PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

Cultura Agosto 2023!!!

Miniatura Noticia

Actividades de cultura no mes de agosto: Festa da Praia do Ézaro, maxia, exposicións, bailes, música...

 

 

CORONAVIRUS - TODO O QUE DEBES SABER.

Miniatura Noticia

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

CORONAVIRUS - QUE NINGUÉN QUEDE DESASISTIDO.

Miniatura Noticia

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

CORONAVIRUS - MANEXO DE RESIDUOS
NOS FOGARES.

Miniatura Noticia

FOGARES CON POSITIVOS OU EN CORENTENA POR COVID-19:

Os residuos do paciente, incluído o material desbotable (luvas, panos, máscaras), débense eliminar nunha bolsa de plástico (BOLSA 1) nun cubo para o lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen facer ningunha separación para a reciclaxe.

Esa bolsa 1 debe cerrarse axeitadamente e introducirse nunha segunda bolsa (BOLSA 2), á saída da habitación, onde ademais se depositarán as luvas e a máscara empregados polo coidador, e cerrarase axeitadamente antes de saír da habitación.

A bolsa 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa do lixo (BOLSA 3) correspondente ó cubo de fracción resto.

Inmediatamente despois farase unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos durante 40 – 60 segundos.

A bolsa 3, pechada axeitadamente, depositarase exclusivamente no contedor de fracción resto.

 

FOGARES SEN POSITIVOS OU CORENTENA

A separación dos residuos farase como vén facéndose habitualmente, tratando de maximizar a separación para reducir a fracción resto xerada. As fraccións separadas só se depositarán nos contedores correspondentes.

Os guantes de látex ou nitrilo empregados para outros usos non deben depositarse no contedor de envases lixeiros (amarelo), senón no de resto.

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

CORONAVIRUS - DOA PROTECCIÓN, SALVA VIDAS.

Miniatura Noticia

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

CORONAVIRUS - Axudas a familias do alumnado.

Miniatura Noticia

Axudas a familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor durante a suspensión do servizo.

NORMATIVA

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (DOG no 62 do 30/3/2020) ED601B.

OBXECTO

Establecer unha liña de axudas ás familias do alumnado que posúe a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e na ESO.

O outorgamento das axudas realízase de xeito directo, sen concorrencia competitiva.

IMPORTE DAS AXUDAS

Consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

Tendo en conta que o importe máximo do prezo público de comedor ou tarifa se fixa en 4,50 euros por menú e día, e que neste concepto se inclúen no só os custos da materia prima senón tamén os do persoal da consellería, consumos e mantemento de instalacións, que continúa a aboar, ou, se é o caso, do persoal de empresas alleas, determínase que o prezo máximo para satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de 2,50 €, nos casos de gratuidade total, e 1,50 € nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer 1 € pola prestación do servizo.

Compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta de Galicia, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos. Inclúe tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00.00 do día 12 de abril e que se corresponden con 2 días lectivos de marzo e 3 días lectivos do mes de abril ata o comezo das vacacións de Semana Santa. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma, calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020.

En consecuencia, aínda que se realizarán en dous libramentos, compútase un total de 28 días lectivos para os efectos de cuantificar o importe global dos créditos orzamentarios precisos para atender as compensacións.

O 1o período de libramento corresponderase cos días lectivos afectados pola suspensión da actividade educativa na primeira a e segunda prórroga de emerxencia sanitaria e alarma.

O 2o libramento corresponderase cos días lectivos afectados por unha eventual terceira prórroga, no caso de que finalmente se adoptase tal medida.

BENEFICIARIAS

As familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

Tendo en conta a condición previa de comensal gratuíto ou semigratuíto dun euro, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario especifico que anunciarán ás familias.

Alternativamente, para o suposto de que non sexa posible obter mecanismos de identificación (FNMT ou Chave365), arbitrarase un sistema de captura das solicitudes nos centros educativos con identificación do: https://matiass.xunta.es

Axudas a familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor durante a suspensión do servizo solicitante a través de medios electrónicos ou telefónicos. Esta posibilidade anunciarase a través do portal educativo e dos portais dos centros educativos.

A solicitude será única por cada familia e incluirá a totalidade das fillas e dos fillos escolares de ensinanzas obrigatorias, que sexan comensais gratuítos e semigratuítos dun euro no comedor escolar xestionado pola consellería nun centro de ensino público, identificará o solicitante en nome da familia e o alumnado comensal e conterá información da conta corrente onde realizar o ingreso da compensación.

Habilitaranse os mecanismos de cifrado suficiente para que os datos transmitidos teñan a correcta protección de datos.

PRAZO

Tendo en conta a especial vulnerabilidade do colectivo beneficiario e a inmediatez con que debe de ser atendido, establécese un prazo especial que comezará o 31 de marzo e rematará o 6 de abril ambos os dous incluídos.

. O prazo máximo para resolver será de 10 días desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

COPA PRÍNCIPE DE VOLEI 2020

Miniatura Noticia

O Conco acaba de ser elixida sede da Copa Príncipe de Volei, que se desputará os días 11 e 12 de xaneiro de 2020.

Este importante torneo nacional enfronta os dous primeiros clasificados na primeira volta dos grupos A e B da Superliga 2.

A día de hoxe, e a falta de desputarse aínda 3 partidos, os clasificados serían, provisionalmente, Volei Dumbria Oficial e Boiro Voleibol (grupo A) e Club Voleibol Barcelona CVB Barça e Club Voleibol Sant Pere i Sant Pau - Primer equipo (grupo B).

Despois da boa acollida da fase final de ascenso á Superliga 1, desputada o pasado mes de abril en Dumbría, tanto a Real Federación Española de Voleibol, coma a Federación Galega de Voleibol, volven confiar en nós para a organización dun evento desta envergadura a nivel nacional.

Convocatoria de axudas PEL-Reactiva.

Miniatura Noticia

Convocatoria de axudas PEL-Reactiva da Deputación da Coruña: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña.

O Concello de Dumbría abre o prazo para a convocatoria de axudas para microempresas, persoas traballadoras por conta propia ou autónomos mediante a adhesión ao PEL-Reactiva da Deputación da Coruña.

O prazo de presentacion de solicitudes iniciarase a partir do dia seguinte ao da publicacion das bases da convocatoria no Boletin Oficial da Provincia e finalizará ás 14:00 horas do 25 de novembro de 2020.

As solicitudes presentaranse por via telemática a traves da Sede Electronica do Concello de Dumbría, accesible a través do enlace https://sede.dumbria.com/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudAyudasPelReactiva

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA BENEFICIARIOS PLAN REACTIVA DEPUTACIÓN-CONCELLO DE DUMBRÍA



 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 



CONCURSO FOTOGRÁFICO #DUMBRÍAÉ

Miniatura Noticia

O Concello de Dumbría lanza o concurso de fotografía #DUMBRÍAÉ

Amosa o mellor de Dumbría a través da túa cámara!

 

TEMÁTICA

Fotografía o que fai de Dumbría un lugar único: o seu patrimonio, natureza, festividades, eventos, tradicións, deporte, cultura, o Camiño de Santiago, ríos, montes, gastronomía local e hostalería,... 

As imaxes poden ser antigas ou actuais, de día ou de noite.

 

PARTICIPACIÓN

Para participar, debes ser seguidor do noso Facebook ou Instagram e enviar ata 5 fotos (máx.) con título e descrición.

As imaxes deben ter boa calidade (mínimo 300x200mm a 300ppp) e estar

en formato JPEG, PNG ou TIFF; en cor ou branco e negro.

A participación é libre e gratuíta. Para maiores de 14 anos.

 

PREMIOS

Temos 12 bonos de 100 € para gastar en establecementos hostaleiros ou comerciais do concello.

Cada participante pode gañar como máximo 3 premios. As fotografías gañadoras serán seleccionadas por votación popular e un xurado especializado.

 

PRAZO

Envía as túas fotos antes do 30 de setembro de 2024.

 



 

BASES DO CONCURSO



 

PARTICIPA

> LIGAZÓN AO CONCURSO:



 

 


Esperamos as túas mellores fotografías!.





CONCURSO CONTOS DE TERROR NO CAMIÑO.

Miniatura Noticia

𝐂𝐞𝐫𝐭𝐚𝐦𝐞 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐬𝐨𝐛𝐫𝐞 𝐨 𝐕𝐚́𝐤𝐧𝐞𝐫

O Concello de Dumbría patrocina a primeira edición do certame de contos de terror cuxo protagonista será o Vákner.

Este certame vai dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos concellos polos que discorre o #Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.

Coincidindo coa celebración do #Samaín e ás portas do #Xacobeo2021, La Voz de Galicia e Radio Voz impulsan este certame, que acollerá contos dun máximo de 1.500 caracteres.

Cada colexio deberá remitir os textos antes do 15 de novembro á delegación de Carballo de La Voz de Galicia (Gran Vía, 84, 1.º esquerda), ou ben envialos ao correo electrónico eventos.carballo@lavoz.es.

Certame promovido coa colaboración dos concellos do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía: Ames, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Negreira, Santa Comba e Santiago de Compostela.

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001