PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

XXII FESTA DA FAMILIA 2024!!!

Miniatura Noticia

Estimadas veciñas e veciños:


O vindeiro 21 de xullo, na Carballeira de Berdeogas, temos a cita máis importante do ano, volveremos xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na FESTA DA FAMILIA.


Quero convidarvos a todos a participar e a gozar desta entrañable festa. Unha festa na que cada ano somos máis os que acudimos a divertirnos; e na que todos xuntos, nenos, mozos e maiores compartiremos o gran espírito desta fermosa xuntanza.


Espero, un ano máis, vervos a todos coas mesmas ganas de compartir esta gran romaría familiar, onde todo o mundo é benvido, e que a familia de Dumbría siga medrando.

Dumbría, unha gran familia.

Un saúdo e boa festa a todos.

Raúl González Lado Alcalde de Dumbría

 

 

PROGRAMA

> SESIÓN VERMÚ: Orquestra “PRINCIPAL”

> XOGOS INFANTÍS> XANTAR NA CARBALLEIRA

> PULPERÍA ALEJANDRA SALINAS, na que se poderán comprar diversas racións: pulpo á feira, churrasco, criollos...

 

ACTUACIÓNS

> Charanga O RUMBO

> Grupo de gaitas da Asociación Cultural Longarela

> A partir das 18:00 horas “Orquestras GRAN PARADA e PRINCIPAL”

 

No concello non se dispensarán tickets, SÓ SE RESERVARÁ A MESA "Poderase reservar mesa nas oficinas municipais, ata do día 17 de xullo".

 

XXI FESTA DA FAMILIA 2023!!!

Miniatura Noticia

Estimadas veciñas e veciños:


O vindeiro 30 de xullo, na Carballeira de Berdeogas temos a cita máis esperada do ano, onde nos xuntamos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA.


Esta gran festa é a máis querida e importante, xa que nos xunta a todos os veciños baixo a nosa Carballeira de Berdeogas.

Este ano vai ser moi especial para min, xa que me inicio como representante desta gran familia que levo no corazón. Espero que sexa para todos vós igual de especial, xa que as ganas de compartir esta gran romaría familiar, onde todo o mundo é benvido, é o noso sinal de identidade.

Dumbría, unha gran familia.

Un saúdo e boa festa a todos.

Raúl González Lado Alcalde de Dumbría

 

 

PROGRAMA

> SESIÓN VERMÚ: Orquestra “SOLARA” > XOGOS INFANTÍS > XANTAR NA CARBALLEIRA > PULPERÍA ALEJANDRA SALINAS, na que se poderán comprar diversas racións: pulpo á feira, churrasco, criollos, polo á brasa...

 

ACTUACIÓNS

> GAITEIROS DE BUXANTES > CHARANGA O RUMBO > GAITEIROS FLOR DO TOXO > A partir das 18:00 horas . Orquestras SAUDADE e SOLARA

 

No concello non se dispensarán tickets, SÓ SE RESERVARÁ A MESA "Poderase reservar mesa nas oficinas municipais, antes do día 27 de xullo".

 

XVII FESTA DA FAMILIA

Miniatura Noticia

O vindeiro 30 de xullo, na Carballeira de Berdeogas, volveremos xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA.

Estades todos convidados a vir gozar da nosa festa máis importante, a que máis cariño lle temos polo que representa para todos nos.

Cada ano somos máis os que acudimos a esta fermosa cita; e na que todos xuntos, nenos, mozos e maiores compartiremos os gran espirito que move esta xuntanza. Desexamos que tódolos amigos de Dumbría anímense a compartir con nós este día, e para os novos, estaremos impacientes por amosarlles tan entrañable e divertido evento.

Dumbría, un soño, unha gran familia na que todos temos cabida.

Un saúdo e boa festa.

José M. Pequeño Castro Alcalde de Dumbría

 

 

PROGRAMA

> 12:30 h Misa ó aire libre.

> SESIÓN VERMOUTH. Orquestra “TRÉBOL”

> XOGOS INFANTILES

> XANTAR Ó AIRE LIBRE: Empanada, churrasco, pan e viño (10 euros).

ACTUACIÓNS

> “A.C.D.R. AS NEVES” de Buxantes

> “GAITEIROS DE BUXANTES”

> Grupo Folclórico “O VERÁN”

> Grupo de Baile “AIRIÑOS DO RÍO GRANDE”

> Fin de festa coas Orquestras “TRÉBOL” e “PANAMÁ”

"Ó igual que nas pasadas edicións, podedes adquiri-los tickets para a comida e reservar mesa nas oficinas municipais, antes o día 28 de xullo".

XORNADAS SEDE ELECTRÓNICA.

Miniatura Noticia

O vindeiro xoves, 13 de febreiro, terá lugar unha sesión formativa sobre a SEDE ELECTRÓNICA dirixida a TODO PÚBLICO en xeral.

Unha vez saibas cómo funciona a SEDE ELECTRÓNICA poderás solicitar subvencións, pedir licenzas, obter o volante de empadroamento, facer e consultar as túas xestións,…

Todo isto en SÓ 5 MINUTOS dende o teu MÓBIL, a túa TABLET e/ou o teu ORDENADOR!

Lembra que a SEDE ELECTRÓNICA funciona as 24h e os 365 días!!

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

Xornada “O papel dos avós e avoas como transmisores de lingua e cultura”

Miniatura Noticia

O martes 18 ás 17:30 h nas instalacións do Conco.

Desenvolverase unha xornada enmarcada no programa Nadal en rede, da Rede de Dinamización Lingüística, destinado a promover o uso do galego no lecer destas datas e tamén a galeguizar a súa celebración e os motivos típicos do Nadal (cartas aos Reis Magos, cabalgatas, felicitacións etc.).

Este obradoiro, impartido pola psicóloga Cándida Rodríguez Ferro, “O papel dos avós e avoas como transmisores de lingua e cultura”, está destinado a incidir na transmisión interxeracional da lingua galega a través da toma de consciencia das persoas de máis idade, que a miúdo se reúnen no Nadal coas xeracións máis novas, ás que teñen moito que lles achegar.

 

+ Info en:

No Concello de Dumbría

981 744 001

 

XA VOLVE O NADAL 2019/20

Miniatura Noticia

Que si! Que xa volve chamar ás nosas portas o Nadal! Xa pasou un ano máis!

Así que, achegámosvos o programa de actividades infantís para esas datas.

Inscricións: ata o 20 de decembro, nas casas culturais ou nas oficinas municipais.

É importante que se fagan as inscrición o antes posible, xa que, por motivos organizativos, necesitamos saber de antemán canta rapazada vai participar, de que idades,...

E, ollo!, xa que as prazas son limitadas.

 
 

X Open Internacional de Pesca a Mosca por Parellas Río Xallas.

Miniatura Noticia

O Club Salmo en colaboración co Concello de Dumbría e os patrocinadores, organizan o X Open Internacional de pesca a mosca por parellas Río Xallas.

O Open de pesca a mosca por parellas Río Xallas converteuse nun dos eventos con máis prestixo a nivel Nacional e Internacional, e ano tras ano son máis as parellas que queren participar deste evento, cunha gran lista de espera.

O Open celebrarase os días 13 e 14 de abril, nunha paisaxe incomparable, que destaca por ser un escenario simbólico e de incrible beleza da Costa da Morte, onde o río Xallas encaixa entre os montes en casi toda a súa extensión ata a súa desembocadura no Ézaro.

A décima edición deste Open celebrarase no couto do Xallas-Beba, que se sitúa no tramo do río Xallas comprendido entre o embalse da Fervenza e a desembocadura do río Beba, couto destacado por ser un dos poucos en Galicia regulado para a práctica da pesca sen morte.

Este ano 2018 celebrarase de novo o Campionato de España Xuvenil. O X Open do Xallas contará, ao igual que en anteriores edicións, cos deportistas máis destacados do panorama Internacional, Nacional e Galego. Participarán o Tricampión do Mundo David Arcay (actual Campión Galego), os Bicampións do Mundo, Jordi Oliveras, Ivan Vergé e Pablo Castro, o Campión do Mundo e actual Campión de España Francisco Llamas. Participará parte da Selección Española que logrou a medalla de bronce no 2017 no Campionato do mundo de Eslovaquia.

 

PROGRAMA

> Xoves, 12 de abril

20:30 a 21:30 Recepción de participantes - Hotel Insua (Cee)

22:00 Cea

> Vernes, 13 de abril

7:30 Concentración - Restaurante As Pías (Oveiroa – Dumbría)

Sorteo e repartición de plicas a participantes

9:00 a 11:00 1ª fase da 1ª manga

11:30 a 13:30 2ª fase da 1ª manga

13:45 Comida no Restaurante As Pías (Oveiroa – Dumbría)

Entrega de plicas

15:30 a 17:30 1ª fase da 2ª manga

18:00 a 20:00 2ª fase da 2ª manga

21:30 Cea

> Sábado, 14 de abril

7:45 Concentración - Restaurante As Pías (Oveiroa – Dumbría)

9:00 a 11:00 1ª fase da 3ª manga

11:30 a 13:30 2ª fase da 3ª manga

13:45 Comida no Restaurante As Pías (Oveiroa – Dumbría) Entrega de plicas

15:30 a 17:30 1ª fase da 4ª manga

18:00 a 20:00 2ª fase da 4ª manga

22:30 Cea e entrega de trofeos.

WebCam Fervenza

Miniatura Noticia

En Dumbría temos unha venta aberta o mundo de maneira permanente. Unha webcam intalada no pantalán do Ézaro e con vistas a nosa fermosa Fervenza do Ézaro.

Esta venta ten grande utilidades para os usuarios, como ver o tempo na zona de maneira real, a cantidade de afluencia de xente que está visitando a fervenza ou simplemente vela fervenza.

Disfrutade no seguinte enlace.

Volei praia, xullo 2021.

Miniatura Noticia



COMPETICIÓNS DE VOLEI PRAIA NO ÉZARO:


• 17 E 18 XULLO:

I Proba do Circuíto Galego de Volei Praia de categorías inferiores, deste verán.


 


 


• Do 22 ao 25 xullo:

Campionato de España de volei Praia, categoría infantil.





 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




VIII BTT CONCELLO DE DUMBRÍA

Miniatura Noticia

Xa está en marcha a VIII BTT CONCELLO DE DUMBRÍA, que terá lugar o domingo 18 de marzo.

As inscricións abren o dia 14 de febreiro na plataforma www.emesports.es, corre e apúntate. Descobrirás os fermosos paisaxes de Dumbría e Costa da Morte e o tremendo potencial desta terra para a práctica deste deporte.

Diversión e deporte garantizados nun marco incomparable, unha cita a que non poden faltar os amantes dos pedais e a dúas rodas.