PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

FESTA DA PRAIA 2023 · XXXVIª edición

Miniatura Noticia

📆 5 e 6 de agosto 2023

Dous días cheos de actividades para nenos e maiores.

Un sinfín de xogos, obradoiros, carreiras de obstáculos (OCR), música con Tanto Nos Ten e as actuacións do Pallaso Piter e do Mago Teto, cun espectáculo que mestura maxia e o mellor do rock, no Ézaro, Dumbría.

E o domingo Gran Sardiñada popular!!! E a actuación do Grupo Alkar!!!

#DumbríaéCultura #DumbríaéDeporte #Dumbría #Ézaro #festapraiaézaro2023 #RedeCultural2023

FESTA DA FAMILIA 2023

Miniatura Noticia

Estimadas veciñas e veciños:

O vindeiro 30 de xullo, na Carballeira de Berdeogas, temos a cita máis esperada do ano, onde nos xuntamos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA.

Esta gran festa é a máis querida e importante, xa que nos xunta a todos os veciños baixo a nosa Carballeira de Berdeogas.

Este ano vai ser moi especial para min, xa que me inicio como representante desta gran familia que levo no corazón. Espero que sexa para todos vós igual de especial xa que as ganas de compartir esta gran romaría familiar, onde todo o mundo é benvido, é o noso sinal de de identidade.

Dumbría, unha gran familia.

Un saúdo e boa festa a todos.

Raúl González Lado

Alcalde de Dumbría.

PROGRAMA
> SESIÓN VERMÚ: Orquestra SOLARA
> XOGOS INFANTÍS
> XANTAR NA CARBALLEIRA
> PULPERÍA ALEJANDRA SALINAS na que se poderán comprar diversas racións: pulpo á feira, churrasco, criollos, polo á brasa,...

ACTUACIÓNS
> GAITEIROS DE BUXANTES
> CHARANGA O RUMBO
> GAITEIROS FLOR DO TOXO
> A partir das 18:00 horas: orquestras SAUDADE e SOLARA

No concello non se dispensarán tickets, SÓ SE RESERVARÁ A MESA. 
Poderase reservar mesa nas oficinas municipais, antes do 27 de xullo.

FESTA INFANTIL FIN DE CURSO 2023

Miniatura Noticia

📆Xoves 22 de xuño, na praia do Ézaro, de 11:00 a 17:00 h

📝Inscrición: entregar autorización, antes do 19 de xuño, nas Casas Culturais ou oficinas municipais

👧👦Nenas e nenos do concello, a partir dos 4 anos

Haberá xogos, obradoiros e actividades na praia

E tamén a actuación: Duelirium. Voadores Circus Air. (Rede Cultural da Deputación)

Haberá servizo de transporte

+ info Concello: 981 744 001

DESCARGA A AUTORIZACIÓN AQUÍ:

#Dumbría #DumbríaéCultura #DumbríaéDeporte #RedeCulturalDeputacióndaCoruña

ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2023

Miniatura Noticia

☀️🏊‍♀️ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2023

Aberto o prazo de solicitude para participar nas actividades estivais, que terán como base as instalacións do Conco.

PREINSCRICIÓNS ata o 23 de xuño, cubrindo o formulario: https://acortar.link/VZDRoy

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo

PRAZAS LIMITADAS!

𝐒𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐢𝐬𝐚𝐬 𝐚𝐱𝐮𝐝𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐨 𝐜𝐮𝐞𝐬𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫𝐢𝐨, 𝐚𝐜𝐡𝐞́𝐠𝐚𝐭𝐞 𝐚́ 𝐭𝐮́𝐚 𝐜𝐚𝐬𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐩𝐨𝐥𝐚𝐬 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞𝐬.

+ info Concello: 📞 981 744 001

DESCARGA DA AUTORIZACIÓN E DAS NORMAS DE USO DAS ACTIVIDADES (só para crianzas que fosen notificadas da súa admisión nas mesmas)

#Dumbría#DumbríaéCultura#DumbríaéDeporte

CERTAME LITERARIO TERRITORIO VÁKNER 2023

Miniatura Noticia

O certame literario TERRITORIO VÁKNER ten 2 𝐦𝐨𝐝𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬⤵

🐺✍️👨 𝗜𝗜 𝗘𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗥𝗘𝗟𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗠𝗜𝗦𝗧𝗘𝗥𝗜𝗢 𝗡𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢

  • 𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀: maiores de 16 anos.
  • 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀/𝗲𝗻𝘃𝗶́𝗼 𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼𝘀: a̲t̲a̲ o̲ 2̲0̲ d̲e̲ m̲a̲i̲o̲ á Delegación de La Voz de Galicia, rúa Gran Vía, 84, 1º, 15100, Carballo.
  • 𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀:
    • 🥇 1º premio: 2.000€
    • 🥈 2º premio: 1.000€
    • 🎁 3 primeiros: premios en produtos/servizos do Camiño de Fisterra e Muxía.
    • 📜 10 primeiros: diploma e peza distintiva.
  • 𝗕𝗮𝘀𝗲𝘀 RELATOS DE MISTERIO NO CAMIÑO

🐺✍️🚸 𝗜𝗜𝗜 𝗘𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗖𝗢𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗠𝗜𝗦𝗧𝗘𝗥𝗜𝗢 𝗡𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢

  • 𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀: 2 categorías⤵
    • 🎒 Alumnado de 5º e 6º de primaria dos colexios polos que transcorre o Camiño de Fisterra e Muxía.
    • 📁 Alumnado na ESO dos colexios polos que transcorre o Camiño de Fisterra e Muxía.
  • 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀/𝗲𝗻𝘃𝗶́𝗼 𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼𝘀: a̲t̲a̲ o̲ 2̲0̲ d̲e̲ m̲a̲i̲o̲ a eventos.carballo@lavoz.es
  • 𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀:
    • 🥇 750€ para o colexio ao que pertenza a persoa gañadora de cada categoría.
    • 🎁 3 primeiros: premios.
    • 📜 Demais seleccionados: diplomas.
  • 𝗕𝗮𝘀𝗲𝘀 CONTOS DE MISTERIO NO CAMIÑO

#DumbríaéCultura #TerritorioVákner #Vákner #certameliterario

📖✨ 𝗔𝗕𝗥𝗜𝗟 𝗗𝗘 𝗟𝗜𝗕𝗥𝗢𝗦

Miniatura Noticia

Contacontos, títeres, maxia, ciencia, manualidades... Un bo feixe de actividades culturais para gozar das Casas de Cultura do Concello de Dumbría e celebrar xuntos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.

😮 Sabías que o ano pasado entraron preto dun milleiro de exemplares de libros novos nas nosas bibliotecas? Pois están a túa disposición!

PROGRAMACIÓN ABRIL DE LIBROS nas CASAS DE CULTURA do Concello de Dumbría⤵

🎶VENRES 14 · 18h · DUMBRÍA · A IGUALDADE NON TEN IDADE · Luis Vallecillo

🔥SÁBADO 15 · 18h · BERDEOGAS · LUUUME! · Andrea Freire

🪄VENRES 21 · 18h · OLVEIRA · OBRADOIRO PARA MEIGAS E BRUXOS · Jose Rivera

🧪SÁBADO 22 · 18h · BUXANTES · OBRADOIRO CIENTÍFICO PARA PEQUENOS HEROES · Héroes para la ciencia

🗞 VENRES 28 · 18h · O ÉZARO · PAPELARTE · Pedras de Papel

#DumbríaéCultura #LerContaMoito

Fervenza do Ézaro

Miniatura Noticia

Webcam Fervenza do Ézaro en STREAMING!

Existe un lugar onde o río se funde co Océano Atlántico, un lugar de lendas, un lugar máxico onde o río se convirte en fervenza para abrazar así a auga salgada do mar.

río Xallas ou Ézaro determina o carácter do Concello de Dumbría. Atravésao de norte a sur ata desembocar na súa máxima expresión en forma de fervenza directamente sobre o océano; a denominada Fervenza do Ézaro, conformando o único exemplo de desembocadura fluvial deste tipo en Europa.

Antes de converterse en fervenza, o río é retido por catro encorosA Fervenza, A Ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía. Destacan as pías ou caldeiras que se atopan entre o último encoro e a propia fervenza, que son cavidades naturais construídas ao longo dos séculos polo río.  No último tramo do río ten un desnivel de 155 metros e a altura da fervenza é de 40 metros.

Ata mediados do s.XIX, o río Xallas e a súa fervenza coñecíanse como Río Ézaro ou Lézaro. Así se constata nas fontes cartográficas da época. De feito, a primeira referencia cartográfica coa denominación Ézaro aparece na Descrición do Reyno de Galizia (ano 1598).

Dende abril de 2011 a Fervenza do Ézaro está constantemente con agua; as 24 horas do día durante os 365 días do ano.

Un espectáculo que paga a pena ver, unha combinación máxica de auga, natureza, luces de cores e música. A comezos de cada ano, o Concello de Dumbría publica o calendario de iluminación da Fervenza na web municipal, nas redes socias e nos medios de comunicación. Confírmase que durante a Semana Santa de 2023 a Fervenza do Ézaro non vai ter iluminación nocturna.

Así mesmo, dende a web http://www.dumbria.com podes acceder á webcam da Fervenza do Ézaro para poder vela en directo sen moverte da casa!

CONSELLOS:

  • Evitar empregar un navegador ou GPS (nesta zona non axuda, soe recomendar a peor estrada).
  • Se ves da zona de Santiago – Rías Baixas – Ourense. 2 opcións:
    • Estrada de costa: autovía ata Noia, continuar á dereita pola estrada de costa AC-550 dirección Cee, despois de pasar polo pobo do Pindo, xusto despois da ponte hai un cruce á dereita que indica Fervenza do Ézaro.
    • Estrada de interior e costa: estrada AC-441 dirección Negreira – Muxía, en Boudañeira xirar á esquerda dirección Berdeogas, chegados ao cruce coa estrada AC-552 dirección Fisterra – A Coruña xirar á esquerda dirección Fisterra, ao chegar a Cee xirar á esquerda dirección Muros, cara o final do pobo do Ézaro, xusto antes da ponte hai un desvío á esquerda que indica Fervenza do Ézaro.
  • Se ves da zona da Coruña – Lugo:
    • Autopista AG-55 dirección Arteixo – Carballo, continuar pola autovía dirección Fisterra, continuar pola AC-552 dirección Fisterra, chegados a Cee, xirar á esquerda dirección Muros, cara o final do pobo do Ézaro, xusto antes da ponte hai un desvío á esquerda que indica Fervenza do Ézaro.
  • Unha vez chegados á zona do porto deportivo do Ézaro, aparcar na zona adoquinada que vai paralelamente ao longo da estrada, é aparcadoiro. Non na explanada, posto que é zona amarela. Continuar un leve paseo a pé a carón do río, enlazando coa pasarela de madeira ata os pés da Fervenza do Ézaro onde poderás incluso tocar a súa auga.

https://www.google.com/maps/embed?pb=!1m14!1m8!1m3!1d11688.438752828532!2d-9.1163295!3d42.9127276!3m2!1i1024!2i768!4f13.1!3m3!1m2!1s0x0:0x348ea1e9c2ee249c!2sFervenza%20de%20%C3%89zaro!5e0!3m2!1ses!2ses!4v1544716296069

+INFO:

Mail: turismodumbria@gmail.com

Teléfono: 662 346 927 

Facebook:  facebook.com/ConcelloDeDumbria

Twitter: @ConcelloDumbria

#DumbríaéNatureza #DumbríaéTurismo #DumbríaéÚnica

EVENTOS DEPORTIVOS 2023

Miniatura Noticia

Os eventos deportivos converten Dumbría nunha aposta segura para as federacións deportivas, para a celebración de competicións de carácter autonómico e nacional.

#DumbríaéDeporte

CALENDARIO DE FESTAS DO CONCELLO DE DUMBRÍA 2023

Miniatura Noticia

XANEIRO

  • 6 DÍA DE REIS

FEBREIRO

  • 19 ENTROIDO DE DUMBRÍA

MARZO

  • 19 SAN XOSÉ en San Crimenzo e Santa Uxía.

ABRIL

  • 6 XOVES SANTO
  • 7 VENRES SANTO

MAIO

  • 1 TRABALLO
  • 17 LETRAS GALEGAS
  • 29 SANTA LUCÍA de Olveira

XUÑO

  • 24 SAN XOÁN en Olveira e Berdeogas
  • 29 SAN PEDRO en Buxantes

XULLO

  • 25 SANTIAGO APÓSTOLO en Olveiroa e Berdeogas
  • 30 FESTA DA FAMILIA en Berdeogas

AGOSTO

  • 5-6 FESTA DA PRAIA no Ézaro
  • 7* SAN MAMEDE en Salgueiros
  • 15 ASUNCIÓN
  • 26-27 O CARME de Dumbría

SETEMBRO

  • 8* VIRXE DAS NEVES de Buxantes
  • 12 SANTA UXÍA
  • 12-13 NOSA SEÑORA DO MAR no Ézaro

OUTUBRO

  • 12 HISPANIDADE

NOVEMBRO

  • DÍA DE TODOS OS SANTOS
  • 11 SAN MARTIÑO en Olveira
  • 29 SAN SADURNIÑO no Ézaro

DECEMBRO

  • 6 CONSTITUCIÓN
  • 8 INMACULADA CONCEPCIÓN
  • 10 SANTA BAIA en Dumbría
  • 13 SANTA LUCÍA en Berdeogas
  • 25 NADAL
*FESTIVO LOCAIS 2023: 
- 7 Agosto · San Mamede de Salgueiros.
- 8 Setembro · Virxe das Neves de Buxantes.

#DumbríaéPatrimonio #DumbríaéTurismo #Dumbríaestádefesta

ENTROIDO 2023

Miniatura Noticia

📌 No pavillón polideportivo do Conco - Dumbría

📆 Domingo 19 de febreiro

🕔 17:00 h. Concentración de comparsas na praza do concello para iniciar o desfile ata as instalacións do Conco.

Concurso de disfraces individuais e de comparsas.

Para o concurso de comparsas é necesario inscribirse nas oficinas municipais antes das 15:00 h do xoves 16 de febreiro.

As crianzas que veñan disfrazadas terán un pequeno agasallo.

Consulta as BASES

+info: Oficinas Municipais - 981 74 40 01

#DumbríaéCultura #DumbríaéEntroido #TerritorioVákner