Dumbría entre liñas: club de lectura por whatsapp
							Que é #Dumbríaentreliñas? 
É un novo método de difusión cultural e acceso ó coñecemento,  á lectura e á información,  creado polo Departamento de Cultura do Concello de Dumbría.
- É unha canle para chegar a todos os que desexen aumentar os seus coñecementos sobre a literatura, a poesía, a música, as belas artes (arquitectura, escultura, pintura, música, declamación, danza e cine) os libros e o saber en xeral.
 - É un CLUB DE LECTURA por whatsapp, con textos de lectura rápida, que se enlazarán con obras en diferentes soporte que pretenden achegar recursos de interese para o grupo creado.
 - O departamento de cultura de Dumbría fará unha publicación semanal. As publicacións faranse no grupo de lectura os luns, e serán debatidas e comentadas entre o grupo os xoves. Búscase que o grupo converse e interactúe e que fagades aportacións sobre o tema exposto, que busquedes recursos relacionados co tema, autor e lectura e que entre todos ampliemos o coñecemento sobre dito tema.
 - Cada semana publicarase un contido distinto.
 
Como darse de alta? 
Inclúe o número de teléfono 682 688 587  na túa lista de contactos.  Este será o número do Club de Lectura.
 Envía un whatsapp co texto ALTA CLUB ó número de teléfono 682 688 587 poñendo o teu nome e un apelido.
Quen pode unirse ó grupo?
     Persoas maiores de 14 anos, sexan do Concello de Dumbría ou non. 
Normas básicas de uso 
- Os comentarios no grupo poden ser escritos, mensaxes de voz , vídeos e imaxes.
 - Usar un tono adecuado e respectuoso.
 - Intentar ser claro e conciso sobre o que se comenta.
 - Usar o galego ou o castelán como lingua.
 - O persoal responsable do servizo resérvase o dereito de suspender a conversa se a considera inapropiada.
 - Ó utilizar a aplicación WhatsApp, o usuario está aceptando as súas condicións legais e política de privacidade.
 - As conversas mantidas dentro do grupo son privadas.
 
Os contidos expostos cada semana serán publicados tamén no blog dumbriaecultura.blogspot.com , onde poderedes seguir as publicacións que fagamos dentro do Club de Lectura #Dumbríaentreliñas 
Descarga o díptico informativo: 
