Albergue de Peregrinos de Olveiroa
Tanto se o teu camiño remata en Fisterra coma en Muxía, o Albergue de Peregrinos de Olveiroa é unha opción ideal para culminar unha das etapas.
Trátase dun albergue de carácter público onde a hospitaleira Puri che dará a benvida e che asesorará sobre o Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía.
Está sitauado nunha antiga aldea de trazado medieval onde poderás gozar do encanto do lugar e da gastronomía que ofrecen os seus restaurantes.
Información práctica:
- 
- Horario de admisión: de 13:00h a 22:00h
 
 
- 
- Teléfono: 658 045 242
 
 
- 
- Número de prazas: 34.
 
 
- 
- Servizos: accesibilidade, calefacción, neveira, auga quente, ducha, wc, lavadoiro.
 - Equipamento: cociña, salón, comedor, terraza, depósito de bicicletas, establo-hípica, lavandaría.
 
 
#DumbríaéCamiño #DumbríaéTurismo