PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

Novo vídeo de Dumbría, da etapa da "Vuelta Ciclista a España 2020".

Miniatura Noticia

Comparte este fermoso proxecto cos teus amigos. Que todo o mundo poida ver o lugar onde vives.

Que vexan a Costa da Morte, o noso concello de Dumbría e descubran o territorio do Vákner.

 
 

Noelia Castro presenta a súa última novela romántica no Conco

Miniatura Noticia

E xa estamos de novo ás portas do Nadal!

A escritora de Dumbría, Noelia Castro xa está de volta coa súa segunda novela. “Matrimonio por venganza”.

O vindeiro mércores 26 de decembro ás 17:00h no Conco, ven a coñecer da man da escritora o seu novo traballo. Noelia Castro nos presentará a historia desta apaixoante novela.

A autora cóntanos que se trata doutra “novela romántica contemporánea, que narra a historia de Cristopher e Isabella, pero por un erro do pasado, Cristopher regresa a Londres con intención de vengarse de Isabella. E non hai mellor venganza que volver a namorala para lograr que se case con el, e despreciar o amor da muller que ama. Pero Cristopher descubre un segredo que Isabella ocultaba e eso fara que Cristopher non poda soportar a culpa e intente por todos os medios conseguir o seu perdón”.

 

+ Info en:

No Concello de Dumbría

981 744 001

 

NO CONCO!!! Entroido Dumbría 2020, máis de 2.000 € en premios.

Miniatura Noticia

O domingo 23 de FEBREIRO dende as 17:00 h Dumbría TOLEARÁ!!!

Achégate ó polideportivo do CONCO e participa no concurso máis grande do entroido da Costa da Morte.

Sae á rúa, colle 10 amigos e un pouco de imaxinación e xa tes unha comparsa, e 150 € seguros por participar!; leva os nenos disfrazados e terán un agasallo asegurado.

E, sobre todo, ven gozar das charangas, pasarrúas e comparsas na gran festa do Entroido da Costa da Morte.

Non perdas máis tempo, apúntate, hai máis de 2.000 € en premios!!

Entroido de Dumbría, TOLEARÁS!!!

 

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

MAIO DE LETRAS

Miniatura Noticia

 




Ao longo das vindeiras semanas teremos varias citas coas Letras e en diversos formatos.


As Letras achegaranse ao CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría en varias datas:


  • 3 de maio, contacontos con Duende Sico, que unirá as Letras e o Deporte, o proxecto educativo no que vén traballando todo o centro educativo ao longo deste curso.



  • 9 de maio, Kalopsia: un planeta non tan diferente, unha sesión de contacontos e actividades, con intérprete de lingua de signos, da man de Europe Direct A Coruña. Con Kalopsia, a rapazada descubrirá Europa desde o espazo exterior.


  • 14 de maio, o alumnado fará unha visita guiada á biblioteca do Conco e participará na actividade E a ti...que che contaban?, con Vero Rilo, programada a través do Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.


sábado 4, ás 19 horas, teremos o prato forte desta programación: o poeta Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Xoven Miguel Hernández, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deportes, entre outros moitos recoñecementos, visita a Fervenza do Ézaro.


Da súa man, faremos un percorrido por parte da súa obra e tamén pola tradición oral e escrita galega.


Todo iso acompañado dunha actuación con música tradicional e nunha paraxe máxica como é a desembocadura do río Xallas, ao pé da súa senlleira fervenza.


Do 16 ao 19 de maio, viaxaremos ata terras de León e Zamora, con visitas guiadas a diferentes cidades, pobos e enclaves naturais.


E, para rematar esta celebración das Letras, o 4 de xuño, o alumnado do colexio de Dumbría participará nunha andaina

convertida en roteiro literario, na que terán a oportunidade de coñecer un pouco mellor a figura do Vákner e achegarse á Dumbría que está agochada nas letras de quen a ten habitado ou visitado, autores e autoras que nola amosarán a través da súa particular mirada. Unha maneira activa de coñecer un chisco máis o Territorio Vákner."


 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




LISTAXE DEFINITIVA OBRADOIRO DE EMPREGO 2021-2022

Miniatura Noticia

 


 
LISTAXE DEFINITIVO ALUMNOS

 
LISTAXE DEFINITIVO PERSOAL DOCENTE E DE APOIO


 
PUNTUACIÓNS ENTREVISTA DOCENTE INGLÉS


 
LISTAXE DE PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DO PROCESO SELECTIVO DO EQUIPO DIRECTIVO, DOCENTE DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO "CAMIÑO DO SOLPOR IV"



 

MÁIS INFORMACIÓN:

- Concello de Dumbría (Tfno. 981744001 AEDL)

- Concello de Cee (Tfno. 981745100 AEDL)

- Concello de Corcubión (981745400 AEDL)



 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




Listaxe de admitidos e excluidos na oferta de emprego temporal do Concello de Dumbria.

Miniatura Noticia

 

Listaxe de admitidos e excluidos na oferta estabilización de emprego temporaldo concello de Dumbria. Nomeamento do Tribunal."

 

Consulta aquí as listas:


 


 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




IV Carreira Pedestre Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

A IV Carreira Pedestre Concello de Dumbría forma parte do Circuíto de Careiras Populares Correndo pola Costa da Morte. A carreira de Dumbría destaca no seu percorrido pola variedade de superficies.

Os participantes deberán completar dúas voltas sen apenas desnivel, con asfalto na súa maioría, pistas de terra, camiño xacobeo, e unha última parte, antes de chegar a meta, sen dúbida a máis peculiar, onde a organización ten deseñado un circuíto de cross dunha lonxitude aproximada de 400m.

LUGAR E HORARIOS

26 de Maio de 2018 ás 17:00

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCO, DUMBRIA (A CORUÑA)

17:00 FILA 0 (IMPORTE MÍNIMO DE 1€)

17:00 BENXAMIN (2009-2010)

17:15 ALEVIN (2007-2008)

17:30 INFANTIL (05-06)-CADETE (03-04)-XUVENIL (01-02)

17:30 3K CONTRA O CANCRO (2002 E ANT.)

18:15 PITUFO (2011-2015)

18:35 ABSOLUTA 10K (2002 E ANT.).

 

 

Inspección Técnica de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

Miniatura Noticia

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Maquinaria Agrícola (I.T.V.) trasladarase a este Concello nos mese de ABRIL para prestar o servizo de Inspección Técnica de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Dumbría.

 

LUGAR > Dumbría

 

DIRECCIÓN > Praza do Conco

 

DÍAS > 15, 16 e 17 de abril

 

HORARIO > Mañá de 9:00 a 13:30 h.

Tarde de 15:15 a 18:00 h.

 

NOTA: Para concertar cita, pódese contactar directamente coa UNIDADE MÓBIL no teléfono 902 30 90 00 ou ben a través da páxina www.sycitv.com- Cita Previa.

 

Inspección Técnica de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

Miniatura Noticia

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Maquinaria Agrícola (I.T.V.) trasladarase a este Concello nos meses de ABRIL e MAIO para prestar o servizo de Inspección Técnica de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Dumbría e Olveira os seguintes días:

 

DUMBRÍA > 27 e 30 de abril > Praza do Conco

 

DUMBRIA > 2 de maio > Praza do Conco

 

OLVEIRA > 3, 4 e 7 de maio > Centro Social e Cultural de Olveira

 

As inspeccións realizaranse no seguinte horario:

MAÑÁ > 9:00 a 13:30 horas

TARDE > 15:15 a 18:00 horas

* O día 27 de abril o horario será só de 9:00 a 13:30 horas.

NOTA: Para concertar cita, pódese contactar directamente coa UNIDADE MÓBIL no teléfono 902 30 90 00 ou ben a través da páxina www.sycitv.com- Cita Previa.