PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

VI CICLOCROSS TERRAS DO VÁKNER, DUMBRÍA.

Miniatura Noticia

Coma cada ano, o Concello de Dumbría xunto coa colaboración do club ciclista Dumbría, organizan conxuntamente a tradicional proba da Copa de Galicia de ciclocross.

A COPA GALICIA DE CICLOCRÓS é un conxunto de competicións cuxas diferentes probas atópanse incluidas no calendario oficial da FGC, cuxa titularidade é propiedade exclusiva da FGC.

As probas se celebran en diferentes datas e sedes o longo da tempada 2019/20, establecéndose unha clasificación final como consecuencia do resultado da suma de cada proba.

Os corredores que desexen participar, deberán realizar a preinscrición en cada unha das probas a través do portal de inscricións da páxina web da Federación Galega de Ciclismo.

Ainda así, os corredores/as están obligados a confirmar a súa participación debendo presentarse persoalmente ou a través do seu director deportivo ou representante de clube coa súa licenza ao Xurado Técnico na oficina permanente de cada proba desde unha hora e media antes da primeira saida.

As preinscrición, pechará o mércores anterior o día da proba as 23:59 horas. A oficina permanente para esta proba, estará situada nas instalacións deportivas municipais do Conco en Dumbría.

O horario da primeira saída será a de promoción, as 14,00h, a continuación daranse as saidas por categorias según a normativa vixente.

1ª SAIDA

14,30: MASTER 50/60

MASTER 30

FÉMINAS MASTER

 

2ª SAIDA

MASTER 40

CADETE

FÉMINAS CADETE

 

3ª SAIDA

ÉLITE E SUB 23

JUNIOR

FÉMINAS E ÉLITE E SUB 23

FÉMINAS JUNIOR.

A carreira desputárase coma cada ano, no circuito de cross do Conco, un terreno que os corredores/as coñezen ben, e que, coas choivas destes días seguro que nos ofrecerán un gran espectáculo .Os equipos e corredores teñen aparcadoiro reservado para colocar o material necesario, así como servicio de duchas, lavado de bicicletas e cafeteria.

 

Un almanaque para VOAR por Dumbría, presume de concello.

Miniatura Noticia

Este ano o Concello de Dumbría lanza un almanaque especial, xa que coma en anteriores ocasión o almanaque do 2018 conta con fermosas fotos do noso concello pero ademais consta de 7 videos das parroquias de Dumbría a vista de paxáro.

"Quérovos convidar a todos a voar comigo por Dumbría, eu lévoo facendo dende que me namorei desta fermosa terra e non podo deixar de facelo. Este almanaque é un agasallo para todos, para que ao longo de todo o ano nos acompañe e nos recorde a sorte que temos de vivir neste concello. Os códigos QR que aparecen ao longo destas páxinas, permitiranche ver dende o móbil o Concello de Dumbría dende os ceos, para que poidas seguir abraiándote coa túa terra e poidas amosar á túa xente o lugar onde aínda se segue a soñar ano tras ano. Seguide voando comigo, seguide a soñar Dumbría".

Feliz 2018.

José Manuel Pequeño. Alcalde de Dumbría.

 

Termalismo Social IMSERSO 2020

Miniatura Noticia

Normativa

> Orde SSI/1688/2015, de 30 de xullo, pola que se regula o Programa de Termalismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE no 190 do 10/08/2015). Novidades da nova Orde

> Resolución do 10 de decembro de 2019, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo. (BOE no 300

do 14/12/2019)

 

 

Requisitos das/dos usuarias/os

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

a) Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.

b) Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

c) Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta

ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

d) Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

2. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:

a) Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

b) Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.

c) Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos

mesmos.

d) Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:

. Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais. Situación económica dos solicitantes. . Idade dos solicitantes. . Que non disfrutara da praza en anos anteriores.

. Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa. . Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.

3. Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.

4. Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.

Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.

 

Prazas e quendas convocadas

Convócanse prazas para participar no Programa, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo I, onde tamén se especifica o tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, asi como o prezo a pagar polos participantes e

acompañantes, por praza e quenda.

As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida.

 

Servizos

Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.

Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.

Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo balneario. Póliza colectiva de seguro turístico.

Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.

En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.

 

Prezo e forma de pago das prazas

O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario, mes e tipo de quenda, no cadro anexo I.

As persoas usuarias, e no seu caso os acompañantes, abonarán o custe das plazas da seguinte forma:

1. Con antelación á súa incorporación no balneario e nos prazos que se determinen na notificación de concesión de praza, abonarán, en concepto de gastos por reserva de plaza, 40 euros, por praza adxudicada.

2. A diferencia entre o custe da praza e a cantidad abonada en concepto de reserva, ao ingreso no establecemento termal.

 

Documentación

Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.

Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2019, deberá formalizar nova solicitude e declaración sobre o estado de saúde:

. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non

precisa ir ao médico para que a cumprimente.

 

Lugar de presentación

. Servizos Sociais Comunitarios

. Centros dependentes da Consellería de Politica Social (centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.)

 

Prazo de presentación

Para participar no proceso de adxudicación de praza:

1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 10 de xaneiro de 2020.

2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 15 de maio de 2020.

Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 14 de maio de 2020.

2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 30 de outubro de 2020.

Sen perxuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano 2019, os seus expedientes estén completos.

 

Máis información

 

Teléfonos

901 109 899 I 900 406 080

TEATRO DUMBRÍA DECEMBRO 2019

Miniatura Noticia

En Dumbría, comezamos decembro vivindo o teatro, xa que Talía Teatro representará o venres 6 ás 21:00 h "Vida de Cans" (actuación programada dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña)..

Pero non só desde a butaca! Tamén vós podedes ser os protagonistas, como o van ser as nosas veciñas e veciños integrantes do grupo de adultos da Escola Municipal de Teatro de Dumbría (Ada, Cristina, Gurutz, Juan, Lourdes, Primera e Teresa).

O sábado 7 ás 21:00 h. serán eles e elas quen se encarguen de sacar adiante a función, dirixidos por Diego Rey (Talía Teatro).

Despois da función, os martes 10 e 17 de decembro, invítanvos a asistir con eles ás divertidas clases de teatro que terán lugar no Centro Social de Dumbría.

Non volas perdades! Hanvos gustar!

 

+info: Departamento de Cultura do concello.

@Cultura da Deputación da Coruña

@Talía Teatro

 

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ, DE 0 A 6 ANOS.

Miniatura Noticia

Que é a atencion temperá?

Entendese a atención tempera como un conxunto de intervencións dirixidas a poboación infantilde 0 a 6 anos,

a sua familia e o contorno, 0 seu obxectivo e dar resposta

o antes posible as necesidades transitorias ou permanentes dos nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. A clave e que, canto mais axina se detecten as posibles dificultades, os resultados da atención profesional poden ser mellores.

A quen se dirixe a atencion temperá?

Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no

desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos,

as familias e ao contorno empadroados nos

Concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cée, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo.

Quen pode informar dunha sospeita de trastorno do

desenvolvemento nun neno?

As propias familias, as escolas infantis, os servizos sociais

comunitarios ou outras instancias que traten co menor e coa familia.

No caso de que a sospeita sexa fora da familia, debe informarse a mesma para que acudan ao servizo de pediatria.

A onde debo dirixirme para obter mais informacion?

> Ao servizo de pediatria que deriverá no caso de que

considere a unidade de AT.

> Aos servizos sociais dos Concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cée, Corcubión, Fisterra,Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

> Aos servizo de orientación do centro educativo no que estea

matriculado o neno ounena.

> Ao servizo da agrupación dos concellos anteriormente

indicados do Servizo de Atención


 


 

Temperà Costa da Morte, chamando aos teléfonos

696 557 782 en PedraMaior,97 Ezaro-Dumbría e ò 696 557 782 Avda Finisterre,12-1º Vimianzo,

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

RUTAS XACOBEAS NA COSTA SOSTIBLE 2024-2025

Miniatura Noticia

Creando a Volta de Gloria


Rutas Xacobeas na Costa Sostible é a nova inciaiativa para o reforzo dos produtos de turismo xacobeo nos que participa a Ría de Muros Noia.

Dous son os obxectivos principais, o reforzo do Camiño de Santiago da Ria de Muros Noia e a creación dun novo produto xacobeo, a Volta de Gloria, que une esta ruta co Camiño de Fisterra Muxía, creando o primeiro itinerario xacobeo circular.

Rutas Xacobeas na Costa Sostible implica á Ría de Muros Noia, a través da ARD Ria de Muros Noia e a varios concellos veciños  da Costa da Morte: Carnota, Cee e Dumbría.  O proxecto ten un presuposto de 220.000 €, e conta co apoio GALP Costa Sostible, grazas ao cal obtivemos unha axuda total de 198.000 €, financiada polo FEMPA-Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (70%, 138.600€) e a Consellería do Mar (30%, 59.400,00).


Compoñentes do proxecto.

-Delimitación dun novo tramo, entre Cee e Muros, que conecta ambos Camiños (o da Ria e o de Fiesterra), creando a Volta de Gloria.

-Sinalización das rutas xacobeas, incluíndo o deseño dos sinais.

-Estratexia de calidade, coa creación dun manual de marca e accións piloto de mellora dos tramos.

-Estratexia dixital de comunicación dos Camiños.

-Edición de material promocional, coa primeira guía por etapas do Camiño da Ría de Muros Noia e a edición de planos específicos: Camiño da Ria, Camiño Marítimo e Volta de Gloria.

-Producción dunha coreografía, coa Escola de Danza Oitos, baseada na historia do navegante e peregrino veneciano, Pietro Querini.

-Participación en feiras e programación de eventos de difusión.


A axuda repártese do seguinte xeito.

ARD Ría de Muros Noia: 140.400 €

Concello de Carnota: 27.000 €

Concello de Cee: 9.000 €

Concello de Dumbría: 8.100 €

Concello de Muros: 13.500 €





Renovación das Instalacions de Alumeado do Campo de Fútbol e do Pavillon Polideportivo de O Conco

Miniatura Noticia

Dumbría mellora as instalación de O Conco para o uso e desfrute dos seus veciños. O obxetivo do Proxecto é a mellora da eficiencia enerxética e o aforro de enerxía.

O Concello de Dumbria ven de realizar a Renovación das instalacións de alumeado do campo de fútbol e do pavillón polideportivo de O Conco.

A inversión desta mellora foi por un importe de 55.939, 35 euros, dos cales o GDR COSTA DA MORTE aportou 38.000 euros, financiados polo plan Leader 2014-2020 cofinanciado por:

> Xunta de Galicia Consellería do Medio Rural

> Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente

> Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa Inviste no Rural.

PUBLICACIÓN NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS E LABORAIS PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DUMBRIA.

Miniatura Noticia

 

Consulta a listaxe de admitidos:



 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




Proxecto para a Mellora do Acceso Peonil á Fervenza do río Xallas no Ézaro. FASE 2.

Miniatura Noticia

Este proxecto conta coa financiación da Unión Europea no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020), cunha axuda otorgada ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo aprobadas pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia ao Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro “Seo Fisterra Ría de Muros-Noia”, e ten por obxecto establecer a continuidade peonil entre dous ámbitos do recorrido peonil de acceso á Fervenza do Ézaro, adoptando as medidas de accesibilidade.

A actuación terá lugar na marxe dereita da desembocadura do río Xallas. A solución plantexada permitirá acceder á zona máis próxima á fervenza, por un camiño totalmente independente, de uso exclusivo peonil, separado da zona industrial ata alcanzar o tramo final, no que xa existe unha pasarela de madeira.

Dumbría mellora para tí !

 

DENOMINACION DO PROXECTO

Proxecto para a mellora do acceso peonil á fervenza do río Xallas no Ézaro. Fase 2

BENEFICIARIO > Concello de Dumbría

IMPORTE TOTAL DO PROXECTO > 359.677,98

IMPORTE TOTAL SUBVENCIONABLE > 297.254,53 €

PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN > 61,25%

IMPORTE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA > 182.068,40 €

PROXECTO DE COOPERACIÓN (SI/NON) > NON

PROXECTO PLURIANUAL (SI/NON)

> SI

> ANUALIDADES: 2018-2019-2020

PRAZO DE EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN ANO 2018 > 31/10/2018

PRAZO DE EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN ANO 2019 > 31/10/2019

PRAZO DE EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN ANO 2020 > 31/05/2020

 
 

 

PROGRAMACIÓN NADAL 2023/2024

Miniatura Noticia

 




Este Nadal a rapazada pode traer as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos ás Casas Culturais e encargarémonos de facérllelas chegar.



Do 15 ao 21 de decembro, Papá Noel falará coas nenas e nenos nas clases de informática. Se o teu neno/a non está asistindo a estas clases, pero queres que Papá Noel contacte con el/ela, chama ao Concello, ou pregunta na túa casa cultural, e xestionámoslle unha cita co Polo Norte.


> Tamén teremos obradoiros infantís de manualidades e ata unha scape room na biblioteca.

Faranse quendas para que todos/as poidan participar.


> Teremos actuacións de maxia, música, teatro, contacontos.


> Organizamos unha Festa Infantil no Conco con moitas sorpresas. Haberá xogos, obradoiros de manualidades, pintacaras, globoflexia, risas e diversión.


Ollo! Para asistir a esta festa é preciso inscribirse no Concello ou nas Casas Culturais.


Podes descargar aquí a solicitude:


> E, para pechar estas datas de Nadal, a tarde do 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.


 


 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001