ABRIL. MES DOS LIBROS
							O 23 de abril de 1616 morrían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron – ou finaron – outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. 
Por este motivo, esta data  tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ó libro e ós seus autores. Alentando a todos, en particular ós máis novos, a descubrir o pracer da lectura e a respectar a irreemprazable contribución dos creadores ó progreso social e cultural.
Ao longo da Semana do Libro desenvolveranse na biblioteca e nas axencias de lectura as seguintes sesións de contacontos:
ØFiz, o coleccionista de Medos. 
ØA Princesa e o chícharo. 
Ø O coelliño branco. 
O Conco - Dumbría  |   Luns 20 ás 17:00 h.  |  
O Ézaro  |   Martes 21 ás 18:00 h.  |  
Berdeogas  |   Mércores 22 ás 18:00 h.  |  
Buxantes  |   Xoves 23 ás 18:00 h.  |  
Olveira  |   Venres 24 ás 18:00 h.  |  
Dumbría Speaks "storyteller"  |   Sábado 25, no Conco  Historias   contadas en lingua inglesa.  |  
Ademais, en tódalas bibliotecas haberá una solta de libros.
Achégate a buscar o teu!


