“A mayoría da xente lee, pero non se entera do que está lendo”
Manuel Castiñeira
[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=vg6W6Lw07kw&w=320&h=266]
Video: Quijote Episodio de los molinos de viento. Briareo Gigante- Relación coa Ilíada
Cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Dumbría, como sabedes ten una biblioteca e 4 axencias de lectura repartidas polas parroquias. Os libros, a lectura, o coñecemento, o saber son temas que nos preocupan e e nos que traballamos. Dinamización cultural e que cada persoa teña as mesmas oportunidades. Viva no rural ou nunha gran cidade. Esa é a nosa filosofía.Compartimos con vós este vídeo de Manuel Castiñeira, profesor do Instituto de Bachillerato de Cee, amante dos libros, recitador nato e futuro "bootuber". Un apaixoado das letras, dos libros e da cultura.
ENTREVISTA 1. Quén é Manuel Castiñeira?Manuel Castiñeira Canosa nace en Xaviña ( Camariñas). Aos 14 anos trasládase a vivir a Ponte do Porto xunto co seu irmá Lorenzo, despois en Lires, Cee, e estudia en Santiago de Compostela en Santander e Madrid. Tivo unha vida intelectual e tamén vinculada ao deporte; xogando no Porteño, despois en Cee, en Finisterre, Corcubión e no Bergantiños. Unha vida compatibilizando os estudos e o deporte. Hasta os 14 anos traballei na terra e na agricultura.
Estou casado e teño tres fillos, espallados polo mundo. A miña filla Sara está en Barcelona; en Boston ( EEUU) teño a David, destacado investigador da Universidade de Harward, e o outro fillo Jesús está en Santiago de Compostela e adícase ao mundo da hostelería.A miña muller Maruxa, é de Lires
2. A qué dedicastes a túa vida profesional?A miña vida profesional comenza en Corcubión, unha vez que rematei a carreira de Filosofía Pura. Daba Bachillerato Elemental, logo ganei as oposicións e trasladeime a vivir ás Islas, concretamente As Palmas de Gran Canaria. Logo fíxenme catedrático e trasladeime de novo á península, concretamente a Córdoba durante 4 anos. Por último pedín o traslado a Galicia, concretamente en Cee, onde pasei a maior parte da miña vida profesional. Concretamente dende o ano 1982 hasta o 2010 que me xubilei.
- Que é para ti a túa profesión?
Para min a profesion de ensinar é maravillosa. Tiven moitas vocacións, era un apaixoado do deporte, e tamén estiven un tempo no seminario pero cando empecei a dar clase deime de conta de que o me máis me gustaba era dar clase.
- Qué é o amor á literatura e ós libros?
A literatura é un camiño. Dame tranquilidade, elimíname todo aburrimento. Das cousas mellores que temos é que poder disfrutar da lectura. Os libros son para todos, para os que non poden moverse e para os que sí. Eu noto que hai persoas que se aburren moito chegados a unha idade coma a xubilación. Eu defendo que non hai tempo a aburrirse. Hai un campo enorme no mundo da lectura, con diferentes temáticas e xéneros. Só temos que encontrar o que máis nos gusta e co que nos sintamos máis cómodos.
- Cómo se transmite o amor á lectura?Para transmitir o gusto polos libros e pola lectura, é moi importante e interesante explicar previamente o contido da lectura; para poder entrar a lelos e poder disfrutalos. Moitas persoas non len e non disfrutan da lectura porque non teñen esa orientación lectora e esa explicación previa que vai ser a que enganche a esa persoa a ese texto. Pode ser algo breve e conciso.
Para que as persoas lean máis hai que levalos a lugares onde haxa libros, coma as bibliotecas. Nas casas apenas hai libros, e nunha aldea, pois menos. Temos que orientar ós nenos e as persoas cara eses espazos que xa hai en todos os concellos. Agasallar con libros e estar rodeados de persoas que len tamén favorece que se poida coller ese gusto e amor ós libros.
-Cal é o teu libro favorito?Non teño un só libro. Bueno, podo decir que El Quijote é o meu libro de cabeceira. Pero un libro que me gustou moito foi “Crimen y Castigo” de Dostoievski. Tamén “A Ilíada” a “Odisea” de Homero e a “Divina Comedia” de Dante. Eses serían os meus libros de referencia.
De autores contemporáneos, “Tiempo de silencio” de Luis Martín-Santos “La Perla “ de Steinbeck é un libro curto e maravilloso. Pero para min os clásicos nunca morren. Virgilio tamén me entusiasma ( en latín)Lope de Vega, Cervantes Está Calderón de la Barca en “La vida es sueño”
"¡Ay mísero de mí, y ay, infelice!
Apurar, cielos, pretendo,
ya que me tratáis así
qué delito cometí
contra vosotros naciendo;
aunque si nací, ya entiendo
qué delito he cometido.
Bastante causa ha tenido
vuestra justicia y rigor;
pues el delito mayor
del hombre es haber nacido."
- Gustaríache escribir? e planteácheste algunha vez escribir un libro?
Sí gustaríame moito escribir un libro, pero agora mesmo non teño moito tempo.
- Algún autor ou autora da Costa da Morte que admires e recomendes?Na Costa da Morte hai moitos escritores que admiro e leo.Falar por exemplo de Eduardo Pondal e ese sentido heroico que presenta nos seus poemas. López Abente, de Muxía Carlos Casares gústame e tamén porque fomos compañeiros de oposición.
Abella Chouciño de Malpica, Concha Blanco, aparte de ser amiga e compañeira forman parte da miña época. A Costa da Morte ten moitos e variados autores e por suposto debemos lelos e coñecelos.
- Qué pensas de que moitos dos teus alumnos e alumnas amen os libros e a lectura gracias á paixón coa que ti ensinabas?Eso dame moita alegría e emoción. É algo que me enriquece e reconforta tanto profesionalmente como persoalmente. Dame paz e anímame a seguir difundindo e ensinando ó mundo o amor ós libros e a lectura
Vídeo de Briareo en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=vg6W6Lw07kw