PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

Comparte O Gran Fondo Ézaro 2019, presume de terra.

Miniatura Noticia

Presume de Costa da Morte e comparte o vídeo con todo o mundo, que vexan a nosa fermosa terra.

Clausura das Escolas Municipais de Teatro 2018.

Miniatura Noticia

O domingo 3 de xuño terá lugar na Casa Cultural de Olveira a clausura das Escolas Municipais de Teatro 2018.

Ao longo de todo o día poderemos gozar das actuacións que nos ofrecerán as/os nosas/os artistas locais. Un bo puñado de dumbrieses e dumbriesas que se xuntan todos os martes durante o curso para pasalo ben, para divertirse e para aprender.

Nas escolas municipais de teatro, dirixidas por Diego Rey, membro da compañía Talía Teatro, os/as participantes traballan a desinhibición, a presencia escénica, a composición escénica, a expresión, a improvisación, a creación de personaxes, a voz,...

Nestes exercicios de clausura o grupo infantil levará a escena (ás 12:00 h) pezas escritas por eles e elas memos/as, ademais dalgunha outra sorpresa.

Xa pola tarde (18:00 h), o grupo xuvenil escenificará a obra A Visita.

E ás 20:00 h o encargado de subirse ás táboas será o grupo de adultas/os, que nos mostrará a obra O Velorio.

Non faltes a esta divertida cita!

Entrada de balde!

CINE na Rúal!!!

Miniatura Noticia
Cine na rúa, no Paseo Marítimo do Ézaro En colaboración Rede Cultural da Deputación da Coruña .
É de balde e apto para todos os públicos!

PROGRAMACIÓN

 

Coco

Coco é unha película animada dos estudios Disney, lanzada no ano 2017. Inspirada nunha das celebracións tradicionais mexicana coñecida coma o Día dos Mortos, a película convertiuse rápidamente nun referente cultural.

Día: 13 de xullo de 2019

Hora: 22:30 h

Lugar: Paseo Marítimo do Ézaro

 

Gisaku

Un diaño ao servizo do Señor das Tebras chamado Gisaku perde os seus poderes nunha batalla e acaba convertido nun adorable cachorro. Pola súa banda Yohei, un mozo samurai perdido nalgún punto de España, espera para levar a cabo unha importante misión.

Día: 20 de xullo de 2019

Hora: 22:30 h

Lugar: Paseo Marítimo do Ézaro

CINE na Rúal!!!

Miniatura Noticia
Cine na rúa, no Paseo Marítimo do Ézaro En colaboración Rede Cultural da Deputación da Coruña .
É de balde e apto para todos os públicos!

PROGRAMACIÓN

 

Coco

Coco é unha película animada dos estudios Disney, lanzada no ano 2017. Inspirada nunha das celebracións tradicionais mexicana coñecida coma o Día dos Mortos, a película convertiuse rápidamente nun referente cultural.

Día: 13 de xullo de 2019

Hora: 22:30 h

Lugar: Paseo Marítimo do Ézaro

 

Gisaku

Un diaño ao servizo do Señor das Tebras chamado Gisaku perde os seus poderes nunha batalla e acaba convertido nun adorable cachorro. Pola súa banda Yohei, un mozo samurai perdido nalgún punto de España, espera para levar a cabo unha importante misión.

Día: 20 de xullo de 2019

Hora: 22:30 h

Lugar: Paseo Marítimo do Ézaro

Cine na rúa, xullo 2021.

Miniatura Noticia



"A GaliñaTuruleca"


• 17 XULLO, 22:30 h:

No paseo marítimo do Ézaro. A GaliñaTuruleca. (Dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.). Aforo limitado e obrigatorio o uso de máscara


 


 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




Certificado de profesionalidade de nivel 3: Coordinación de Servizos de Socorrismo en Instalacións e

Miniatura Noticia

Dentro do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Actividade Física e Deportiva que inclúe ó acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3:

COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS (RD 1076/2012, de 13 de julio)

A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia na cidade da Coruña, e, a data de inicio, prevista para a última quincena de novembro, será comunicada ao longo do proceso de selección e unha vez se obteña a confirmación e autorización de inicio por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A xornada formativa obrigatoria a desenvolver en horario de mañan, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

O prazo de inscrición péchase o próximo MÉRCORES 14 DE NOVEMBRO ás 14:00 horas.

Máis información nas oficinas municipais, de luns a venres, en horario de 8:00 a 15:00 horas, ou chamando o 981 744 001

 

CERTAME LITERARIO TERRITORIO VÁKNER 2024.

Miniatura Noticia


O certame literario TERRITORIO VÁKNER ten 2 𝐦𝐨𝐝𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬

𝗜𝗜𝗜 𝗘𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗥𝗘𝗟𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗠𝗜𝗦𝗧𝗘𝗥𝗜𝗢 𝗡𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢 (adultos)

  • 𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀: maiores de 16 anos.
  • 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀/𝗲𝗻𝘃𝗶́𝗼 𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼𝘀: a̲t̲a̲ o̲ 1̲5̲ d̲e̲ o̲u̲t̲u̲b̲r̲o̲ á Delegación de La Voz de Galicia, rúa Gran Vía, 84, 1º, 15100, Carballo.
  • 𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀:
    • 1º premio: 2.000€
    • 2º premio: 1.000€
    • 10 primeiros: diploma e peza distintiva.


 


 






𝗜𝐕 𝗘𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗖𝗢𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗠𝗜𝗦𝗧𝗘𝗥𝗜𝗢 𝗡𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢 (escolar)

  • 𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀: 2 categorías⤵
    • Alumnado de 5º e 6º de primaria dos colexios polos que transcorre o Camiño de Fisterra e Muxía.
    • Alumnado na ESO dos colexios polos que transcorre o Camiño de Fisterra e Muxía.
  • 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀/𝗲𝗻𝘃𝗶́𝗼 𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼𝘀: a̲t̲a̲ o̲ 1̲5̲ d̲e̲ o̲u̲t̲u̲b̲r̲o̲ a eventos.carballo@lavoz.es
  • 𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀:
    • 750€ para o colexio ao que pertenza a persoa gañadora de cada categoría.
    • 3 primeiros: obsequio.
    • Demais seleccionados: diplomas.



 


 





 




CERTAME LITERARIO TERRITORIO VÁKNER

Miniatura Noticia

 


Este ano o concurso ten 𝐝𝐮́𝐚𝐬 𝐦𝐨𝐝𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬:

II edición do Concurso Contos de Misterio no Camiño:

Concurso 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐫, con dúas categorías nas que poderán participar os centros educativos dos concellos polos que discorre o Camiño de Fisterra e Muxía:

> 3º ciclo de Primaria: 5º e 6º curso
> Educación Secundaria Obrigatoria Extensión máxima 1.500 caracteres

 


I Edición Certame de Relatos de Misterio no Camiño:

dirixida a 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐚𝐝𝐮𝐥𝐭𝐚𝐬 (maiores de 16 anos). Extensión entre 4.000 e 6.000 caracteres


 

A temática gardará relación cos misterios no Camiño de Fisterra e Muxía, a figura do Vákner e terá como escenario esta ruta.

 



 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




Campionatos de España Infantil e Cadete de Volei Praia 2019

Miniatura Noticia

Do 23 o 28 de xullo, a praia do Ézaro acolle os Campionatos de Volei Prai nas categoría de: infantín e cadete.

Seis días pra gozar do deporte e da natureza, achégate!!!