Dumbríaentreliñas: Carlos Casares, Letras Galegas 2017

Carlos Casares nas Bibliotecas de Dumbría
Estudiou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Exerceu a docencia desde 1969, en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo. Nesta cidade faleceu o 9 de marzo de 2002.
Comezou a súa carreira literaria moi novo, pois en 1965 publicaba os seus primeiros relatos na revista Grial. É xa tradición entre a crítica falar de dúas etapas na produción narrativa de Carlos Casares. Unha primeira, caracterizada no plano temático pola ambientación das obras no período franquista e a utilización de elementos autobiográficos, e no plano formal polo emprego de técnicas narrativas innovadoras (monólogo interior, ruptura temporal...). Debido a isto último algúns estudosos encadran a súa obra dentro da denominada Nova Narrativa, aínda que Casares non parecía gustar desta adscrición.
Comezou a súa carreira literaria moi novo, pois en 1965 publicaba os seus primeiros relatos na revista Grial. É xa tradición entre a crítica falar de dúas etapas na produción narrativa de Carlos Casares. Unha primeira, caracterizada no plano temático pola ambientación das obras no período franquista e a utilización de elementos autobiográficos, e no plano formal polo emprego de técnicas narrativas innovadoras (monólogo interior, ruptura temporal...). Debido a isto último algúns estudosos encadran a súa obra dentro da denominada Nova Narrativa, aínda que Casares non parecía gustar desta adscrición.
As obras máis representativas deste período son Vento ferido (1967), que é un conxunto de doce relatos, e a novela Cambio en tres (1969).
En 1975 publicou Xoguetes pra un tempo prohibido, novela pola que recibiu o premio Galaxia e mais o Premio da Crítica española. Esta obra, que reflicte a infancia e a adolescencia dos protagonistas na España franquista da posguerra, cerra a primeira etapa da súa produción e marca a transición á seguinte. Na segunda etapa, Casares abandona o experimentalismo formal e recupera formas tradicionais de contar, ao tempo que elimina as pegadas autobiográficas. Nas primeiras obras desta etapa recrea, tinxidos de humor e ironía, períodos históricos máis recuados no tempo: Os escuros soños de Clío (1979, Premio da Crítica galega) e a deliciosa noveliña Ilustrísima (1980). Porén, nas súas últimas novelas, Casares voltou sobre a nosa historia recente, sobre o ambiente das vilas galegas na guerra e na posguerra: Os mortos daquel verán (1987) e Deus sentado nun sillón azul (1996). Como narrador ocupa un lugar indiscutíbel na historia da literatura galega.
Ademais da súa condición de novelista, Casares cultivou a literatura para nenos con obras como A galiña azul (1968) ou a peciña dramática As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973, Premio "O Facho"). Tamén hai que salientar o seu papel como biógrafo de Ramón Otero Pedrayo, Manuel Curros Enriquez, Ramón Piñeiro, Vicente Risco, Ánxel Fole... e como derradeira biografía doutro literato, a do Padre Sarmiento. Do seu labor como ensaísta podemos citar Hemingway en Galicia (1999) ou Un país de palabras (1998). A Xunta de Galicia recoñeceu o seu enorme labor concedéndolle, en 1989, o premio á creación cultural.
Colaborador habitual, durante catorce anos, da prensa coa columna "A marxe", en La Voz de Galicia, Casares recibiu tamén os premios de xornalismo "Fernández-Latorre", en 1983, e o "Julio Camba", en 1995.
Algúns destes artigos foron recompilados no volume Na marxe de cada día (1994).
Carlos Casares morreu prematuramente aos sesenta anos, pero deixou unha obra tan ampla como variada, na que escribiu relato, novela, ensaio e creacións para lectores novos e mozos, ademais de varias traducións. Nesa extensa traxectoria, iniciada moi novo, Casares puido concretar varias propostas que destacan polo seu carácter pioneiro, impulsado por un desexo de renovación da literatura galega.
RELACIÓN DE OBRAS
· Á marxe, 1992. Obra xornalística I
· Á marxe, 1993. Obra xornalística II
· Á marxe. Palabra de escritor
· A semente aquecida da palabra
· A vida de Ánxel Fole
· A vida do padre Sarmiento
· As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas
· Biografía de Don Juan de la Coba
· Cambio en tres
· Conciencia de Galicia
· Contos da xustiza
· Conversas con Ánxel Fole
· Deus sentado nun sillón azul
· Este e Toribio
· Fermín Bouza Brey
· Francisca Herrera Garrido
· Guía da provincia de Pontevedra: arte, cultura e gastronomía
· Hemingway en Galicia
· Ilustrísima
· Lolo anda en bicicletA
· Manuel Curros Enríquez
· Na marxe de cada día: follas dun diario
· Narradio. 56 historias no ar
· O can Rin e o lobo Crispín
· O sol do verán
· Os contos da campaña (2)
· Os escuros soños de Clío
· Os mortos daquel verán
· Otero Pedrayo
· Palabras con fondo: un compromiso dos escritores de Galicia coa cooperación e a solidariedade internacional
· Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I)
· Ramón Otero Pedrayo: vida e obra
· Ramón Piñeiro
· Ramón Piñeiro: unha vida por Galicia
· Toribio contra o profesor Smith
· Toribio e o contador de contos
· Toribio revoluciona o tráfico
· Toribio ten unha idea
· Un país de palabras
· Un polbo xigante
· Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996)
· Vento ferido
· Vicente Risco
· Xoguetes para un tempo prohibido
- Guía de Lectura da Xunta de Galicia https://es.calameo.com/read/00015067508801b767ee4
- Accións levadas a cabo para homenaxear ó autor, en diferentes institucións de Galiciahttp://www.lingua.gal/letras-galegas/contido_0055/2017-carlos-casares