medo ao esquecemento, e por iso me esforzo en deixar todo por escrito. En canto á segunda pregunta, aínda non teño outras publicacións, xa que a maior parte desas reflexións son aínda borradores que non decidín compartir, porque tampouco é preciso publicar todo o que se faga, e entender dita perspectiva, tamén é bo. O certo é que o abandono da escritura non é unha escusa nin ten perdón, pero moitas veces, a falta de produción escrita débese a novos descubrimentos que dan vida, é iso, tamén é moi necesario."

3. Que significa para ti poder escribir e chegar a tantas persoas coa lectura e as letras?

"Para min poder escribir e chegar a tantas persoas significa esquecerme do medo a non volver sentirme libre. A liberdade é un amplo valor que se atopa entre os valores sociais, humanos, relixiosos e democráticos. Por iso forma parte de varias áreas de estudo e análise e é tan importante apoiar, asegurar e limitar a liberdade de cada persoa, que por esta razón forma parte dos dereitos humanos que son inalienables. Sentirse libre forma parte da natureza humana, máis alá da ausencia de liberdade absoluta, xa que as persoas están condicionadas polas súas propias capacidades e polo medio ambiente. Concluíndo, a escritura é capaz de facer que atope o meu sitio e loita por facerme sentir comprendida."

4. A quen admiras como escritor ou escritora?

"Simone de Beauvoir, Concepción Arenal e Clara Campoamor foron e serán as miñas representantes da escritura feminina. Non obstante tamén me estou familiarizando con outras autoras e autores, como é o caso de Nuria Varela, Bridget Christie, Mercedes D´Alessandro ou Deborah Cameron. Xa no ámbito da educación, poño o meu foco de atención en César Bona, Jorge Marín, Augusto Iyanga ou Jaume Carbonell."

5. Que consellos lle darías aos nosos veciños e veciñas de Dumbría para que leran máis?

"A lectura inflúe na mente e na vida de moitos xeitos.  Ademais, a nivel fisiolóxico, demostrouse que a lectura activa é capaz de aumentar a conectividade das súas neuronas. Mentres tanto, a nivel emocional aumenta a nosa capacidade para simular o estado mental doutros e sentir máis empatía e comprensión polos demais. Hai moitos beneficios para o hábito de ler, e podería describir un sen fin deles, pero o mellor consello que lles daría ás veciñas e ós veciños é que ler permite vivir novas experiencias, xa que é capaz de sentir emocións que quizais tardaría décadas en descubrir e axuda a sentir empatía polos personaxes cos que te identificas ao longo do  narración.  Pero, ademais diso, a literatura é en si mesma un gran simulador de realidade. É como unha máquina do tempo que de súpeto leva a diferentes situacións e tempos coas súas características e personaxes particulares.  Isto axúdanos a ser máis amables co resto porque nos ensina a ver o mundo dende outra perspectiva, tendo en conta as consecuencias das nosas accións. Tamén nos mostra a sinxeleza de virtudes como a bondade, a xenerosidade e a simpatía."

6. Tes algún libro máis pendente de publicar?
Hai ideas novas rondando xa na túa mente?

"Unha resposta bastante curta para estas preguntas, porque ben é verdade que aínda non decidín se volverei publicar ou non. O que si que hai son ideas, dúas delas relacionadas co movemento reformador das mulleres e a última centrada na coeducación entre o alumnado."

7. Que libro ou libros estás lendo neste momento?

"Neste momento estou lendo dous libros. O primeiro é “Maldita feminista: hacia un nuevo paradigma sobre la igualdad de sexos”, escrito por Loola Pérez, e o segundo leva como título “¿Para qué servimos los pedagogos?: El valor de la educación, con Miguel Ángel Santos Guerra como autor."

8. Gústache ler en dixital ou prefires o papel?

"Sen pensalo dúas veces, eu prefiro ler en papel, porque é máis fácil aprender lendo textos en papel que aprender lendo textos nunha pantalla.  A causa son as dificultades no seguimento metacognitivo, que provocan unha maior sobreestimación do nivel de aprendizaxe, levando a unha insuficiente asignación de esforzo cognitivo.  En resumo, ler en medios dixitais lévanos a pensar que é máis fácil do que parece e atribuímoslle menos recursos dos que realmente precisamos, pero realmente, o medio dixital non favorece a un tratamento da información, porque, dende o meu punto de vista afecta negativamente á lectura e aprendizaxe.  Quizais o uso de medios dixitais para interaccións rápidas e precipitadas nos leve a repetilo cando lemos, pero a cousa non se queda aí, debido a que, tomar notas a man é máis eficiente que tomalas cun ordenador. As notas manuscritas adoitan ser máis elaboradas e estes resultados teñen importantes consecuencias para a educación. Introducir o uso abusivo das tecnoloxía dixital pode reducir ou dificultar a aprendizaxe. Quizais antes de optar directamente pola tecnoloxía, debido aos seus beneficios, deberiamos coñecer os efectos negativos para avaliar mellor os cambios, e optar deste xeito, polo uso dos materiais en papel."

9. Que autor ou autora da Costa da Morte che gustaría recomendar?

"Recomendaría a Concha Blanco, María Canosa, Rafa Vilar e Estevo Creus, aínda que seguro que me quedan moitas escritoras e escritores por aconsellar e por descubrir."

#DumbríaéCultura #DíadaBiblioteca

Ler Conta Moito 2020

Miniatura Noticia

As bibliotecas do Concello de Dumbría acolleron ao longo deste último mes varias actividades de animación enmarcadas no Programa Ler Conta Moito, da Consellería de Cultura e Turismo, e dirixido á dinamización das bibliotecas pertencentes á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Debido á excepcional situación que estamos vivindo a causa da COVID-19, as condicións nas que se desenvolveron foron ben distintas ao que estamos acostumados. Máscara, distancia social, ...

Por isto, temos que agradecer a todos os/as profesionais que visitaron as nosas bibliotecas e moi especialmente que nos permitisen a retransmisión en directo das súas actuacións a través das redes sociais do Concello. Os directos en Facebook e Instagram tiveron moito seguimento por parte da veciñanza.

Na ALM de Berdeogas, estiveron o Mago Teto, xunto con 4500 anos da incrible historia da Maxia, e Brais das Hortas, que nos achegou uns Contos para caghar patatillas.

Na BPM do Ézaro, os encargados de animar as tardes foron o Mago Pedro Bugarín, con Nova maxia para todxs, e Pavís Pavós, que nos achegaron as Historias da Marquesa.

En Olveira, pasaron pola ALM o Mago Albert, que ten moito conto, e Pinconús Teatro, que nos achegou á biblioteca de Don Basilio.

Na ALM de Buxantes, Pedro Brandariz achegounos moitos Contos de Michos, e Larraitz Urrusola fíxonos partícipes da súa Festa dos monicreques.

Tamén en Dumbría se levaron a cabo actividades ben entretidas. Co Ilusionista Mago Marco aprendemos Maxia. Coñecemos os Ovos de Conto, da man de Pedras. Artesanía e Patrimonio. E tamén nos adentramos no mundo da stop-motion da man de Minia, de Gargallando.

#Dumbría #BibliotecasdeDumbría #lercontamoito #bibliotecas #DumbríaéCultura

DENDE DUMBRÍA ATA MAUTHAUSEN

Miniatura Noticia

En 2006, no primeiro ano de conmemoración do Día Internacional das Vítimas do Holocausto, o Concello de Dumbría celebrou un acto na Casa Cultural de Berdeogas na que se homenaxeaba a figura de Máximo Ingilde Maceiras (natural de Olveiroa), heroe da Resistencia francesa na loita contra os alemáns; así coma as dos veciños de Dumbría dos que tiñamos constancia que faleceran nos campos de exterminio nazi, Silvestre Alvite Miranda (de Regoelle), Manuel Piñeiro Agulleiro (de Alvarellos) e o propio Manuel Rodríguez Louro (do Ézaro).

O domingo 13 de setembro a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica - ARMH organiza no Ézaro un acto de homenaxe a Manuel Rodríguez Louro, Marrolas, nacido no Ézaro en 1916. Ás 11:00 h, no Edificio Bitácora presentarase o libro "Manuel Rodríguez Louro. Do Monte Pindo a Mauthausen", obra de Francisco Fernández Naval. Ás 12:00 h, na Casa de Pedra, CIR Monte Pindo, descubrirase unha placa na súa honra.

Manuel era mariñeiro. Na primavera de 1937 fuxiu con outros moitos mozos ao monte Pindo. Escapou por mar e chegou a Bristol no mes de outubro. De alí é deportado á España republicana, entrando en Cataluña dende Francia. Despois da derrota das tropas republicanas, cruza a Francia, onde foi mobilizado nos batallóns de traballo do exército francés. Trala derrota de Francia e a ocupación alemá, foi deportado ao campo de exterminio de Mauthausen, onde, como di Luis Lamela no artigo ligado máis abaixo, foi escravizado ata a extenuación.

Acto de homenaxe a Manuel Rodríguez Louro, veciño do Ézaro deportado ao campo de concentración de Mauthausen.

📆 DOMINGO 13 SETEMBRO DE 2020

📌Edificio Bitácora. Ézaro ⏰11:00 h

📌Casa de Pedra. CIR Monte Pindo. Ézaro ⏰12:00 h

❗️AFORO LIMITADO como medida de precaución ante a covid19

+ info: Deixámosvos ligazóns a artigos da Voz de Galicia, falando da historia de vida destes veciños:

👉 El exterminio nazi en los vecinos de la Costa da Morte. Luis Lamela: https://bit.ly/3i8Au8v

👉 Los caídos en Mauthaysen: Manuel Rodríguez Louro, de O Ézaro. Luis Lamela: https://bit.ly/2ZbLhY4

👉 Los caídos en Mauthausen: Manuel Piñeiro, de Berdeogas. Luis Lamela: https://bit.ly/35d47SL

👉 Los fallecidos en Mauthausen. Silvestre Alvite Miranda, de Olveira. Luis Lamela: https://bit.ly/2R1jAgj

👉 Un dumbriés puso contra las cuerdas a los nazis en Francia. Máximo Ingilde Maceiras. E.E: https://bit.ly/3h4x0mf