Sábados de primavera: actividades culturais de Dumbría para abril e maio
							
A primavera ten sabor a teatro, a títeres, a contacontos, a divertidos obradoiros en Dumbría.
Todos os sábados, desde o 22 de abril ata o 13 de maio, invitámosvos a pasar unhas tardes diferentes e divertidas nas distintas instalacións municipais. 
E, para pechar o ciclo, celebrando o día das Letras Galegas, teremos tamén unha cita en Berdeogas.
- Sábado 22 de abril. 17:30 h. Casa Cultural de OLVEIRA. Obradoiro de marionetas.
 - Sábado 29 de abril. 17:30 h. Edificio Bitácora - O ÉZARO. Toribio de Mañón
 - Sábado 6 de maio. 17:30 h. Instalacións do Conco - DUMBRÍA. Obradoiros de Globoflexia, abalorios,...
 - Sábado 13 de maio. 17:30 h. Casa Cultural de BUXANTES. Fábulas.
 - Mércores 17 de maio. 17:30 h. Casa Cultural de BERDEOGAS. Cocorocó.
 
Lembrade que a entrada é de balde. Agardámosvos!