PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

Premiados no Entroido de Dumbría 2024

Miniatura Noticia

Entroido de Dumbría 🏅

👏👏👏Parabéns aos gañadores desta edición, e grazas ás 7 comparsas que concursaron, e tamén a comparsa municipal de Dumbría, que aínda que non concursaba axudou a crear o Entroido máis MOLÓN!!!

Primeiro Premio:

🎭Os da Charca de Fisterra

Segundo Premio:

🎭Os Enjominados de Cee

Terceiro Premio:

🎭Os Trotamúsicos de Fisterra

Accésit:

🎭Cansorriño de Camariñas

🎭Os Parrandeiros de Vimianzo e Zas

🎭Sogras de Negreira

🎭O Campo do Bo Rollo de Corcubión

🏅Mellor disfraz individual para A nena con disfraz de aneis de latas de Coca-Cola.

Poder ver fotos do ENTROIDO 2024 no álbum do Facebook Entroido 24

#entroido#carnaval#dumbría#costadamorte#galicia

#DumbríaéEntroido

#DumbríaéCultura

#DumbríaParaTi#entroido2024

Entroido 2024

Miniatura Noticia

🎭Entroido Dumbría 2024

📌 No pavillón polideportivo do Conco - Dumbría

📆 Domingo 11 de febreiro

🕔 17:00 h. Concentración de comparsas na praza do concello para iniciar o desfile ata as instalacións do Conco.

Concurso de disfraces individuais e de comparsas.

Para o concurso de comparsas é necesario inscribirse nas oficinas municipais antes das 15:00 h do xoves 8 de febreiro.

Bases⬇

https://acortar.link/KqkACl

ℹ️ Oficinas Municipais - 981 74 40 01

#Dumbría #DumbríaéCultura #DumbríaéEntroido #TerritorioVákner #entroido

Modesto García Quintáns e Nieves García Centeno

Miniatura Noticia

Decembro de 2023

OS AUTORES:

Datos biográficos

  • No eido profesional, Modesto, sabemos que es enxeñeiro topógrafo e que traballaches no Instituto Xeográfico Nacional. Dumbría tela máis que pateada, recollendo non só datos xeográficos, senón tamén a nivel de toponimia, de lendas, de alcumes, de datos históricos,... Pódese resumir todo iso?
  • Nieves, xornalista, historiadora. Por que esa elección profesional e que camiño, camiños, percorreches para chegar ata hoxe?

O LIBRO:

O libro que nos ocupa, O monte do Pindo ao descuberto: Rutas e Lendas.

Sobre o Monte do Pindo tense escrito moito, pero queda máis por descubrir. Neste libro déixase o Pedregal ao descuberto e cada apartado dá para outro volume, pois se abarcan de maneira sinxela aspectos  como a xeografía e a hidrografía, os ríos e as fontes, os datos da poboación, a historia e lendas, e as rutas que o percorren para chegar á Moa ou a Peñafiel, pasando polos petóns, puntos de interese, covas e refuxios, ríos, muíños, e todos xeorreferenciados con coordenadas UTM. Información inédita en moitos aspectos, como a toponimia do Monte, con máis de 800 topónimos, e todo acompañado por fotografías e un mapa en cor con esas rutas, feito polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN), que é inédito tamén.

  • Como xorde en vós a idea de escribir este libro e como se repartiron as tarefas para sacar adiante esta publicación, como vos organizastes?
  • Imaxinamos o laborioso traballo de campo, de documentación, de recollida e organización de datos que conleva unha publicación deste tipo. Moito tempo investido, non?

SOBRE O EIDO DAS LETRAS:

  • De Modesto coñecemos de preto outras publicacións, sabemos de colaboracións habituais en medios de comunicación,... Algo novo sempre no horizonte, Modesto?
  • En canto a Nieves, como combinas ese binomio entre a historia e o xornalismo? Sabemos da túa afección ás viaxes. Máis alá do desfrute e do enriquecemento persoal, son tamén unha ferramenta máis de traballo?
  • Que libro ou libros estás/estades lendo neste momento?
  • Gústavos ler en dixital ou preferides en papel?
  • Que autor ou autora da Costa da Morte, ou de fóra dela, che gustaría recomendar?

Desde o Concello de Dumbría queremos felicitar a Modesto e Nieves pola publicación deste novo libro e agradecemos que elixisen a súa casa, Dumbría, para facer a súa presentación ao público, así coma que accedesen a esta entrevista para o blog do departamento de Cultura.

Deixamos abaixo a ligazón para acceder á entrevista que nos concedeu, en abril de 2012, Modesto García con motivo da celebración do Día do Libro. Nela falaba da publicación do libro El Ayuntamiento de Dumbría : historia, tradiciones y costumbres (Deputación da Coruña, 2008):

Decembro de 2023

Son natural e veciño de Baio e actualmente residente na Coruña. Fillo de Manuel Pérez Maroño e Mª Teresa Astray Romero, médico e farmacéutica, respectivamente, de Baio.  Estou casado e teño dous fillos, Braulio e Marcos.

A miña infancia transcorreu na vila, etapa da que teño un recordo moi feliz, con moitísimos amigos e moitas aventuras propias de idade. Estudiei a EXB no colexio dos Salesianos na Coruña, e o chamado BUP no colexio Peleteiro, en Santiago. No Instituto Arzebispo Xelmirez, cursei o por entón chamado COU, tamén en Compostela.

O meu paso pola Universidade resúmese cunha licenciatura en Xeografía e Historia pola USC, e o título de doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola UDC, onde acadei ademais o premio extraordinario de doutoramento. Posúo tamén o Diploma de Estudios Avanzados en Economía Aplicada, froito do curso sobre “Integración Europea Políticas Públicas”, dirixido polo catedrático Fernando González Laxe, tamén director da miña Tese. Por último, no plano académico, teño un Máster en Dirección de Recursos Humanos realizado no Centro de Estudios Financieros de Madrid.

Durante todos eses anos de xuventude, complementei estudos e deporte, xa que fun xogador do C.D. Baio desde os 15 ata os 30 anos, levando o brazalete de capitán nos últimos cinco. No mundo do fútbol  fixen innumerables amigos, tanto de Baio como de outras moitas vilas da Costa da Morte, e que por fortuna sigo mantendo. Colguei as botas con 30 anos, xusto cando tiven que marchar a traballar, primeiro en Salamanca e despois en Madrid.         

Os meus inicios profesionais sitúanse a finais dos anos oitenta, con traballos puntuais como becario no IDEGA (Instituto de Estudios Económicos de Galicia), que fun combinando con outras actividades, como por exemplo guía nunha famosa exposición chamada Galicia no Tempo, que tiña como sede permanente o mosteiro de San Martiño Pinario en Compostela.

Polo meu interese nos temas de innovación, que me viña polos estudos e traballos feitos na Facultade sobre a Revolución Industrial, contactei co Grupo EPOC (Evaluación de Políticas Científicas), da Universidade de Salamanca, ao que me incorporei en 1991.

Ao ano seguinte, fun contratado como director do SUMIT (Servicio de las Universidades de Madrid para la Información Tecnológica). Na capital de España estiven ata 1996, momento en que regresei a Galicia para traballar como director do Gallaecia Innovation Relay Center, dependente da FEUGA, en Santiago.

En 1998 pasei á dirección técnica da Fundación Universidade da Coruña, onde sigo na actualidade como Director Adxunto, sendo ademais funcionario da Escala Técnica Superior da Universidade da Coruña, con praza como técnico en I+D e transferencia de tecnoloxía.  

A miña actividade profesional vén estando moi marcada pola participación en numerosos proxectos internacionais, tanto europeos como con outros espazos xeográficos, principalmente da América Latina e o Caribe, centrados na temática das relacións Universidade-Empresa e as estratexias de innovación e política científica e tecnolóxica postas en marcha polas distintas administracións públicas.

Braulio Pérez acaba de sacar á luz o libro Médicos e medicina rural na Costa da Morte: A figura do doutor Manuel Pérez Maroño, editado por Hércules de Ediciones.

O martes 19 de decembro preséntase na Biblioteca do Conco (Dumbría).

Manuel Pérez Maroño foi un deses médicos rurais durante un longo período de máis de coarenta anos, que abarca desde mediada a década dos cincuenta ata 1995, en que se produciu a súa xubilación. No desempeño da profesión é recoñecido coma «un dos médicos rurais máis activos da Costa da Morte durante a segunda metade do pasado século», cun importante «labor de liderado da clase sanitaria da zona» (La Voz Carballo, 2005). Pero sobre todo segue sendo recordado coma un home de ben, próximo e humilde, de fácil trato, accesible a calquera independentemente da súa orixe ou condición, con innumerables e apreciados amigos alá por onde foi. Dotado dunha gran intelixencia, fina ironía e simpatía a esgalla, fixo desfrutar coas súas historias a todos aqueles que as compartían con él. Este libro recolle, a grandes trazos, parte da súa vida e das súas andanzas polos lugares, aldeas y vilas da vella e incomparable Costa da Morte.

O libro é unha homenaxe a meu pai, e xunto a el, a todos os médicos rurais da Costa da Morte, que durante moitos anos, superando tantas e tantas dificultades, foron capaces de atender aos seus pacientes cun trato e unha humanidade insuperable, a pesar das pésimas condicións nas que tiñas que desenvolver o seu traballo.

A idea xa viña de anos atrás, desde o pasamento de meu pai no 2005, tras numerosas conversas con moitas persoas que o coñeceron e foron seus pacientes ou amigos, que me contaban algunhas das súas andanza e anécdotas. Fun dándolle forma no último ano e medio, despois de revisar varias fontes de información e comprobar que tiña a suficiente documentación como para abordar o traballo. Ademais, tendo en conta que  non hai moitas publicacións sobre a figura dos médicos do rural, máis ben o contrario, considerei  necesario tirar cara adiante co libro. Modestamente  espero que  sirva para poñer en valor a estes profesionais da sanidade, heroes silenciosos, como foron chamados. 

A resposta foi moi boa. Moitas persoas lembran aínda a meu pai, e todas teñen algo que contar, sobre todo os máis maiores que foron seus pacientes e acudían a súa consulta na casa de Capelo, ou ben aos que visitaba a domicilio, que foron moitos.

Fixen varias viaxes polas aldeas e lugares do concello, e puiden escoitar de primeira man historias moi emotivas e que me serviron para coñecer cousas sobre el que non sabía. Serviume tamén para recordar aqueles tempos de neno en que o acompañaba, e o esperaba xogando á pelota no adro da igrexa, fronte ao consultorio.

Tamén quero destacar o gran traballo feito polo meu amigo Modesto García Quintáns, bo coñecedor de toda a contorna e os seus paisanos, que me prestou a súa desinteresada colaboración para saber máis historias, algunhas delas quedan reflectidas no libro.

Non podo esquecer o gran interese que mostrou desde o primeiro momento o ex alcalde, José Manuel Pequeño, que lembraba a meu pai xa desde pequeno, cando pasaba consulta no Ézaro, na casa de Bruno, onde a praia, xusto enfronte á súa.

Aproveito a posibilidade que me dades para agradecer tanta colaboración, e por suposto ao Concello de Dumbría pola súa inestimable axuda para que este libro poida publicarse e ver a luz. Agardo que sexa do agrado de toda esta xente.  

As miñas publicacións están sobre todo vinculadas coa miña actividade profesional, no eido da colaboración entre universidades e empresas e as actividades de I+D e innovación. Son autor dun libro titulado: ¿Es posible la transferencia del talento científico al mercado?, así como de varios capítulos en distintos libros escritos en colaboración de outros autores, e tamén artigos en revistas científicas especializadas en economía do cambio técnico. No ámbito da xeografía e da historia, teño escrito varios artigos en xornais galegos sobre a posta en valor do patrimonio histórico da Costa da Morte, entre outros asuntos.  

Pois para min supón unha oportunidade para contar cousas que me interesan desde o punto de vista persoal e profesional, poder expor as miñas inquedanzas e os meus pensamentos e argumentos, e como historiador de formación, analizar as causas e as consecuencias dos feitos e os procesos nos que nos vemos envoltos  ao longo das nosas vidas.  

Con motivo do libro sobre meu pai, estou relendo algunhas publicacións que gardo desde a miña época de estudante da Facultade de Xeografía e Historia, máis en concreto un libro titulado “Historia y Verdad”, de Adam Schaff, un interesante ensaio sobre a obxectividade do coñecemento histórico.    

Prefiro o papel, gústame tocar os libros e o seu cheiro. Sen deixar de recoñecer a necesidade das novas tecnoloxías da información, sería interesante convencer aos máis novos da importancia do formato en papel dos libros, e sobre todo da súa lectura. 

Da Costa da morte teño varios autores preferidos, desde o meu veciño e amigo Xosé María Lema Suárez, e o seu sobriño Chema Rei, ata Luis Lamela, pasando polo poeta Manuel Oliveira –Manolín-, que foi hai anos meu adestrador no C.D. Baio.

Divírtome moito coa lectura das obras do gran autor baiés Labarta Pose, de quen agardamos pronto sexa recoñecido no día das letras galegas.

Seguindo con Baio, son de destacar as publicacións de meu tío avó Francisco Romero Lema, un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, sobre a orixe galega de Colón, ou o vocabulario da terra de Soneira. 

Tamén son moi interesantes as publicacións de Modesto García Quintáns sobre a bisbarra de Dumbría, Mazaricos, etc.

NADAL 2023/24

Miniatura Noticia

🎄NADAL 2023/24🎄

📫Este Nadal a rapazada pode traer as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos ás Casas Culturais e encargarémonos de facérllelas chegar.

·

🎅Do 15 ao 21 de decembro, Papá Noel falará coas nenas e nenos nas clases de informática.

Se o teu neno/a non está asistindo a estas clases, pero queres que Papá Noel contacte con el/ela, chama ao Concello, ou pregunta na túa casa cultural, e xestionámoslle unha cita co Polo Norte.

·

🎨🔑🚪Tamén teremos obradoiros infantís de manualidades e ata unha scape room na biblioteca.

Faranse quendas para que todos/as poidan participar.

·

🎼🎭🎩 Teremos actuacións de maxia, música, teatro, contacontos.

·

🎉 Organizamos unha Festa Infantil no Conco con moitas sorpresas. Haberá xogos, obradoiros de manualidades, pintacaras, globoflexia, risas e diversión.

Ollo! Para asistir a esta festa é preciso inscribirse no Concello ou nas Casas Culturais.

Podes descargar aquí a solicitude⬇️

https://drive.google.com/file/d/1uM4Iqu7IbgXXpYu5sAKbjwaLeYUD7p6G/view?usp=sharing

·

👑 E, para pechar estas datas de Nadal, a tarde do 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.

#DumbríaéCultura #DumbríaéDeporte #Nadal #Nadal2023

OUTONO NAS BIBLIOTECAS DE DUMBRÍA

Miniatura Noticia

Este outono, de luns a venres, ás 18:00 h., tes unha cita coa ciencia, coa música, co teatro, coa maxia, coas letras, coa arte, cos libros,…

Este outono, tes unha cita coas bibliotecas do Concello de Dumbría!

PRAZAS LIMITADAS NOS OBRADOIROS!

+INFO no Concello de Dumbría. Telf.: 981 744 001

Actividades enmarcadas dentro do programa de dinamización Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS CURSO 2023/2024

Miniatura Noticia

Aberto o prazo de preinscrición nas actividades deste novo curso.

ACTIVIDADES INFANTÍS

  • Apoio escolar
  • Inglés
  • Informática
  • Teatro Infantil (mín. 6 anos) e Xuvenil
  • Gaita (mín. 8 anos), pandeireta e baile (mín.6 anos), e percusión (mín. 4 anos). Gaiteiros de Buxantes
  • Zumba infantil ( de 4 a 14 anos)
  • Fútbol e Fútbol Feminino (para nenos e nenas de mín. 4 anos)
  • Escola de Tecnificación Fútbol ComposTec (8 a 15 anos)
  • Escola de Porteiros (mín. 6 anos)
  • Voleibol (mín. 6 anos)
  • Piragüismo (mín. 8 anos e nadar)

ACTIVIDADES ADULTOS

  • Informática
  • Teatro
  • Manualidades
  • Clases de apoio graduado Educación Secundaria Adultos
  • Gaita, Percusión, Pandeireta e Baile foliadeiro. Gaiteiros de Buxantes
  • Pilates (+ 14 anos)
  • Zumba (+ 14 anos)
  • OCR (+ 16 anos)
  • Spinning (+ 16 anos)


 𝐏𝐑𝐄𝐈𝐍𝐒𝐂𝐑𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒 𝐚𝐭𝐚 𝐨 7 𝐝𝐞 outubro cubrindo o formulario premendo nesta ligazón

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.
+ info Concello: 981 744 001

PRAZAS LIMITADAS EN TODAS AS ACTIVIDADES

Prioridade para empadroadas/os en Dumbría.
Unha vez tramitadas as preinscricións, comunicaranse os admitidos/as, os horarios e as localizacións das actividades.

Programación agosto 2023

Miniatura Noticia

📢Programación agosto 2023

Este mes arranca forte coa 36ª edición da Festa da Praia do Ézaro, que, un ano máis, vén cargada con actividades para todos os públicos.

Ao longo de agosto terás a oportunidade de asistir a actuación de circo, maxia, música, baile, regueifa, teatro, exposición de pintura, a obradoiros infantís de manualidades,...

As casas culturais, as bibliotecas e os dous ximnasios municipais seguen abertos todo o mes, ao igual cá piscina do Conco.

Tamén continúan todo o mes nos horarios habituais os cursos de volei praia no Ézaro e as actividades infantís de verán no Conco.

E non perdas a ocasión de gozar do espectáculo audiovisual que se realiza na Fervenza do Ézaro os sábados e as vésperas de festivos!

#Dumbría #DumbríaéCultura #DumbríaéTurismo #DumbríaéDeporte