PÁXINA DE DESARROLLO. (Só para probas)

Ir o contido principal

CURSOS DE INFORMÁTICA CURSO 2016/2017

Miniatura Noticia
Está botando a andar un novo curso escolar, e con el os cursos de informática para adultos.
Aquí vos deixamos un cronograma coa materia que se vai abordar este ano.
Se tedes máis de 16 anos e ganas de aprender, inscribídevos nas oficinas municipais ou nas casas culturais canto antes.



25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Miniatura Noticia
25 de novembro, conmemórase Día internacional contra a violencia de xénero.


Desde o concello de Dumbría queremos manifestar a nosa total repulsa e a máis enérxica das condenas ante unha das evidencias máis virulentas da discriminación por razón de xénero: a violencia contra as mulleres.

Só se toda a sociedade se implica se conseguirá eliminar este tipo de violencia, que nos nosos días segue sendo un dos maiores desafíos ós que debemos enfrontarnos. 
A violencia contra as mulleres non entende de razas, culturas, etnias nin clases sociais. 

TODOS E TODAS temos a responsabilidade de actuar ante a violencia.

Todos e todas temos o deber de apoiar e manter unha entorna política e social de tolerancia cero ante a violencia contra as mulleres, no que os amigos e amigas, os familiares, a veciñanza, homes e mulleres en xeral, interveñan activamente para impedir que os autores deses actos queden impunes.

Lembrámosvos que no concello temos un servizo de información á muller ó cal podedes acudir tódolos mércores de 13:00 a 15:00 h  (PIM- Punto de Información á Muller)
O teléfono de atención a vítimas de malos tratos por violencia de xénero é o  016

#ContraAViolenciadeXénero #igualdade

NADAL 2016

Miniatura Noticia


E xa estamos de novo ás portas do Nadal!
Abrimos prazo de inscrición para a festa infantil de Nadal, que se celebrará o luns 26 de decembro.
Será nas instalacións do Conco.
Haberá servizo de autobús para recoller aos nenos/as polas parroquias.
A festa comezará sobre as 11:00 h e prevese que remate ás 17:00 h.
Pola mañá teremos xogos deportivos e obradoiros de manualidades. Despois de xantar continuaremos cun divertidísimo obradoiro de xogos de habilidade.
Para poder asistir é necesario cumprimentar unha autorización e entregala nas oficinas municipais ou nas casas culturais antes do 18 de decembro.

Nas Casas Culturais vanse levar a cabo obradoiros de manualidades infantiles . Podedes consultar horarios na imaxe de arriba.

E, para poñerlle un pouco de música ó Nadal, o martes, 3 de xaneiro ás 17:00 h nas instalacións do Conco, poderedes asistir ó concerto Cantarolas pra xente miúda, enmarcado nas actividades do programa FalaRedes da Deputación da Coruña.


Aproveitamos para desexarvos que pasedes unhas felices Festas de Nadal ó carón dos vosos e trasladarvos os nosos mellores desexos para o ano 2017

Feliz 2017

Miniatura Noticia
O Concello de Dumbría deséxavos a todos e a todas unha boa saída de ano e unha mellor entrada no novo.

Saúde e sorte, amigos/as!

Feliz 2017!


CAMPAÑA ESQUÍ 2017

Miniatura Noticia
Está aberto o prazo para a solicitar a participación na campaña de esquí 2017 da Deputación da
Coruña.

Ó concello de Dumbría tocoulle a 3ª quenda, do 12/03/2017 ó 17/03/2017.

INSCRICIÓNS: No teu concello, con data límite o 23 de xaneiro de 2017.

Se o número de inscritos supera as prazas asignadas pola Deputación farase un sorteo entre os interesados.

Premede aquí para descargar a folla de inscrición.

ENTROIDO 2017

Miniatura Noticia
O domingo, 26 de febreiro viviremos un ano máis o concurso de disfraces en Dumbría.

PREMIOS:

      1º premio comparsas: 1000 €
      2º premio comparsas: 500 €
      3º premio comparsas: 300 €

1º premio de 150 € ó disfraz individual máis orixinal.
Unha axuda de 150 € para tódalas comparsas participantes que non resulten premiadas no concurso.

As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do xoves 23 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas. (Teléfono: 981 744 001)


PROGRAMACIÓN:
  • Concentración de tódolos disfrazados/as ás 17:00 horas na porta do Concello.
  • Pasarrúas ata a Praza da Igrexa 
  • Desfile dos disfraces que queiran competir polo premio de disfraz individual máis orixinal
  • Actuación da comparsa municipal
  • Actuación das comparsas que compitan no concurso
  • Todo amenizado pola Charanga Maloserá
  • Entrega dunha bolsa de golosinas a cada neno disfrazado.
POR OUTRA BANDA:
Lembramos a todos os interesados/as en participar na comparsa do concello (fóra de concurso) que xa comezamos cos ensaios. Son os venres pola tarde no Conco. Máis información nas casas culturais.

#DUMBRÍAÉENTROIDO

ENTROIDO 2017 - resumo

Miniatura Noticia

 Pois alá vai outro ano máis o noso concurso de entroido.
Chegou o día!, dicía o cartel que nos anunciaba a súa chegada. E, efectivamente, chegou, pero marchou á mesma velocidade.
Moitos nervios, moitas présas, moita maquillaxe, moito disfraz, moito traballo, moita dedicación,..... por parte de todos os que participastes e o fixestes posible. Pero tamén moitas risas, moitas anécdotas e moitísima ilusión.

Desde o concello de Dumbría agradécemosvos a todos e a todas as que participastes neste entroido 2017 a vosa colaboración.

Grazas a todo o público asistente por saír á rúa a pesares do frío, por animar ás comparsas, polo voso comportamento exemplar.

Grazas por disfrazarvos e animarvos a participar tamén no concurso individual.

Grazas a todos e a cada un dos membros que formaron parte das comparsas participantes no concurso porque sen vós isto non tería razón de ser. Sabemos da vosa entrega e da vosa paciencia. Grazas por alegrarnos a tarde a todos os que asistimos ó concurso.

Grazas aos membros do xurado (Jorge Mira, catedrático de Física na USC, Santiago Garrido, xornalista na Voz de Galicia, Xosé Manuel Lema, xornalista en Adiante Galcia, e María Lema, concelleira de Cultura de Dumbría) por aguantar alí o frío con nós e por facer un labor ás veces non moi grato de ter que decidir entre tanto talento e, sobre todo, entre tantas ganas de pasalo ben e de facerllo pasar ben ao público.

Grazas tamén a todas e todos os que velaron por que todo saíse ben ese día. Dende a montaxe do escenario, carpa, luces, son, electricidade, Protección Civil, presentador, monitores do concello,..
GRAZAS A TODOS E A TODAS!

E o último agradecemento (último, pero moi, moi sentido) vai para os pequerrechos, e non tan pequerrechos, de Dumbría que participan cada ano na comparsa municipal. Grazas por poñer todas as vosas ganas e ilusión porque, aínda que nunca concursades, esforzádesvos coma se estivese en xogo o máis grande dos premios. Grazas por facernos gozar a todas/os os que vos acompañamos coma se fosemos rapaces de novo. E tamén aos vosos pais, nais, avós, avoas,....que vos acompañan cada día ós ensaios e que vos axudan a confeccionar os vosos disfraces.
Xa sabedes que vos agardamos o próximo ano!

Tamén esperamos o vindeiro ano á comparsa Buxantes Calidade, á que onte botamos en falta e á que animamos a volver a presentar batalla despois deste ano sabático, que agardamos que vos axudase a coller folgos.

Comparsas participantes:

  • Dumbría Chef. Comparsa municipal de Dumbría. (Fóra de concurso)


  1. Os Trotamúsicos.- Fisterra
  2. Aprechos.com .- Coristanco
  3. Las Marujas.- Vimianzo
  4. Club Tiro con arco 2x70.- Vimianzo
  5. Parrandeiros de Baíñas
  6. Mundo Picapiedra.- Cee
  7. Yo-Gures.- Comparsa de Gures
  8. Liga de Leyendas.- Ponte do Porto
  9. A Volta ao mundo en 80 días.- Camelle
  10. Os da Charca.- Fisterra
  11. Os Majaretas.- Muxía
  12. Ponte a bailar. Los Coyotes.- Ponte do Porto


Os premiados deste entroido 2017 foron:

1º PREMIO COMPARSAS: Os da Charca, de Fisterra.
2º PREMIO COMPARSAS: Yo-Gures. Comparsa de Gures.
3º PREMIO COMPARSAS: Os Trotamúsicos, de Fisterra.

PREMIO DISFRAZ INDIVIDUAL: O home-espello, Rafael Quintáns. (Animámoste, Rafael, a que sigas participando moitos anos máis nos entroidos da Costa da Morte e que non cumpras iso de que te retiras ☻)

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da xornada:





Dumbría Chef
Dumbría Chef

Dumbría Chef

Dumbría Chef

Os Trotamúsicos (Fisterra)

Os Trotamúsicos (Fisterra)

Os Trotamúsicos (Fisterra)

Os Trotamúsicos (Fisterra)

Os Trotamúsicos (Fisterra)

Os Trotamúsicos (Fisterra)
Aprechos.com (Coristanco)

Aprechos.com (Coristanco)

Aprechos.com (Coristanco)

Mundo Picapiedra (Cee)

Mundo Picapiedra (Cee)

Mundo Picapiedra (Cee)
Yo-Gures. Compasa de Gures

Yo-Gures. Compasa de Gures

Yo-Gures. Compasa de Gures

Yo-Gures. Compasa de Gures

Os da Charca (Fisterra)

Os da Charca (Fisterra)
Os da Charca (Fisterra)

Os da Charca (Fisterra)

Os da Charca (Fisterra)

Liga de Leyendas (Ponte do Porto)

Liga de Leyendas (Ponte do Porto)

Os Majaretas (Muxía)
Os Majaretas (Muxía)

Ponte a bailar - Los Coyotes (Ponte do Porto)

Ponte a bailar - Los Coyotes (Ponte do Porto)

O presentador: González

Club de Tiro con Arco 2x70 (Vimianzo)
Os Pararndeiros de Baíñas
Os Parrandeiros de Baíñas

Las Marujas (Vimianzo)
A volta ó mundo en 80 días (Camelle)


Os Parrandeiros de Baíñas

Entrega 1º premio comparsas: Os da Charca

Entrega 2º premio comparsas: Yo - Gures

Entrega 3º premio comparsas: Os Trotamúsicos

Entrega premio disfraz individual:
Premio disfraz individual: Home-espello

Xurado




Cascada de Ézaro. Horarios de Iluminación Semana Santa 2017

Miniatura Noticia
La Cascada do Ézaro estará iluminada varias noches en Semana Santa 2017 de 22:00 a 23:00 h






Iluminación nocturna: xoves, venres e sábado da Semana Santa 2017 de 22:00 a 23:00h

Fervenza do Ézaro estará iluminada varias noites da Semana Santa 2017. Poderá vir gozar da fervenza iluminada o Xoves Santo 13 de abril, o Venres Santo 14 de abril e o sábado 15 de abril dende as22:00 ata as 23:00h.

O acceso á fervenza é libre e gratuito.