PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

É ampla a oferta patrimonial de carácter civil no Concello de Dumbría, destacando entre os princiapais fitos as casas antigas, as pontes, as centrais hidroeléctricas,…

Toda unha oferta diferente para gozar unha vez máis deste concello!

#DumbríaéPatrimonio #DumbríaéTurismo

Un cemiterio, camposanto ou panteón é o lugar onde se depositan os restos mortais dunha persoa. Dependendo da cultura do lugar, os falecidos introduciranse en ataúdes, féretros ou sarcófagos, ou simplemente se envolverán en teas; para seren logo enterrados baixo terra ou depositados en nichos, mausoleos, criptas ou outro tipo de sepulturas. Tamén se usan para enterrar as cinzas de persoas incineradas.

A palabra cemiterio ven do termo grego koimetérion, que significa dormitorio porque, segundo a crenza cristiá, no cemiterio dormían os corpos ata o día da resurrección. Aos cemiterios católicos tamén se lles chama camposantos.

No Concello de Dumbría hai oito cemiterios parroquiais: Santiago de Berdeogas, San Mamede de Salgueiros, Santa Baia de Dumbría, San Pedro de Buxantes, San Martiño de Olveira, Santiago de Olveiroa, Santa Uxía do Ézaro e o cemiterio vello do Ézaro. Habitualmente, os cemiterios parroquiais están apegados ás propias igrexas.

#DumbríaéPatrimonio #DumbríaéTurismo

O Concello de Dumbría é un municipio extenso que se distribúe en sete parroquias: Santiago de Berdeogas, San Pedro de Buxantes, Santa Baia de Dumbría, Santa Uxía do Ézaro, San Martiño de Olveira, Santiago de Olveiroa e San Mamede de Salgueiros.

A pesares de ser sete as parroquias do concello, conta con dez santuarios relixiosos repartidos polo seu territorio. Conta ademais, cun enorme atractivo extra como son os diversos fitos turísticos situados en cada parroquia, máis concretamente no radio máis próximo ao edificio relixioso en cuestión.

 

Santuarios relixiosos do Concello de Dumbría por parroquias:

  • Santiago de Berdeogas:
    • Igrexa de Santiago de Berdeogas:
      • Lugar: A Grixa, Berdeogas.
      • Estilo: Barroco.
      • Séculos: XVI, XVII e XVIII.
      • Coordenadas: 43.03204, -9.103
  • San Pedro de Buxantes:
    • Igrexa de San Pedro de Buxantes:
      • Lugar: A Grixa, Buxantes.
      • Estilo: Barroco.
      • Séculos: XVII e XVIII.
      • Coordenadas: 42.97387, -9.11791
    • Ermida da Virxe das Neves de Buxantes:
      • Lugar: Figueiroa, Buxantes.
      • Estilo: Románico – Neoclásico.
      • Século: XV, reconstrucción en 1780.
      • Coordenadas: 42.97981, -9.12697
  • Santa Baia de Dumbría:
    • Igrexa de Santa Baia de Dumbría:
      • Lugar: A Grixa, Dumbría.
      • Estilo: Barroco.
      • Séculos: XVII e XVIII.
      • Coordenadas: 43.00721, -9.11221
  • Santa Uxía do Ézaro:
    • Igrexa de Santa Uxía do Ézaro:
      • Lugar: Santa Uxía.
      • Estilo: Barroco.
      • Séculos: XVIII.
      • Coordenadas: 42.92131, -9.104
    • Igrexa Parroquial do Ézaro:
      • Lugar: O Ézaro.
      • Estilo: Moderno.
      • Século: XX.
      • Coordenadas: 42.91054, -9.13048
  • San Martiño de Olveira:
    • Igrexa de San Martiño de Olveira:
      • Lugar: Olveira.
      • Estilo: Románico – Barroco.
      • Séculos: XII, reformas nos séculos XVII e XVIII.
      • Coordenadas: 42.9901, -9.03027
    • Ermida de Santa Lucía de Olveira:
      • Lugar: Lucín, Olveira.
      • Estilo: Barroco – Ecléctico.
      • Séculos: XVIII e XX.
      • Coordenadas: 42.97393, -9.04167
  • Santiago de Olveiroa:
    • Igrexa de Santiago de Olveiroa:
      • Lugar: Olveiroa.
      • Estilo: Románico – Barroco – Neoclásico.
      • Séculos: XII, engadidos dos séculos XVIII e XIX.
      • Coordenadas: 42.9659, -9.03916
  • San Mamede de Salgueiros:
    • Igrexa de San Mamede de Salgueiros:
      • Lugar: Salgueiros.
      • Estilo: Barroco.
      • Século: XVIII.
      • Coordenadas: 43.02096, -9.1758

#DumbríaéPatrimonio #DumbríaéTurismo

Concello de Dumbría é un municipio extenso que se distribúe en sete parroquias: Santiago de BerdeogasSan Pedro de BuxantesSanta Baia de DumbríaSanta Uxía do ÉzaroSan Martiño de OlveiraSantiago de Olveiroa e San Mamede de Salgueiros.

A pesares de seren 7 as parroquias do concello, conta con 10 santuarios relixiosos repartidos polo seu territorio.

Toda unha “experiencia relixiosa” como diría Enrique Iglesias

#DumbríaéPatrimonio #DumbríaéTurismo

📖✨ 𝗔𝗕𝗥𝗜𝗟 𝗗𝗘 𝗟𝗜𝗕𝗥𝗢𝗦 · 𝗕𝗜𝗕𝗟𝗜𝗢𝗧𝗘𝗖𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗗𝗨𝗠𝗕𝗥𝗜́𝗔

Miniatura Noticia
Contacontos, música, títeres, ciencia, manualidades... Un bo feixe de actividades culturais para gozar das Casas de Cultura do Concello de Dumbría e celebrar xuntos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.

 
Arrancamos o 𝐀𝐛𝐫𝐢𝐥 𝐝𝐞 𝐋𝐢𝐛𝐫𝐨𝐬 𝐧𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐚 organizando distintos obradoiros de animación á lectura.
Nesa mesma semana, as cinco bibliotecas acollen tamén obradoiros de manualidades con madeira, coa temática da Pascua, a cargo de @muxiarte
(Plan 𝐂𝐨𝐫𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞𝐬. Consellería de Política Social e Igualdade. Xunta de Galicia).

 
E continuamos co 𝐀𝐛𝐫𝐢𝐥 𝐝𝐞 𝐋𝐢𝐛𝐫𝐨𝐬 con novas actividades que chegan ás nosas bibliotecas a través do programa 𝐋𝐞𝐫 𝐂𝐨𝐧𝐭𝐚 𝐌𝐨𝐢𝐭𝐨, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

 
A maiores, o mércores 23, Lydia Botana visitará a biblioteca do Conco para celebrar Día Mundial do Libro e o dereito de autor, grazas á programación do Departamento de 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐝𝐚 𝐃𝐞𝐩𝐮𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐫𝐮𝐧̃𝐚.

 
Nas nosas bibliotecas tes, tamén, ao teu dispor milleiros de libros.
Entra visitarnos e bótalle un ollo!

 
#Dumbría #DumbríaéCultura #BibliotecasdeDumbría #LerContaMoito #RedeBibliotecasPúblicasGalicia #AbrilDeLibros #Corresponsables #PlanCorresponsables #conciliación #igualdade #culturadadeputacióndacoruña
@culturadadeputaciondacoruna Cultura da Deputación da Coruña
Xunta de Galicia Igualdade en Galicia

XXXV FESTA DA PRAIA DO ÉZARO.

Miniatura Noticia


O 6 e o 7 de agosto, trixésimo quinta edición da Festa da Praia do Ézaro.

Dous días cheos de actividades para nenos e maiores. Un sinfín de xogos, carreiras de obstáculos, música, actuacións e a maxia do Mago Teto.

Ademais, o sábado pola noite Concerto de Rocío Caamaño e iluminación da Fervenza do Ézaro.

E o domingo Gran Sardiñada popular!!! e a actuación da Orquestra Panamá


CONCERTO DE ROCÍO CAAMAÑO E ILUMINACIÓN DA FERVENZA


O sábado 6 de agosto ás 22:30 h no entorno da Fervenza do Ézaro, Concerto de Rocío Caamaño coa presentación na Costa da Morte do seu novo disco “ENBORA”.

E a continuación, Iluminación da Fervenza do Ézaro, un espectáculo audiovisual para espertar os sentidos como colofón dunha noite máxica.

O verán, mellor en Dumbría!!

Coa colabolación da Deputación da Coruña. Rede cultural 2019


 

PROGRAMA



 

XXXIV FESTA DA PRAIA DO ÉZARO, "o verán, mellor en Dumbría"

Miniatura Noticia

O vindeiro 3 e 4 de agosto Dumbría pón a praia do Ézaro "en modo VERÁN con maiúsculas".

Durante a primeira fin de semana de agosto o Concello de Dumbría celebra a 34ª edición da Festa da Praia do Ézaro.

Actividades para nenos e maiores, xogos de habilidade e tradicionais, inchables, Ciclo Indoor, OCR Infantil, iluminación da Fervenza do Ézaro, circo na rúa, EUROXOGOS: Descubre Europa!.

Actuacións musicais cos grupos: Huella, Claretes, The Cerne e a orquestra Finisterre.

E durante a fin de semana Campionato Galego de Volei-praia e o domingo Gran Sardiñada popular!!!

O verán, mellor en Dumbría!!

Coa colabolación da Deputación da Coruña. Rede cultural 2019

 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

SÁBADO 3

Campionato Galego de Volei praia.

(Desde primeira hora da mañá, e o longo do día)

16:00 h - e ó longo de toda a tarde.

> Espectáculo itinerante de Circo con malabarista, zancudo,

monociclista, forzudo...

> Obradoiros de circo exprés, ao longo do paseo marítimo.

> Inchables

EUROXOGOS: Descubre Europa!

> Obradoiros, con actividades para todas as idades, de promoción da Unión Europea.

19:00 h

> Sesión de ciclo indoor. Con César Ferrío, Damián Espasandín (DAFIT) e Dani Lema (DAFIT)

20:30 h

> Actuación dos grupos musicais: > Huella > Claretes > The Cerne (Coa colabolación da Deputación da Coruña. Rede cultural 2019)

23:00 h > Iluminación da fervenza do Ézaro.

 

DOMINGO 4

Campionato Galego de Volei praia.

(Desde primeira hora da mañá, e o longo do día)

12:00 h - e ó longo de todo o día.

> "Un día especial" - Garabato de Xogos.

> Obradoiros infantís de globoflexia e pompas de xabón.

> Xogos de habilidade feitos con material reciclado para pequenos e maiores

> Inchables

(Coa colabolación da Deputación da Coruña. Rede cultural 2019)

EUROXOGOS: Descubre Europa!

> Obradoiros, con actividades para todas as idades, de promoción da Unión Europea.

SARDIÑADA POPULAR con animación musical, ao mediodía

Pola tarde

> Continúan os obradoiros, inchables e xogos de habilidade.

> "OCR Praia do Ézaro" Circuíto infantil de obstáculos (8 a 14 anos).

> Xogos tradicionais na praia (baile do cañoto, xogo do pañuelo, xogo das sillas,...)

20:00 h > Actuación da orquestra Finisterre

XXXIII FESTA DA PRAIA DO ÉZARO, "unha praia en pé de festa".

Miniatura Noticia

O vindeiro 4 e 5 de agosto Dumbría pón a praia do Ézaro "en pé de festa". Durante a primeira fin de semana de agosto o Concello de Dumbría celebra a 33ª edición da Festa da Praia do Ézaro.

Achégate e participa das múltiples actividades que temos preparadas para todos/as, nenos/as e adultos/as: xogos de habilidade e tradicionais, inchables, OCR Infantil praia do Ézaro, iluminación da Fervenza do Ézaro, circo na rúa, actuacións do Mago Xacobe e o Paiaso Piter; e música con maiúsculas cos grupos: Perry Mason, En Mala Hora e Superglú.

E aínda hai máis, durante a fin de semana Campionato Galego de Volei-praia en Categorías Inferiores e o domingo Gran Sardiñada popular e actuación da orquestra Grupo Bomba.!!!

Dumbría un verán de 6 meses!!

 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

SÁBADO 4

Campionato Galego de Volei praia. (O longo do día)

17:00 h.

> Obradoiros infantís de manualidades

> Inchables

> Espectáculo itinerante de circo: pases ao longo de toda a tarde con malabares, mono ciclo, zancudo, forzudo,....

> Actuación do Mago Xacobe

18:00 h

> Sesión de Ciclo Indoor

19:30 h

> Actuación dos grupos musicais:

1º Perry Mason

2º En Mala Hora

3º Superglú

23:00 h.

> Iluminación da fervenza do Ézaro.

DOMINGO 5

Campionato Galego de Volei praia. (O longo do día)

A partir das 12:00 h da mañá e ao longo de todo o día:

> Obradoiros infantís de manualidades

> Inchables

> Xogos de habilidade para pequenos e maiores

> Ao mediodía: sardiñada popular con animación musical.

Pola tarde:

> Continúan os obradoiros, inchables e xogos de habilidade e tradicionais

> Actuación do Paiaso Piter

> Animación de rúa

> OCR Infantil Praia do Ézaro 19:00 h

> Actuación da orquestra Grupo Bomba.

 

ACTUACIÓNS MUSICAIS "na festa da praia do Ézaro 2018"

Perry Mason

. Sábado 4 de agosto

. A partir das 19:30

. Praia do Ézaro (Concello de Dumbría)

"Perry Mason, firme defensor de los inocentes compositores, saca a la luz las fechorías de Iria, Pepe, Óscar y Javi. Perpetradas bajo la luz de neón y el calor de los locales de ensayo, llegan con ganas de quedarse y destripar temazos del funk, rock y blues al compas de los brindis y de los reencuentros. Indudablemente sentencian: culpables".

En Mala Hora​

. Sábado 4 de agosto

. A partir das 19:30

. Praia do Ézaro (Concello de Dumbría)

"En mala hora nace como una banda espontánea de versiones formada por músicos de dilatada trayectoria en el mundo de la música.

Con un directo lleno de energía, hacemos un repaso por los clásicos del Pop/rock y Blues de los 70 en adelante, tanto en castellano como en inglés".

Superglú

. Sábado 4 de agosto

. A partir das 19:30

. Praia do Ézaro (Concello de Dumbría)

"Grupo indie-pop en el que, mezclando temas propios con sus particulares versiones, que van desde Izal hasta Van Morrison, tratan de transmitir la energía, el buen rollo y el amor que sienten por la música y por la vida."

XXXII FESTA DA PRAIA DO ÉZARO

Miniatura Noticia

Do 5 e 6 agosto 2017 na“praia do Ézaro” ven gozar da gran variedade de actividades que temos preparadas para gozar do verán.

Estades todos convidados a GRAN FESTA DA PRAIA, nun fermoso entorno, na praia do Ézaro os pes do monte pindo e da Fervenza do Ézaro.

 

 

PROGRAMA

SÁBADO 5 (a partir das 16:00 h)

> Animadoras con globoflexia

> Xogos de habilidade feitos con materiais reutilizados

> Inchables infantís

> Actuación do pallaso Popín ás 18:00 h

> Masterclass de Zumba 19:30 h

> Iluminación da fervenza do Ézaro 23:00 h

> Orquestra Gallaecia All Stars co musical ¡Mellor, mellor! 00:00 h

DOMINGO 6 (de 12:00 - 13:30 h e 16:00 - 21:00 h)

Festa do Circo composta por:

> Malabarista e un pallaso equlibrista ó longo de todo o día.

> Obradoiros de circo:

Malabares / Equilibrios / Maquillaxe de circo / Globoflexia

> O pallaso Piter ás 12:30 h

> Xogos de habilidade feitos con materiais reutilizados.

> Xogos tradicionais para nenos e adultos

> Trompos, aros,...

> Inchables infantís

> Masterclass Spinning 19:30 h

DE VENRES A DOMINGO

> Volei-praia Campionato Galego de Categorías Inferiores