Segundo Concurso Cabalar de Dumbría
							A Asociación de Criadores de Caballos Españoles de Galicia (ACCEGA) está preparando a segunda edición do Concurso Cabalar de Dumbría ( A Coruña) na Costa da Morte e vén consolidar en actividades deportivas e culturais entorno ó mundo do cabalo, nun concello que apoia este deporte en Galicia.
O Concurso Cabalar tamén é ocio e festa, o disfrute non entende de idades, desde os máis novos até os nosos maiores poderán disfrutar de todas as actividades programadas e tamén da nosa gastronomía, xa que haberá pulpeiras.
Será unha xornada de deporte, ocio, cultura e  turismo nun entorno natural e queremos que sexa unha xornada de lecer para os amantes do marabilloso mundo do cabalo. 
Tamén habrrá música para amenizar a xornada e moitos premios para os participantes.  
ACTIVIDADES:
- Concurso Morfolóxico de Pura Raza Española (PRE), Pura Raza Árabe (PRA), Raza Galega e Razas Cruzadas
 - Premios en metálico, trofeo e diploma ós tres primeiros de cada sección.
 - As probas darán comezo no Recinto da Carballeira de Berdeogas ( Dumbría) a partir das 10 da mañá do 23 de agosto.
 - Haberá premios de recoñecemento especial nas razas puras aos mellores exemplares nacidos en Galicia e ós mellores movementos de cada sección.
 - Bautismo Ecuestre para nenos.
 - Grupos Folclóricos
 - II Campeonato Galego de Enganches
 
REGULAMENTO:
Rexeranse os cocnursos polo Regulamento Territorial de Concursos ACCEGA.
A Clasificación por parte dos Xuíces será inapelable. 
A vestimenta de monta, traxe curto ou doma, será obrigatorio.
Os premios entregaranse ó final. 
As inscricións poderanse facer nos  números 619452169 //609087368 ou no stand de Secretaría.
Más información e inscrición en 619452169 //609087368
					