Ir o contido principal

38ª FESTA DA PRAIA DO ÉZARO. CONCELLO DE DUMBRÍA

Miniatura Noticia

 

 

Os días 2 e 3 de agosto do 2025 ven a DISFRUTAR DE  actividades para a rapazada e para os maiores na Praia do Ézaro, no Concello de Dumbría!
Un sinfín de xogos, obradoiros, carreiras de obstáculos (OCR) e música para todos con A Gramola Yé Yé, a charanga O Rumbo e a coral Eburnie.
Tamén teremos a oportunidade de asistir a un espectáculo que mestura acrobacias, humor e música, da man de Sempre Arriba.
E o domingo Gran Sardiñada popular!!! e a actuación pola tarde da orquestra Finisterre.
 
🏖 38ª FESTA DA PRAIA DO ÉZARO
📆 2 e 3 de agosto 2025
 
 

Pegadas de Castelao, de Migallas Teatro, en Dumbría

Miniatura Noticia

🎭 Chega ao Conco Pegadas de Castelao, de Migallas Teatro
📅 Xoves 24 xullo
🕒 11:00 h
📍 Instalacións do Conco. Salón de actos do albergue
·
Unha actuación promovida pola Área de Lingua da Deputación da Coruña
·
“Pegadas de Castelao” é un espectáculo dirixido a todos os públicos a partir de 6 anos que ten como obxectivo a difusión da figura e da obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural etc. dunha forma amena e divertida.

Combínanse diferentes técnicas dramáticas: monicreques de silueta, de luva e cabezudos inspirados nos debuxos e relatos de Castelao, teatro de actor, pantomima, cantar de cego etc., todo acompañado por música en directo e cantigas populares vinculadas á súa vida e obra.

“Pegadas de Castelao” tenta amosar as profundas pegadas que deixou Castelao na historia e na cultura de Galicia así como avivar o interese por afondar no coñecemento da súa vida, da súa obra e do seu pensamento.
·
#Dumbría #DumbríaéCultura #Castelao #linguagalega #galego #lingua #cultura #teatro #patrimonio #historia #Galicia

Afiador: un espectáculo do Mago Teto, en Olveiroa, Dumbría

Miniatura Noticia
🎩✨️ O sábado 26 chega a Olveiroa a maxia dun afiador que, facendo o Camiño, non podía pasar sen parar neste emblemático lugar.
O Mago Teto, un dos mellores magos do noso país, tráenos un novo espectáculo que fará as delicias de grandes e pequenos.
Non o perdas!
🎩✨️ O Afiador. Mago Teto
📍 Olveiroa. Praza do Cruceiro
📅 Sábado 26 xullo, ás 20:00 h
 
 
Actuación programada a través de Cultura no Camiño 2025. Agadic
 
#Dumbría #DumbríaéCultura #CulturanoCamiño #DumbríaéCamiño #CamiñoFisterraMuxía

APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL DE DUMBRÍA

Miniatura Noticia
 
A piscina municipal do Conco estará aberta ao baño libre de luns a sábado, de 16 a 20 h a partir do 1 de xullo

𝑬𝒔𝒑𝒆𝒕𝒆𝒊𝒓𝒂𝒔 𝒄𝒐𝒎𝒖𝒏𝒂𝒊𝒔 𝒏𝒂 𝒂𝒓𝒆𝒂: 𝒕𝒆𝒎𝒑𝒐𝒔 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒄𝒐𝒎𝒑𝒂𝒓𝒕𝒊𝒓 na Praia do Ézaro, en Dumbría

Miniatura Noticia
 
Nos meses de verán  podes atopar en cinco praias da Costa da Morte as espeteiras comunais, unha iniciativa da cooperativa cultural 𝐀𝐳𝐮𝐥 𝐦𝐚𝐢𝐬 𝐕𝐞𝐫𝐝𝐞, en colaboración coa 𝐀𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐀𝐒𝐏𝐀𝐃𝐄𝐗.
Unha delas, na 📍 Praia do Ézaro
A 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚, moble típico das cociñas do rural, reimaxinouse e adaptouse para convertela nun 𝐞𝐬𝐩𝐚𝐳𝐨 𝐝𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐩𝐞𝐧𝐝𝐮𝐫𝐚𝐫 𝐨𝐛𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐱𝐨𝐠𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐨 𝐮𝐬𝐨 𝐜𝐨𝐥𝐞𝐜𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐧𝐚𝐬 𝐩𝐫𝐚𝐢𝐚𝐬. Todos eles están inspirados en ferramentas ou obxectos tradicionais galegos.
𝐎𝐥𝐥𝐨❗
𝐄𝐬𝐭𝐞𝐬 𝐮𝐭𝐞𝐧𝐬𝐢𝐥𝐢𝐨𝐬 𝐬𝐨𝐧 𝐝𝐞 𝐮𝐬𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐚𝐥, 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐨𝐧 𝐝𝐞 𝐭𝐨𝐝𝐚𝐬 𝐞 𝐝𝐞 𝐧𝐢𝐧𝐠𝐮𝐞́𝐧. 𝐀𝐨 𝐫𝐞𝐦𝐚𝐭𝐚𝐫 𝐝𝐞 𝐱𝐨𝐠𝐚𝐫, 𝐥𝐞𝐦𝐛𝐫𝐚 𝐝𝐞𝐢𝐱𝐚𝐥𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐨 𝐧𝐚 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚.
𝐔𝐬𝐚, 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚 𝐞 𝐝𝐞𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞: 𝐞𝐬𝐞 𝐞́ 𝐨 𝐭𝐫𝐚𝐭𝐨❗
As espeteiras foron deseñadas por Frank Buschmann, ebanista e integrante de Azul mais Verde xunto con María Bella, e elaboradas en colaboración con dezaoito integrantes de ASPADEX.
O proxecto resultou premiado no I Certame do Fondo de apoio a proxectos singulares para a mellora social 2025 da Deputación da Coruña.
📸 Antonio Nodar

Galería de imaxes

Campaña de trampeo da velutina no Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

Neste 2025 o número de raíñas de vespa velutina capturadas no noso concello duplicou as do ano pasado, acadando preto dos 12.000 exemplares.

Ás 250 trampas entregadas á veciñanza e mais as 50 colocadas polo propio concello o ano pasado, sumáronselle este ano outras tantas, acadando máis de medio milleiro delas repartidas polo territorio municipal.

Esta é unha loita na que todas e todos debemos colaborar para así protexer o noso medio e a nosa propia seguridade.

Lembra que, se detectas algún niño de velutinas, debes contactar coa Xunta a través do 📞012 ou da web www.xunta.gal/servizo-do-012


 

Curso de Manipulador de Productos Fitosanitarios

Miniatura Noticia
Formación
𝐌𝐚𝐧𝐢𝐩𝐮𝐥𝐚𝐝𝐨𝐫 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐨𝐝𝐮𝐭𝐨𝐬 𝐅𝐢𝐭𝐨𝐬𝐚𝐧𝐢𝐭𝐚𝐫𝐢𝐨𝐬 (Nivel básico. 25 horas)
📅Datas de celebración: 21, 22, 23, 24 e 28 de xullo
🕒Horario: de 15:00 a 20:00 horas
📍Lugar de celebración: Dumbría
💶Prezo: 80 € (desconto de 20 € para afiliadas/os a Unións Agrarias-UPA)
·
Máximo 30 alumnas/os
O alumnado participante nesta formación será examinado pola Xunta de Galicia
··
Solicitudes ata o 11 de xullo e PRAZAS LIMITADAS (máx. 30 alumnas/os)⬇️
Axencia Galega de Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia. Unións Agragrias-UPA
Cartel de concurso de fotografía #DumbríaÉ

 

1. OBXECTO

Este concurso ten como principal obxectivo promover e difundir o Concello de Dumbría.

#Dumbríaé simboliza dende o 2011 un movemento de etiquetado social tanto para fotos e vídeos coma para as diferentes áreas nos que o concello desenvolve accións e actividades (#DumbríaéDeporte #DumbríaéTurismo #DumbríaéCultura #DumbríaéNatureza #DumbríaéHistoria #DumbríaEsti #DumbríaéCamiño…).

Son moitas as persoas que dende os inicios do primeiro concurso do #Dumbríaé crean e difunden contidos nos que promoven o noso territorio e actividades e, como en anteriores edicións do concurso, queremos premiar e recoller esas fotografías auténticas e xenuínas que formarán parte do material promocional e divulgativo do noso concello.

2. TEMÁTICA

A temática centrarase en fotografías representativas de Dumbría con diversas temáticas (patrimonio, natureza, festas, actos, eventos, tradicións, deporte, persoas, cultura, Camiño de Santiago, actividades, dos ríos, dos montes, da gastronomía local, da hostalería, etc.), que puideron ser tomadas en calquera época do ano. Poden ser fotografías antigas ou actuais. Poden ser sacadas de día ou de noite.

Buscamos esas espectaculares imaxes que representan o noso concello e coas que chegamos a tantos recunchos de todo o territorio.

3. CONDICIÓNS E REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

Para poder participar, o usuario encher un formulario que se encontra na web do Concello de Dumbría .

- As persoas participarán neste Concurso Fotográfico a través da web do Concello de Dumbría subindo un máximo de 5 fotografías que se encadren nalgunha das temáticas do concurso, acompañadas dun título ou frase que describa a mesma.

  • A fotografía deberá ter calidade suficiente para ser imprimida sen diminución da calidade. O arquivo orixinal previo a calquera edición ha de ter un mínimo de resolución de 300x200mm a 300ppp.

  • Sen ser esixible, recoméndase o encadre horizontal das imaxes.

  • As fotografías poderán presentarse tanto en cor coma en branco e negro.

  • As fotografías que non cumpran os requisitos anteriormente esixidos non poderán someterse a votación

  • A participación é libre e gratuíta.

  • Poderán participar as persoas maiores de 14 anos de idade, sexan ou non do Concello de Dumbría, exceptuando as persoas que formen parte do xurado.

  • Cada participante poderá enviar un máximo de 5 fotografías.

  • As fotografías non deben estar premiadas en ningún outro certame ou concurso, na data de presentación a este.

  • Os participantes serán os responsables da autoría, orixinalidade e contidos das súas fotografías debendo, se así é necesario, contar por escrito cos permisos de cesión de dereitos de imaxe das persoas retratadas.

  • As fotografías presentadas e premiadas seguirán sendo propiedade dos seus autores, os cales ceden os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública ao Concello de Dumbría, que as poderá utilizar para promover o concello. O nome do autor figurará na difusión das fotografías; pero non se aceptarán aquelas fotografías que leven sinatura ou algunha outra marca identificativa.

  • As fotografías deberán cumprir os requisitos técnicos indicados nas bases.

  • Os participantes, polo simple feito de selo, manifestan coñecer e aceptar as bases de participación e as decisións do xurado.

PRAZO

O concurso comezará unha vez publicado na web e/ou nas redes sociais do Concello de Dumbría e rematará ás 23:59 h do 30 de setembro do 2025

PREMIOS

Premiaranse un total de 12 fotos. Cada foto gañadora obterá un premio consistente nun bono de 100 € a consumir nun establecemento hostaleiro/comercial do concello de Dumbría que virá indicado en dito bono.

Cada participante pode optar como máximo a 3 premios.

A entrega de premios realizarase nun acto público no concello de Dumbría.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Resultarán gañadoras deste concurso as 12 fotografías con máis puntuación.

O concurso requirirá para a súa celebración un mínimo de 12 fotografías participantes, en caso de non alcanzalo suspenderase a súa celebración.

A valoración do Xurado, basearase nos criterios de adecuación das imaxes á temática, a creatividade, a orixinalidade, a capacidade para transmitir, a mensaxe e a calidade das mesmas.

XURADO

O Xurado estará composto pola Concelleira de Cultura e Turismo de Dumbría. Tamén formará parte do Xurado o xornalista Santiago Garrido e a comunicadora audiovisual Verónica Ramallal Trevín

O Xurado reservarase o dereito de interpretación das bases do presente concurso e de resolución dos casos non contemplados, de acordo co seu mellor criterio.

O Xurado resérvase o dereito de descartar aquelas imaxes que sexan de mal gusto ou non encaixen dentro da temática proposta, procedendo do mesmo xeito se non reúnen un mínimo de calidade.

Os membros do Xurado non poderán participar no Concurso.

O veredicto do Xurado farase público unha vez que remate a edición do Concurso e publicarase o resultado nas redes sociais e/ou web do Concello de Dumbría.

PROTECCIÓN DE DATOS

1. Responsable do tratamento dos seus datos

O responsable do tratamento dos seus datos é o Concello de Dumbría con enderezo en Estrada da Coruña s/n, Dumbría 15151 (A Coruña).

Contacto Delegado de Protección de Datos: dpd@dumbria.es

2. En que actividade de tratamento están incluídos os meus datos persoais e con que fins se tratarán?

Os seus datos serán tratados para xestionar a súa participación no CONCURSO #DUMBRÍAÉ. EDICIÓN 2025 e, en cumprimento do establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 de Protección de Datos Persoais (RGPD), serán tratados para as seguintes finalidades:

-Xestión da inscrición, verificación e selección de fotografías, así como autorizacións de utilización de imaxes.

3. Cal é a lexitimación na cal se basea a licitude do tratamento?

A lexitimación para tratar os seus datos persoais baséase no art. 6.1 a) do RXPD: “o interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos”.

4. Como exercer os seus dereitos? Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

Pode exercitar, se o desexa, os dereitos de acceso, rectificación e supresión de datos, así como solicitar que se limite o tratamento dos seus datos persoais, opoñerse ao mesmo, solicitar no seu caso a portabilidade dos seus datos, así como a non ser obxecto dunha decisión individual baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís.

Segundo a Lei 39/2015, o RGPD e a lei Orgánica 3/2018, pode exercitar os seus dereitos por Rexistro Electrónico do Concello de Dumbría, no Rexistro Presencial no enderezo arriba indicado, ou nos lugares e formas previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, preferentemente mediante o formulario de solicitude “Exercicio de dereitos en materia de protección de datos persoais”.

5. Tratamentos que inclúen decisións automatizadas, incluída a elaboración de perfís, con efectos xurídicos ou relevantes.

Non se realizan.

6. Por canto tempo conservaremos os seus datos persoais?

Os datos manteranse durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron así como o período no que puidesen derivarse responsabilidades xurídicas. Así mesmo, deberán conservarse durante os períodos establecidos na normativa de arquivos e patrimonio documental do Concello de Dumbría.

7. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Os seus datos poderán ser comunicados nas RRSS oficiais do Concello (o que pode supoñer unha transferencia internacional de datos) así coma na web institucional do Concello, en prensa e nas publicacións dirixidas a promover o concello e os seus recursos.

En caso de requirimento: Forzas e Corpos de Seguridade das estado/Autoridades Xudiciais.

8. Dereito a retirar o consentimento prestado para o tratamento en calquera momento.

Cando o tratamento estea baseado no consentimento explícito, ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada, nin ao cumprimento das obrigas legais aplicables ao responsable.

9. Dereito a presentar unha reclamación #ante a Autoridade de Control.

Ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos http://www.aepd.es se non está conforme co tratamento que se fai dos seus datos persoais.

10. Información adicional.

Poden consultar a información adicional e detallada da información e da normativa aplicable en materia de protección de datos na web da Axencia Española de Protección de Datos http://www.aepd.es, así como na política de privacidade do Concello de Dumbría na dirección: https://www.dumbria.com/pol%C3%ADtica-de-privacidade

PARTICIPACIÓN DE USUARIOS E RESERVA DE DEREITOS

O Concello de Dumbría resérvase o dereito a descualificar a calquera participante se existe calquera sospeita de uso fraudulento das ferramentas e na forma de participar no concurso. Por este motivo, poderanse tomar as medidas oportunas tales como, bloquear usuarios, descualificar contidos ou usuarios, ou calquera outra acción que se estime oportuna. A través desta ferramenta, o Organizador poderá saber, ao finalizar o período de participación, se o participante incorreu en prácticas fraudulentas co fin de obter máis votos. Se o valor do Índice de Fraude da súa participación é igual ou superior ao 100%, o Organizador resérvase o dereito de descualificar o participante e declarar nula a súa participación.

O Concello de Dumbría resérvase o dereito de modificación e borrado de calquera contido duplicado, erróneo, que se considere fora de contexto ou calquera outro criterio que crea adecuado.

O Concello de Dumbría resérvase o dereito de suspender ou eliminar aquelas achegas ou comentarios que incumpran estas condicións. A presentación de traballos neste concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases. O incumprimento dalgún dos seus apartados levarían implícita a exclusión do concurso da obra presentada. Se as bases fosen modificadas a criterio da organización, comunicaríaselles oportunamente a todas as persoas interesadas.

Dereitos sobre as fotografías

Todas as persoas que participan no concurso declaran que son autores, e titulares dos dereitos de explotación, das fotografías enviadas a concurso, e ceden de forma gratuíta ao Concello de Dumbría todos os dereitos de difusión, distribución, comunicación pública, reprodución e explotación das fotografías enviadas a concurso, de maneira que o concello de Dumbría poida reproducilas e comunicalas pública e gratuitamente. Na súa publicación, o Concello de Dumbría, sinalará unicamente o nome e apelido da persoa participante, sen condicionamento algún e sen que iso supoña o pago de contraprestación ningunha á persoa participante. A eses efectos, os participantes dan o seu consentimento ao Concello de Dumbría para que tanto cada fotografía como o nome do seu autor aparezan en calquera material informativo e promocional, xa sexa impreso ou dixital, prensa e en Redes Sociais. Cada participante faise responsable de calquera reclamación que poida derivarse da utilización do material fotográfico ao que se refire a cesión recollida neste documento e da totalidade das consecuencias de calquera eventual reclamación que se formule contra o Concello de Dumbría pola utilización das fotografías enviadas a concurso, incluídas sen ánimo exhaustivo non só as de quen pretenda ostentar dereitos sobre a obra senón tamén as reclamacións que se formulen por terceiros cuxa imaxe poida aparecer nas fotografías, comprometéndose cada participante para manter indemne ao Concello de Dumbría de calquera reclamación derivada da utilización das referidas fotografías, así como das consecuencias da mesma.

Garantías do participante

Coa aceptación destas bases a persoa participante manifesta e garante ser o autor material das fotografías, que son orixinais e que non as plaxiou ou usurpou a terceiros. Así mesmo, declara que dispón do consentimento expreso e inequívoco das persoas identificables que aparezan na fotografía coa que participa, así coma de cantos permisos sexan necesarios por parte dos titulares dos dereitos de propiedade intelectual, industrial, imaxe e/o calquera outros sobre a fotografía e/ou sobre os contidos insertos na fotografía ou fotografías coas que participaron no Concurso.

En calquera caso, o autor ou autora das fotografías presentadas a concurso responsabilízase totalmente de calquera reclamación que poida derivarse da utilización do material fotográfico ao que se refire a cesión recollida neste documento e da totalidade das consecuencias de calquera eventual reclamación que se formule contra o Concello de Dumbría e os patrocinadores do Concurso, incluídas as reclamacións que se formulen por terceiros cuxa imaxe poida aparecer nas fotografías.

No caso de aparecer nas fotografías menores de idade, o participante declara expresamente que conta coa autorización do pai, nai ou titor dos menores de idade para que estes poidan aparecer fotografados e as imaxes ser publicadas.

Pola súa banda, o Concello de Dumbría, resérvase o dereito de rexeitar aquelas fotografías que considere que non se cingan á temática do concurso, que atentan contra a legalidade ou que poidan resultar ofensivas para outros usuarios.

 

Concurso
Máximo 5 arquivos.
Límite de 20 MB.
Tipos permitidos: gif, jpg, jpeg, png.
Términos do servizo

A continuación, preséntanse os termos e condicións que rexen a participación no Concurso de Fotografía organizado polo Concello de Dumbría. A inscrición no certame supón a aceptación íntegra destas bases.

1. Protección de Datos de Carácter Persoal:

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmase aos participantes que os datos persoais facilitados no formulario de inscrición serán incorporados a un ficheiro titularidade do Concello de Dumbría.

A finalidade da recollida e tratamento destes datos é a xestión da súa participación no concurso, o que inclúe a comunicación con vostede, a publicación dos nomes dos gañadores e a xestión da entrega de premios. Os seus datos non serán cedidos a terceiros, agás obriga legal.

Os participantes poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, portabilidade e oposición dirixíndose por escrito ao Concello de Dumbría, indicando no asunto "Protección de Datos - Concurso de Fotografía".

2. Dereitos de Imaxe e Propiedade Intelectual:

Os participantes declaran e garanten que son os únicos autores das fotografías presentadas e que posúen todos os dereitos de propiedade intelectual sobre as mesmas. Así mesmo, aseguran que as imaxes non infrinxen dereitos de terceiros e que contan co consentimento expreso das persoas que poidan aparecer nelas, eximindo ao Concello de Dumbría de calquera reclamación ao respecto.

Os autores das fotografías premiadas cederán ao Concello de Dumbría, de forma non exclusiva e gratuíta, os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública das obras. Esta cesión terá como única finalidade a promoción e difusión do propio certame, así como das actividades culturais do Concello, a través dos seus canles oficiais (páxina web, redes sociais, publicacións, etc.), sempre mencionando a autoría da obra.

3. Responsabilidade do Participante:

A persoa participante manifesta que toda a información proporcionada no formulario é veraz e completa. A falsidade de calquera dato suporá a exclusión automática do concurso. A organización resérvase o dereito de tomar as medidas oportunas ante calquera incumprimento das presentes bases.

Galería de imaxes

Casas do Maior no Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

 

Dumbría conta con dúas casas do Maior, unha en Ponte Olveira e outra no edificio da Bitácora no Ézaro.

As casas do maior son un servizo gratuíto de atención diúrna a persoas maiores de 60 anos, cun máximo de cinco prazas cada unha para asegurar un coidado personalizado.

O servizo é prestado por profesionais autónomos ou cooperativas de traballo asociado, e localízanse en concellos que non contan con recursos de atención diúrna a maiores.

  • Qué é a Casa do Maior?

    Un servizo gratuito de atención diurna a persoas maiores de 60 anos. Está financiado pola Xunta de Galicia. Cada casa ten un máximo de cinco plazas cada unha.

     

  • Quen pode asistir?

    Persoas maiores de 60 anos, sen dependencia ou en grao 1, empadroadas no concello onde se sitúa a casa ou concellos limítrofes pero que non teñan recursos de centros de día.

  • Canto tempo se pode pasar nela?

Oito horas ao día de luns a venres, durante o día, con horario flexible. Permanecerá aberta todo o ano, excepto os días festivos e un mes de vacacións

  • Servizos que prestan

    - Actividades de envellecemento activo

    - Entrenamento cognitivo

    -Hixiene persoal

    - Outras actividades personalizadas

    -Transporte gratuito

    - Comida: pago de 7 euros ao día por persoa

 

Solicitudes e información
Acudir aos Servizos Sociais do Concello de Dumbría

Galería de imaxes