Ir o contido principal

TEATRO DUMBRÍA DECEMBRO 2019

TEATRO DUMBRÍA DECEMBRO 2019

Fecha:

01 / 12 / 2019

Categorías:

Novas

Etiquetas:

En Dumbría, comezamos decembro vivindo o teatro, xa que Talía Teatro representará o venres 6 ás 21:00 h "Vida de Cans" (actuación programada dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña)..

Pero non só desde a butaca! Tamén vós podedes ser os protagonistas, como o van ser as nosas veciñas e veciños integrantes do grupo de adultos da Escola Municipal de Teatro de Dumbría (Ada, Cristina, Gurutz, Juan, Lourdes, Primera e Teresa).

O sábado 7 ás 21:00 h. serán eles e elas quen se encarguen de sacar adiante a función, dirixidos por Diego Rey (Talía Teatro).

Despois da función, os martes 10 e 17 de decembro, invítanvos a asistir con eles ás divertidas clases de teatro que terán lugar no Centro Social de Dumbría.

Non volas perdades! Hanvos gustar!

 

+info: Departamento de Cultura do concello.

@Cultura da Deputación da Coruña

@Talía Teatro